Page 1

A AUGA EDUCACIÓN INFANTIL – 3 ANOS C.E.I.P. A LAXE (Ferrol) Proxecto de investigación sobre a auga que xira en torno a dous eixos fundamentais: o eixo científico e o eixo medioambiental. Patricia Martínez Díaz 2º Trimestre do curso 2008/ 2009


.... A AUGA ....

nome

O proxecto comeza con varias conversas coas nenas e nenos para descubrir os coñecementos previos sobre o tema que iamos afrontar este 2º trimestre. Nestas conversas as nenas e nenos falan do que é a auga, de onde hai auga, de cómo é a auga, etc. A partir de aquí, buscamos información, tanto na casa como na escola e comezamos a aprender… COMO É A AUGA? Para que entenderan un pouquiño o que é a auga, formamos con globos a molecula da mesma, é dicir, 2 globos brancos na parte de arriba que serían o hidróxeno, e un globo azul na parte de abaixo, que sería o osíxeno. As nenas e nenos apréndeno enseguida porque a molécula de auga parécese á cara de Mickey Mouse.

As nenas e nenos colorearon a fórmula da auga e a súa molécula.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

Ao longo de varias sesións fixemos diferentes experimentos para averiguar a cor, o sabor e o olor da auga (pincha nos enlaces para ver os vídeos). EXPERIMENTO DA COR EXPERIMENTO DO SABOR EXPERIMENTO DO OLOR

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

Para continuar coa nosa investigación, fixemos 3 experimentos máis para averiguar os estados nos que podía aparecer a auga e descubrimos que eran 3 (pincha nos enlaces para ver os vídeos): EXPERIMENTO LÍQUIDO – SÓLIDO EXPERIMENTO LÍQUIDO – GASOSO

As nenas e nenos fixeron unha serie de fichas nas que tiñan que pegar fotos da auga nos seus 3 diferentes estados.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

ONDE HAI AUGA? Para responder a esta pregunta estivemos vendo un DVD que nos trouxo Roberto e unha morea de libros que nos mandaron as familias. E así, dándolle voltas e máis voltas descubrimos que a auga estaba presente en moitísimas cousas e sitios.

O primeiro que descubrimos foi que había auga na terra e no noso corpo.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

Tamén fomos vendo que a auga estaba nos alimentos, nos animais, nas plantas, etc.

O que máis nos chamou a atención foi descubrir que a maioría do noso corpo era auga.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

PARA QUE SERVE A AUGA? Neste apartado, todos xa sabiamos moitísimas cousas para as que utilizábamos a auga así que, decidimos facer uns carteis ben grandes e poñelos na porta da clase.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

O CICLO DA AUGA Rebuscando en internet, atopamos a unha gotiña chamada Clariña que nos foi explicando como viaxaba ao longo do tempo. Fixemos un mural moi grande no que debuxamos a Clariña e a todos os elementos que influían na súa viaxe.

Igualmente decoramos con diferentes técnicas plásticas o conto titulado “A viaxe da gotiña Clariña” que facía referencia ao ciclo da auga.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

Que ben o pasamos facendo este conto!!

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

Tamén quixemos facer un panel decorado con unha paisaxe no que Clariña puidera viaxar, e así o fixemos. Coloreamos con témperas unha paisaxe cun río e fixemos unha gotiña, plastificamos todo e puxemos un pouquiño de velcro nos sitios polos que pasaba Clariña, de tal xeito que podiamos xogar con ela e ir movéndola por toda a paisaxe, como fan na realidade as gotiñas de auga.

Clariña no río

Clariña nas nubes

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

Clariña caendo (cando chove)

Clariña regando O campo

Clariña volvendo á súa casiña, o río

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

Por último ordeamos unhas viñetas sobre a viaxe de Clariña e fixemos un debuxo, para incluír no dosier.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

PROPIEDADES DA AUGA Estivemos falando moito sobre este aspecto e decidimos facer un experimento para investigar que cousas flotan na auga. EXPERIMENTO DE FLOTACIÓN BENEFICIOS DA AUGA Entre todos descubrimos as cousas boas da auga e o sana que é para nós, polo que temos que beber moita auga.

Como xa sabemos as letras da palabra AUGA, as pegamos na ficha

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

O COIDADO DA AUGA Como todos sabemos que unha imaxe vale máis que mil palabras, estivemos vendo vídeos e fotos sobre os problemas que causaría a falta de auga e os problemas que está a causar o cambio climático co desxeo dos polos e a desertización. Todos estamos moi concienciados e sabemos que temos que coidar a auga e aforrar o máximo posible. Por todo isto, no Entroido disfrazámonos de billas e formamos a comparsa “Nin unha gota de máis” e tamén levabamos a Clariña connosco. Ademais cantamos unha canción titulada “El agua es vida” que falaba diso, do coidado da auga.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

DIA DA CIENCIA MÁXICA CON AUGA (pincha para ver o vídeo) Como colofón do proxecto organizamos unha sorpresa para as nenas e nenos, en colaboración coas familias. Oito familiares asistiron un día ao cole disfrazados de Magos da auga e, no ximnasio do cole, prepararon oito experimentos máxicos coa auga. Estes experimentos os atopamos no libro “Ciencia Máxica” de Alejandra Vallejo – Nájera. COMO PASAR A AUGA DUN VASO A OUTRO SEN TOCALOS…

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

METER UN VASO CUN PAPEL NA AUGA E NON MOLLAR O PAPEL…

A BOTELLA MÁXICA QUE BOTA AUGA AINDA QUE ESTEA CERRADA…

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

FACER QUE A AUGA SUBA POLAS PAREDES…

MOVER DE DIFERENTES FORMAS GOTIÑAS DE CORES POLA AUGA …

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

HINCHAR UN GLOBO CUNHA BOTELLA DE AUGA SEN SOPRAR …

FACER UN VOLCÁN DENTRO DA AUGA …

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

XUNTAR CORTIZAS QUE FLOTAN SEN TOCALAS …

TODAS AS MAGAS E MAGOS COAS ALUMNAS E ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP A LAXE (FERROL)

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

ACTIVIDADES PLÁSTICAS As nenas e nenos decidiron facer un barquiño, pero un barquiño moi especial, feito coa cortiza das árbores que tirou o ciclón Klaus que pasou pola nosa cidade.

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


.... A AUGA ....

nome

Agardo que disfrutarades tanto coma nós con este bonito proxecto. C.E.I.P. A LAXE

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ

ALUMNAS E ALUMNOS DE 3 ANOS: IVÁN S. JORGE IVÁN E. LUCÍA JUAN CECILIA MARCOS ROBERTO RAÚL

C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009

TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ


A AUGA  

Proxecto de invetigación sobre a auga en educación infantil.

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you