Page 1


ÍNDICE!

!

Introdución…………………………………………………….. 2! Embarcacións empregadas na pesca……………………… 3! Vida e fondos mariños……………………………………….. 5! Aparellos de anzol……………………………………………. 6! Diferentes tipos de artes empregados no marisqueo…….. 8! As nasas……………………………………………………….12! Artes de enmalle fixas………………………………………..14! Artes de enmalle a deriva……………………………………15! As bateas………………………………………………………15! Entrevista a dous mariñeiros e a un percebeiro…………..16! Bibliografia……………………………………………………..20!

! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! !

"1


! INTRODUCIÓN!

!

A Ría de Vigo é a máis profunda e máis meridional das Rías Baixas . Situada ao Sur da Provincia de Pontevedra, e se estende ao nordeste por unha distancia de 35 km. da súa foz no cabo Silleiro o punto máis profundo en Arcade e cunha anchura máxima de 10 km. é estreita no Estreito de Rande a 600 m. O seu acceso occidental esta protexido polas Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no seu interior atópanse as Illas de Toralla e San Simón., e ao norte limita coa Península do Morrazo. Na súa extremidade Sur esta a Bahía de Baiona.! É unha bahía cunha gran riqueza biolóxica xa que nas súas augas afloran as correntes de auga profundas e frías procedentes do Norte, portando gran calidade de nutrintes.!

! ! ! ! ! ! ! ! ! !

!

"2


EMBARCACIÓNS EMPREGADAS NA PESCA!

!

A Gamela Coruxeira: Pequena embarcación que se usa na pesca de baixura de fondo plano máis curbado, chata na proa e na popa, que pode ser movida a remo, aínda que tamén pode levar vela ou un pequeno motor. Construída orixinalmente por carpinteiros de ribeira de Coruxo(Vigo).!

!

!

A Dorna:# esta aparellada cunha vela de relinga. As dornas teñen unha incerta orixe histórica, nembargantes son moi mariñeiras o que lle valeu para pervivir ata hoxe como barco de pesca e marisqueo. E unha embarcación moi abundante nas Rias Baixas.! Trátase dunha embarcación de extraordinarias calidades veleiras, cun aparello sinxelo e racional. O casco está formado por cinco anchas táboas por cada costado, montadas a calime. Ten unha quilla fonda e afiada, pantoques case planos. A quilla non recorre toda a eslora do barco, a roda é curve, a proa e recta e acaba nun pinchón. Non ten cadernas propiamente ditas senón unha serie de reforzos en forma de listóns ensamblados. Ten popa de estampa de forma "3


pentagonal, lanzada cara atrás. Chama a atención o reducida que é a popa en relación á manga. A cuberta está formada por dous corredores ao longo dos costados e ten bancos transversais, o de mais a proa leva a enfogonadura para o pau. Tamén ten unha pequena tilla pola proa do pau.!

! Barcos de cerco: Son tamén moi utilizados na Ría para botar o palangre, aparellos…!

! ! Chalana: Pequena embarcación de fondo plano, a remos, polo xeral con popa rectangular e proa aguzada, que se usa sobre todo nos servicios de porto e nalgunhas faenas de pesca.!

! Planeadora: Esta embarcación na actualidade se esta utilizando tamén na pesca.!

! ! ! "4


! ! VIDA E FONDOS MARIÑOS! A costa galega posúe un dos seus máis ricos ecosistemas submariños na zona que rodea o arquipélago das illas Cíes, onde destaca o importante bosque de algas pardas (Phaeophyta) dos xéneros Laminaria e Saccorhiza.! A circulación das augas (que saen e entran na Ría) e a mestura de auga doce e salgada favorecen a concentración de microorganismos, etc., que representan fonte de alimento para todas as especies mariñas. Así, nos distintos contornos arredor das illas, atopamos diversidade de crustáceos, peixes, moluscos, etc.! Na parte submariña, habitan bogavantes (Hommarus gammarus), centolos (Maja squinado), polbos (Octupus vulgaris), etc.! Na zona dos cantís, abundan percebes (Pollicipes cornucopia) e mexillóns (Mytilus).! Nas zonas rochosas, do interior das illas, atoparemos numerosos ourizos de mar (paracentrotus lividus), ademais de grandes bosques de anémonas (Anemonia sulcata).! Nas praias máis protexidas hai multitude de moluscos bivalvos, así como linguados (Solea lascaris), rodaballos (Psetta maxima), etc.! "5


As ameixas (fina,babosa,rubia,chirla,de can) os berberechos,as navallas,as ostras, o choco, o camarón,as nécoras, as vieiras,as anguía,as fanecas, o congro e a maragota podemos atopalas tamén na nosa ría.!

! APARELLOS DE ANZOL! Son aparellos de anzol os formados por cabos de fibra e anzois:!

! ! 1.-Liña: Esta formada por un cabo principal que recibe o nome de liña ou sedal a cal únense un ou varios anzois e un chumbo para asegura-la inmersión dos anzois.( pesca manual)!

! ! .Curricans: Son liñas pero son remolcadas por embarcacións.!

! ! ! "6


2.- Palangre: Emprégase na captura de peixes que viven nas proximidades do fondo como poden se-la congro, dourada…!

! ! ! ! ! !

! ! . Palangrillo: é o mesmo que o palangre de fondo pero de dimensións máis pequenas, emprégase na pesca artesanal de: congros, robaliza, rodaballos,..!

! ! ! ! ! ! ! ! ! "7


DIFERENTES TIPOS DE ARTES EMPREGADOS NO MARISQUEO! Destínguese dúas modalidades de marisqueo:! !

! !

Marisqueo a pé.! Marisqueo a flote.!

-Marisqueo a pé: É o que se exerce nas praias e nas rochas, sendo as especies que se capturan deste xeito a ameixa , berberecho, percebe, mexillón, navalla, etc.! Os utensilios para o marisqueo proceden do interior,utilizadas nas labores do campo:! ! .Sacho: É utilizado polos mariscadores na recolleita da ameixa,chirla,etc.Cravan o sacho na area removéndoa e deixando os moluscos a descuberto.!

! ! .Angazo: Úsase tamén para remover a area e deixar o descuberto o berberecho, ameixa, coquina…!

! ! "8


.Fouciño: É utilizado para recoller a ameixa unha a unha, xa que ten que introduci-la arte polo burato que deixa a ameixa, este tipo de arte require ter que pecorrer a praia burato por burato.!

! ! . Fisga: Require moita destreza por parte do mariscador, só sirve para a captura da navalla.!

! ! ! ! . Rasqueta ou raspa: é utilizada para a captura do percebe e o mexillón que se atopan nas rochas.!

! ! ! ! ! ! ! ! "9


-Marisqueo a flote: Lévase a cabo desde a embarcación.! ! .Artes de tracción manual! ! -Rastros ou angazos: Emprégase dende a embarcación para a captura de berberechos, ameixa e similares.! !

! -Raño e gancha: Son para a captura da ameixa, chirla… A forma de utiliza-las é o mesmo que o angazo, pero estas son mais lixeiras.!

! ! .Artes de tracción mecánica! ! -Rastro da vieira: Emprégase na captura da vieira, zamburiña, volandeira e ostras; é remolcada pola embarcación arrastrándola polo fondo, cos dentes que ten vai levantando as vieiras, ostras.! !

"10


-Rastro da navalla: Emprégase para a captura da navalla, utilizase da mesma maneira que o rastro da vieira.!

! - Endeño remolcado: utlizase da mesma forma cás outras artes.!

! -Rastro do camarón: Non ten dentes, emprégase na captura de camaróns.!

! ! AS NASAS!

! As nasas son artes de fondo (trampas) que se empregan para a captura de peixes e crustáceos, poden ser feitas de madeira, vime, ou metal e recubertas de rede.! Teñen unha ou máis aberturas estas son con forma de funil co fin de favorece-la entrada e dificulta-la saída. Ademais teñen otra abertura que sempre esta pechada que ábrese soamente para sacar os peixes ou crustáceos.! !

! ! "11


Hai diferentes tipos de nasa:! !

! Nasa da n茅cora!

! !

! Nasa do camar贸n

!

!

! Nasa da langosta! !

! Nasa do polbo! !

! ! Nasa fanequeira!

! ! ! ! ! "12


! Buitrón: emprégase na captura da ánguia e lamprea, pero o ser de gran capacidade de captura este uso esta moi restrinxido.!

! Como botar as nasas!

! ! ! ! ! ! Os pescadores levan na embarcación un número determinado de nasas e a hora de largalas átanas entre elas cun metro de corda estes a súa vez van atados o longo dun cabo chamado “cabo madre” e nos extremos do cabo,colocan unhas boias para facilitar a localización das nasas cando estan fondeadas.! Cebado das nasas:! Tódalas nasas no seu interior levaran un cebo ( sardiña, xurelo ou rincha) menos a nasa do choco que leva ramas de pino.!

! "13


ARTES DE ENMALLE FIXAS!

! ! Rascos: arte de rede que dependendo do tipo de especie a cal vai destinada, o pano de rede pode ser de fío de nailon( emprégase para a captura:boi, langosta,centola…) ou de tanza( para a captura de peixes).!

! Beta: Formado por un só pano, émpregase na captura de fanecas, meiga,sargos..!

! ! Trasmallo: esta formada por tres panos de rede de cor vermella para mellor camuflaxe, arte fixa de fondo; émpregase para a captura polbo , maragotas, centolas, bois, pintos, xurelos…!

! ! ! ! ! "14


ARTES DE ENMALLE DE DERIVA!

! Xeito: Arte de deriva formada por un só pano de rede. Emprégase na captura de boquerón, sardiña e xurelo.!

! ! ! AS BATEAS! Viveiro que consiste nunha plataforma ancorada no mar da que penden varias cordas, onde se cría o mexillón ou outros moluscos. Tamén crecen numerosos peixes e outros tipos de moluscos, así como multitude de algas que se adhiren ás cordas. Desta forma temos que, con o paso do tempo, unha batea acaba sendo un ecosistema moi rico.!

! ! ! ! ! ! "15


ENTREVISTA A DOUS MARIÑEIROS E A UN PERCEBEIRO.!

Despois de buscar información en internet, decidín entrevistar uns mariñeiros, un deles da Ría de Vigo, outro da ría de Pontevedra e a un percebeiro.!

! O primeiro que entrevistei foi a Francisco de 46 anos mariñeiro da Ría de Vigo. Explicoume as nasas que utilizaba e que nelas hai que meter o cebo ( sardiñas,rincha ou xurel), o que máis me sorprendeu é que para os chocos non se utiliza carnada que o que se mete,son ramas de piñeiros ou fitas do árbore de nadal.! Tamén explicoume que para a captura do polbo utilizaba unha nasa de orixe portuguesa( a cal non necesita cebo xa que a confunde como a súa casa) ou a raña. ! A continuación poño unha foto da nasa e da raña que utiliza:!

! ! ! ! ! !

"16


Ao segundo que entrevistei foi a Gaspar de 46 anos mariñeiro da Ría de Pontevedra e fixenlle as seguintes preguntas:! 1.- ¿ Cantos anos levas traballando de mariñeiro?! Levo trinta anos, traballando no mar.!

! 2.-¿ Que tipo de peixes e mariscos colles?! Fanecas,ameixa, choco, polbo, centola,lura e nécoras…! 3.-¿Que método utilizas para a captura do polbo?! Utilizo unha raña artesanal, a cada extremo do pau ato unha nécora viva e solto o sedal e suxeito realizando movementos continuos ( arriba - abaixo). Os polbos capturados desta forma son moi apreciados no mercado.!

! ! ! ! ! 4.- ¿Como colles as ameixas?! Cólloas co rastro.! 5.- ¿Utilizas a nasa para coller centolas?! Non, utilizo o trasmallo.! "17


6.- ¿Que tipo de embarcación utilizas?! Unha embarcación de madeira con motor interborda.!

! Aparellos que me deixou:!

! ! ! ! ! ! JADAÑA PARA A CENTOLA

PETERA PARA CALAMAR OU CHOCO

! ! ! ! ! NASAS PARA NÉCORA

CURRICAN PARA RABALIZA!

!

FRANCADA( UTILÍZASE PARA

COMPÁS!

PESCA DE LINGUADO , RODABALLO!

! ! ! ! ! ! !

CHOCO, ANGUÍAS…)!

"18


Ao último que entrevistei foi a Pepe de trinta e tres anos, percebeiro e fixenlle as seguintes preguntas:! 1.- ¿Cantos anos levas traballando de percebeiro?! Empecei fai xa catorce anos.! 2.- ¿É perigoso o teu traballo?! Si, para os que non estan acostumados e moi perigoso e para nos,temoslle respeto; sempre temos que estar con moito ollo e non confiarnos.! 3.- ¿Traballas todos os días?! Só cando as condicións do mar e as atmosféricas son boas.! 4.- ¿ Cantos percebes podes coller ao día?! Só podemos coller catro quilos o día.! 5.-¿ Utilizas algunha embarcación?! Si, unha planeadora!

! Aparellos que me deixou:!

! ! ! ! ! !

RASQUETA OU RASPA

REDE PARA A CAPTURA DAS FANECAS!

"19


! ! ! ! BIBLIOGRAFÍA! ! Wikipedia! Dicionario da Real Academia Galega! Youtube! Imaxes de google! La Ría de Vigo.Una aproximación integral al ecosistema marino de la Ría de Vigo.!

! !

"20

A pesca na nosa Ría  

Traballo realizado polos alumnos e alumnas de 3º B sobre as artes de pesca tradicionais de Galicia. CEIP Frian - Teis. Biblioteca Escolar. P...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you