Memoria Fundación Araguaney 2011

Page 57

10.1.3. CONCERTO MONEIM ADWAN O día 8 de decembro tivo lugar o concerto de peche do Ciclo Ghazal a cargo de Moneim Adwan. O artista de voz excepcional, forte e á vez sensible, celebrou o seu primeiro encontro co público de Santiago de Compostela ás 20,00 h da tarde no Teatro Principal. Este intérprete naceu en Rafah, na Franxa de Gaza, Palestina. Comezou a cantar cancións tradicionais palestinas e oracións do profeta Mahoma na súa infancia. Aos 17 anos de idade comezou a tocar o laúde na Universidade de Trípoli, Libia, onde obtivo un Máster en musicoloxía grazas ás ensinanzas dos profesores El-Fateh Ramiz (canto) e Abdallah Sabai (laúde). Gravou ata o momento, catro discos en Francia. Moneim xunto co marabilloso Safwan Kenani ao violín e Samir Homsi á percusión, ofreceron unha viaxe a través de cancións tomadas do repertorio dos cantantes árabes máis coñecidos. Cantantes do talle de Oum Koulthoum, do exipcio Mohammed Abdelwahab, de Fairouz, do libanés Wadih Essafi, do iraquí Nazem Al Ghazali e do sirio Sabah Fakhri, entre outros. Ademais deste enriquecedor e xeneroso repertorio, Moneim presentou o máis importante da canción tradicional Palestina permitindo que o público coñecese algunhas das súas propias composicións, inspiradas nos textos do coñecido poeta Mahmoud Darwish. Tras os dous concertos anteriores do ciclo musical Ghazal, Le Trio Joubran e Fayçal Salhi Quintent, este terceiro concerto pechou o ciclo deste ano de forma memorable, mesturando culturas e músicas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.