Issuu on Google+

MÓDULO 4 – TAREFA 4: EXEMPLO PRÁCTICO – USO DE ISSUU NO AULA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS TÍTULO ‘ENGLISH AROUND THE WORLD’ NIVEL A2, B1, B2 RECURSOS Ordenador, Internet, EDI e Issuu CONTIDOS - Seccións dunha revista: portada, contraportada, presentación, novas, cultura, deportes, etc. - Técnicas de redacción: conectores, tipos de textos e as súas estruturas. - Aspectos socioculturais da lingua inglesa: celebracións e festividades. PROCEDEMENTO A actividade proposta abarca o a totalidade do curso escolar. Trátase dun proxecto moi amplo de carácter mensual no que o alumnado dun ou varios grupos deseñarían un calendario das celebracións e festividades en diferentes países de fala inglesa. O calendario amosaría para cada mes do ano diferentes propostas socioculturais en diversos países (October – Halloween, November – Bonfire Night / Thanksgiving , January – Christmas / New Year’s Eve, February – Pancake day, etc) Para tal fin os alumnos colaboradores serían divididos en varios grupos, un grupo por mes. É preciso darlles instrucións claras así coma sitios web útiles para levar a cabo o proceso de elaboración do texto escrito. Poden edítalo de maneira colaborativa empregando Google Drive ou wiki. Unha vez editado, o(s) docente(s) compilarían as diferentes seccións nun único documento e un grupo de alumnos/as responsabilizaríase do deseño e formato do calendario. Finalmente, o docente publicaría o documento en Issuu.


USO DIDÁCTICO ISSUU NO AULA DE IDIOMAS