Issuu on Google+

ENTÓN, QUE DIS QUE LLE PASA AO COMPUTADOR Calisa, só se me acordou mandarlle unha invitación para que fose de pastor eléctrico. O vello totemismo dos animais, das pedras, de obxectos cargados de electricidade, das roupas impregnadas de esencias bestiais, brevemente / de maneira breve, todo cando serve para captar, dirixir e derivar forzas...

DE ESPRICARNOS POUCO rosalía de castro

Unha noite S soñou un negro, o clima era tropical. A cara do negro leproso acompañouno dende entón, volvendo cada vez que o señor S deixaba, así fose un segundo, de pensar a Substancia. Despois de moito darlle voltas e marearme a cabeza, creo que eu vestiría o señor Artaud para unha festa de disfraces orientais do soño de Spinoza. De vulva: "son un xenital innato". Mi vulva es mía;) Tamén pode ir de empanadilla... pero máis lozano e contento estaría de Sandía... Pois mira, C. A Spinoza vestíao de 4 iardas (que era a distancia que estableceu o decreto de excomuñón, en 1656, entre el e o resto da humanidade). E a Artaud, de fígado, para ser órgano sen corpo e beber arreo durante o baile. Disfrace: Artaud co cabelo da Falconetti. Buscaba unha foto dela con melena e o photoshop no meu ordenador pero non encontro ningunha das dúas cousas. Non dou debuxado ondas do pelo tipo anos 20 nin tonsura. Eu digo: Antolín de galleta integral O que se me ocorre é unha careta dunha calavera e un casco ou algo para levar na cabeza, verde polos lados e vermello no medio con pebidas verdes. De roupa, un traxe con gravata e tal, hehe.


De SANDÍA. Para min é unha idea chula pois a min mólanme moito as sandías. Pero tamén porque dá para pensar un problema (a carne). - Unha especie de metamorfose carnosa e fresca, señor Artaud. Que lle parece. De home invisible De home invisible // pois logo de alcachofa, que ultimamente comín alcachofas e están moi boísimas. Aínda que sería mais fácil facerlle un disfrace de plátano. A min gustaríame vestir o señor Antonín Artaud de Saúde. Preocúpame a saúde de Artaud, como lidia este con ela, como lidiar coa saúde en xeral. Penso e pertúrbame o porqué de exemplos de voraz vitalismo, como Artaud e Nietzsche finaron cunha relación coa saúde tan aparentemente "escura" cando, baixo o meu punto de vista, proxectaban unha visión da saúde moito máis luminosa. Benquerido claudioluis, de sandía non de...de....de...............MAEWES ROSACARNÍVORA en plan planta devoradora de homes, son como dúas caras da mesma moeda, son coetáneos aínda que mae viviu moitísimo máis (muller), cine, teatrocruelteatrovodevil, heliogábalo-transformismo, etc., ... surrealismo, xa sabes que mae inspirou a dalí no famoso cadro, os dous son antipuritanos... etc., iso si, a cara de don Antonín da última etapa, cando estaba o probe feito unha auténtica birria, CARNAVAL CARNAVAL CARNAVAL QUÉROTE Ben, xa que a cousa vai de cousas que se comen, eu disfrazaría a Artaud de mazá... non de mac apple, non, diso non... de mazá, da mazá de Adán e Eva, desa que aínda seguimos comendo... todo isto vén pq ando á procura dun disfrace e pensei en Magritte, que tamén é moi afeccionado ás mazás, bastaría con poñerlle unha diante da cara como na foto. O disfrace levaría ademais música, a deste señor, que me falaron onte del, e que se chama Spinetta, que non é Spinoza, o que tamén "vale", e que por casualidades da vida vai e adícalle un disco ao poeta Artaud: afectuosamente As mazás de Yoko Ono Eu vestiría o señor Artaud de refresco defectuoso, é dicir, dun refresco que non cumpre a súa función. Xa non é que te deixe ou non con sede, o problema é que non refresca, máis ben quenta.


O señor Artaud, sen sabelo, sería máis unha infusión que outra cousa. Señor Artaud de bombilla, de tal xeito que se ilumine tamén por fóra cando alguén, algo, unha palabra, un lugar, unha bebida... o ilumine por dentro. Como me fixo pensar o mail e a proposta da sandía, eu recomendaría a calquera (tanto Artaud como Spinoza) un disfrace de cocido (tamén vale de callos)... Porque é Entroido, porque me gustan moito, e fundamentalmente porque serven para pensar o problema da substancia :-)))))))))))))) Pensei e pensei e esquecín enviarche as medidas. Para S non sei se prefiro un disfrace de flamenca (de flamenca olé) ou de osiña (ozita). Para o Sr Artaud propoño o disfraz de Pussy Riot. Son varios os motivos: terá unha mascarita que ocultará a súa identidade. Un pasamontañas feito con medias vermellas. - poderá ser muller. Ou home vestido de muller. Ou ser queer e non responder aos xéneros nin ás etiquetas (que pican) - será rusa, o cal significa, unha vez máis, ser O MAL. - será ex presidiaria - será heroína... - e, por suposto, terá licenza para cagarse en dios! Disfrace de HÚSAR para M porque nada lle parece máis elegante que a guerreira entorchada aberta e caída en vango sobre a cadeira Marionetilla – chacolín ao ataque para señor A. Ola, compadre! Non se me ocorría nada con sentido para o señor A, relín o que teño del. Mais onte vin pola televisión como os subsaharianos saltaban o valado europeo por españa deixando a áfrica das ánimas antigas para bicar o chan do novo ser e lambendo as feridas do electrochock que recibiran no valado. Eran señores A, Señores A todas. Señor A negro. Tamén o inaxinei cun traxe de augas amarelo e un tridente ou galla. A Spinoza imaxínoo de Cupido, ou de Cereixa, lembrando o teu pracer pola sandía. Antonin Artaud: disfrace de ESMERALDA  porque todo nel é esperanza.

(.........................)


PARA REMATAR DUNHA VEZ CO XUÍZO DE DEUS. – FIN DA PRIMEIRA PARTE (.........................)

Vimos de re-pas/rar na 1.ª parte do asunto pica versos entroido oriental textos de Rebeca, Aurelio, David, Álex, Miguel, María, Xosé Luís, Edita, Manuel, Xiana, Abrahan, Catuxa, Chus, Josecho, Francisco, Marta, Beatriz, Ana e Elena. VAI AGORA a 2.ª parte na que tampouco hai tese e onde re-pasaremos textos de Rober, Platón, Lacan, Deleuze, Duras, Artaud e Félix.


Como vedes todo orientado cara a oriente. Ah! O magnífico texto de Artaud cando escribe: “Do teatro balinés” e a historieta de Ezra Pound ca China.

Entón, que dis que lle pasa ao computador.

LEO: (CANDO LEO É SEMPRE UN LÍO, POIS LEO: LEO) Bueno, ola, sabedes, pensei, deille tanto á galleta para saber que carallo ía facer aquí, que ao final elas dispuxeron que tiña que escribir un texto nun papel como cando parasito no muro do facebook. E así pirarme, pois xa eu non estaría aquí se non un outro desmembrado que xa ten de memoria memorizado o choio. En todo caso, grazas polos aplausos. Porque eu é un tipo empanado. Leo: TEXTO PARA O PICA PICA ORIENTAL “Ao comezo estabamos moi axitadas, aos poucos fomos tomando certas substancias de realidade gozosa, e todo vén rematando en múltiples escenas capitais, derramándonos nunha implosión extraordinaria, e nunha plenitude material asombrosa, dada a nosa idade e o noso estado de saúde”.  - ben, o caso é q xa só temos dúas copas. - normal. - e tamén e q dos catro anacos de Carmen deixamos sen comer o máis grande. - claro: quizais si, quizais volvan outro día recompor as copas e máis rillar nos restos.

1. “O significante é o material audible, o cal non significa que sexa o son.”


...na medida en que a busca é a que realidade, a que máis alá, a que feito se refire a significación, entramos nun problema. Pois ben, se ignoramos que a significación nunca remite máis que a ela mesma, é dicir, a outra significación, penetraremos nun calexo sempre sen saída....... Pimpanicalla Frumioso Perspendicaz - imaxinades todo o que lle debemos á xeoloxía.  Entón: q posición pensarán en tomar as flores agora que ela morre, de maneira que agora tamén neste tempo a temos máis cerca de nós, polo menos máis visíbel nos bares a carón das ventás onde acode con maior frecuencia que cando as flores...

2.

- A primeira evidencia do corpo entroidado é que a superficie ten rebentado. - O primeiro aspecto do corpo entroidado é unha especie de corpo-coador. Xa así como, anteriormente, o PICA PICA estaba nos elementos fonéticos que afectaban ás partes do corpo encaixado ou desencaixado, agora non pode ser obtido o triunfo senón mediante a instauración de palabras-sopro, de palabras-berro. Nas que todos os valores literais, silábicos e fonéticos son substituídos por valores exclusivamente tónicos e non escritos, aos que corresponde un corpo glorioso como nova dimensión do corpo entroidado, un organismo sen partes que actúa sempre por insuflación, inspiración, evaporación, e transmisión fluídica.


 o corpo superior o corpo sen órganos de g.  “que agora non comen quen ás veces comeron e quen comeron sempre, agora comen máis.” dixeron que elas eran unha ofrenda e que podían re-compor unha doenza calquera. que tiñan potencias sandadoras e que polo tanto podían arrimar pracer aos corpos afectados e máis aínda aos tránsitos por onde a doenza ía deixando cortes...

3.

POIS ASÍ - a constante de atacar a paz do cotián - de meterlle a textualidade do funcionamento da iluminación publica - de re-parar no sentido que arriman os elevadores a maneira de colocar o lousado na terraza do soto como ben se mira:  unha perfecta organización dos afectos abotoados estes aos orgasmos de Galicia. Díxome que debería facer un listado de “mascaritas” De darme o gusto de ir de picoleto para así follar mellor con Roberto e Antonio. De saír polo mundo de sandalia, de saia e tamén que molaba moito ir de parella de ionquis cegos de morfina. Mais tamén de sandía e de santa “demonia” e de comunista. Ou santa sandía! POIS ASÍ.


 Ela chama por Ela para lle contar o clima que ha de rematar coa familia tanto coma co xuízo. o políptico remata como podemos intuír nunha táboa pensada por Platón igual que comeza nunha imaxe que re-trae o inicio dunha guerra. o asunto é que elas, logo dos plásticos e ter asesinado en escena a deus, marchan deixando unha droga na que se abren todo tipo de dimensións á que nós nos acollemos sen regras. dixo estar moi aburrida polo caso do fígado e que todo o facía para facilitar a súa entrada ...

4.

Pero para recitar ao PICA PICA podes vir de restra de cebolas de “calabacín” de maza de grelo ou de garda civil!

 Díxolle: "Levas a roupa co de diante para atrás e do revés". Dixéronlle: Recobrarás a saúde en tanto quen che corte eses fermosos cabelos, xa cunha tesoira de capar homes, xa cunha coitela de rasurar monos, cho faga con amor...


Sería unha historia das mans do amor...

(.........................)

5. ou The End

Para resumir ou en resumo, cinco son as forzas a combinar para rematar, co suplicio infinito, co soño, coa organización, co quererdominar e coa guerra: 1- O sistema físico da crueldade 2345-

O durmir ou a embriaguez A vitalidade A vontade de poder e A loita de clases

Algo como unha enerxía como un Entroido Oriental que fai que estalen os adoquíns! Entón, señor Artaud, que di que lle pasa ao computador?

NADA! Cando vostedes lle teñan deseñado un corpo sen órganos o terán liberado de todos seus automatismos e o terán devolto á súa verdadeira liberdade. Entón poderán ensinarlle a danzar do revés canda o delirio dos bailes populares / e ese revés será seu verdadeiro lugar. pero, señora Artaud, pode quedar para a FESTA “calabacín” maza grelo sandalia saia parella de ionquis cegos de morfina sandía santa “demonia” vulva


empanadilla 4 iardas fígado galleta integral careta calavera casco gravata home invisible alcachofa saúde MAEWES ROSACARNÍVORA mazá infusión refresco defectuoso bombilla cocido flamenca ozita esmeralda chacolín ao ataque falconetti Pussy Riot Pastor eléctrico soño de spinoza negro anarquista.


Texto de Claudio Pato para o Picaversos