Issuu on Google+

Ola amiguiños do CEIP Plurilingüe Nº 1 de TUI. Chámome Jenny e, como podedes ver, son un esquío. Estarédesvos preguntando como é posible que un esquío como eu poida estar convosco, soa nun colexio estraño, sen compañía algunha e, sobre todo, lonxe do meu medio natural de vida. Pois ben, todo isto ten unha explicación moi sinxela, aínda que un pouco triste. Queredes que vola conte? Gustaríame moitísimo facer novos amigos xa que creo que vou ter que pasar unha longa tempada por estas terriñas, como vos decides. O meu lugar de orixe está moi lonxe de aquí, en Londres. Sí, sí, xa sei o que estades pensando. Como é posible que un esquío coma min poida chegar ata tan lonxe? A resposta é moi sinxela. Estaba soa paseando polos arredores do aeroporto da miña cidade cando decidín esconderme na mochila do primeiro pasaxeiro que pasou ao meu lado. E que casualidade! A mochila pertencía ao voso auxiliar de conversa, Peter. Así que, sin el sabelo, aproveitei a súa viaxe a Tui para escapar da miña triste vida. Durante moitos anos vivín coa miña familia felizmente na compaña doutros esquíos nun precioso bosque preto de Londres. Que días tan felices! Que terra tan fermosa! Pero as cousas ao meu redor pronto comenzaron a cambiar. Os incendios e o lume extenderon o seu terrible poder queimando bosques, destruíndo paisaxes e acabando con todo o que se atopaba ao meu paso. Deseguida quedamos sen comida, sen casa, sen árbores nos que xogar e, sobre todo, sen amigos cos que compartir o día a día. Que terrible situación! Non sabía o que facer. As vacacións de Nadal convertéronse nun enorme pesadelo do cal non sabía, nin podía saír. Estaba soa e triste. Tiña que buscar unha solución ao meu problema e, case sen darme conta, atopeina: tiña que buscar outro lugar onde poder facer todas aquelas cousas que tanto botaba de menos e, nada mellor que esconderme na mochila de Peter para deixar atrás tanta tristura e comenzar de novo a miña vida nun lugar tan fermoso como é onde vos vivides, Tui, e onde, según me informaron, existe un dos paraxes naturais máis fermosos do voso país. Por todo isto pídovos un pouquiño de axuda, que me queirades como amiga, que me axudedes a atopar un novo hábitat onde poder vivir e sobre todo no que poida atopar outros amigos coma min cos que compartir o meu existir. Pensade que necesito árbores, comida, moita terra para correr e saltar e moitos amiguiños cos que xogar. Queredes axudarme?

Un bico. Jenny PROXECTO: “O PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA” CEIP PLURILINGÜE Nº1 Tui 2011-12


CARTA DE JENNY