Issuu on Google+

“No amor, como na guerra, nunca oímos o tiro que nos alcanza. A morte, como o amor, nunca advirte por onde se nos achega...”

Lois Pereiro


Falares C.E.P. Cespón

Corren malos tempos. Os ataques contra a nosa

Ano, 2011

lingua estan a debilitala ata tal punto que, aínda que

Redacción:

como vai perdendo pulo e, lonxe de normalizarse,

Alumnado do Centro

retrocede en ámbitos que parecían xa reconquistados.

aqueles que a teñen como lingua vehicular ven agora

Dende a nosa posición non podemos máis que insistir na importancia da nosa lingua, insistir na súa defensa e traballar, como vimos facendo cada ano, na súa potenciación. Un vehículo para facer chegar a toda a comunidade educativa parte do traballo que dende o CEIP Cespón se realiza neste senso é a revista que, dende

hai

nove

anos,

vimos

elaborando

coa

participación e esforzo de todo o alumnado e profesorado. Traballo de cooperación e superación

Colabora: Profesorado do Centro

que marcan o noso día a día. Nesta

IX

edición

temos

que

celebrar

a

incorporación ao noso centro, e polo tanto tamén as

Maquetación e deseño: Normalización

páxinas desta revista, do alumndo e profesorado de infantil que encheron de esperanza as aulas e patios deste centro. BENVIDOS/AS! Lembrar que esta revista, así como a de anos anteriores, a poden atopar na páxina web do centro e no blogue da Biblioteca: http://www.edu.xunta.es/centros/cepcespon/ http://bibliotecacespon.blogspot.com/ 2


O Día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega, no ano 1963, para homenaxear a aquelas persoas que salientasen pola súa creación en idioma galego ou pola defensa do noso idioma. Este ano 2011, o 17 de maio,

adicóuselle

a

Lois

Pereiro,

pola

importancia e modernidade da súa poesía. Lois Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido por Lois Pereiro, naceu en Monforte de Lemos (Lugo), o 16 de febreiro de 1958 e morreu en A Coruña, en 1996. Despois de facer estudos elementais marchou, con dezasete anos, a Madrid a estudar

a

carreira de Socioloxía, aínda que sen que rematase o 1º trimestre, volveu de novo a Monforte para traballar na cristalería paterna. Ao ano seguinte regresa a Madrid para estudar na Escola Oficial de Idiomas: francés, inglés e alemán. Durante este tempo participa na elaboración da revista Loia, xunto co seu irmán Xosé Manuel, Manolo Rivas, Antón Patiño e outros galegos afincados na capital. No ano 1981, xa con graves problemas de saúde, regresa definitivamente a Galicia, onde colabora en varias antoloxías poéticas “De amor e desamor” (1984 e 1985) e tamén na revista “Luzes de Galicia”, onde publicará oito capítulos dunha novela que deixará sen rematar: “Náufragos do paradiso” Publicou varios libros de poemas: “Poemas” e “Poesía última de amor e enfermidade”. No seu libro póstumo “Poemas para unha loia” recóllense versos escritos durante a súa estadía madrileña.

3


4


5


6


7


8


9


10


CLUB DE LECTURA “O CADERNO AZUL” O caderno azul, é un libro para nenos escrito por An Alfaya e trata sobre o tema do SIDA na infancia. No club informámonos sobre esta enfermidade que se desenvolve como consecuencia da destrución progresiva do sistema inmunitario (das defensas do organismo), producida por un virus descuberto en 1983 e denominado Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH). Defínena algunha destas afeccións: certas infeccións, procesos tumorais, estados de desnutrición severa ou unha afectación importante da inmunidade. A palabra SIDA provén das iniciais de Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida, que consiste na incapacidade do sistema inmunitario para facer fronte ás infeccións e outros procesos patolóxicos. A SIDA non é consecuencia dun trastorno hereditario, senón resultado da exposición a unha infección polo VIH, que facilita o desenvolvemento de novas infeccións oportunistas, tumores e outros procesos Tamén aprendemos que as tres vías principais de transmisión son: a parenteral (transfusións de sangue, intercambio de xiringas entre drogadictos, intercambio de agullas intramusculares), a sexual (ben sexa homosexual masculina ou heterosexual) e a materno-filial (transplacentaria, antes do nacemento, no momento do parto ou pola lactación despois). O Caderno azul é un libro que trata dunha nena de once anos que lle gustaba moito o deporte, un día xogando ao balonmán tivo unha lesión e os médicos dixéronlle á Anxélica, que así se chamaba a nena, que tiña que estar semanas en repouso, pero o avó deuse conta de que en vez de mellorar poñíase peor. Levouna a facerlle unha análise e os médicos descubriron que tiña o SIDA e que se contaxiara cando lle fixeran unha transfusión de sangue. Os personaxes principais do libro son: Anxélica, que é a protagonista o seu avó David que vive con ela en Vigo xa que seus pais están na Coruña por traballo; Marta, é a súa irmá e intenta axudala en todo momento e Xurxo, Rita e Xavier que son os seus mellores amigos. 11


Anxélica, mentres estivo convalecente, escribía bonitos poemas nun caderno de tapas azuis que seu avó lle regalara. O libro cóntanos todo o que lle pasa á protagonista durante a enfermidade: a amizade co seu avó, as súas preocupacións, as relacións cos amigos e amigas, problemas dos seus compañeiros,… Cando a Anxélica lle diagnosticaron a enfermidade levárona a Barcelona para curala. Cando regresa os seus amigos deciden facerlle unha festa de benvida . Anxélica, mentras tivo que estar na cama, descubriu o gusto pola lectura e recoñecía que os libros a axudaban a pasar mellor o tempo, tamén lle gustaba moito escribir poemas no caderno e algúns dedicáballos a o seu avó e aos seus amigos. O libro divídese en catro partes que corresponden cas catro estacións do ano e en cada unha delas as distintas personaxes (Anxélica, avó, Rita, Xurxo,…)nos van contando todo o que senten. É un libro para nenos moi fácil de ler e escrito dunha forma sinxela. A min gustoume este libro porque fala dunha historia real que lle pasa a unha nena da nosa idade e cómo sobrevive a unha enfermidade tan perigosa. Admiro a súa valentía e as súas gañas de vivir e loitar pola súa vida. Tamén me gustou moito que os seus compañeiros lle axudaran tanto e foran tan bos con ela. Abraham González Pérez . 5º

Beatriz Otero Otero. 5º 12


PERDIDAS NO BOSQUE

Sandra vivía nun pequeno pobo coa súa nai Ana, seu pai José, seu irmán Nacho, súa avoa Virginia e a súa cadeliña Lulú. Un día, paseando a Lulú, Sandra enredouse mirando os animaliños do bosque e, sen darse conta, perdeuse na espesura. De súpeto, xa non se vía o camiño e non sabía onde estaba. Comezaba a escurecer e Sandra dixo: _Lulú, perdémonos e non sei atopar o camiño de volta a casa. Xa empeza a escurecer e a facer frío, moito frío... Na súa casa estaban moi preocupados porque Sandra e Lulú desapareceran. Pasaron toda a noite buscándoas polos arredores pero ninguén contestaba. Cando amenceu decidiron adentrarse no bosque, a familia, os amigos e veciños pero Sandra non contestaba. Comezaban a perder a esperanza, cando, ó mediodía e, despois de pasar varias veces pola entrada dunha cova, viron saír a Sandra e a Lulú, algo enlixadas pero saudando coa ledicia que supoñía que as atoparan. Seu pai, preguntoulle que pasara, si se atopaban ben, cómo pasaran a noite... Sandra contestoulle: _Agora che conto todo, pero quero que sepas que me atopo ben gracias a Lulú. Foi ela, a que dou coa cova onde nos refuxiamos, e durmiu pegadiña contra min para que non pasara tanto frío. E agora cando vos oíu chamar púxose a ladrar para que eu espertara e viñera a atoparme con vós. Ó volver a casa, Sandra e Lulú laváronse, comeron moito e descansaron despois da aventura que viviran, pero o que nunca esquecerá, Sandra nin os seus pais, é que Lulú é un membro máis da familia e que sempre van a querela e coidala.

Carla Miranda 5º

13


14


Alumnado do 1ยบ ciclo 15


Alumnado de 1ยบ 16


17


18


19


20


21


22


23


24


25


26


27


28


O alumnado de 5º preparou dous contiños para contarllelos aos nenos e nenas de infantil, na Biblioteca. Para a narración do primeiro axudáronse de monicreques. O conto levaba por título: “A tarta de cereixa”, no que un lobo, un galo… ían probando un cachiño de torta e ao final…PAPÁRONA ENTEIRA!

O segundo dos contos: “Gato Guille e os monstros” foi moi divertido e á vez didáctico; fala sobre os medos que ás veces temos ao escoitar ruídos estraños…que ao final resulta ser a lavadora ao torcer a roupa, ou o vento, ou unha billa mal pechada…

29


Ao longo do curso o Grupo de Dinamización da Biblioteca, en colaboración co Equipo de Normalización e cos/coas titores e titoras, organizou diversos encontros con contacontos, ilustradores, autoras.. Neste curso o alumnado de infantil asistiu a unha sesión de contacontos:

O alumando de 2º ciclo, trala lectura do libro Xoa (editorial Xerais), asistiu a un obradoiro do ilustrador Rodrigo Chao, coa gran importancia engadida que é veciño de Boiro.

30


O alumnado do 3º ciclo, despois de ler o Premio Merlín 2010: “A filla do ladrón de bicicletas” tivo o encontro coa súa escritora Teresa González: a vida de Serafina, filla do ladrón, que vive coa súa tía Perfecta; o ideal de chegar a ser equilibrista nun circo coa súa bicicleta Celerífera…centraron a conversa desta sesión.

O alumnado do 1º ciclo recibe a visita do ilustrador Abraham Carreiro. O apelido axiña o relacionaron con alguén que para eles era coñecido a través de “Os Bolechas”. E incluso se fixeron a pregunta da posible relación de parentesco entre os dous ilustradores (fillo e pai) Lemos dous dos seus fermosos libros da colección ”Libros que len outros nenos do mundo”: “A pel do crocodilo” e “As espiñas do porco espiño”

31


32


33


34


Do 9 ao 13 de maio tivo lugar a XI Semana Cultural no centro: xogos de probas, xincanas, películas, obradoiros, baile rexional...e maxia foron algunhas das actividades levadas a cabo nesta atarefada semana. Imos facer memoria e recordar algúns dos momentos vividos:

MAXIA

XOGOS POPULARES

OBRADOIRO:FLORES

CONTACONTOS 35


OBRADOIRO DE BOLSAS

OBRADOIRO CESTAS CON FLORES

BASURARTE

XOGO DE PROBAS 36


CHARLAS

XINCANA

OBRADOIRO:

TEATRO:

INSTRUMENTOS MUSICAIS

RESTAURANTE FARRUCO

37


TEATRO: “ O testamento do tío Nacho”

BAILE: DANZA KUDURU

BAILE GALEGO

XOGOS POPULARES 38


SAMAÍN

NADAL

ENTROIDO

INFANTIL EN BOIRO

DÍA DA PAZ

39


BASURARTE

VISITA PAZO DE GOIÁNS

MAGOSTO

FROITOS DO OUTONO 40


AGASALLO DE PASCUA

SENDEIRISMO: SAN RAMÓN

FESTIVAL DE NADAL

QUEIMA DO FELIPIÑO 41


VIVEIRO DE ESPIÑEIRA

A RECICLAXE

PRAIA LIMPA, PRAIA FELIZ

DÍA DA POESÍA 42


Os exipcios empregaban un alfabeto a base de xeroglテュficos, no que

cada letra era representada mediante un debuxo. Fテ更ATE!

Descifra a mensaxe e escrテュbea

43


44


45


Durante a Semana Cultural vimos unha película titulada “Simbad y la princesa”. Vimos esta en especial porque este ano o terceiro ciclo está dando a cultura árabe. Esta película foi gravada no ano 1958, daquela non había os efectos especiais por ordenador como hai hoxe en día. É unha película baseada mais que nada na acción, pero tamén contén amor e violencia. - Un heroe contra o cíclope O feiticeiro Sakura reduce a estatura de princesa Parisa, e non a devolverá ao seu tamaño a non ser que Simbad lle traia unha valiosa lámpada máxica. O xoven aventureiro que desexa recuperar á súa amada, parte veloz ata a illa do Coloso, onde se enfrontará a un cíclope e a máis seres imaxinarios. Un cíclope é un xigante da mitoloxía grega cun só ollo na metade da fronte. - “ Stop-motion” Antes de que o ordenador tivera un gran papel no mundo do cine, os monstros da gran pantalla e televisión realizábanse cunha técnica coñecida como “ stopmotion”, onde en realidade os seres eran pequenos bonecos de apenas quince centímetros. O mérito dos efectos especiais desta película débense a Ray Harryhausen, que participou no guión e é o responsable de que as marionetas da película, como o cíclope ou o dragón, parezan na pantalla xigantescos monstros asasinos. 46


O mundo árabe Durante este curso os alumnos/as do 3º ciclo estivemos estudando o Mundo Árabe, aprendemos moitas cousas novas e curiosas sobre el. Chámase mundo árabe ou países árabes ao conxunto dos países nos que os habitantes desta lingua son maioría. Por extensión designase con este nome asimesmo á comunidade mundial de persoas que teñen o árabe como lingua materna. A existencia do mundo árabe é consecuencia da conquista islámica a partir do ano 622. O concepto árabe, aínda que este estreitamente ligado ao Islam por razóns históricas e culturais, é exclusivamente lingüístico e non debe confundirse co musulmán. De feito, o oitenta por cento dos musulmáns non son da lingua árabe, e por outra parte moitos árabes son cristiáns. Nas clases investigamos sobre a súa cultura e os seus costumes mediante diversas e entretidas actividades colgadas no blog da biblioteca. Tamén fixemos fichas relacionadas coa súa vestimenta, as formas de vida, a súa relixión… axudados de internet. Contiñan exercicios moi entretidos, coma crucigramas nos que tiñamos que atopar palabras relacionadas coa cultura árabe. Resultaron moi divertidas!

No corredor da planta baixa montamos un rincón con diferentes apartados para que cada ciclo espuxera o que quixera en relación á cultura que estaba estudando. Nós, o alumnado de 5º e 6º elaboramos unhas fermosas e coloridas hamsas (símbolo en forma de man que o utilizan para protexerse da desgraza e do mal de ollo) e unhas bonitas maquetas representando as haimas (tenda de campaña na que viven os árabes), uns debuxos de mesquitas e templos relixiosos.

47


Tamén temos expostos diversos libros relacionados con cada cultura. Hai moito onde elixir, dende libros de historias e aventuras ata libros informativos. A nosa titora escolleu un relacionado coa nosa cultura que nolo le nas horas de lectura. Titúlase Shrezade las mil y una noches; é un libro que contén unha historia principal e dela xurden outras moi cautivadoras. Se tedes oportunidade de collelo, non volo perdades!

A actividade que máis nos gustou foi cando o alumnado de 5º e 6º pintamos un gran mural no que se representaba os países da zona árabe. Cada un deles esta coloreado dunha cor diferente e ten o seu nome e máis a bandeira correspondente. Costounos moito traballo, pero colaborando en equipo logramos obter un moi bo resultado. O proxecto da biblioteca deste ano pareceunos moi educativo e ilustrativo. Ao longo de todo o curso estivemos realizando moitas actividades das distintas culturas a través das cales aprendemos moitas cousas novas e enriquecedoras.

Alumnado de 5º e 6º

48


49


Alumnado de 3ยบ e 4ยบ

50


51


52


Cristina.-3º

Rubén R.-3º 53


54


55


56


57


58


Alumnado 5ยบ e 6ยบ 59


60


61


62


63


64


65


66


67


68


69


70


71


72


OBRA DE TEATRO 6ยบ

73


Nós temos unha pelota que moito nos fai disfrutar. Ó pegarlle unha patada non deixa de saltar. Tódolos días estamos ansiosos de xogar, na máis chegar o recreo querémola marear. Se tódolos nenos do mundo cunha pelota poideran xogar, sairíalles unha sorrisa de par en par. Así que se queredes xogar e un bo rato disfrutar non deixedes a pelota nun lugar no que non a poidas atopar. 74


Nenas e nenos do 1ยบ ciclo 75


76


DESPEDIDA DO ALUMNADO DE SEXTO Adeus colexio CEIP de Cespón. Xamáis esquecerei estes grandes anos aquí. Prometo estudar e aprender moito no instituto. Estela

Adeus colexio Adeus amor. Dígocho eu co meu corazón Nuria

Estes sete anos foron marabillosos, encantoume estar neste colexio. Xa non me saen as palabras!! Moitos bicos Andrea

Neste colexio paseino moi ben nestes 6 anos, e por suposto cos profes e compañeiros/as por iso xamáis o esquecerei. Ainoa

Adeus colexio CEIP Cespón. Botarei de menos aos profesores e a Muñiz. Ángela Sinto moito ter que irme deste colexio, pero sempre me acordarei del. E botarei de menos aos profesores e ao conserxe. Andrea E.

77


Non quero irme......dun colexio de tantas experiencias e labores Paula

Seis anos no colexio, seis anos cos meus compañeiros/as. Esto non se olvida porque é gran parte da miña vida. Laura

Adios colexio, adios, adios, para sempre adios. Lucas

Dáme lástima despedirme deste colexio que tanto me ensinou. Ata sempre! Lucia

Paseino moi ben estes anos no colexio. Divertinme moito cos profes, compañeiros e Muñiz. Teño ganas de ir ao instituto, pero farei algunha visita ao cole.. Irene

Adeus colexio de Cespón, sempre me quedarás no recordo. Samuel

Vou votar en falta este colexio , ao profesorado ao conserxe (que é moi divertido) aos pequenos de infantil... Espero que me recordedes, eu a vos si. Nunca olvidarei este colexio. Antía

Neste colexio paseino moi ben e sobre todo cos profesores ao longo destes seis anos. Miriam

Cada día que pasa estou máis cerca do instituto, pero CEspón sempre estará no meu corazón Borja

Adios colexio de cespón, que de menos che vou botar, e espero non voltarche a ver nunca máis. Óliver

Cando me marche deste colexio estrañareino tanto como aos seus profes, conserxe e demáis compañeiros/as. Ata sempre. Anabel Adios colexio, botareivos en falta un pouco, voume para o instituto e non os volverei a ver. Adiós Ricardo

78


Irene é moreniña e tamén altiña, Gústalle a natación e a equitación; que diversión! Ten unha trenza no pelo, Vaia, pelo…! Péinalla a súa naiciña, para estar bonitiña. Polo colexio pasea e a todos/as lla ensina. Irene vístese de moitas cores, como teñen as flores.

Irene

79


Para celebrar o Día do libro, 23 de marzo, realizamos distintas actividades:

MURAL INFANTIL

LIBROS SALVADOS EN 3º

O noso colexio participou nunha iniciativa promovida polas bibiotecas escolares agrupadas no Plan de Mellora de Bibliotecas. Aquí podedes ver a imaxinación que cada curso levou a cabo para salvar o seu título:

O alumando de 5º salvou:

1º ciclo salvou: “O Papón”

“Memorias dun neno labrego”

“Puag, que noxo”

80


Cada clase tiña que salvar un título e logo había que elixir só un de todo o centro para enviar á coordinadora da actividade. Aínda que resultou difícil a decisión, o noso centro salvou un libro moi coñecido, tanto polos máis pequenos/as como polos maiores“Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”. Como vostedes saben esta actividade tamén se fixo extensiva ás familias. Queremos dar as grazas a todos e todas pola Tamén

súa

colaboración.

contamos

participación

de

coa perso-

eiros relevantes da vida cultural do noso concello.

AGUSTÍN AGRA:”Merlín e Familia” ANTÓN RIVEIRO COELLO : “Arraianos”

81


IV CERTAME LITERARIO “Ramón Martínez López” O

resultado

do

IV

certame

literario

“Ramón

Martínez López” celebrado no concello de Boiro neste 2011, demostrou, unha vez máis, a alta participación e calidade dos distintos textos presentados, xa que a organización tivo serios problemas á hora de decantarse polos premiados/as, pois foi moi alta a calidade dos traballos. Este ano, e seguindo con cursos anteriores, o alumnado do CEIP de Cespón expresou o seu gusto pola

lecto-escritura

participando

neste

certame,

e

acadando tres significativos premios. Categoría A : Sergio Rial Fernández, obtivo o primeiro premio coa obra “Baúl máxico”. O segundo premio foi para Javier Torrado Martínez, coa obra “O escarabello” Categoría B Carlos Piñeiro Vázquez acadou o primeiro premio (compartido) coa obra “A adopción de Marcos”.

Felicitar a todos/as os/as participantes e organizadores deste evento, significando un pulo importante para a cultura en xeral, e o fomento da

lecto-escritura en

particular.

82


“Cando coñezo a alguén non me importa se é branco, negro, xudeu ou musulmán. Chégame con saber que é un ser humano”

Walt Whitman Poeta estadounidense 83


REVISTA FALARES