Programacion 2013 2014

Page 80

PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Propomos ademáis a lectura completa dos cómics “Trazo de Tiza” de Miguel Anxo Prado e “El Otro Mundo” de Miguel Brieva. Ademáis destes autores propóñense e utilízanse diferentes catálogos e libros de artistas e movementos artísticos do século XX. Varios son os documentais sobre a obra e vida dalgúns dos artistas máis relevantes da historia da arte e faise normalmente este visionado durante o segundo trimestre e o terceiro en 4º de ESO. Recollidos de productoras diferentes, cabe destacar os que tratan sobre o Renacemento e o século XX pola súa claridade de contidos. No bacharelato de Artes: Lecturas como os manifestos das vangardas históricas, de tipo fragmentario, ou o libro “Cartas a Teo” de Vincent Van Gogh, “La palabra Pintada” de Tom Wolfe, en lecturas longas. Propóñense diferentes libros de consulta e divulgación sobre artistas universais, galegos e locais. Particípase tamén do plan lector, co visionado de curtametraxes, no fragmento de filmes como de filmes enteiros e no estudo das imaxes en movemento ou estáticas universais. Aquí, no bacharelato, as lecturas fanse máis precisas, polo que se propoñen fragmentos de libros ou obras que anque teñan carácter de novela, documental ou divulgativo non por elo deixan de ser interesantes para esta etapa. Entre eles podemos citar “La Quimera” de E. Pardo Bazán, ou “Dibujar con la parte derecha del cerebro” de Betty Edwars. Algúns dos seguintes libros con- siderámolos interesantes como lectura longa: “El jinete polaco” de Antonio Muñoz Molina, “El Evangelio según Jesucristo” de Saramago, “Alfanhuí”, de R. S. Ferlosio, “El Código da Vinci” de Dan Brown, “El retrato de Dorian Gray”, de Oscar Wilde, “Las Meninas”, de Buero Vallejo, “El paraíso en la otra esquina”, de Mario Vargas Llosa, “La lluvia antes de caer” de Jonathan Coe e “Memorias de Taíns” de G. R. Mourullo No apartado de lectura de imaxes podemos citar os seguintes filmes: “Historias de Nova Iorque” de tres cineastas de renome como son W. Allen, F.F Copolla e M. Scorsese, ou “El loco de pelo rojo” de Vincent Minneli, ou “Moulin Rouge” de J. Huston. Ademáis poódense visionar diferentes títulos de filmes e documentais sobre a obra de Picasso, Van Gohg, Rembrandt...Ademáis empregaranse obras de consulta como o “Diccionario do CINE en Galicia” edit pola xunta de galicia. En canto á lectura da imaxe en movemento de curtametraxes: O festival de animación Anirmau está xa incluido polo departamento como actividade anual para case tódolos cursos. O visionado e o índice de importantes filmes da historia do cine está reflexado na propia programación didáctica que o departamento realiza anualmente para o festival de animación. Nese libro didáctico inclúense unha breve historia da animación e do cine e propóñense unha serie de filmes históricos para fornecer o “coñecimento canónico”, sobre o Cine universal tal e como se quere no Plan.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 80

!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.