Andaina 49

Page 26

Políticas sociais e diversidade funcional El siglo XX será, no lo dudéis, el de la emancipación femenina… Es imposible imaginar una mujer de los tiempos modernos que, como principio básico de individualidad, no aspire a la libertad. ⠦ ISABEL LODEIRO VALES

Á miña familia e amigas e amigos por estar sempre aí

Antes de comezar este artigo querería agradecer publicamente ao equipo de Andaina pola oportunidade que me brindou para coordinar estes monográficos sobre a diversidade funcional, pois, ao meu modo modesto de ver as cousas, este é un paso moi importante para dar algo de luz ao respecto deste tema; volverei sobre este punto ao final do texto. Aclarado o anterior, o que pretendo neste artigo é dar certas liñas acerca de por onde deberían ir as políticas sociais cara a este colectivo. Para iso cómpre definir o que son estas e así entresacando as ideas de M.ª Asunción Martínez Román (2003) temos que: a expresión política social pode utilizarse nun senso amplo para referirse ás actividades públicas tendentes á promoción e satisfacción do benestar da poboación, o que inclúe outros sectores ligados ao benestar, como son a área de ingresos,

26

(Clara Campoamor)

saúde, aloxamento, educación, emprego e servizos sociais. Proseguindo, quizais poderiamos pensar que as políticas sociais teñen que ver coa pobreza, o cal non é de todo así, como logo explicarei, pois esta limítase ao plano económico e quero resaltar o que se di no libro Introducción al Trabajo Social (2003) sobre as causas da pobreza, pois entre as que cita, catro aféctanlle á muller con diversidade funcional, a saber: estar no paro, ser muller, ter algunha discapacidade (diversidade funcional) e non ter recursos económicos, os cales, por certo, poden velos moi minguados a raíz desta circunstancia, ao non existir unha boa cobertura de servizos públicos. A vista pois da pobreza que soe circundar as mulleres con diversidade funcional cómpre que falemos doutro termo, isto é, o da exclusión, que é un termo que se refire a problemática que presentan certos colectivos, como é o das mulleres con diversidade funcional, e que non se refire tan só á económica, senón tamén á educativa,

social, cultural e política, sendo todos estes factores sobre os que traballan as políticas sociais. A continuación vou analizalos un pouco máis polo miúdo, inda que hai que ter claro que todos estes factores mestúranse. Económica É importante analizar este nivel, pois moitas veces non temos presente o dato de que o 40 % das diversidades funcionais acontecen en mulleres en idade de traballar, co cal debemos ter presente que para nada é exclusivo do que denominamos terceira idade, mais tamén cómpre dicir que as mulleres con diversidade funcional soen ter grandes dificultades económicas, pois das que están en idade de traballar tan só o fan sobre un 20 % e pode ser que cobren algún tipo de pensión, mais na maior parte dos casos soen ser de cuantía moi baixa o cal dificulta, e moito, a súa vida. No tocante ao traballo, as mulleres con diversidade funcional sofren moi a miúdo os prexuízos dos


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.