Page 43

⠦ NANINA SANTOS C.

Pura imperial hispanofilia incrustada de fanatismo relixioso, que os representantes de deus na terra, gobernantes, vixiantes, amanuenses e outros máis se encargaban de facer medrar nos nosos corazóns e nas nosas conciencias de educandas. As circunstancias leváronme a estudar nun colexio de freiras. Corría 1961 cando ingresei alí, interna, para cursar con bolsa o 1º de bacharelato cos meus 10 anos, xa case 11, unha nena de aldea a 30 quilómetros da vila e 60 quilómetros da capital onde estaba o colexio. Conservo algúns recordos: de coidados, de amigas, de humillacións, de resistencias, de elitismo, de pouca hixiene, dunha gastronomía incapaz de espertar praceres e apetitos agás o leite condensado cocido dalgunhas merendas, as granadas no outono e algunha cousa máis que houben esquecer; aquel ollo de deus no triángulo da perfección véndoo todo, todo… até os máis ocultos pensamentos, ou

unha saída de domingo, nunha ringleira de uniformadas cos veos e coas luvas e un paniño no peto para tocar a furna do Brazo incorrupto de Santa Teresa que fixeran chegar á catedral para alentar a fe e a devoción. Conservo outras lembranzas. Chegou o entroido de 1962, felicidade de máscaras na aldea e pracer de filloas, flores, orellas e o lacón con grelos. Erguémonos cedo, coma todos os días naquel durmitorio cheo de camas de nenas, e non puidemos abrir as fiestras porque as persianas, todas, estaban atadas e con ferrollo! Misa, comedor e, á capela outra vez facer Horas Santas polos graves pecados que se cometen en Rio de Janeiro! De xeonllos nos bancos da capela, apenas sen luz e cos brazos en cruz que caen de contado… e as freiras a tocarnos nas costas para erguer os brazos, sempre en cruz sen descanso. Horas Santas! Polos graves pecados que se cometen en Rio de Janeiro… que eu sabía por

No internado de freiras,

Francisco, o da Granxa, que estivera emigrado. E tiña unha sobriña, Carmiña, la americana vestida toda guapa con nailons e puntiñas tan distintas! Polos graves pecados que, de xeonllos a brazos, tentaba imaxinar naquela dor. Non tiña imaxinación para tanto. Que podería ter feito Francisco o da granxa e Pura, a muller, en Rio de Janeiro para aquel sufrimento, aquela entrega involuntaria, aquel descoñecemento, aquela tortura? Non tiña información ao meu alcance e alí remanecía eu co pensamento atorado e esmagado coa dor en xeonllos e brazos, na caluga e na alma até dar no calmorio do pecado, o inferno, o castigo, o pecado outra vez e de novo o pecado, o castigo e o lume espantoso do inferno para sempre, para sempre o pecado… Pedagoxía, formación e educación en valores merecente de honras premios e loubanzas, necesitado de lembranzas e memoria. ⠧

1962 43

Andaina 45  

Andaina nº 45. Revista galega de pensamento feminista. Outono do 2006.