Page 58

do aventuras e quizais agora estea facendo as cousas que ela quería, como pintar ou tocar instrumentos. Posteriormente Arturo minusvalora a súa muller, por abandonalo, fronte aos seus amigos. Este tipo de parella é moi común na nosa sociedade capitalista, na que hai persoas que pensan que o cariño ou amizade mércase con agasallos ou cousas materiais. Pero de todos e todas é sabido que estas relacións acaban fracasando como foi o caso de Arturo e Clementina. O máis importante é que as relacións interpersoais sexan satisfactorias, é dicir, levarse ben, pero sen que haxa ningún tipo de discriminación nin sometemento por parte dun ou outro sexo.

58

Conclusións finais Sen menosprezar o traballo destas dúas mulleres que é magnifico na década de 1970, hoxe en día quizais estes contos non sexistas seguen sendo bos para mudar a sociedade, pero tamén sería preciso que se fixesen algúns cambios. As autoras, ao meu parecer, céntranse no feminismo de Simone de Beavoir, da igualdade, na que a muller imita o sexo dominante. Os contos que se fan actualmente poden ter como referencia estes traballos, pero aproximándose ao feminismo da diferenza, na que homes e mulleres vivisen a súa feminidade ou masculinidade como quixesen, sen imitar o estatus dominante. Algúns exemplos para alcanzar este feminismo da diferenza serían que houbese un reparto equitativo das tarefas domésticas entre os dous sexos, pero non a asunción total por parte dun ou outro sexo ou só nun momento excepcional, a corresponsabilidade familiar, o aprezo e respecto polo que fai o outro ou outra como o coidado de persoas, profesións sen discriminación por sexo, xogos e xoguetes sen carga sexista para os nenos e nenas.

Bibliografía TURÍN, Adela: Arturo y Clementina, Barcelona, Lumen, 2001. — Los cuentos siguen contando. Algunas reflexiones sobre los estereotipos, Madrid, Horas y Horas, 1995. — Rosa caramelo, Barcelona, Lumen, 2001. — Una feliz catástrofe, Barcelona, Lumen, 2001. ⠧

Andaina 45  

Andaina nº 45. Revista galega de pensamento feminista. Outono do 2006.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you