Page 1

Estrela

Nº1- Inverno 2016 Partido Comunista de Galicia Agrupación comarcal de Vigo

Boletín informativo comarcal

Foto: Manifestación en defensa da sanidade pública en Vigo.

2016 EN LOITA!

P2 Editorial do Comité Comarcal P2 No 80 aniversario da vitoria da Fronte Popular P2 Ponteareas. Outro PXOM é posible P3 A Automoción na economía galega P3 A mocidade galega construindo poder popular P3 Entrevista coa Rede de Solidaridade Popular de Vigo P4 Muller e loita contra o patriarcado P4 Actividade comarcal no último semestre


Agrupación Comarcal de Vigo

O PCG na COMARCA DE VIGO despois dun ano de fortalecemento interno, inicia o novo curso politico en mellores condicións para proseguir con esixencia e conanza o camiño da loita polos dereitos da clase traballadora. Vivimos tempos nos que a crise foi a escusa perfecta da oligarquía española e galega para impoñer un continuo ataque á clase traballadora e ás capas populares mediante o cal se xerou un alarmante nivel de desemprego, se precarizou o traballo e se provocou unha grave perda de dereitos sociais. É nestes momentos cando o noso partido debe estar preparado para dar unha resposta clara e contundente e situarse a favor dunha educación publica, dunha sanidade gratuíta e de calidade, para defender os intereres dos traballadores e traballadoras das empresas de automoción e dos call center que durante este ano 2016 afrontarán importantes negociacións colectivas.

Para construir unha alternativa política de esquerdas, feminista, anticapitalista, e republicana... fas falta!!

NO 80º ANIVERSARIO DA FRONTE POPULAR O 15 de xaneiro de 1936 rmouse o acordo da Fronte Popular. O contexto era de ascenso do fascismo en Europa mentras en España había máis de 25.000 presos políticos da esquerda, había condeas a morte e torturas nas comisarías e arreciaban as provocacións criminais falanxistas. O compromiso da Fronte Popular era para formar un goberno republicano de esquerdas, sen participación do PSOE nen doutras forzas coma o PCE.

Foto: Cartel da Fronte Popular

Foto: 14 de Abril

2016 A LOITA CONTINUA

Estrela 2

Ofrecíase unha ampla amnistía para os delitos políticos e sociais, restablecer o imperio da Constitución que as dereitas estaban despreciando, desenvolver as leis orgánicas que nela se contemplaban. Pese ás peticións dos socialistas e comunistas, os republicanos que irían a gobernar non aceptaban o principio de nacionalización da terra e da súa entrega gratuíta ós campesiños, rexeitaban a nacionalización da banca, non se aceitaba o “control obreiro”, nen sequera o subsidio de paro. Únicamente se prometía elevar os salarios do campo. Celebradas as eleccións o 16-021936, deron como resultado unha maioría dun 56% para a esquerda. A medida que chegaban os primeiros resultados empezou a cundir o pánico na dereita e as presións golpistas non se xeron esperar. En xullo do 36 iniciouse a sublevación franquista.

PXOM PONTEAREAS, ASÍ NON. calidade de vida e cubra ás O Comité Local do PCG en necesidades cotiás da clase Ponteareas posicíonase en traballadora, que xere emprego contra do novo PXOM que vai de calidade, potenciando os ser aprobado. O novo PXOM de recursos locais e que protexa o Ponteareas volve apostar por un medio natural. Sendo o PXOM un modelo urbanístico que xa instrumento de vital importacia demostrou ser un fracaso desde para o acontencer futuro do o punto de vista social, concello, é imprescindible que se ecónomico e ambiental. fagan modicacións substanciais O Plan volve a redundar nun no actual documento, volvendo a modelo expansivo, orientado á abrirse uno novo periodo de especulación urbanística e á exposición pública e abrindo producción de benecios a curto un proceso realmente prazo. Isto favorece aos participativo, donde se intereses empresariais na contra involucre a todo o tecido social. dos intereses das clases populares e ademáis, pon en De outro xeito, en Ponteareas perigo o patrimonio natural. volveráse aprobar un PXOM que porá nun segundo plano o Como comunistas só podemos interés público e permitirá defender unha ordenación do cometer os mesmos erros do territorio e un urbanismo que pasado: especulación, estean ao servizo do ben común, corrupción e agresións ao medio que promova e garanta a ambiente.


Agrupación Comarcal de Vigo

A automoción supuxo para Galicia en 2011, segundo un informe do Instituto Galego de Estadistica, unha producción de 7.200 millons de euros e xerou 17.850 postos de traballo. A súa aportación do 2% ao PIB galego pode semellar reducida, pero compre ter en conta que o sector industrial manufactureiro galego representou un 12,2% do PIB onde o sector servizos aporta dous terzos. Polo que ó emprego se rere supuxo o 10% do emprego industrial e o 1,6% do total a poboación ocupada galega. Respecto do efecto arrastre sobre outras ramas de actividade resulta inferior a media da economía galega e incluso doutras ramas do sector manufactureiro. Isto débese a

amplitude das importancións nesta industria. Dende o PCG valoramos a importancia deste sector na economía galega, pero a nosa especial preocupación diríxímola ás condicións laborais do persoal traballador de todo o sector e particularmente en Citröen, onde as condicions de traballo téñense deteriorado penosamente por incrementos brutais de ritmos e cargas de produción, coacións fronte ós dereitos adquiridos, discriminacións, represión, sancións e despedimentos. Responsables sindicais quéixanse d e q u e o s p o d e r e s administrativos de xustiza e inspecciòn de traballo parece coma si lle tiveran medo a esta empresa.

A MOCIDADE GALEGA. CONSTRUINDO PODER POPULAR A mocidade está abocada a precariedade, a temporalidade, a e m i g r a c i ó n . . . Tr a s a c r i s e económica e as políticas neoliberais levadas a cabo polo goberno central baixo as ordes da troika, levanos a aceptar traballos basura, sen dereitos. A isto sumase a educación, sendo privatizada, dicultando a entrada da mocidade nas aulas, minoración das becas e a imposición do 3+2, entre outras medidas. No caso galego, en concreto, observase a destrución dos medios de produción do medio rural, deixando sen alternativa a mocidade, ao imporse a PAC, lei de montes e mobilidade de terras, xunto a próxima materialización do TTIP que remataran coa soberanía dos pobos. Cartel da Xuventude Comunista

A AUTOMOCIÓN NA ECONOMÍA GALEGA

Estrela 3

O comité comarcal de Vigo amosa a súa especial preocupación polas condicións laborais do persoal traballador de todo o sector da automoción e particularmente en Citröen, onde as condicions de traballo téñense deteriorado. SOMOS POBO. SOMOS PODER. Rede de Solidaridade Popular

A través da creación de redes de solidariedade e autoorganización popular son construídas alternativas superadoras no actual sistema político e económico. Aínda que a Rede de Solidariedade Popular está congurada como unha rede de iniciativas sociais, o seu obxectivo nal é a transformación social desde a perspectiva

claramente de esquerda e alternativa ao actual sistema capitalista. A Solidariedade sempre foi un valor característico da clase traballadora, por iso agora, en tempos de excepción, a Rede de Solidariade Popular trata de artellar unha resposta colectiva co

obxectivo de non deixar a ninguén no camiño. Nesa loita,

a RSP de Vigo, por liberar un espazo que puxo ao servizo da rede e da cidadanía asume agora mesmo unha denuncia por usurpación da propiedade. Existe unha caixa de resistencia para axudar nesta causa. Foto: A RSP Vigo nunha acción.

A Rede de Solidaridade Popular é un instrumento de resistencia e loita contra as políticas neoliberais que nos levan a pobreza e a falta de oportunidades para as capas pupulares e traballadoras.


Agrupación Comarcal de Vigo

Estrela 4

ERRADICAR A VIOLENCIA DE XÉNERO O ano 2015 resultou ser dunha alarmante violencia contra as mulleres. As cifras ociais falan de 57 mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas ao longo do ano pasado no estado español. Dos 8 casos ocorridos na Galiza, 6 foron na provincia de Po n t e v e d r a . M u l l e r e s q u e pagaron coas súas vidas as consecuencias dunha sociedade patriarcal e de que os gobernos non asuman dunha vez que a Violencia de Xénero debe ser unha Cuestión de Estado. Así mesmo, mentres as cifras de vítimas mortais mantéñense, o número de denuncias postas foise reducindo nos últimos anos (segundo datos da Fiscalía Xeral do Estado). Pódese ver unha clara relación desa redución das denuncias coa situación de precariedade e emerxencia social que padece a clase traballadora, e de como afecta de forma especíca ás mulleres. A situación de dependencia económica e a escaseza de recursos de apoio ás sobreviventes desde as institucións, fan que moitas se vexan abocadas a soportar a situación de maltrato.

Dende o comité comarcal do PCG consideramos a construción do socialismo a garantía de que se asenten as bases materias para unha sociedade libre de patriarcado.

Desde o Comité Comarcal do PCG en Vigo concluímos que a loita contra a explotación do ser humano polo ser humano tamén é a loita contra a dobre explotación que sofren as mulleres - pola súa condición de xénero e de clase - polo que o feminismo fai parte do noso traballo. Do mesmo xeito, consideramos a construción do socialismo a garantía de que se asenten as bases materias para unha sociedade libre de patriarcado.

Foto: Manifestación 8 de Marzo nas ruas de Santiago.

Actividade PCG Agrupación comarcal de Vigo - Xullo/Decembro de 2015 3 xullo - Concentración popular en apoio ao pobo grego / 15 Xullo - Asemblea comarcal PCG / 3 setembro - Manifestación en defensa da sanidade publica / 5 setembro - Festival da poesía do Condado / 18S-20S - Fiesta del PCE / 3 outubro - Conferencia comarcal do PCG / 7 outubro Concentración contra a violencia machista / 8 outubro - Marchas da dignidade / 10 outubro Manifestación contra o TTIP / 14 outubro - Comité Comarcal PCG / 15 outubro - Manifestación do Metal / 24 outubro - Marchas da dignidade / 26 outubro - Concentración contra a violencia machista / 29 outubro - Concentración contra a violencia machista / 7 novembro - Marcha estatal contra a violencia de xénero - Manifestación polo futuro da comarca / 10 novembro - Declaración de apoio ao pobo venezolano / 14 novembro - Comité comarcal PCG / 15 novembro - Marcha pola recuperación do novo hospital / 25 novembro - Manifestación contra a violencia de xénero / 5 decembro - Concentración Non a Guerra - Galicia pola Paz / 11 decembro - Comité Comarcal PCG / 20 decembro - Eleccións Xerais.

Adiante!

AGRUPACIÓN COMARCAL DE VIGO - Porta do Sol, 11bis Entrechán - Tfno 986220729 Edición: Secretaría comarcal de Comunicación de Vigo comarcavigo@pcgalicia.org Consello de redacción: Aroha Nicolas García, Román Alonso Santos, Rosalia Areal Almeida, José Manuel Fernández Gayoso, Patricia Pardo Besada, Yolanda Carballido Corrección: Comité Comarcal de Vigo Impresión: Centro de copias Copicor Tui.

Profile for PCG - Agrupación Comarcal de Vigo

ESTRELA - Boletin comarcal PCG Vigo nº1  

Boletín informativo comarcal coas actividades do Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo, as novas dos últimos meses, os nosos posic...

ESTRELA - Boletin comarcal PCG Vigo nº1  

Boletín informativo comarcal coas actividades do Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo, as novas dos últimos meses, os nosos posic...

Advertisement