Barrios 151

Page 12

12

Barrios 16 de setembro 2021

Reciclaxe Redacción Esta semana técnicas de ADEGA realizan visitas porta a porta en Allariz, informando sobre a situación dos composteiros comunitarios e como se debe separar o lixo do fogar. Si mesmo farán o seguimento dos mais de 150 compostadores xa entregados dentro da campaña do 2021. O desenvolvemento final da mesma, suporá a entrega de 200 composteiros de uso individual de entre 450 e 850 litros, para a recuperación da materia orgánica producida nos fogares que dispoñan de finca, estando especialmente dirixida aos núcleos rurais do municipio. Ao tempo incrementaranse as áreas de compostaxe comunitaria e melloraranse as zonas de acumulación de biomasa. O obxectivo a acadar neste ano é o 50% na separación e reciclaxe dos residuos xerados en Allariz, para isto paralelamente se está a realizar un estudo que permitiu establecer cales son as áreas con maior uso, e como ampliar o despregue de colectores de reciclaxe de vidro, envases e papel cartón, dentro do municipio. O compost resultante está a ser empregado por veciños e veciñas nas súas parcelas e xardíns, así como por produtores de horta e gandería locais, logrando pechar o círculo produtivo a nivel local. Aquelas persoas interesadas na obtención dun compostador poderán dirixirse a itziar@adega.gal ou ben a medioambiente@allariz.gal.

ALLARIZ E COMARCA

Congreso Next Generation Redacción Allariz será a sede do Congreso Next Generation, que se celebrará no Hotel Oca de Allariz o vindeiro martes, 21 de setembro. Organizado polas Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE) pretende crear un punto de encontro entre os empresarios e as oportunidades para o desenrolo e crecemento das empresas da provincia. O congreso estará estructurado en tres mesas redondas sobre economía circular, transfor-

mación dixital e transición enerxética. Ademais, servirá para crear un espazo de diálogo onde expertos en sostenibilidade económico, fondos de inversión e transición enerxética inicien

unha conversa sobre a transición económica ante a que se atopan as empresas galegas. A clausura do Congreso correrá a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Creación exposta no FIXA 2021.

O FIXA supera os 25.000 visitantes 4 Aínda resta mes e medio para o peche desta edición. Redacción Presentación do congreso que terá lugar o día 21.

A Casa da Mocidade busca ideas entre os usuarios 4 Organiza dúas quendas para coñecer as inquedanzas da mocidade. Redacción A Casa da Mocidade de Allariz invita a todas as persoas usuarias das súas instalacións a que participen en dúas quendas de mesas redondas nas que se tratarán as inquedanzas da mocidade de Allariz e así elaborar unha programación acorde aos usuarios e usuarias. A primeira quenda será para os mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, o día 23 de setembro a partir das 20 horas na propia Casa da Mocidade de Allariz; e a segunda quenda será o 24 de setembro, tamén

ás 20h para as e os de 19 anos en adiante. Clases Noutro orde de cousas, a Casa da Mocidade tamén abre o prazo para inscribirse ás clases de batería, guitarra eléctrica, batucada e, como novidade para este curso, ofertarase percusión africana. A data límite para anotarse será o 1 de outubro e deberás facelo na Casa da Mocidade, ou no correo mocidade@allariz.gal ou no teléfono 988 442 107. Horarios Os horarios dos diferentes espazos modifícanse. Así, a Aula do Saber

estará aberta de luns a sábado de 9h ás 14h e de 16h ás 21 horas. Pola súa banda, a Aula do Lecer permanecera aberta os xoves e venres de 19 a 21h e os sábados de 18:30h ás 21 horas.

Este ano a novidade chega cun curso de percusión africana A data límite para anotarse en calquera dos cursos será o 1 de outubro

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz recibiu 25.000 visitantes no remate do mes de agosto, cando quedaban dous meses para o peche desta edición. O Festival, que se converteu nun dos principais reclamos turísticos de Allariz, cada ano consolídase coma un referente tanto para público especializado, profesionais do sector coma para as persoas visitantes que se achegan a ver os xardíns. Este ano están dedicados á poesía, con propostas de distintos lugares do mundo. Actividades Pero o recinto non se queda só na visita aos xardís, xa que conta con actividades como os tres recitais poéticos que se deron durante os meses de verán. Deste xeito achégase á cidadanía este xénero literario aproveitando que nesta edición o tema é a poesía. A Poesía volverá ós xardíns o próximo 2 de

outubro coa VIII edición do Poemagosto (Festival Internacional de Poesía de Allariz) que contará coa participación de grandes figuras da poesía galega e internacional coma Manuel Rivas, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Lorena Conde, Samuel F. Pimenta ou Itisha Giri e Zahra El Hasnaui. Ademais, este mesmo escenario acolleu este verán a orquestra sinfónica de Galicia, Teatro en Vilo coa súa obra "Hoy puede ser mi gran noche" ou concertos coma o da banda Tandub Ou entre outras moitas actividades. A edición da Poesía pechará as súas portas o 31 de outubro para prepararse de cara a edición de 2022. Ata o día 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar os deseños da vindeira edición baixo o titulo de "Xardíns terapéuticos, deseños que curan".

O 2 de outubro celébrase a VIII edición do Poemagosto


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.