Barrios abril

Page 3

VERIN E COMARCA

Verín incrementou o seu remanente de tesourería

Comezan en maio as obras do centro de día

4 En 636.000 euros.

4 Sito na pranta baixa da Praza de Abastos, entrará en funcionamento a final de ano.

Redacción

Redacción

O Goberno municipal deu conta na última sesión plenaria dos resultados económicos do primeiro exercicio (2015) do actual executivo, que serán remitidos ao Ministerio de Economía. O remanente de tesourería aumentou, pasando do 1.705.026,79 millóns de euros en 2014 a 2.341.195,86 en 2015. Este incremento, “amosa unha estabilidade orzamentaria exemplar e unha gran solvencia económica”, afirmou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo. O remanente de tesourería é o saldo que permite coñecer a capacidade dunha administración para afrontar as súas débedas. Segundo os datos presentados ao pleno, esta capacidade incrementouse,

na primeira anualidade do bipartito de Verín en 636.169,07 euros. Estes datos confirman, segundo Lourenzo, “que o noso Goberno administra moito, e administra ben; porque o resultado das inversións realizadas están á vista dos veciños”. Ademais, estes datos confirman o cumprimento de todos os criterios de estabilidade orzamentaria requiridos polo Executivo Central.

O PP de Verín lamentou en rolda de prensa as declaración realizadas (segundo os populares) polo rexedor municipal, Gerardo Seoane, nas que rexeita solicitar a declaración do Entroido como Festa de Interese Turístico Internacional, tal e como está a realizar Xinzo de Limia. “É moi curioso o argumento que utiliza o rexedor para rexeitar esta solicitude”, indica o voceiro popular, Juan Manuel Jiménez, “xa que esgrime o temor á posible masificación das festas e perda de identidade cando a posteriori engade que este ano

funcionamento. Cunha inversión de 125.000 euros, este centro de día contará con 36 prazas e estará xestionado por unha empresa especializada privada. O alcalde explicou que aínda que non é intención do Concello a privatización de servizos públicos, consideran que por un tempo é precisa esta medida pola súa falta de competencia no sector.

Superávit O documento de peche de 2015 recolle un superávit nas contas do Concello de Verín de 174.156,22 euros, e un resultado económico-financeiro positivo (ingresos-gastos) de 704.285,95 euros, fronte aos 248.771,18 do 2014.

O PP súmase a proclamar internacional o Entroido de Verín Redacción

Este mes de maio darán comezo as obras do primeiro centro de día de Verín, que estará ubicado na pranta baixa da Praza de Abastos da vila, onde ata fai pouco tiñan lugar as clases da Escola de Artes e Oficios, que foi trasladada. Pola súa banda, na primeira pranta continuará de momento a oficina de Medio Rural, xa que

Concello e Consellería non chegaron a un acordo alternativo. O obxectivo do goberno municipal era deixar libre ese espazo por se era preciso ampliar o centro de día nunha segunda fase. O alcalde asegura contar xa con todos os permisos precisos para comezar agora os traballos, por tratarse dunha zona do casco urbano especialmente protexido. E agarda que antes de que remate o ano estea en

foi a cita máis masiva e que houbo máis xente que nunca, aínda que iso sexa falso”. Jiménez destaca “a repercusión económica que levan consigo estas distincións, non só en axudas da administración, senón tamén para ao sector da hostalaría e restauración”. O alcalde responde Pola súa banda, Gerardo Seoane, cando foi preguntado por esta reclamación do PP, negou que o Concello rexeitase solicitar esta distinción. “Ninguén renunciou a nada, seguimos adiante”, sentenciou o socialista.

A oficina de Medio Rural e o novo centro de día compartirán as instalacións da Praza de Abastos /M.REJO.

Conta atrás para o novo cemiterio 4 Investiranse 300.000 euros na primeira fase. Redacción O Concello de Verín vén de iniciar o trámite medioambiental previo á redacción do Plan especial de infraestructuras e dotacións que se require para comezar o proxecto dun novo cemiterio municipal, o cal, segundo o alcalde, Gerardo Seoane, estará dispoñible no prazo dun ano e irá ubicado entre as localidades de A Salgueira e Vilamaior. 300.000 euros serán precisos para executar a primeira fase, que inclúe o acondicionamento dos

viais de acceso, abastecemento, saneamento e a instalación de electricidade no recinto. De seguido, construirase o interior, condicionado pola demanda, que se agarda sexa elevada xa que actualmente existen máis de

300 peticións de nichos, porque o actual camposanto, na rúa Rosalía de Castro e datado en 1866, atópase ao completo. Será municipal O novo cemiterio estará ubicado nun terreo de 47.000 metros cadrados e será de titularidade municipal, polo que será o Concello o que afronte a totalidade da inversión. Segundo especificou o rexedor, o precio dos nichos, entre outras cuestións, serán definidas nos próximos 12 meses.

Actual cemiterio, na rúa Rosalía de Castro./M.REJO.

Barrios Abril 2017

EN BREVE 4 O Concello reactiva a ORA O Concello de Verín reimplantou este 17 de abril a ORA en oito rúas, a petición dos comerciantes, para estimular a rotación do aparcamento nas zonas de servizos. Non haberá concesión, e será a propia Policía Local a que vixie o cumprimento dos horarios. A nova tarifa que se aplicará na zona ORA será de 0,50 euros/hora e estará en funcionamento nas avenidas Luís Espada e de Portugal, e a rúa Deputación.

4 Actividades de verán para mozos A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín mantén -ata o 2 de maioaberto o prazo de inscrición para participar na campaña de Verán 2017, dirixida a mozos de entre 9 e 17 anos. As actividades terán lugar en xullo e agosto e inclúen iniciativas de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional. Os prezos, dependendo do lugar elixido, oscilan entre 100 e 300 euros. As familias numerosas contan cun 50% de desconto e quen posúa carné xove un 25%. Estes descontos non serán acumulables.

4 Seminario na Eurocidade Do 3 ao 7 de abril tivo lugar, na Eurocidade Chaves-Verín, o seminario internacional “As idades da auga: as augas construtoras de paisaxes”, no que participaron 30 persoas e que incluíu visitas a balnearios, con especial atención ás piscinas romanas. As conclusións desta cita establecen propostas baseadas na sostibilidade, na transversalidade do territorio co río como eixe principal -prestando especial atención ao espazo agrícola da Veiga de Chave-, na integración paisaxística e na posta en valor da agricultura.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.