Page 1

CURSO 2012-2013 3º Ciclo CEIP As Covas-Meaño


ÍNDICE Tina e Esther Carmen Nélida Tina e Avelino Rosario e Juan Teresa Artemia e Casimiro Carmen e Ramón Julia


RECEITA: PAN DE FARIร‘A TRIGA E CENTEO Fรกlannos: INFANCIA, FESTAS,...

FAMILIA, ESCOLA,


José Ramón e Esther

Tina e David

PRESENTACIÓNS


FACEMOS PAN DE CENTEO E FARIÑA TRIGA

A TRABALLAR, DAVID !!!

BEN FEITO, JOSÉ RAMÓN !!!


QUE GUAPAS ESTÁN EXPLICANDO ANÉCDOTAS DA SÚA VIDA !!!

NON PERDEMOS DETALLE, É MOI INTERESANTE !!!!


QUE BOA PINTA TEN O PAN !!!!

COMO COMEMOS, AS FAZULAS ESTÁN QUE REBOSAN...!!!


UNHA FOTO PARA O RECORDO !!!

PASÁMOLO XENIAL,...

GRAZAS POR TODO !!!!


AVOAS TINA E ESTHER Hoxe ao colexio tivemos unha visita moi especial a avoa de José Ramón e a miña. Chámanse: Esther e Tina respectivamente . Viñéronnos a buscar á clase cando estábamos facendo relixión e fomos á cociña con 5º. Primeiro, Tina explicounos como facer pan e cando rematou de amasar, pasamos á aula de música, e explicáronnos entre as dúas cousas que facían antes como por exemplo: a infancia, as receitas de cociña, a escola, os traballos na infancia, as festas, as orquestras... O que máis me chamou a atención é que antes ao forno se lle botaba bosta de vaca na porta do forno, ou que xa había orquestras tan boas como: os Satélites, Compostela e París de Noia. Paseino de marabilla coas avoas no colexio e o pan estaba boísimo !!!!!!!

David 6º


TINA E ESTHER Hoxe veu a avoa Tina que é a avoa de de David e a avoa Esther que a miña. Viñeron a buscarnos na clase de relixión e fomos a chamar tamén aos de 5º. Entre outras cousas, David e mais eu aprendemos a amasar. Despois Tina mais Esther faláronnos da infancia: festas, orquestras, amigos, compañeirismo, xogos, adolescencia, emigración, aparellos electrónicos da época, o Nadal, a familia, a vendima, os animais,... Gustoume moito cando falaron do compañeirismo! Tamén me gustou que viñera a miña avoa ao cole está na casa comigo e me gusta moito o que fai de comer.

José Ramón 6º


Avoa Carmen Receita: “torrijas” caseiras Fálannos: Cando emigrou a arxentina, infancia, escola, familia, festas, ...


CARMEN EMPEZA COAS “TORRIJAS”

RUBÉN DÁLLE BEN AO BATEDOR, NON ?


ATENDEMOS A TODO O QUE NOS CONTA MOI CALADIÑOS !!!

ESTÁN PARA CHUPARSE OS DEDOS !!!


UNHA FOTO INOLVIDABLE !!!

GRACIÑAS CARMEN, PASÁMOLO XENIAL

!!!


A MIÑA AVOA Hoxe veu a miña avoa a contar como se facían torrixas. Emigrou a Arxentina con 21 anos, os recibiron moi ben. A viaxe en barco á ida que non lle gustou. Parou en Canarias e en Brasil. O avó traballou nunha fábrica de zapatos e tardaba 2 horas en ir e volver. Despois traballou de porteiro dun edificio e había xente importante. RUBÉN 5º


A AVOA CARMEN A avoa do noso compañeiro Rubén, nos ensinou moitas cousas interesantes, unha das primeiras , foron as torrixas de pan. Primeiro cortamos o pan que sobra, por que daquela non se estragaba o pan, despois enches un bol de leite e outro de ovos mollas o pan no leite e nos ovos e pos a fritir o pan. Mentres se fritían, nos falou que antes, moita xente emigraba, como ela que emigrou a Arxentina. Tiña moita familia alí na viaxe en barco cantaban cancións e só tiñan literas, e choraban, e ao chegar, pasou un tempo e súa avoa dixo: -Vaite para alá coa túa nai. Por que súa nai estaba en España, mentres que toda a súa familia estaba en Arxentina.


En Arxentina coñeceu o avó de Rubén e estivera alí sete anos e medio, despois marcharon para España xa casados, e a viaxe en barco de volta foi mellor ca a anterior, ademais o porto de alí “non era dos mellores” pero en cambio o barco era moito mellor: Tiña cama pa dúas persoas, e mellores habitacións. Ademais no colexio viña a verlles o cura (“seica moi pesado”), contando que daquela tiñan pecados mortais. Tamén nos falou do mate que si o tomas quedas en Arxentina, pero por si acaso non o tomou porque quería ir a España. Era un dicir pero por se acaso non o tomou. O avó de Rubén da aquela era porteiro, e non lle deixaban ter fillos por que os nenos “seica o rompen todo e estorba” iso só en Arxentina.


Despois tamén traballou nunha fábrica de zapatos e como en Arxentina pasaba iso cos pequenos tiveron a Rubén o pai de Rubén en España. Tamén nos falaron do Cristo Redentor ou Cristo Corcovado, e en Brasil ten un teleférico como en Canarias. E por último nos falou do Nadal, daquela en Arxentina en Decembro facía calor e o celebraban na terraza e levabas champan ou calquera outra cousa e xa está, así, co calor que fai en decembro.

Tania 5º


AVOA CARMEN O martes 2 de outubro veu a visitarnos a avoa der Rubén de 5º curso, Carmen. Na cociña preparou unhas torrixas que mentres se fritían contounos sobre a emigración, guerra, familia, etc. Na aula de música. Cando contaba sobre o viaxe que fixo ata Bos Aires chamoume a atención que cando o seu barco parou en Montevideo, a miña tía-avoa Lola recibiuna ata que o barco volveu a zarpar. Non sabía que se coñecían. Tamén dixo que aínda que estivera en Bos Aires e lle gustase quería volver canto antes a Galicia. Logo de falarnos sobre todo iso volvemos á cociña a comer torrixas que xa estaban listas e estaban boísimas!

Santi 6º


receita : “chulas” FÁLANOS: AS VIAXES, A SÚA INFANCIA,...


TOMAMOS NOTA DA RECEITA

AVOA E NETA COAS MANS NA MASA!!!


PASO A PASO, TODO@S CONTRIBUÍMOS !!

QUE BEN O FACEMOS !!!


QUE POSTAL Mテ!S BONITA!! GRAZAS NELUCHA, APRENDEMOS MOITO CONTIGO

!!!


A MIÑA AVOA NÉLIDA A miña avoa veu ao colexio o martes 9 de outubro. Fíxonos chulas e explicounos cousas sobre a súa vida. Ela era a que facía a comida cando era xoven e que traballou cinco anos de costureira e vinte no mercado. Todos os anos vai a New York a visitar ao seu irmán e a súa familia. Visitou moitos sitios e coñece a moita xente. Deixou o colexio moi pronto para coidar do seu irmán e para traballar no campo cos seus pais. Ía a Vigo, a Coruña... para vender tornillos. Ao ir a New York visitou sitios como Queen's, Manhattan, a Estatua da Liberdade... En Galicia foi ás dunas de Corrubedo. Gustoume moito que viñera a miña avoa.

Leila 6º


AVOA NÉLIDA Hoxe veunos a visitar a avoa de Leila, Nélida. Fíxonos chulas estaban boísimas. Tamén nos contou porque lle gusta viaxar tanto a New York, e díxonos porque ten familia alí e que viaxa todos os anos. Tamén da infancia e de que coñece todo e a todos en Meaño e díxonos que o colexio o deixou aos 13 ou 14 anos. Tamén traballou de costureira en Paradela 5 anos, pero despois deixou de traballar porque estaba embarazada. Agora ten unha tenda de mobles. A min o que máis me gustou son as chulas. En New York visitou Queens a estatua da Liberdade e aquí en España o lago de Covadonga,... Lidia 6º


O QUE BEN CHEIRA MELLOR SABE, NON?


UNHA BOA EXPLICACIÓN E EXIBICIÓN


OS ALUMNOS BEN ATENTOS E EXPERTOS CATADORES...


O MOSTO... QUE BEN SABE NON?


EXPERTOS EN MOSTO !!!

AVELINO UN BO MESTRE DO VIテ前.


AS AVOAS Mテ!S GUAPAS !!!

Todos os animaliテアos


ESTAN TODOS PRESENTES !!!


MOITAS GRAZAS !!!!!!

NON O OLVIDAREMOS.


A MIÑA CASA Hoxe saímos á hora do recreo rumbo a miña casa. Primeiro, fomos por carreteiras, por onde non transitan coches e polo medio dun monte. Cando chegamos estábannos esperando a nai de José Ramón Alfonso García, Rosana e a avoa Esther e meu pai Alfredo, o meu avó Avelino e miña avoa Tina. Tamén estaban as miñas catro gatas: Mikala, Mikolo, Branca e Mikolón, as miñas dúas pochas: Branca e Margaret e o meu porco: Roxelio. O primeiro que fixemos foi: ver o pan que é donde miña avoa fai o pan. Logo, pasamos a bodega e o meu avó fixo viño catalán na estrugadora que estaba enriba dunha cuba, logo pasou o, mosto a prensa e por último a un caldeiro. Despois, fomos observar as pochas e o porco. Por último, comemos chocolate “ Nestlé” cun trozo de pan. Uuuuuuuuuuuuuuuum !!! estaba riquísimo,despois mentres os profesores: Roser, Claire e Paulo falaban cos familiares, nós estivemos xogando e falando. O que máis me chamou a atención foi que a Mauro lle gustase tanto o viño catalán, e o que máis me gustou foi o pan con chocolate “Nestlé” no medio. David 6º


CASA DE DAVID Hoxe fomos todos os de 5º e 6º a casa de David para que nos explicaran un pouco como fan o viño. Saímos do colexio as 11:45 aproximadamente e tivemos que ir polo monte arriba para dar coa casa. Cando chegamos estaban alí para recibirnos Alfredo que é o pai de David, Rosana que é a nai de José, Esther que e a avoa de José, Avelino que é o avó de David e Tina que é a avoa de David. Avelino, empezou a ensinarnos como fan o mosto e tamén nos ensinou a estrugadora. Logo fumos a mirar os animais que tiñan e habían dúas crías de gatos que eran moi bonitos. Mais tarde, a avoa de David fixo pan para todo comemos chocolate e pasámolo moi ben. A min gustoume moito ir a casa de David porque aprendín cousas que non sabía.

RAQUEL 6º


AVOA E AVÓ DE DAVID

Hoxe fomos 5º e 6º á casa de de David. Cando chegamos a avoa de David ensinounos onde facía o pan, ese forno era moi antigo! Logo nos ensinou a bodega, botaron o cesto de uva na “estrugadora” que caía nunha tina. Da tina collían o viño estrugado na lagareta e saía o viño prensado para o cesto. E cando saía o mosto moitos compañeiros do ciclo beberon un pouco del. Despois Tina deunos un anaco de pan e un pouco de chocolate, deunos de beber coca cola. Nos ensinou as dúas pochas que tiñan e tamén un porco. Eles tamén tiñan unha gata que tiña tres gatiños. Despois marchamos para o colexio.

Marta 5º


AVÓ DE DAVID

Hoxe fomos a casa de David A “estrugadora” é unha máquina que ten coitelas que separan as uvas dos racimos. A prensa botas as uvas e despois de que pasan pola estrugadora ten dúas táboas, paus e un ferro para aplastar as uvas.

O formo do pan ten unha porta que abra e cerra tamén ten algo parecido a unha pala para coller o pan sen queimarse.

As pochiñas están nunha cuadra, xa son bastante grandes a unha xa case se lle saíron os cornos a outra aínda non lle saíron os cornos porque aínda é moi nova.

Matías 5º


FĂ LANNOS: O traballo nos barcos, a casa, os fillos, infancia,....


ROSARIO E JUAN EXPLICÁNDONOS MOITAS ANÉCDOTAS.

ESTAMOS TOD@S MOI ATENTOS


SEGUIMOS CONVERSANDO NA COCIÑA

MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS !!


TAMÉN DEBULLAMOS MILLO !!

MOITAS GRAZAS AVÓS !!


OS MEUS AVÓS Hoxe viñeron á escola os meus avós. Contáronnos a súa vida e nos ensinaron a debullar millo. Miña avoa só tiña uns zapatos. Ía ao colexio onde hoxe en día e a miña parada de autobús. Na clase eran setenta nenos e nenas pero en distintas aulas. Na escola estaban de seis a catorce anos. Non levaba paraugas porque só tiñan un que era o paraugas familiar, só cando chovía moito llo deixaban levar. Meu avó tamén só tiña uns zapatos, el ía á escola ao Santo porque el vivía en Nantes. Cando chovía ía á escola cun saco enriba da testa. Tamén eran uns setenta rapaces e rapaces.


El foi a emigrar a Barcelona, estivo un mes sen traballar e gastou todos os seus aforros, entón empezou a traballar de albanel. Nuns cantos días acercouse ao porto e déronlle traballo de cociñeiro nun barco. Estivo vinte meses sen pisar terra firme. Alí no barco pescaban setenta toneladas de peixe ao día ese era o máximo. Para debullar millo hai que coller unha espiga e outra xa debullada e rascalas entre elas. Gustoume moito que viñeran os meus avós. Pablo 5º


OS AVÓS DE PABLO Os avós de Pablo contáronnos moitas cousas. Cando ían a escola e chovía tiñan que ir a correr, pero cando chovía moito tiñan que ir cun saco na cabeza ou cun paraugas que era para toda a familia. Na clase de Juan había unhas 70 persoas e antes de ir a escola tiñan que traballar na eira. Os avós de Pablo dixéronnos que antes había un par de zapatos para todo o ano non como agora que temos seis ou sete. Os avós de Pablo viaxaron por: Barcelona (Lloret del Mar), Barcelona centro e Badalona... Antes había menos traballo que agora, aínda que parezca imposible. O avó de Pablo era un dos afortunados que tiña traballo, traballaba de cociñeiro nun barco. Nos dixo


que era unha cociña moi pequena, que máis ou menos media doce metros de largo. Tamén traballou de albanel e traballaban todos os días na horta. O avó de Pablo nos contou que foi militar e que daquela non había outra. Cando Juan non estaba na casa Rosario tiña que facer o doble traballo de pai e de nai e era moi difícil. Cando Juan estaba no barco era moi difícil que se comunicara con ela que se chama Rosario e o tío de Pablo ``Jose´´ dicíalle: -Papá cando ves? Os avós de Pablo tamén nos enseñaron a debullar millo. Cando unha candea de millo negro ``corvo´´ está ao lado dunha candea de millo amarelo aparece millo negro na candea de millo amarelo.

Eloy 5º


Receita: “Biscoito” Fálanos: infancia,escola,...


TERESA NA ESCOLA COAS SÚAS COMPAÑEIRAS


TRABALLOS DA ESCOLA CANDO ERA PEQUENA


CO SEU NETO RODRIGO FACENDO UN BISCOITO


EXPLÍCANOS MOITAS COUSAS DA SÚA INFANCIA, SOBRE TODO DO SEU PAI.


RODRIGO REPARTE O BISCOITO.

NON HAI DÚBIDA, ESTÁ RIQUÍSIMO !!!


UNHA FOTO PARA LEMBRAR.

MOITAS GRAZAS TERESA !!


A MIÑA AVOA TERESA A miña avoa Teresa veu ás 9:30 ao cole o luns. Invitei aos nenos de 5º a vir connosco á cociña.Teresa explicounos se Facía un biscoito de iogur e mentres se facía no forno explicounos a súa infancia. Díxonos moitísimas cousas sobre o colexio, como que se tomaban moi en serio a educación, o catecismo, a hixiene, etc. Os seus compañeiros chamábanlle cousas feas e sentíase mal. Tamén quería moitísimo ao seu pai e a súa avoa. Cando falaba, notábaselle que estaba un pouquiño nerviosa, pero o biscoito, estaba boísimo. Gustoume moito que viñera a miña avoa porque fixo un biscoito moi rico.

RODRIGO 6º


Avoa Teresa Hoxe veunos visitar a avoa de Rodrigo ás 9:30. Preparounos biscoito e estivemos apuntando os ingredientes e a elaboración, pero aínda nos falta o debuxo. Contounos que cando era pequena era moi tímida e que foi a tres escolas e que tiña animais vacas, porcos e galiñas e seu pai era feirante e compraba porcos pequenos e despois os vendía cando eran máis grandes. Tamén foron á praia en verán, e no inverno xa non tiñan mocos, díxonos que facía punto e as bolas da árbore de Nadal as facían con cocos e cartolinas.


No seu primeiro colexio aprendíao todo con cancións, despois foi a Barrantes e despois a Franciscanos. Gustoume moito o biscoito que nos fixo. Eduardo 6º


FALĂ RONNOS: da infancia, do colexio, Da matanza do porco,...


BENVIDOS AO COLE !!

EXPLÍCANNOS ANÉCDOTAS MOI IMPORTANTES E NÓS ATENDEMOS CON CURIOSIDADE


A TA ESTÁ MOI CONTENT

NÓTASE BEN ... A CARA DE FELICIDADE DE

MARTA !!


GRAZAS POR TODO,

FOI UN PRACER COMPARTIR UNHAS HORAS CONVOSCO

!!


OS MEUS AVÓS Hoxe viñeron á escola os meus avós, Camilo e Artemia a contarnos cousas da súa infancia e da matanza a 5º e 6º. dixeron que cando eran pequenos as rapazas e os rapaces estaban en distinta clase. A miña avoa contou que a súa aula era moi grande, que eran corenta rapazas e que tiñan dous libros (“manuscrito” e “lección de cosas”), que tiña que substituía á profe, ás veces. Tamén contou que a súa profe nunca lle pegara nin castigara. Ela dixo que aprendera a coser, facer cestas de mimbre. logo contou que tivera catro fillas. O meu avó contou que emigrara a Holanda e que alí traballara nunha fábrica de cable eléctrico. Tamén contou que fora a música. Contaron que case nunca foran ás festas. Despois falaron da matanza do porco, que había que darlle na cabeza, chamuscalo con palla, lavalo, abrilo por


dentro, quitarlle as tripas e o fígado e que logo había que colgalo para o día seguinte cortalo. O meu avó contou que de pequeno quería matar o porco pero non lle deixaban e que agora xa non pode. Por último a miña avoa Artemia cantou 3 cantigas, unha de Simes e dúas da laranxa. Tamén nos contou un chiste e que coñeceran a avoa de Pablo, Rosario e o avó de Eloy, Victorino. Marta 5º


Os avós de Marta Viñeron a visitarnos Artemia e Camilo que son os avós de Marta. A avoa de Marta falounos de cando foi á escola. A escola dela era moi grande, eran corenta rapazas. Había un colexio para as rapazas e outro para s rapaces. Había dous libros “manuscritos” e “lecciones de cosas”. Cando faltaba a profe sempre quedaba Artemia de substituta. A profe nunca castigou a Artemia. Tamén aprendeu a coser e tivo catro fillas, unha é a nai de Marta. Camilo o avó de Marta emigrou a Holanda para gañar cartos e alá traballou nunha fábrica de cable eléctrico. Tamén nos contaron sobre a matanza do porco. Viñan catro homes, o agarraban e o poñían encima do carro das vacas e o mataban dándolle un corte no pescozo. Despois colgábano ata o día seguinte que o cortaban. A carne


repartíase unha pouca para a familia. As tripas lavábanse ben e o de fóra vai para dentro e facíanse chourizos. Cantou unhas cantigas de Simes e contounos un chiste.

María 5º


Fálannos: infancia, viaxes,... Receita de cociña: Albóndegas.


CARMEN E RAMÓN PREPARAN AS ALBÓNDEGAS.

BEN ATENTOS COPIAMOS A RECEITA.


QUE FOTO Mテ!S BONITA OS TRES XUNTIテ前S!!!


RAMÓN CÓNTANOS TRASNADAS DE NENO MOOOOI DIVERTIDAS

...!!


CARMEN EMOCIONADA COMPARTE HISTORIAS CONNOSCO

QUE BEN CHEIRA .... !!!!


QUE BEN LUCEN TODOS XUNTOS...

NETO E AVÓS !!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!


Ramón e Carmen Hoxe viñéronos a visitar os meus avós. Viñeron a facer unha receita e máis a falar un pouco deles dende que eran pequenos ata agora. Mentres a miña avoa facía a receita o meu avó falounos primeiro como: É de Vilanova e de pequeno ía a casa do avó do profe Paulo a collerlle froitos co seu primo. Ía a un colexio onde dentro corrían coas bicicletas a “chulearse” dos que non tiñan. Cando acabou a miña avoa falounos que foron de viaxe a Roma, a Polonia, a Tenerife, a Suíza e máis a Alemania que foi onde casaron.


Ao terminar comemos al albóndegas e os bolos de cebola. Tamén nos trouxo caramelos. Gustoume moito! Mateo 6º


Avós de Mateo No colexio andaban en bici e escribían con pluma. O avó de Mateo roubáballe a o avó do profe Paulo. El tivo diferentes traballos coma carnicería e albanel. En cambio Carmen foi a o colexio de Lores, e se non saudabas volvías a entrar. As rapazas xogaban a o avión mentres que os rapaces xogaban as bolas. No colexio escribía co pizarrín.


O avó Ramón foise a Alemaña antes de ir a o servizo militar e alí casouse con Carmen. Tamén nos contaron un refrán:

“Hai que estirar o pé segundo sexa a manta” Ademais fixeron unhas albóndegas boísimas. Foi unha boa mañá. Mauro 6º


FÁLANOS DA SÚA VIDA


JULIA RODEADA DOS NEN@S EXPLICANDO ANÉCDOTAS.


QUE EXPERIENCIA MÁIS ENTRAÑABLE...!!!!

QUE GUAPAS ESTÁN AS DÚAS !!!!!


MOITAS GRAZAS JULIA !!


A MIÑA AVOA JULIA Onte, viunos a visitar a miña avoa. Cando chegou, fomos os de quinto e sexto a aula de música para escoitala falar da súa vida. Ela explicounos cousas como estas: Cando era pequena ía ao colexio pero non iñan cartos para o libro, tampouco tiñan baño, a súa nai sufriu moito porque o seu home ía con malas compañías. Máis adiante comprou unha casa, casouse, tivo oito fillos, o seu home embarcou durante moito tempo e cando volvía os fillos non o querían...


A miña avoa, díxonos que sufriu moito na súa vida pero que a xente a quería moito. Tamén dixo, que na actualidade xa non ten tantos problemas e que sigue na mesma casa vivindo co seu home, unha filla e dúas netas. A min gustoume moito que viñera a miña avoa xa que os meus compañeiros e eu aprendemos moito da súa vida.

Raquel 6º


AVOA JULIA Hoxe que é xoves 29 de novembro do ano 2012 veunos a visitar Julia que é a avoa de Raquel. Julia explicounos que a súa familia era pobre e que tiña que roubar mazás nas árbores de outras persoas. Tamén nos contou que a familia do seu marido era un pouco máis ricos que a familia de Julia, e querían casalo con alguén máis rica, pero ao final conseguiron casar e tiveron 8 fillos. Eduardo 6º


Clausura da actividade dos avós Durante este trimestre recibimos a visita de moitos de vós para falarnos da vida, da infancia, da emigración, do traballo, das experiencias da vida (as boas e as malas). Ah! Non nos esquezamos das marabillosas e riquísimas receitas que fixestes para nós. Con toda esa información redactamos textos, tivemos debates, elaboramos preguntas, traballos... Aprendemos moito coas vosas historias e visitas a escola. Queremos darvos as grazas por ensinarnos tantas cousas.


“Sodes prata no voso pelo pero sodes ouro no voso corazón”.

Grazas por: -Vir a escola. -Cociñar tan ben. -Axudarnos cando o necesitamos. -Por ser tan bos mestres. -Darnos tantas cousas. -Darnos unha familia. -Coidarnos. -Querernos tanto, tanto. -Estar tan pendentes de toda a familia. -Por ensinarnos a ser educados.


Todos necesitamos un avó para crecer máis seguros no mundo grazas por estar xunto a nós. Sentimos o voso cariño no noso corazón, esperamos tamén que sintades o noso amor. Unha avoa é unha persoa especial que non nos vendería nin por todo o diñeiro do mundo, nós tampouco o fariamos. Os vosos netos e netas al igual que os profesores e profesoras estamos moi orgullosos de todos os av@s que coa súa colaboración fixeron e fan que cada día teñamos un gran sorriso e vexamos a vida de forma diferente, como eles nola mostraron.


Sodes uns verdadeiros mestres !!

Foi un pracer compartir esta experiencia convosco.

Ata pronto !!!!!

libro avos  

libro dos nosos avós

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you