Issuu on Google+


Xosé María Díaz Castro Poeta e tradutor natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz), onde naceu no seo dunha familia labrega en febreiro de 1914, morou grande parte da súa vida en Madrid, onde traballou como traductor. Retornou á súa terra natal a principios da década dos oitenta do século pasado. Daquela puxo casa na vila de Guitiriz, onde morreu en outubro de 1990. Este autor inclúese na Xeración do 36, por nacer en torno á primeira década do século XX. Este ano, a RAG conmemora o centerario do seu nacemento homenaxeándoo o día das Letras Galegas.


Etapa no Seminario de Mondoñedo (1929)

Con 15 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo onde coincide con Aquilino Iglesia Alvariño, autor do primeiro libro escrito tras a ditadura, “Cómaros verdes” (1947) . Este seminario vén contribuíndo ás nosas letras, dende hai séculos, cunha intensa achega, a través da “Escola de cantores do Natal”, coma a chamou Carballo Calero, na conferencia “A presenza dos Seminários da Igrexa na literatura galega”, no 1980, conmemorativa dos 150 anos do Seminario de Santiago. Eles mantiveron o noso idioma en séculos de seca na escrita. Ata hoxe é o centro eclesiástico con máis escritores no seu haber.


LIBROS INÉDITOS En 1934 escribe o libro de poemas Follas verdes E en 1935 o poemario Follas ô aire Non os chegou a publicar.


GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (1936-1939) Xosé María Díaz Castro marcha á guerra de voluntario no bando nacional franquista. Vive os horrores da guerra e trasládano á clínica do Hospital de Pontevedra. Ó acabar a guerra volve a Guitiriz e abandona o Seminario.


1940. En Vilagarcía de Arousa É profesor do Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa xunto con Aquilino Iglesia Alvariño. O que escribe nestes anos está en castelán e recollido en borradores.


1947 .Gaña o Concurso Literario dos Xogos Florais de Betanzos con tres sonetos recollidos no libro Nascida d´un sono. .Tamén gaña ese concurso no apartado de castelán con El cántico de la ciudad.


1948. Etapa madrileña Traballa como tradutor no Ministerio de Gobernación e como técnico do Instituto de Cultura Hispánica. Traballa tamén como profesor de linguas modernas en distintas academias e fai numerosas traducións para editoriais. Traduce textos de catorce linguas. Non lle queda tempo para a poesía.


A súa obra, Nimbos (1961): Consta de 7 partes: PÓRTICO, NOITE, LUS, ESPRANZA, MILAGRE, SOÑO e FERIDA. Son 32 poemas e un vocabulario galego-castelán. Hai unha reflexión autopoética del nos tres primeiros poemas do libro: “Coma ventos fuxidos”, “Nimbos” e “Coma brasas”; tamén en “Terra do tempo” e ”Coma unha espada”, último poema do libro.

“Nimbos” neste libro significa ´auréola dos santos`. En todo o libro hai unha constante presenza da luz (relacionada coa espiritualidade, Deus; a infancia, o paraíso perdido da vida, ou a memoria) e a sombra ou tebras (a falta de inspiración).


Díaz Castro ten influencia de San Juan de la Cruz e Frei Luís de León en “Terra do tempo”, último poema do apartado ESPRANZA. Son todos poemas moi espirituais. O seu poema máis coñecido é “Pénelope”, segundo poema do apartado “Espranza”. É un poema que conta a historia de Galiza dándolle un final de espranza. Aparecen con gran relevancia os ciclos da natureza, e como Galiza avanza e retrocede como fixo a Pénelope da “Odisea” de Homero, tecendo e destecendo a súa tea mentres esperaba ó seu home, Ulises, que chegara da guerra de Troya. Tecía de día e destecía pola noite e dicíalles ós seus pretendentes que lles daría unha resposta cando acabase a tea. E, como non, a emigración dos galegos a América, que foi moih moi numerosa no s.XIX, en tempoes tempos de Rosalía de Castro, e logo durante a Guerra Civil.


Pénelope Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


Contidos da súa poesía . Fala da súa creación poética. . Relixiosidade. En “Transfiguración”. . Amor á natureza. Nos poemas “Esmeralda”, “Vísperas”, “Coma un río”, “No resplandor do día”.


Metáforas ou símbolos que usa . A “luz” fronte a “sombra”.

. A Grande- Nai como Nai-Terra (vinculada ó agro e ó mar). Un exemplo é “Coma unha insua” e “Polpa dorida”


1973

É nomeado correspondente da Real Academia Galega


En 1987 publícase

Homenaxe a Xosé María Díaz Castro.


1984. Festival de Pardiñas Participa nun recital de poesía en Guitiriz. Colabora coa Asociación Xermolos.


Morre en Lugo en 1990 É enterrado no cemiterio de Guitiriz o 3 de outubro e asisten ó seu enterro os tamén escritores Manuel María, Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Luís González Tosar, Miguel Anxo Fernán-Vello e Paco Martín.


Xosé maría díaz castro01