Issuu on Google+

Xabier Díaz Fernández

1. Que é Moodle Moodle é unha plataforma de aprendizaxe on-line, de código libre e gratuíta. Dentro de Moodle, podemos crear contidos e actividades (enquisas, texto, subir arquivos, exames, cuestionarios test autoavaliables, etc.); tamén existe a posibilidade de poñer foros e chats para a comunicación docente-alumno. Ó igual que un CMS calquera, podes descargar a paquete moodle no enderezo www.moodle.org e subilo ó teu servidor web. Nesa mesma páxina tamén atoparás unha extensa documentacióm sobre a plataforma e foros de axuda; hai moita xente disposta a botarche unha man con calquera dúbida que plantexes.


Xabier Díaz Fernández

2. Opcións para administrador

Formas de autentificarse Lista de usuarios e datos Engadir manualmente Cargar usuarios dende arquivo de texto

Cambiar permisos de categorías de usuario Definir permisos globais de cada usuario

Crear cursos e categorías, modificar

Copia de seguridade

Bloques (cadros) da páxina

Páxina principal de Moodle

Configuración correo do servidor (para envío de avisos automáticos)


Xabier Díaz Fernández

2.1.

Autenticación

Escoller os modos polos que un usuario se pode rexistrar, e en que orde Só contas manuais: o administrador dá de alta ós usuarios Base de datos externa: coller os datos dunha táboa MySQL que exista da web do centro Correo electrónico: permite ós usuarios rexistrarse, mediante confirmación por correo

2.2.

Usuarios

2.2.1. Explorar lista de usuarios Criterios de ordenación

Pulsa para ver datos de usuario


Xabier Díaz Fernández

2.2.2. Perfil de usuario

Modificar datos de usuario

Papel usuario global de usuario Eliminar de Moodle

Modificar datos de usuario (contrasinal, nome, etc.)

2.2.3. Cargar usuarios Permite cargar unha lista de usuarios nun só paso, a partir dunha lista feita nun arquivo de texto. O arquivo de texto debe ter un usuario en cada liña, cos datos separados por comas e nesta orde: nome de usuario, contrasinal, nome, apelidos, correo

Por exemplo, o Xade ten unha opción para exportar a lista de alumnos matriculados a un arquivo de Excel. Unha vez feito iso, dende Excel podemos eliminar as columnas que nos sobran e exportar as 5 necesarias a un arquivo de texto para subilo a Moodle.

2.3.

Permisos

2.3.1. Assign Global Roles Define que papel ten cada usuario no sistema Moodle:


Xabier Díaz Fernández

Pulsando en cada papel, permite elexir que usuarios son desa categoría:

Engadir usuario Quitar usuario

2.3.2. Definir papeis Sirve para modificar os permisos específicos que ten cada papel principal. Por exemplo, por defecto a categoría Estudante pode modificar os seus propios datos. Nesta opción podemos decidir que unha vez datos de alta, non podan modificar o seu nome ou correo.


Xabier Díaz Fernández

2.4.

Crear cursos e categorías

Sirve para definir categorías principais e/ou secundarias, dentro das cales se organizarán os cursos. Por exemplo, pode haber unha categoría por cada área de coñecemento e unha subcategoría por cada curso dentro da área. Nesta opción tamén se poden crear os cursos dentro da categoría que se quera.

Nome da categoría Categoría á que pertence Eliminar Ocultar Ordenar

Para crear unha nova categoría, habería que escribir o nome da categoría no cadro branco e pulsar o botón “Engadir nova categoría”. Neste exemplo, as categorías Xeral, Tecnoloxía e Música son principais (á dereita pon Parte Superior), mentres que 4º ESO é unha categoría que pertence a Tecnoloxía

2.5.

Correo electrónico

Pódese configurar o correo principal de Moodle (servidor SMTP, usuario e contrasinal), para que a plataforma poda enviar correos electrónicos ós usuarios cando haxa novidades (os alumnos, cando un profesor faga algún cambio; o profesor cando un alumno faga unha tarefa, etc.)

2.6.

Copia de seguridade

Permite facer unha copia da base de datos por se algún día se estropea. En caso de que un profesor de traslade de centro, pode levar unha copia dos seus cursos e subilos ó moodle do novo centro, pero esta característica faise noutro apartado, dentro dun curso xa creado.


Xabier Díaz Fernández

3. Opcións para creadores de cursos (profesorado) Só os que pertencen ó grupo “Creadores” poden crear novos cursos. Elíxese a categoría desexada e alí púlsase en “Engadir novo curso”

Escoller categoría

Engadir curso

3.1.

Configuración do curso

3.1.1. Parámetros xerais Aquí é moi fácil asustarse ó ver a cantidade de opcións que saen en pantalla. De todas elas, as máis importantes son: • • • • • •

Nome completo: será o que se vexa na pantalla principal Resumo: explicación de en que consiste o curso, tamén aparece na pantalla principal Formato: como se distribúen os contidos a medida que os vaias creando; recoméndase o esquema de tópicos ou temas para comezar Inscricións: permítese que calquera usuario rexistrado poda entrar no curso ou ben o profesor é quen decide quen pode cursalo? No primeiro caso, ata que data se permite a inscrición? Grupos: se os alumnos se dividen en grupos ou non; en caso afirmativo, poden verse os membros de distinto grupo entre eles ou non? Invitados: aquí decídese se se permite que calquera visitante poda acceder

3.1.2. Atribuír papeis Débese elixir que usuarios forman parte do curso: • Profesor: con permiso para alterar o curso e cualificar alumnos • Profesor sen edición: non pode alterar o curso, pero pode supervisar o traballo de alumnos e cualificalos • Estudante: o alumnado do curso (todos os inscritos son estudantes a non ser que se especifique o contrario)


Xabier Díaz Fernández

3.2.

Pantalla principal

Curso Menú

Cambiar o papel persoal para probar o curso como estudante

Bloques

Activar edición para modificar actividades

Recursos e actividades organizados por tópicos Esta é a pantalla principal do curso, que consta das seguintes seccións: • Curso: na parte superior sae o nome do curso no que estamos a traballar • Menú: xusto debaixo do nome do curso, hai varios enlaces que nos levan ás distintas zonas da plataforma: o O primeiro lévanos á páxina principal, para cambiar de curso. o O segundo lévanos a esta pantalla (pantalla inicial deste curso) o O terceiro, cando apareza, será unha sección deste curso (tarefas, contidos, etc.) • Bloques: os que aparecen nun principio son: o Administración: para que o creador poda modificar o curso o Últimas noticias: últimas novas publicadas no foro de novas o Próximos eventos: cando se poñen tarefas con data de entrega, aparecerán nesta lista o Ademais destes, podemos engadir máis (calendario, usuarios en liña, etc.) • Sección central: na parte central, que nun principio está en branco, iranse colocando os contidos e tarefas. • Mudar o papel para: aí podemos cambiar a vista do curso entre “profesor” e “estudante”, para que probemos como vería un alumno o curso (non é o mesmo o que ven os estudantes que o que ven os profesores) • Botón “Activar edición”: se pulsamos aí, podemos comezar a engadir contidos e tarefas no curso


Xabier Díaz Fernández

3.3.

Modo edición

Ó pulsar no botón “Activar Edición”, a zona central cambia, e podemos ver que en cada un dos temas creados saen dous cadros de lista: • Engadir un recurso: un recurso vén sendo información ou apuntes que coloca o profesor para que os alumnos vexan e lean. Non é interactivo, senon unidireccional. • Engadir unha actividade: as actividades son interactivas; sirven para que o alumnado faga tarefas que se avalíen automaticamente (cuestionarios test) ou ben que corrixa o profesor (envío d earquivos ou textos).

Realce de tópico Visible

Recurso: para que o alumno lea e vexa

Posición horizontal

Orde vertical

Modificar recurso

Actividade: para que o alumno traballe

Eliminar recurso

Visible ou Invisible Definir grupos


Xabier Díaz Fernández

3.4.

Recursos

Cando pulsas no botón “Engadir un recurso”, sae esta lista para escoller o tipo de recurso que queres crear.

• • • • •

Etiqueta: texto simple directamente visible (sirve para poñer títulos esquemáticos) Páxina de texto: é unha páxina de texto sen formato Páxina web: creación dunha páxina con formato (incluíndo fotos, vídeos, etc., coma nun CMS) Ligazón a ficheiro ou web: o web: a ligazón apunta directamente a unha web externa o ficheiro: descarga dun ficheiro previamente cargado Directorio: amosa unha carpeta do curso chea de arquivos (en lugar de poñer enlaces a arquivos un a un, poñemos o enlace á carpeta)


Xabier Díaz Fernández

3.4.1. Inserir unha etiqueta

Escribe no cadro o título que queras poñer, dalle o formato preferido e pulsa no botón “Save and return to course” para gardar os cambios.


Xabier Díaz Fernández

3.4.2. Elaborar páxina web

Título

Páxina

No cadro “Nome”, pon o título da páxina (será o que apareza na pantalla principal do curso) O cadro Resumo é opcional O cadro Elaborar páxina web é onde terás que poñer todo o texto, imaxes, enlaces, etc. que precises para elaborar este contido. Cando remates, pulsa o botón para gardar a páxina.


Xabier Díaz Fernández

3.4.3. Ligazón a un ficheiro ou sitio web Con esta opción, podemos poñer un enlace directo a outra páxina, ou ben colocar un arquivo para descargar.

No cadro “Nome” hai que poñer o texto que sairá na pantalla principal, onde pulsará o alumno. a) Enlace a unha páxina web Simplemente escribe ou pega o enderezo da páxina web no cadro “Localización” e xa está. b) Descarga de arquivo a. Pulsa no botón “Escoller ou cargar un ficheiro”, para que saia esta ventá

Nesta ventá podes cargar calquera arquivo co botón “Cargar ficheiros”


Xabier Díaz Fernández

Pulsa en Examinar para escoller o arquivo do teu ordenador. Unha vez elexido, pulsa en “Cargar este ficheiro”.

Nesta outra pantalla, podes ver os arquivos que xa subiches ó servidor. Neste caso, só hai un arquivo subido, que se chama “Irving_Winkle.pdf”. Á dereita do arquivo hai un enlace chamado “Escolla”, que sirve para escoller ese arquivo como descarga deste recurso (lembra que este apartado consistía en poñer un arquivo para descargar).

Tanto na opción a (páxina web) como na b (descarga de arquivo), hai que pulsar no botón de gardar cambios na parte inferior da páxina.


Xabier Díaz Fernández

3.5.

Actividades

Se na sección central pulsas no botón “Engadir unha actividade”, verás esta lista onde podes escoller o tipo de actividade interactiva que prefiras.

• • • • • • • •

Chat: crea unha sala de chat para intercambio de mensaxes instantáneos entre membros do grupo Enquisa: enquisa predefinida Escolla: pregunta tipo test Exame: cuestionario con varias preguntas avaliables Foro: creación dun foro para que participen os alumnos Actualización de ficheiro: o alumno carga un ficheiro para que o profesor o revise Texto en liña: o alumno escribe directamente en Moodle, e o profesor o revisa. Wiki: elaboración dunha páxina de documentación entre varios alumnos.


Xabier DĂ­az FernĂĄndez

3.5.1. Escolla A actividade Escolla sirve para facer unha Ăşnica pregunta con posibles respostas, a escoller entre elas.


Xabier Díaz Fernández Nome: o nome da actividade, o que vai saír na pantalla principal do curso. Texto: a pregunta que queres facer. Límite: se queres establecer un cupo para cada posible resposta, por exemplo, que a resposta correcta só estea disponible para os 10 primeiros que a escollan (para facer unha carreira). Escolla1, 2 ,3, etc: cada unha das posibles respostas Restrinxir a resposta: se queres poñer unha data e hora de inicio da actividade e unha data e hora de finalización da actividade. Mostrar modo: as respostas aparecen nunha lista vertical ou horizontal Publicar resultados ós estudantes: podes elexir entre varias opcións: • se queres que os alumnos non vexan o resultado da enquisa, • que a podan ver en calquera momento (incluso antes de responder) • que a podan ver xusto despois de responder • que a vexan unha vez remate o prazo da actividade, cando xa responderan todos.


Xabier Díaz Fernández

3.5.2. Texto en liña Co texto en liña os alumnos escriben directamente na ventá de moodle, e o profesor corrixe tamén directamente nesa mesma ventá.

Nome: o nome da actividade, que sairá na pantalla principal Descrición: unha descrición da actividade, é o que sairá na pantalla cando o alumno escolla esta actividade. Cualificación: as actividades son avaliables en escala de 0 a 100. Con esta opción elixes o peso desta actividade no cómputo global de todas as actividades (podes ter unha actividade con 50 puntos, outra con 100, outra con 10, etc.) Dispoñible para: elixes se queres que haxa data de publicación e de fin de prazo. Evitar envíos tardíos: se elixes que non, o alumno poderá enviar o traballo fóra de prazo. É un sistema de poñer un prazo oficial, pero no que admites algún retraso (á hora de puntualo, a decisión é túa). Permitir enviar de novo: se elixes que si, o profesor poderá facer anotacións no texto que se enviou para que o alumno o revise e volva enviar o texto actualizado. Se non se admite, o envío será único, sen opción a revisar. Alertas de correo: se está ben configurado o servidor de moodle por parte do administrador do sistema, cada vez que un alumno garde o traballo, o profesor recibirá un correo de aviso. Con esta opción evitamos entrar de cada pouco na aula virtual para ver se hai traballos novos. Comentarios en liña: á hora de facer a corrección, cópiase automaticamente o texto orixinal do alumno (é como a opción Citar do correo electrónico).


Xabier Díaz Fernández

3.5.3. Actualización dun só ficheiro Con esta actividade, o alumno fai o traballo co programa correspondente, garda o arquivo (texto, imaxe, etc.) e o carga para que nós o descarguemos.

Nome da tarefa: o nome que sae na pantalla principal Descrición: o enunciado da tarefa, que verá o alumno Cualificación: cantos puntos vale este exercicio Dispoñible para: data de inicio (ou sen data) Data de vencemento: finalización do prazo de envío (ou sen data límite) Evitar envíos tardíos: se se prohibe enviar despois de rematar o prazo ou non. Permitir enviar de novo: unha vez corrixido, pódese enviar unha versión corrixida? Altertas de correo: para recibir un correo cada vez que un alumno cargue o seu arquivo Tamaño máximo: para non saturar o servidor, e para que non nos copien e peguen a biblia en verso, podemos poñer un límite ó tamaño do arquivo. Persoalmente, se o traballo é pequeno, prefiro a actividade “Texto en liña” porque se pode ler sen saír de Moodle. Se é máis longo, é preferible esta opción para descargalo e lelo noutro programa. O inconveniente é que hai que asegurarse de que os alumnos usen formatos de arquivo estándar. É moi típico que nos envíen un arquivo feito en Word2007 e que nós só teñamos OpenOffice. Estándar de imaxe: JPG, estándar de texto: RTF


Xabier Díaz Fernández

3.5.4. Actualización avanzada de ficheiros É similar á actividade anterior, pero con estas diferencias: • Pódese poñer máis arquivos, non só un. • Pódense enviar anotacións xunto co arquivo • Pódense cargar varios arquivos en varias ocasións antes de dar o exercicio por rematado (na actividade anterior, en canto se subía o arquivo, a tarefa estaba realizada) • Pódese borrar o arquivo despois de subilo, se o alumno se deu conta de que hai algo mal, antes de dar o exercicio por rematado.

Permitir eliminar: queremos que o alumno poda eliminar os arquivos despois de subilos? Número máximo de arquivos: eleximos cantos arquivos se precisan para esta tarefa Permitir notas: se admitimos que o arquivo leve adxunto algunha anotación explicativa


Xabier Díaz Fernández

3.6.

Preguntas

Antes de poder facer a actividade de exame ou cuestionario, debes crear un “banco” de preguntas.

En primeiro lugar, podes clasificar as preguntas en categorías Crear categorías

O sistema de clasificación de categorías é similar á xestión de categorías de cursos do administrador de Moodle (categorías e subcategorías) Se non queres categorías ou xa as tes creadas, pasa ó seguinte punto. Se non, crea unha categoría neste momento.


Xabier Díaz Fernández Crear preguntas

• • • • • • •

Calculado: sirve para preguntas con resposta de cantidade (ecuacións, fórmulas, etc.). Para avaliar positivamente a resposta, podemos poñer unha marxe de erro. Descrición: a resposta será un texto; non é autoavaliable, o profesor debe ler o texto para calificalo Correspondencia exacta: dadas varias preguntas e respostas, débese elixir a resposta correcta a cada pregunta. Mínimo 3 preguntas, e pode haber máis respostas que preguntas (para despistar) Respostas inseridas: Dada unha pregunta, débese elixir unha resposta entre varias posibles; permite que haxa diferentes respostas correctas, coa posibilidade de dar unha puntuación distinta a cada unha. Resposta breve: dada unha pregunta, o alumno escribe a resposta (en lugar de escoller entre varias respostas dadas). Hai que preparar varias posibles respostas para que moodle as compare co que escribe o alumno. Escolla múltipla: é a típica pregunta tipo test, dada unha pregunta, hai que escoller entre varias respostas. Verdadeiro/Falso: dada unha pregunta, escoller se é verdadeiro ou falso.


Xabier Díaz Fernández Sexa cal sexa o tipo de pregunta escollido, aparecerá esta pantalla. O que distingue a unhas preguntas doutras é o que vén debaixo desta pantalla.

Categoría: se tes varias categorías, escolle en que categoría se vai gardar esta pregunta Nome da pregunta: un nome curto que identifique a esta pregunta. Precisarás recordar este nome cando fagas un exame e teñas que elexir as preguntas que queres que entren. Texto da pregunta: este é o texto que verá o alumno, o enunciado da pregunta. Avaliación xeral: o texto que sae en pantalla cando o alumno responde á pregunta, independientemente de se o fixo ben ou mal (é opcional) Cualificación da pregunta definida: cantos puntos vai valer esta pregunta (por defecto, 1) Factor de penalización: se esta pregunta se usa nun cuestionario no que se admiten varios intentos, canto vai penalizar negativamente por cada intento erróneo (por defecto, -0.1)


Xabier Díaz Fernández

3.6.1. Pregunta “Calculado” Son preguntas de cálculo matemático. Dada unha ecuación, hai que obter un resultado


Xabier Díaz Fernández Na pregunta, podemos usar comodíns (a letra que está entre corchetes), para que se use calquera valor en lugar deles. Por exemplo, nesta pregunta o texto é Cal é a media aritmética destes números: {a}, {b}, {c} O alumno, en lugar de {a}, {b} e {c} verá uns valores aleatorios

Fórmula de resposta correcta: hai que poñer unha fórmula na que se usen os mesmo comodíns da pregunta. Neste exemplo, no que hai que calcular a media aritmética, a fórmula foi: = ( {a} + {b} + {c} ) /3

Cualificación: cantos puntos vale por defecto esta pregunta nun futuro exame Tolerancia: máximo erro admitido na resposta (pode ser absoluto ou relativo) Retroalimentación: se a resposta dada é errónea, que texto debería ver o alumno para darse conta de que está mal?

Despois diso, hai que pulsar en Páxina seguinte. Na seguinte pantalla, dámoslle a páxina seguinte de novo.

Na última páxina, eleximos en que rango de valores pode variar cada comodín usado na pregunta, para que se xeneren preguntas aleatorias, así como a precisión en número de decimais. Por último, garda a a pregunta.


Xabier Díaz Fernández

3.6.2. Pregunta “emparellamento” Este tipo de pregunta srive para unir entre si dous grupos de opcións. No seguinte caso emparellamos autores coas súas obras. Como mínimo debe haber dúas preguntas (dous autores). Se queremos poñer máis respostas que preguntas (para despistar con obras que non corresponden a ningún autor), faise engadindo respostas con preguntas en branco (como nas preguntas 4 e 5).


Xabier Díaz Fernández

3.6.3. Pregunta de escolla múltiple. Dada unha pregunta, poñemos varias respostas a elexir, coma o típico cuestionario tipo test. Admítense varias respostas correctas (resposta múltiple), respostas parcialmente correctas, e respostas con puntuación negativa.

Unha ou varias respostas: se o alumno pode marcar varias respostas na mesma pregunta (cuestionario de resposta múltiple) • Exemplo de resposta única: cal é o pico máis alto da península? • Exemplo de resposta múltiple: que provincias forman a comunidade de Galicia? (cada resposta debería puntuar o 25% porque son 4) Barallar respostas: en cada intento e tamén cada alumno verá as respostas en distinta orde Resposta: a posible resposta que aparecerá no test Cualificación: a puntuación que leva se escolle esta resposta. • 100% é resposta correcta • entre 0 e 100 sería parcialmente correcta • Ningún: leva un 0 nesta pregunta • menos de 0: a resposta penaliza en negativo. Retroalimentación: o que lle aparece en pantalla despois de responder en cada caso (moi ben, mal, etc.) Importante: a puntuación negativa só inflúe dentro de cada pregunta (por exemplo, no caso de Galicia, escoller unha quinta provincia resta puntos do total), pero non afecta a outras preguntas. Nun exame, unha pregunta tan mal feita que ten puntuación negativa puntúase como 0 no total do exame.


Xabier Díaz Fernández

3.6.4. Pregunta de “resposta breve” Dada unha pregunta, en lugar de escoller entre varias posibles respostas, o alumno debe escribir a resposta. Para poder avaliar esta pregunta, hai que preparar as posibles respostas que poden escribir e que imos avaliar positivamente. En primeiro lugar, hai que escoller se distinguimos entre maiúsculas e minúsculas (non valoramos igual que alguén escriba “antonio machado” que “Antonio Machado”).

Resposta: o que podería escribir un alumno Cualificación: a puntuación que lle damos a esa resposta (non é o mesmo responder “Machado” que “Antonio Machado”) Retroalimentación: o que lle aparece ó alumno despois de responder. Se a resposta é cualificada como parcialmente boa, deberiamos darlle pistas sobre en que se equivoca.


Xabier Díaz Fernández

3.6.5. Pregunta “numérico” Este tipo de preguntas admite como resposta un número escrito. Para cualificar as posibles respostas, hai que dar un número como resultado e unha marxe de erro (se preguntamos o valor de PI, non vamos esixir que nos poñan infinitos decimais).

Resposta: o resultado correcto Erro aceptado: a marxe de erro, tanto por exceso como por defecto Cualificación: canto puntúa esta resposta (o normal será 100%, a menos que haxa varias respostas válidas) Retroalimentación: a mensaxe para despois de responder.


Xabier Díaz Fernández

3.7.

Cuestionario ou exame

Nun cuestionario ou exame xuntamos varias das preguntas que creamos no apartado anterior.

3.7.1. Configuración do exame

Nome: o texto que aparecerá na pantalla principal do curso Introdución: un texto que verá o alumno cando elixa o exame como guía sobre o que vai facer. Despois deste texto, aparecerá un botón para comezar o exame. Abrir o cuestionario: día e hora na que os alumnos poderán iniciar o exame Pechar o cuestionario: día e hora na que se pechará o exame Atraso da segunda tentativa: se permitimos varios intentos no mesmo exame, canto tempo ten que pasar entre o primeiro e segundo intento (para dar tempo a repasar). Atraso entre tentativas posteriores: retraso para o terceiro e sucesivos intentos


Xabier Díaz Fernández

Preguntas por páxina: se hai moitas preguntas no exame, queres que se vexan todas na mesma páxina ou que saia un número en cada páxina. Neste último caso haberá un enlace para pasar de páxina. Barallar preguntas: as preguntas aparecen de forma aleatoria dentro do mesmo exame Barallar dentro das preguntas: se a pregunta é de escoller varias respostas, estas respostas saen desordenadas. Tentativas permitidas: cantas veces pode un alumno intentar facer o exame (se é un cuestionario de autoaprendizaxe, podemos poñer varias) Cada tentativa constrúese a partir da última: no caso de repetir o exame, o alumno parte de cero de novo, ou lle sae na pantalla as respostas que escribiu na última tentativa. Modo adaptable: en caso afirmativo, en cada pregunta aparece un botón para comprobar se a resposta está ben antes de rematar o exame; cada vez que se pulse o botón, aplícase o factor de penalización definido na pregunta. Esta opción é útil para cuestionarios de autoaprendizaxe. Método de avaliación: se se admiten varias tentativas, como valoramos o exame? Pode ser a puntuación máis alta, a media, a última ou a primeira (esta opción vale para un exame puntuable só a primeira vez, pero que queremos que sigan practicando unha vez rematado) Aplicar penalizaciones: se aplicamos as penalizacións que definimos en cada pregunta ou non


Xabier Díaz Fernández

No cadro de revisións podemos decidir que pode ver o alumno (cualificación das preguntas individualmente, puntuación xeral, mensaxes de retroalimentación) en cada momento: • Despois de cada intento • Durante o exame • Despois de facer o exame

Nesta pantalla defínense unhas mensaxes de retroalimentación segundo como lle saiu o exame globalmente por rangos de cualificacións. Neste exemplo: • • • • •

de 0 a 5: precisa mellorar de 5 a 6: aprobado xusto de 6 a 8: ben de 8 a 9: moi ben de 9 a 10: excelente

Cando remates coa configuración, garda o exame para pasar á selección de preguntas


Xabier Díaz Fernández

3.7.2. Engadir preguntas ó exame Elixe categoría

Elixe as preguntas

Engadir preguntas seleccionadas

Preguntas que entran no exame

Tipo de pregunta

Banco de preguntas

1) 2) 3) 4)

Escolle a categoría de pregunta, no caso de que teñas varias. Selecciona as preguntas que queres engadir ó exame Pulsa no botón “Engadir ó exame” Elixe o valor de cada pregunta (podes poñer 5 preguntas que valen 1 e unha que valga 2) 5) Elixe a puntuación total do exame Opcións do banco de preguntas:

Engadir ó exame

Ver pregunta Modificar pregunta

Eliminar do banco

Seleccionar


Xabier Díaz Fernández Opcións das preguntas do exame

Cambiar a orde das preguntas Puntuación de cada pregunta Puntuación total do exame

Modificar pregunta Quitar pregunta do exame

A cualificación máxima é o total que queres que valga o exame. Aínda que a suma de puntos de cada pregunta dea un número distinto (neste caso 6), podes decidir que o exame vale 10 puntos e que Moodle che calcule a nota proporcionalmente.

Para rematar, pulsa en Gardar modificacións


Xabier Díaz Fernández

3.8.

Cualificacións

No panel de administrador do curso, podes ver unha lista coas cualificacións dos alumnos:

Descargas A pantalla de cualificacións é como esta:

Puntuación total

Puntuacións parciais

Ademais de ver todas as puntuacións de cada actividade na pantalla, hai un botón para descargar esta táboa en formato Excel e outro para formato OpenOffice.


Xabier Díaz Fernández

3.9.

Informes

No apartado de informes, podemos ver o que fixo cada alumno cada día.

Na pantalla de informes podemos filtrar o informe por alumno, por día, por actividade e por tipo de acción realizada.


Publicar contidos na Aula Virtual