Page 1

chío

eco

Ecolocación Os morcegos emiten chíos ultrasónicos que rebotan nos obxectos. Escoitando este eco poden voar en total escuridade. Mira fixamente o ollo do morcego do debuxo superior durante uns 10 segundos. Logo fai o mesmo co ollo do debuxo inferior. Es capaz de ver ao morcego nesa escuridade?

IES Cidade de Antioquía Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural Técnicas de Educación Ambiental

Culpables deste tríptico: Alexander Álvarez- Xan Portela (curso 2018-2019)

Morcegos da Limia


Serviciais... Na comarca da Limia coñécense ata unha ducia de especies de morcegos. Os morcegos substitúen aos paxaros durante a noite protexéndonos das enfermidades transmitidas polos mosquitos e defendendo os nosos cultivos de pragas e insectos nocivos.

…pero ameazados As principais ameazas para os morcegos limiás son; a falta de insectos polo emprego masivo de biocidas na agricultura e as molestias e expulsión dos seus refuxios.

Qué podes facer Se tes morcegos na túa casa ou sabes onde se refuxian polo día, NON os molestes NON intentes collelos DEIXA que sigan vivindo ahí, e recorda:

Se ti os protexes... ...os morcegos te protexen a ti.

Morcego común ou anano (Pipistrellus pipistrellus) O máis común e pequeno de Galicia. Soe ser o que vemos voando no interior de pobos e vilas. Morcego orelludo gris (Plecotus austriacus)

Desatinos… Os morcegos chuchan sangue Das 1.150 especies de morcegos, só 3 especies de América tropical se alimentan de sangue. Transmiten a rabia Como moitos outros mamíferos,os morcegos poden transmitir a rabia pero, según a OMS, máis do 99% dos casos de rabia en humanos debéronse a trabadas de cans.

Cas súas enormes orellas é capaz de escoitar o bater de ás dunha bolboreta. Morcego de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum) Os morcegos de ferradura emiten os ultrasóns polo nariz dahí esas estrañas formas arredor das fosas nasais. Morcego do río (Myotis daubentonii) En bosques preto da auga. Ten dedas moi longas que lle permiten pescar peixiños mentres voa.

Enrédanse no pelo Cando colgan boca abaixo deixanse caer para gañar impulso e comenzar a voar. Iso pode dar a sensación de que nos atacan.

…e realidades Adeus plagas Un morcego pode comer ata 1.000 insectos nunha noite.

Morcego das fragas (Barbastella barbastellus) Cor uniforme e orellas anchas que se xuntan na fronte. Caza nos claros e bordos das carballeiras. Morcego rabudo (Tadarida tenioides) Cola sobresae da membrana alar. Só se coñece un refuxio en Galicia. cola

Vaia merda !! Os seus excrementos empréganse como fertilizante, para descontaminar solos, producir antibióticos, biocombustible, etc. A forza os acompaña Atópanse entre os pequenos mamíferos máis lonxevos do planeta.

Profile for plantalandia

Morcegos da Limia  

Tríptico elaborado por Xan e Alex, alumnos do módulo de TEA no IES Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia. Marzo 2019

Morcegos da Limia  

Tríptico elaborado por Xan e Alex, alumnos do módulo de TEA no IES Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia. Marzo 2019

Advertisement