Page 1


SEN SOPRAR Materiais: 1 botella Vinagre Bicarbonato Globos Procedemento: Enchemos un terzo da botella con vinagre. Despois enchemos a metade do globo con bicarbonato. A continuaciĂłn axustamos a boquilla do globo ĂĄ da botella. E finalmente poĂąemos vertical o globo e deixamos caer o bicarbonato.


SEN SOPLAR Explicación:

Cando o bicarbonato entra en contacto co vinagre prodúcese unha reacción química. O bicarbonato de sodio ao entrar en contacto co ácido acético que contén o vinagre inicia unha reacción algo parecida a unha reorganización das súas moléculas. Desta reorganización resultan tres materiais novos. O vinagre e o bicarbonato transfórmanse en auga, sal que queda diluído no anterior e o dióxido de carbono. Este é o que nos interesa, pois ao ser un gas tende a expandirse intentando escapar pola boquilla da botella. Ao colocar o globo estámoslle entorpecendo a saída e facemos que se acumule dentro do inchándoo pouco a pouco.


FLOTA OU AFÚNDESE?

Procedemento:

Materiais: 3 vasos grandes 1 ovo auga Sal

Enchemos dous vasos con auga, e a continuación engadímoslle a un deles sal pouco a pouco e removémolo ben. Coloca o ovo no vaso que ten só auga: irase ao fondo. Colócao agora no vaso no que disolviches o sal: observarás como queda flotando. Pon o ovo e auga ata que o cubra e un pouco máis, no terceiro vaso. Engade auga con sal, da que xa tes, e beiras como de novo flota pero se nese momento de novo lle engadimos un pouco de auga sen sal, observarás que se afunde. E así sucesivamente.


FLOTA OU AFÚNDESE? Explicación:

Sobre o ovo actúan dúas forzas, o seu peso (a forza con que o atrae a Terra) e o pulo (a forza que fai cara a arriba a auga). Se o peso é maior que o pulo, o ovo afúndese. No caso contrario flota e se son iguais, queda entre dúas augas. O pulo que sofre un corpo nun líquido, depende de tres factores: A densidade do líquido O volume do corpo que se encontra mergullado A gravidade Ao engadir sal á auga, conseguimos un líquido máis denso que a auga pura, o que fai que o pulo que sofre o ovo sexa maior e supere o peso do ovo: o ovo flota. Así tamén se pode explicar o feito de que sexa máis doado flotar na auga do mar que na auga de ríos e piscinas.


A PELOTA QUE LEVITA Materiais: Unha pelota pequena. Un secador

Procedemento: Se acendemos o secador e deixamos a pelota na parte central da corrente de aire, vemos que permanece en repouso sen caer. Ao inclinar un pouco o secador vemos que a pelota non cae. Se achegamos o secador coa boliña a unha parede, vemos que a boliña ascende máis.


A PELOTA QUE LEVITA Explicación: • A corrente de aire ascendente que sae do secador xera unha presión e unha forza que compensa o peso da boliña. É o Principio de Bernouilli : • A velocidade do aire que sae do secador é maior na parte central e menor nos bordos. As rexións onde o aire se move con maior velocidade son de baixa presión e as rexións onde o aire se move con menor velocidade son de alta presión. • Cando a pelotiña desprazase lixeiramente da parte central da corrente xérase unha diferenza de presión (e unha forza neta) que empurra a pelotiña de regreso ao centro da corrente.


LÍQUIDO OU SÓLIDO? Materiais: Maicena Auga Procedemento: Neste experimento queremos demostrar a forma na que inflúe a superficie ao exercer presión nun corpo, xa que se se premía con toda a man non se afundiría, non obstante se o facemos cun só dedo, isto si acontece.


LÍQUIDO OU SÓLIDO? Explicación: A mestura de maicena e auga forma o que se coñece como un "fluído non newtoniano": a súa viscosidade varía en función de que se axite ou de que permaneza en repouso.


VELOCES BOTES DE FÓSFORO Materiais: - auga - 1 cunca - xabón líquida - fósforos de madeira Procedemento: Enchemos un recipiente con auga e coloca algúns fósforos na auga. Botamos unha pequena cantidade de xabón líquida no centro da cunca de auga e observa aos fósforos saír disparado a través da superficie da auga como poderosos barcos.


VELOCES BOTES DE FÓSFORO Explicación: Isto débese a que a xabón emite unha capa oleosa que se apresura ao exterior, o que rompe a tensión superficial da auga e impulsa os fósforos.


BURATO NA AUGA Materiais: • Pos de talco • Xabón • Auga • 1 recipiente Procedemento: Botamos auga nun recipiente, que posteriormente cubriremos de pos de talco. Se metemos un dedo, veremos que o burato feito non se manterá, non obstante se enxaboamos o dedo vemos que si.


BURATO NA AUGA Explicaci贸n: Se enxaboamos o dedo e o volvemos meter non se pecha porque o xab贸n rompe a tensi贸n superficial da auga.


AS TRES CAPAS FLOTANTES Materiais:  Aceite  Auga  Mel  1 cortiza  1 moeda  1 cereixa  1 botella longa e transparente

• • • • •

Procedimiento: Enche un terzo da botella con mel. Enche o outro terzo da botella con aceite. O terzo restante éncheo con auga. Espera a que os tres líquidos se asenten. Por último deixa caer dentro da botella a cortiza, a moeda e a cereixa.


AS TRES CAPAS FLOTANTES Explicación: Cada un dos elementos (cortiza, moeda e cereixa) queda flotando nun dos fluídos (auga, mel e aceite). Cada liquido e elemento ten unha densidade distinta á dos outros e por iso é que quedan flotando en capas separadas de acordo á súa densidade. Os elementos e líquidos de maior densidade encontraranse ao fondo da botella, mentres os menos densos na parte de arriba.


GLOBO RESISTENTE Materiais: • • • •

Un chisqueiro. Unha vela. Un par de globos. Auga.

•Procedemento: •Enchemos dous globos, un con aire e outro con auga. •Acendemos a vela co chisqueiro. •Se achegamos o globo cheo de aire á chama explota inmediatamente. •Se achegamos o globo cheo de auga á chama vemos que non explota.


GLOBO RESISTENTE • Ao achegar o globo cheo de auga á chama sobe a temperatura do globo e da auga. Pero ao chegar a 100º C a auga absorbe moita enerxía (necesaria para o cambio de estado) e non deixa que a temperatura suba, impedindo que o globo se quente e explote.


GLOBO QUE NON ROMPE Materiais: – Globo – Obxecto punzante. Procedemento: Atravesamos o globo co obxecto punzante. Explicación

Non explota porque temos picando nunha parte do globo menos expandida e aguanta a presión do imperdible.


O LIMÓN FROTA • • • • •

Materiais: 2 limóns 1 pelador 1 recipiente Auga

Procedemento: Poñemos un limón en auga e observamos como navega contento pola superficie. Entón é máis lixeiro que a auga. Se mondamos un limón, cun pelapatacas, e o botamos outra vez na auga, veremos como se afunde.


O LIMÓN FROTA Explicación: Ao mondalo, quitámoslle o seu chaleco salvavidas, xa que a súa pel está chea de miles de diminutas burbullas de aire. Se lla quitas, a polpa que queda é máis densa que a auga.


CIENCIA DO SOPRIDO • Materiais: • 1 boca dunha botella • 1 pelota de ping-pon Procedemento: • Colocamos a pelota dentro da botella e logo sopramos e a continuación vemos como a pelota sobe.


CIENCIA DO SOPRIDO • Explicación: Se o aire aumenta a súa velocidade, a presión baixa tanto que o aire próximo corre a encher o oco. Cando sopras cara a abaixo, o aire trata desesperadamente de subir polo envase. A pelota está na traxectoria do aire, polo que se ve impulsada cara a arriba, aínda que sopres con todas as túas forzas.


ARDE O AZUCRE? Materiais: • Dous terróns de azucre. • Un chisqueiro. • Cinza. Procedemento: Se aproximamos unha chama a un terrón de azucre vemos que non arde. Tóstase e fóndese formando caramelo. Se impregnamos o terrón de azucre en cinza e achegamos a chama, vemos que o azucre comeza a arder.


ARDE O AZUCRE? Explicación: • A cinza actúa como un CATALIZADOR que acelera a reacción de combustión.


CORTIZA Mテ々ICA Materiais: 1 botella de cristal 1 cortiza 1 bolsa de plテ。stico Procedemento: Metemos a cortiza dentro da botella, para iso necesitaremos algo resistente. Logo metemos unha bolsa, volteamos a botella de tal forma que a cortiza quede entre unha das sテコas paredes e a bolsa. Inchamos a bolsa e tiramos polas asas.


CORTIZA MÁXICA • Explicación: Ao inflar a bolsa dentro da botella substituímos o aire no seu interior polo aire que se encontra dentro da bolsa, cando tiramos fortemente da bolsa provocamos un efecto de succión que forma un valeiro (redución da presión) que provoca a saída da cortiza, coma se fose absorbido.


MOCO-LOCO Materiais: Borax Cola Tempera 2 vasos Auga Procedemento: Prepárase unha disolución de bórax. Para iso temos que poñer unhas culleradas de bórax nun vaso cheo de auga ata a metade. Asegurándonos de poñer bórax abondo para que aínda que mesturemos ben sempre quede un pouco de bórax no fondo, sen disolver. A continuación poñeremos no outro vaso a cantidade de cola que vexamos conveniente engadímoslle auga e mesturámolo todo moi ben. Finalmente engadiremos a solución de bórax ( tan só o líquido, non o bórax que quedo no fondo) á cola, revólvese todo devagar e..¡xa temos o noso moco-tolo!.


MOCO-LOCO Explicación: A cola de pegar, como todas as substancias coñecidas do Universo, está composta de partecitas incriblemente pequenas: as moléculas. Do mesmo modo que a area está composta de moitos granitos de area. As moléculas de cola de pegar son longas e flexibles, coma se fosen cadeas de ganchiños clip como a da figura. O bórax fai que as moléculas de cola de pegar se entrelacen unhas con outras, formando redes. Pero, por que a consistencia de moco? Aínda que sexa pegañenta, a cola de pegar é líquida e flúe nas túas mans, por iso é difícil agarrala. No moco, en cambio, as moléculas están entrelazadas formando redes. Por iso, se tiramos da punta dunha das redes, todo o resto móvese tamén. Iso é o que lle dá ao moco a súa consistencia elástica. Canto máis entrelazadas estean as moléculas de cola de pegar, máis dura poñerase a mestura. Por iso, canto máis bórax agregues á mestura, máis duro vólvese o teu moco. Pero se lle engades demasiado pouco, non alcanza para que adquira unha consistencia elástica.


O FUME SOBE OU BAIXA? Materiais: Unha botella. Un chisqueiro. Papel. Procedemento: En primeiro lugar facemos un par de buratos na botella de plástico, un na parte superior e outro preto da base da botella. Logo collemos a folla papel e recortamos un rectángulo de 10 x 15 cm. Enrolamos o papel para obter un pequeno cilindro duns 15 cm de lonxitude. Por último introdúcese o tubiño de papel polo burato superior da botella. Ao acender o tubiño de papel cun misto fórmase unha pequena chama e obsérvase que polo outro extremo do tubiño sae unha columna de fume moi denso que cae dentro da botella. No exterior apenas hai fume. Se tapamos o burato inferior cun dedo apágase o tubiño de papel e non sae fume.


O FUME SOBE OU BAIXA? Explicación: • Ao queimar o tubiño parte do papel despréndese en forma de partículas que, xunto cos gases que se forman na combustión e o aire forman o fume. En circunstancias normais, o fume ascende arrastrado polo aire quente da combustión (correntes de convección) • No noso experimento, o fume que se produce na parte interior do tubiño viaxa ao longo del. No interior da botella non hai aire quente, de maneira que cando o fume sae polo extremo inferior do tubiño non se producen correntes ascendentes de convección e o fume (máis denso que o aire) se precipita ao fondo da botella.


A MOEDA SALTARINA Materiais: • Unha botella. • Unha moeda. • Un conxelador. Procedemento: Colocamos unha botella baleira e destapada no conxelador Pasados 30 min. Sacamos a botella do conxelador. Inmediatamente poñemos na boca da botella unha moeda que previamente teremos mollado Observamos que a moeda dá saltitos.


A MOEDA SALTARINA Explicación: • Ao sacar a botella do conxelador o aire atrapado nela quéntase. • Debido a iso aumenta a presión interna e o aire intenta escapar polo burato da botella. • Pasados uns minutos, ao diminuír a diferenza da presión diminúe a frecuencia dos saltiños.


1+1=2 ?? Materiais: • 1 l de auga. • Alcohol. • Dúas cubetas. Procedemento: Se mesturamos dous volumes iguais de auga o resultado é o esperado: 1+1=2 Pero se mesturamos volumes iguais de auga e alcohol o volume resultante é menor que a suma dos dous volumes. 1+1< 2


1+1=2 ?? Explicación: Ao mesturar auga e alcohol prodúcese unha unión entre as moléculas (ponte de hidróxeno) que produce a diminución de volume.


OXIDACIÓN DA FROITA Materiais: • Unha mazá. • Un plástico. • Un limón. • Xeo. Procedemento: •No prato número un colocamos un dos anacos de mazá. •Envolvemos co plástico outro anaco de mazá e colocámolo no prato número dous. •No prato número tres poñemos outro anaco de mazá e engadimos un pouco de xugo de limón. •Por último, no prato número catro poñemos o último anaco de mazá e cubrímolo con xeo.


OXIDACIÓN DA FROITA Procedemento: • Transcorridos uns 30 minutos vemos o estado en que se encontran os anacos de mazá: - O anaco de mazá número un escurécese. - No anaco número dous o cambio de cor é menor. - Nos outros anacos de mazá non se aprecia cambio de cor.


OXIDACIÓN DA FROITA Explicación:

• A oxidación é unha reacción química que se produce na froita ao reaccionar co osíxeno do aire. No noso experimento apréciase doadamente pola coloración escura que adquire a superficie da mazá. • A oxidación da froita pode atrasarse por refrixeración ou envolvéndoa cun plástico para que o osixeno non entre en contacto coa froita. • Outra opción para atrasar a oxidación é engadir un pouco de xugo de limón á froita. O xugo de limón contén vitamina C (ácido ascórbico) que actúa como antioxidante. • É por isto que en moitos restaurantes as ensaladas de froita levan un pouco de zume de limón que mantén os anacos de froitas coa súa cor orixinal.

Ciencia Divertida  

Ciencia Divertida

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you