Issuu on Google+

OS Hร“RREOS

5ยบB 1 / 10


Índice de contenido Que son os hórreos?.........................................................................................................................3 TIPOS DE HÓRREOS....................................................................................................................4 COMO SON OS HÓRREOS DE GALICIA...................................................................................5 DE ONDE PROVEÑEN OS HÓRREOS........................................................................................6 A HISTORIA DOS HÓRREOS.......................................................................................................7 Sitios turísticos dos hórreos.............................................................................................................8 CONCLUSIÓN ...............................................................................................................................9 BIBLIOGRAFÍA ..........................................................................................................................10

2 / 10


Que son os hórreos? O hórreo é unha construción destinada a uso agrícola de secado, cura e almacenamento de millo e outros cereais antes de desgranalos e moelos. Consta dunha cámara de almacenaxe máis larga que ancha, estreita e que deixa pasar o aire, separada do solo para evitar a entrada de humidade e animais. A forma e o nome cambia dunha comarca a outra aínda que todos cumpren as condicións fundamentais. Polo que respecta á arquitectura popular, hórreos e muiños representan as construccións máis importantes. Polo que se refire a economía tradicional o gran foi o elemento primordial da alimentación da poboación galega durante séculos. Despois da incorporación do millo o sistema de cultivo producíuse un enorme incremento na produción de cereal, que comportou a construción de gran número de hórreos.

3 / 10


TIPOS DE HÓRREOS En Galicia conviven tres clasificacións básicas de hórreos: O tipo galego, o tipo asturiano e o hórreo de varas, menos elaborado e que comprende pequenos graneros portátiles lixeiros, feitos de materiales vexetais. No nordeste de Galicia e no occidente de Asturias é fácil encontrar hórreos do tipo galego e do tipo asturiano no mesmo lugar aínda que con diferente denominación. Existen distintas formas de hórreos: redondos, cadrados, octogonales, rectangulares, e ata en forma de ``L´´. Os hórreos teñen moitos estilos como o estilo de Tui, do Morrazo, de Pontevedra, de Mondoñedo... e moitos máis.

Este é un hórreo redondo

Este é o hórreo octogonal

Este é un hórreo cadrado

Este é o hórreo rectangular

4 / 10


COMO SON OS HÓRREOS DE GALICIA Soportes: En xeral hai catro tipos básicos de soportes as columnas, os muros atravesados dun lado a outro, a base cerrada e a base maciza. En todos os casos sempre se interpoñen entre os soportes e a cámara unhas pezas de pizarra ou granito, planas e de escaso grosor chamadas tornarratos ou outros nomes, que teñen como finalidade evitar a entrada de roedores e de humidade a cámara dende o solo. Entradas: A situación da porta é variable dependendo dos tipos e bastante constante dentro do mesmo tipo. Soe ir nunha das paredes atravesadas dun lado a outro, e con menor frecuencia nunha das costales. Cámara: É o recinto no que se almacena o gran. Polo xeral ten planta rectangular e altura, anchura e lonxitudes variables. Está formada polo solo, dúas paredes colocadas polo mesmo sentido e dúas atravesadas dun lado a outro. A lonxitude da cámara pode estar entre 1,30 e 1,40. Cuberta: A cuberta é maioritariamente de tella cerámica, pero tamén se emplea a pizarra, especialmente no norte.

5 / 10


DE ONDE PROVEÑEN OS HÓRREOS O primeiro hórreo construído é do século XVIII. Todavía hoxe non se sabe moi ben cal foi a orixe dos hórreos aínda que existe unha teoría que afirma que proceden da época Celta, con adaptacións Romanas. En concreto, os pilares da pedra é probable que sexa da contribución máis clara por parte dos Romanos. O hórreo mantivo o seu uso ata comezos do século XX.

6 / 10


A HISTORIA DOS HÓRREOS Durante a dominación Romana, estos descubriron a utilización dos graneros suspendidos para secar os cereais e o aceptaron nas súas prácticas agrarias polas súas condicións de preservar os cereais da humidade. Os adelantos da arquitectura e da carpintería dos Romanos fixeron posible a reforma dos graneros; a introdución do millo en Galicia nos comezos do século XVII ocasionando importantes variacións na nosa agricultura; estas a súa vez influeron na estructura constructiva dos graneros destinados ao panizo. En 1973 se aproba o decreto de protección pola parte do estado español de todos os hórreos e cabazos antigos existentes en Galicia e Asturias, que intentaba ataxar as consecuencias do abandono do modo de vida rural e a perda do uso dos hórreos. Algúns hórreos galegos teñen a consideración de monumento histórico-artístico como a da rectoral de Santa Comba de Carnota, construído en 1978, o a agrupación de hórreos de Combarro.

7 / 10


Sitios turísticos dos hórreos Hórreo de Carnota: En Carnota se atopa un dos maiores hórreos de España, con case 35 m de lonxitude, e polo tanto do mundo, xa que estas construcións son abundantes únicas do noroeste da península ibérica. Se encontra moi cerca da plaza da villa de Carnota. O hórreo foi contruído entre os anos 1768 e 1783 en dúas fases. Grupo de hórreos de Combarro: En Combarro, se pode disfrutar dun fermoso paisaxe de hórreos a beira da ría, está formado por uns 35 hórreos. Estes son uns poucos dos hórreos de Combarro

Este é o hórreo de Carnota

8 / 10


CONCLUSIÓN Os hórreos son moi pouco utilizados agora, antes usábanse moito. Son un bo lugar para gardar o millo e outros alimentos e deberíanse usarse máis, xa que o alimento consérvase mellor. Estas fotos son unha pequena mostra da variedade do uso

9 / 10


BIBLIOGRAFÍA Qué son os hórreos? http://es.wikipedia.org/wiki/H%C3%B3rreo_gallego http://www.galiciaespallada.com.ar/arquit_galega_horreos.htm

Tipos de hórreos http://es.wikipedia.org/wiki/H%C3%B3rreo_gallego http://horreosdegalicia.com/ http://horreosdegalicia.com/estilos/

Cómo son os hórreos de Galicia http://es.wikipedia.org/wiki/H%C3%B3rreo_gallego

De onde proveñen os hórreos http://galiciaonline84.blogspot.com.es/2010/05/los-horreos-simbolo-de-riqueza. html http://loslugarestienenmemoria.blogspot.com.es/2012/01/horreos-arquitectura-rural-de-altura.html

A historia dos hórreos http://www.marin.es/paginas.aspx?Id=83&Lang=1 http://elmundodemjco.blogspot.com.es/2012/11/el-horreo-gallego.html http://www.marin.es/paginas.aspx?Id=83&Lang=1

Sitios turísticos dos hórreos http://es.wikipedia.org/wiki/Carnota#Monumentos http://www.minube.com/rincon/el-horreo-de-carnota-a223551 http://www.flickr.com/photos/44518199@N03/4450566364/

10 / 10


Os hórreos