Page 1

RECICLANDO DISTINTOS MATERIAIS


FLOR SINXELA CON TUBOS DE PAPEL HIXÉNICO MATERIAIS - Tubo de papel hixénico - Duas follas de revista - Pegamento - Tesoiras

PASOS A SEGUIR 1. Divídimos o tubo en círculos dun cm. aproximadamente e cortámolos. 2. Aplastamos lixeiramente cada círculo ata darlles unha forma ovalada. 3. Pegamos os círculos en forma de pétalos 4. Collemos unha folla de revista e vamos enrolandoa empezando por un vértice ,( para isto podemos facer uso dunha agulla de calceta) e o rematar o tubo pegámolo para que non se desfaga. Este será o talo. 5. Da outra folla que nos queda cortamos dúas tiras ao longo, duns 3 cm. cada unha e vámolas doblando ata que nos quedan dúas tiras de máis ou menos medio cm. 6. Finalmente enrocamos cada tira e pegamos para que non se desfagan. 7. Os círculos resultantes pegámolos ao talo e este aos pétalos.FLOR REMATADA NOTA: Pódese facer unha flor máis fermosa facendo máis roliños coma os do talo e colocando un no medio de cada pétalo.


FLOR CON FOLLAS DE REVISTAS

MATERIAIS  Dez follas de revista  Pegamento  Tesoiras  Barniz a auga

PASOS A SEGUIR 1. Vanse pregando cada unha das 9 follas dende un vértice ata o outro cun ancho dun cm. aproximadamente e pégase para que non se desfaga. 2. Enrolamos cada tira resultante ata formar un cículo e pegamos. 3. A folla que nos queda enrolámola como na flor anterior para facer o talo. 4. Unha vez que temos os nove círculos feitos pegamos entre si sete para formar a flor. Os dous círculos que quedan apretámolos un pouco para darlles algo de forma ovalada e pegámolos ao talo e este aos pétalos, barnizamos e...FLOR REMATADA


PORTA OBXECTOS -1 MATERIAIS  Un tubo de papel hixénico  Un círculo de cartón duro, dun diámetro coma o do tubo, que nos servirá de base.  Nove follas de revista.  Cola blanca.  Tesoiras. 

Barniz a auga. PASOS A SEGUIR

1. Pegamos o círculo ao que vai ser a base do portaobxectos. 2. Con cada folla da revista vamos facendo canutillos coa axuda dun lápis, empezando por un vértice e rematando no contrario. Debemos pegar ao comezo de enrolar e ao final porque de cada canutillo vannos sair dous ,hai que cortalos ao medio e logo do tamaño do tubo. 3. Pegamos os canutillos ao redor do tubo e banizamos. 4. Para rematalo por enriba podemos cortar pequenos trozos de cable da luz sinxelo e dicir dun só fío, se de dous séparanse simplemente tirando dun deles. 5. Cada cacho de cable vámolo intoducindo nos ocos dos tubos alternativamente nun si e nun no. TRABALLO REMATADO O mesmo pode facerse cos cartóns do leite.


PORTA OBXECTOS-2

   

MATERIAIS Follas de revista, tantas como queiramos que sexa o tamaño do obxecto. Cola blanca. Tesoiras Barniz a auga PROCESO

1. Comezamos pregando cada folla de vértice a vértice dun tamaño aproximado a un cm e medio e pegamos ao final o vétice para que non se desfagan. 2. Cando teñamos bastantes tiras feitas vamos introducindo un extremo de cada unha no comezo doutra, o mesmo tempo que as vamos enrolando ata ter un círculo cun diámetro de aprximadamente uns 18cm. 3. Pegamos a última tira e con coidado vamos dándolle forma o obxecto. 4. Por último dámoslle unha capa de barniz a auga que ademáis de darlle un brillo especial axuda a que as tiras queden pegadas entre si.


FLOR PAIPAI MATERIÁIS - 3 follas de revista con moito colorido - Cola blanca - Barniz á auga

PASOS A SEGUIR 1. Enrollamos a folla de revista dende un vértice ata o outro e pegamos. Este será o talo. 2. Collemos outra folla e vámola plegando en forma de acordeón no sentido máis longo . 3. Unha vez plegada cortámola pola metade. 4. Encolamos as dúas metades. 5. Vamos dándolle forma redonda ,pegamos os lados abertos e a continuación o talo. 6. Cortamos media folla ao ancho, plegámola e logo cortámola a metade. 7. Cada metade pegámola ao talo serán as súas follas A outra metade da folla irémola dobrando , logo enrollarémola en forma de caracol, pegamos o extremo para que non se desfaga e encolámola no centro da flor.


CAIXAS PARA OBXECTOS MATERIAIS - 1 Caixa de zapatos ou algo similar - Follas de revistas de cores variados ou papel de regalo que queiramos reciclar - Plástico transparente duro - Cola branca - Barniz á auga - Pincel

PASOS A SEGUIR 1.- Reortamos sobre a tapa unha figura que nos guste 2.- Empezamos a pegar sobre a caixa anacos de papel de distintos tamaños e formas 3.-.-Damos unha capa de barniz 4.-Pegamos no oco da tapa e por dentro da mesma o plástico transparente e xa queda rematada

NOTA Pódese facer o mesmo cun tubo de cartón dun diámetro aproximado de 15c m. Cortaremos un cilindro dunha altura de 18cm ou ao gusto de cada un Recortamos dous círculos do mesmo diámetro , un servirá de base e outro será para a tapa.Para suxeitalos tanto a tapa como a base utilizaremos cinta de carrocer Para a tapa cortaremos ademáis unha tira de cartón de 3cm ou dúas de cartulina ( igual tamaño que a circunferencia da tapa) que pegaremos unha contra a outra para darlle maior consistencia.Esta será a pestana que pegaremos a tapa para que encaixe no outro tub Para rematar seguiremos os mesmos pasos que na caixa anterior Tanto unha caixa comaa outra debemos pintalas por dentro e logo barnizar


MÓBILES CON CARTÓNS DO LEITE MATERIAIS - Cartóns do leite - Pegamento

PASOS A SEGUIR 1. 2. 3. 4. 5.

Preparamos dúas plantillas circulares iguais, dun radio de 3 ou 4cm Unha recotámola deixandoa en forma de círculo Na outra plantilla inscribimos un triángulo equilátero e recortámolo Coa plantilla redonda marcamos 20 circulos iguais para cada móbil e recortámolos. Sobre cada círculo colocamos a plantilla triangular e coa súa axuda vamos dobrando as tres pestanas que logo pegaremos unhas contra as outras para formar o móbil que nos quedará de forma esférica. 6.- Sempre traballaremos coa parte brillante cara a nós.

CONSELLO: Se o pegamento non é rápido podemos axudarnos con pinzas da roupa.


CARPETA DOCUMENTOS

agasallo útil e rápido de facer, queremos amosarvos con fotos como foi o proceso de elavoración e o seu remate. Primeiramente direivos o ma que utilizamos e os pasos a seguir.

MATERIÁIS:

     

Dous cartóns dunha caixa calquera dun tamaño de 32x23cm cada un. Un retal de tea de 52x40cm, pode ser incluso dunha camisa ou camiseta que xa se deixou de usar. Dous folios debuxados ou ben duas follas de revista. 32cm de cinta de carrocero. Un trozo de goma. Cola blanca. PASOS A SEGUIR:

1. Primeiramete encolamos os cartóns por unha das caras e pegámolos no medio da tea deixando entre eles unha separación dun cm aproximadamente. Dobramos a tea que sobresae polos lados e encolámola ao cartón como se estivéramos forrando un libro. Para que non se vexan as dobreces encolamos de cada lado os folios ou as follas de revista. Para unir os dous folios pegamos a cinta de carrocero que é por onde se vai a dobrar a carpeta E xa para rematar por fora estucamos con pintura de tea as letras co nome que desexamos poñer. Nos facemos as plantillas nun plástico duro que logo recortamos cun cuter. 6. ºNun dos lados da carpeta facemos un burato en cada esquina polos que introducimos as gomas. 7. Como remate só queda estucar as letras.

2. 3. 4. 5.


TUBO PORTADOCUMENTOS MATERIAIS - Un tubo de cartón ou de cañería de 8 cm de diámetro aproximadamente. - Un retal de tea - Cola blanca - PInturas para teas - Pincel de estucado PASOS A SEGUIR Cortamos un pedazo de tubo de 30 cm aproximadamente e outro de 10 cm para a tapa. Debuxamos nun cartón duro dous cículos de igual diámetro co tubo, recortámolos e pegámolos, un na base e outro na tapa. Cortamos da tea dous pedazos que encolaremos arredor de cada tubo, de igual maneira forraremos con dous círculos de tea a base e a tapa. ·

Facemos unha tira de cartulina, mellor dun plástico duro e flexible de 2´5 cm de ancho e de largo o mesmo ca circunferencia do tubo para pegar a modo de pestana por dentro no que non vaia a ser a tapa, e que ten como finalidade aguantar desta para que non se solte. ·

Por último estucaremos coa pintura a palabra documentos que faremos antes nun plástico duro, (plantilla) e recortaremos as letras cun cúter.


SOMBREIRO DECORATIVO MATERIAIS - Papel de periódico - Cola de empapelar - Pintura - Barniz en exprai (opcional) - Adornos: codel, flores, etc.

PASOS A SEGUIR 1.-Enrugamos papel de periódico ata facer unha bola do tamaño desexado. 2.- Envolvemos esta bola nun plástico que fixaremos con celo ou con cinta de carrocero e dámoslle forma, aplastandoa por un lado para que quede como media esfera. Fixamos a bola sobre unha plancha de cartón forrado de plático, dun tamaño maior ca bola para poder facerlle a ala ao sombreiro.

PREPARACIÓN DA PASTA 1. 2. 3. 4. 5. 6.

Cortamos o papel en pequenos anacos e metémolo en auga durante dous días Vertemos a cola nunha pouca de auga procurando que quede un pouco espesa. Excurrimos ben o papel e mesturámolo ca cola dándolle varias voltas ata que quede coma unha pasta. Empezamos a colocar esta pasta sobre o copete do sombreiro ata chegar a base. Continuamos colocando a pasta ao redor coa finalidade de formar a ala. Unha vez rematado de colocar a pasta, coa xema dos dedos iremos dándolle pequenos toques para que quede cunha textura enrugada.

7. Vamos deixando que seque uns días pero non de todo.Cando toma unha certa consistencia levantaremos a ala e colocaremos debaixo algún soporte para que lle de forma e non quede plana.

8. Unha vez seco por fora desmoldaremolo ,esperamos a que seque ben por dentro . 9. Pintámolo da cor elexida e matizamos con outra de cor máis claro por exemplo o blanco e decoramos. Pódese rematar cun barniz en exprai, dependendo da pintura utilizada. NOTA: Según os molde que utilicemos podemos obter variados obxectos.


FERMOSO CESTO CUNHA CAIXA DE ZAPATOS MATERIAIS  Caixa de zapatos infantil  Papel corrugado nos que veñen envoltos algúns mobles ou do embalaxe das vaixelas.  Cola branca  Tesoiras  Papel de seda ou pinocho para facer as flores Unha tira de cartón duro ou plástico para facer a asa do cesto

PASOS A SEGUIR ·

Cortamos un rectángulo de cartón corrugado para a base da caixa

· Cortamos outro rectángulo para todo o contorno da caixa deixando que sobresaia de 1,5 a 2cms pola parte superior para poder dobralo hacia dentro. · Pegamos a base e o lateral á caixa, e o sobrante voltámolo hacia o interior da caixa e pegámolo tamén. ·

Cortaremos unha tira de cartón duro ou plástico e forrámolo de papel corrugado

·

Pegámola tira a caixa para formar a asa



Con papel de seda ou pinocho faremos dúas flores unha para cada lado da asa .

NOTA:Pódeselle dar un acabado con barniz a auga


CUBILETES MATERIÁIS  Tubos de papel hixiénico ou doutro tipo que poidamos cortar de tamaños diferentes  Papel corrugado de embalar  Cola , barniz á auga e tesoiras  Botóns ou outros materiáis para decorar

PASOS A SEGUIR 1. Cortamos circulos para as bases e pegámolas aos tubos. 2. Forramos os tubos co papel corrugado 3. Encolamos uns tubos a outros 4. Decoramos 5. Barnizamos

Pódese decorar con botón ou calquera outro abalorio


FLORES FEITAS CON ENVASES DE OVOS MATERIÁIS - Envases de ovos - Cola - Pinturas - 1 folla de revista

PASOS A SEGUIR 1. Recortamos dos envases as flores dándolles formas como se ve na fotografía. 2. Cortamos unhas follas para pegar no talo. 3. Enrolamos a folla de revista coa axuda dunha agulla de calceta bastante fina dende un

vértice ata o outro e pegamos para que non se desfaga. 4. Coloreamos os pétalos , o cáliz da flor e as follas do talo. 5. Colocamos o talo e pegámoslle as follas. Finalmente podemos pegar no extremo superior os pétalos entre si imitando o capullo da flor. Se os deixamos sen pegar debemos rematar cunha boliña de cor, pode ser de platilina ou feita de papel.


MÓBILES CON BANDEXAS DE PORESPÁN MATERIAIS     

Bandexas de porespán Cúter Pinturas de cores Arame de aceiro Fio de sedal

PASOS A SEGUIR 1. 2. 3. 4.

Marcar sobre a bandexa o debuxo elexido Recortar os debuxos co cúter Dar cor aos debuxos Cortar o arame en trozos do tamaño desexado e o fío de sedal tamén según a lonxitude que lle queiramos dar. 5.- Finalmente montamos o móvil NOTA :As mesmas bandexas seguindo os mesmos pasos pódense utilizar para facer murais temáticos.


COLGANTES CON CAPSULAS D ENEXPRESO RECICLADAS E ABALORIOS MATERIAIS   

Capsulas de distintos cores Abalorios variados Corda enecerada

PASOS A SEGUIR 1. Aplástanse as capsulas de nexpreso protexidas por una tea e dando pequenos golpes cun mazo de cociña. 2. Damoslle unha pequeña forma curva á capsula. 3. Ensartamos os abalorios no cordón e encolamos este no revés da capsula. 4. Encolase unha capsula coa outra. .


RECICLANDO  

enerxias sostibles

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you