Page 1

Bala Perdida Ao longo deste mes de novembro, no noso club de lectura lemos un libro titulado Bala Perdida. Trátase dunha fermosa obra escrita por Manuel Rivas, un escritor representativo da narrativa galega. Cóntanos as intrigantes aventuras de Bala perdida, o último pirata do atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e o conflito que se lle presenta a raíz dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe, Bala Perdida busca axuda dunha moza xornalista. Un dos temas que se trata no libro é o do ouro que os nazis lles saquearon aos xudeus ao longo da II Guerra Mundial. Tratábase de persoas que pertencían ao partido nacionalista alemán. Exterminaron a moitos xudeus en campos de concentración; querían acabar con todos eles, asfixiábanos en cámaras de gas para provocar a maior cantidade de mortes posibles. Logo, sacábanlle todo o ouro que tiñan (incluso nas pezas dentais) Os nazis acabaron con gran número de xudeus aínda que algúns se refuxiaron e cambiáronse de identidade para poder salvar a súa vida. Este libro trata do ouro roubado aos xudeus. Outro dos aspectos que nos chamaron moito a atención foron as ilustracións, realizadas por Miguelanxo Prado. Representadas en tons apagados e sobrios, concordan co ambiente narrativo do libro. Gustoume moito o libro porque contén un vocabulario relacionado coa linguaxe dos piratas o que fai que resulte moito máis divertido á hora de lelo. Ademais, contén bonitas comparacións que o converten nunha fermosa obra literaria. Recoméndolle a todos/as que lean, desfruten e ao mesmo tempo aprendan con este libro cargado de intriga e divertimento que a pesar de estar editado no ano 1996 (na súa 1º edición) segue resultando fresco e atractivo.

Carlos Piñeiro Vázquez


O libro de “Bala Perdida” é unha historia que narra as aventuras dun divertido pirata xunto con outros personaxes. O autor, Manuel Rivas, é un dos escritores máis importantes da nosa lingua, e esta é unha das súas grandes obras. O libro está moi ben, o que máis me impresionou foi o vocabulario porque era totalmente literario, e as veces divertido pola forma de falar o protagonista, Bala Perdida. Nesta espectacular historia aprendín novas ensinanzas. Por exemplo, o tema dos nazis, como o conto fala diso, informámonos para entender mellor a historia. Os nazis eran un partido político alemán que quería eliminar a raza xudía levándoos a campos de concentración, alí quitábanlle todas as cousas de valor que podían, o ouro fundíano para lingotes. Obrigábanos a traballar duramente e despois sacrificábanos. Eu recomendo este libro pola súa calidade literaria, que foi o que máis me chamou a atención. Ademais é entretido pola forma de expresarse e de narrar a historia. Tamén me gustou a valentía que tiña cada un dos personaxes. Pareceume educativo polos diversos temas que se tratan, levándome así a aprender cousas novas.

LORENA


Por qué ler Bala Perdida? Porque é un libro xenial, do que se aprende moito e,che leva a coñecer novas palabras. Eu, aprendín que os nazis saquearon a os xudíos e roubáronlle ás víctimas dos campos de concentración o ouro que tiñan nos dentes. Por eso en “Bala Perdida” falan de este ouro que so con tocalo mancha as mans de sangue. FICHA TECNICA Nome- Bala Perdida. Autor–Manuel Rivas. Editorial –Alfaguara. Primeira edición en -decembro de1996.

E ademais gustoume por que ten unas ilustración fermosas, con todo detalle, gustoume a da paxina 9. Tamen hai, moitas frases poéticas en todo o libro, coma esta do principio “O Zaratusta desprazábase como unha impracable apisonadora pola inmensa estrada do mar” Eu recomendo, porque me fixo vivir as aventuras dos últimos piratas do Atlantico Norte.

E TI QUE, ANIMASTE A LELO? MARÍA


Este foi o primeiro libro proposto no club de lectura de sexto para o curso 2011 – 2012 . Oautor deste libro é Manuel Rivas , é as ilustracións son de Miguelanxo Prado . Durante a lectura falamos sobre o ouro nazi e o holocausto : _ O ouro nazi foi confiscado os xudíos e saqueado os países ocupados Baixo a forma de botín de guerra . Investigouse moito sobre o ouro nazi , dise que o Vaticano habería recibido parte en pago por haber axudado a escapar os nazis despois da Segunda Guerra Mundial . Tamén se dí que o ouro nazi foi a parar a Suiza , que foi fundido en lagos de Austría ou agochado en Alemanía . Tamén se dí que foi cargado en submarinos cun destino descoñecido . _ O holocausto foi a persecución e o asesinato sistemático , burocráticamente organizado e auspiciado polo Estado de aproximadamente seis millóns de xudíos por parte do réximen nazi e os seus colaboradores . “ Holocausto” é unha palabra de orixen griego que significa “sacrificio por lume” . Os nazis , que chegaron o poder en Alemania en xaneiro de 1933 , crían que os alemáns eran unha “ raza superior” e que os xudíos considerados “inferiores” eran unha ameaza estranxeira para a chamada comunidade racial alemana . Eu recoméndovos este libro porque é moi divertido , ademáis nunca antes leera un libro con un vocabulario tan estravagante . Bala perdida ten párrafos moi bonitos , de gran calidade pola utilización de recursos literarios , como o uso de metáforas que son frecuentes e moi belas . O que máis me gustou foi como acabou : “ O home é un ser feble e solitario que ama a melancolía tanto como ama a liberdade”. VERÓNICA


Bala Perdida é un libro escrito por Manuel Rivas e ilustrado por Miguelanxo Prado. Manuel Rivas naceu no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego. Así mesmo, dende o 31 de xullo de 2009 é académico da RAI Miguelanxo Prado, nado na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada galego, con obras que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción. Neste libro trátase un tema: o holocausto, que era a forma de chamar a grandes catástrofes e masacres, até que despois da Segunda Guerra Mundial o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, relixiosos, nacionais e outros grupos durante a Segunda Guerra Mundial. Os nazis eran os que seguían a Adolf Hitler, o ditador de

Alemaña

durante a Segunda Guerra Mundial. O seu signo era a esvástica. A min este conto pareceume bonito, con unhas

ilustracións

preciosas e unhas metáforas impresionantes que eu non son capaz de facer. Recomendaríao porque é un texto apropiado para os nenos e adultos. Ten unhas metáforas alucinantes como que o mar é unha gran estrada e…

Ti, anímaste a léelo?

SERGIO

bala perdida  

club de lectura

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you