Page 47

O neocaciquismo

caciquismo

(1ª parte)

⠦ ÁUREA SÁNCHEZ

Hai quen equipara o caciquismo a unha forma de chantaxe, un estilo de actuar no que se impón a vontade de alguén que está en posición de poder fronte a outra persoa ou grupo de persoas das que pode abusar. Os señores feudais ofrecían protección a cambio de tributos; os caciques decimonónicos aliábanse ós curas locais para exercer a represión e controlar á poboación. Na segunda República os caciques xogaron un papel crucial nos procesos electorais non só en Galicia. Rebentaron mitins, amedrentaron candidatos e votantes e dirixiron o voto de milleiros de persoas. A dereita en Galicia veu exercendo o caciquismo poñendo me-

dios de transporte e axuda persoal a votantes impedidos física e mentalmente. Taxis e taxistas, autobuses de liña en viaxe discrecional carretando xente ós colexios electorais. Os partidos da oposición non lle chamaron a iso caciquismo senón clientelismo político. Moitas desas persoas que foron coa papeleta da votación desde a casa ou desde o fogar do ancián, non sabían a quen estaban votando, pero o ofrecemento de acompañalos deica a urna formou parte da opereta nas votacións; unha opereta que deforma e denigra o sistema democrático. Pero os caciques modernizáronse. Cambiaron o arado pola antesala do despacho e o despacho

mesmo. Copan medios de comunicación, organismos públicos e semipúblicos. Venden liberdade e transparencia nunha man e coa outra atemorizan e reprenden; se fai falta ameazan en forma de advertencia. O caciquismo adáptase ós novos tempos e ese poder exercido con malas artes de influencia escalou postos polas institucións. Xa profundando un pouco máis poderiamos dicir que o poder só traballa para manter os seus dirixentes nos postos nos que están e non para cumprir un mandato previsto nos programas electorais; un programa que se poida calibrar, defender e atacar o seu incumprimento. Véxase como exemplo a guerra de Iraq á que nos levou o

47

Andaina 45  

Andaina nº 45. Revista galega de pensamento feminista. Outono do 2006.

Advertisement