Beariz de Montes

Page 97

Coa presente colaboración na publicación deste libro intenta mos favorecé-la expansión da cultura e achegala un pouco mais ós veciños ó tempo que afondar no coñocemento da nosa historia. Cando a Comisión de Cultura alá polo verán de 1.991 encargou a Xesús Antón Gulías a celebración dunha conferencia sobre a Historia de Beariz, na sua realización demonos conta de que era necesa rio a publicación dun libro sobre a historia do Concello, polo que agradecemos a Xesús Antón a súa colaboración por escribir este libro, no que dunha maneira clara e amena nos introduce sobre os as pectos xeográficos, históricos, antropolóxicos, culturais e literarios do Concello de Beariz. Coa súa lectura esperamos que a xente esté de acordo connosco o que corroboraría que estamos no camiño acertado e xa apuntado na edición da revista "O QUINCE 92". Queremos finalmente manifestar o noso agradecemento á Deputa ción Provincial de Ourense e a Caixa Galicia polo seu apoio económico que fai posible a publicación do libro.

COMISION DE CULTURA DO CONCELLO DE BEARIZ


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.