Page 9

É de xustiza In memoriam

Susan Moller Okin (1946-2004) e Iris Marion Young (1949-2006)

⠦ MARÍA XOSÉ AGRA ROMERO

¿Somos un ou somos dous, ou tantos como en nós temos? Cada un é o caber dun mundo que non sabemos si somos ou si el é o que ten e nós mecemos. María MARIÑO

Cando a comezos de setembro souben que había apenas un mes morrera Iris Marion Young a verdade é que me causou unha certa conmoción e inmediatamente veume á cabeza a morte, dous anos antes, de Susan Moller Okin, ámbalas dúas con 57 anos, na plenitude das súas vidas e das súas producións intelectuais e fíxome matinar na enorme perda que isto supoñía para quen se preocupa pola xustiza e a igualdade. En xeral non son amiga das necrolóxicas e máis cando se trata de persoas de recoñecido prestixio que levantan as loas dunha corte de «escolásticos» ou aproveitados destes eventos, incluso preparándoos con antelación, converténdoos nunha sorte de ritual. Quizais polo peso desta miña visión particular non me ocupei de Susan Moller Okin no seu

9

Andaina 45  

Andaina nº 45. Revista galega de pensamento feminista. Outono do 2006.