Issuu on Google+


 

Dende os comezos da literatura galega a paisaxe  galega estivo presente nela. Así na Idade Media  sograres como Martín Códax ou Mendiño teñen  cantigas que falan do mar que forma parte da  paisaxe galega. 


NO SÉCULO XIX AUTORES COMO O PRECURSOR DO REXURDIMENTO, FRANCISCO AÑÓN PAZ, EN POEMAS COMO “A GALICIA” TAMÉN FALA DA PAISAXE GALEGA:

      Ai, esperta, adorada Galicia,  dese sono en que estás debruzada,  do teu rico porvir a alborada  polo Ceo enxergándose vai.  Xa cantando os teus fillos te chaman,  e cos brazos en cruz se espreguizan...  ¡Malpocados! O que eles cobizan  é un bico dos labios da Nai.        Dese chan venturoso arrincado  pola man do meu negro destino,  hastra mesmo soñando maxino  eses campos risonos cruzar.  E correr polas hortas e prados,  onde leda pasou miña infancia,  respirando a süave fragancia 

 Coido ver esas rías serenas,  escumando con barcos veleiros,  e cantares oír feiticeiros,  que en ningures tan doces oín.  Inda creo sentir as labercas,  que pineiran nos aires  cantando,  cando o sol vai as nubes  pintando  de amarelo, de lume e carmín.  Ao través de aguzados penedos  penso ver empinados petoutos,  viñas, hortas, devesas e soutos,  que apouvigan os ventos do Sul.  E saltando regueiros e valos,  cata xa outros bos horizontes,  outras veigas, mariñas e montes,  que se perden na brétema azul.  Soño ahí que entre verdes pereiras  fouliadas alegres escoito,  cando o Ceo se reviste de loito  nas poéticas noites do vran.  E que en medio de nenas garridas  canta un mozo con voz pracenteira,  para o lado tumbada a monteira,  unha orella tapando coa man. 


Eu soñei ver na cume do Pindo,  adornados de mirto e loureiros,  escritores poetas guerreiros,  que sorrindo se daban a man.  Eran eses os fillos mais caros,  que da Patria aumentaron a gloria:  os seus nomes nos fastos da historia  con diamante grabados serán.       E dimpois unha endrómena rara  vin moverse con ágoa fervente,  e silvando como unha serpente,  como un lóstrogo os campos cruzou.  Era aquel o porvir que xa soa  e das probes aldeas fai vilas...  ¡Adiós cantos e Musas tranquilas!  O imperio da industria empezou.        Acordei... O meu soño dourado,  como fume pasou de repente,  e magoado o meu peito se sente  de soidades e amor palpitar.  Marmurei: —¡Adorada Galicia! ...  (E dos ollos chovíanme as bágoas).  ¡Quen pudera beber túas ágoas,  e teus aires feliz respirar! 

De ti lonxe, querido corruncho,  eu mirrándome estou de amargura,  como a froita que vai xa madura,  e entre silvas o vento guindou.  ¡Teño envidia da libre andoriña,  que ahí chega por todos os maios!  ¡Teño envidia das nubes e raios,  que o Sudeste a esas terras levou!  A ti voa entre ardentes suspiros,  sobre as trémulas alas do vento,  a soidade do meu pensamento,  que decote cravado está en ti.  Por diversos países que eu vaia,  ti serás miña doce memoria...  ¡Mesmo entrar non quixera na  gloria  sin primeiro pasar por ahí! 


ROSALÍA DE CASTRO FOI OUTRA DAS ESCRITORAS QUE PLASMOU A PAISAXE GALEGA NAS SÚAS POESÍAS. UN EXEMPLO DISTO É O POEMA “ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES”:

 

Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas,  pinares que move o  vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas  trimbadoras,  da igrexiña do lugar,  amoriñas das silveiras  que eu lle daba ó meu  amor,  camiñiños antre o millo

 ¡adios, para sempre  adios!  ¡Adios groria! ¡Adios  contento!  ¡Deixo a casa onde  nacín,  deixo a aldea que conozo  por un mundo que non  vin!  Deixo amigos por  estraños, deixo a veiga polo mar,  deixo, en fin, canto ben  quero...  ¡Quen pudera non  deixar!


MANUEL CURROS ENRÍ QUEZ TAMÉN DESCRI BE A PAI SAXE GALEGA NOS SEUS POEMAS. UN EXEMPLO É O SEGUI NTE POEMA:                    e nas olas que levanta i en Galicia van parar, Mariñeiros da Marola, ¡cuspos flotan de desprecio de illas Cíes e do Orzán, para vós e vosa nai!  remendade ben as velas, Mariñeiros da Marola, de illas Cies e do Orzán, daille sebo ás cordas xa; non seredes mariñeiros reparade as vellas redes, si temedes hoxe ó mar; unha forca en cada verga, os coitelos afiai na cintura un bon puñal, i aprestaivos, mariñeiros, no temón un brazo forte pola patria a mariñar. i a bogar, bogar, bogar… Mariñeiros da Marola,   de illas Cíes e do Orzán, Dende o Norte americano grande pesca vos agarda chega a España occidental, si sabedes ben pescar; unha lancha de centolas de ignominias e de aldraxes vinte e cinco pesos val, unha negra tempestad, un cargamento de yankees valvos… ¡a inmortalidá!


EDUARDO PONDAL TAMÉN DESCRIBE A PASAIXE GALEGA NOS SEUS POEMAS. UN EXEMPLO DISTO É O SEU POEMA OS PINOS, QUE É O HIMNO GALEGO: ¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.


NO SECULO XX, NA ÉPOCA DAS IRMANDADES DA FALA, ESCRITORES COMO ANTONIO NORIEGA VARELA FALAN DA PAISAXE GALEGA NOS SEUS POEMAS; É O CASO DO POEMA:  As froliñas dos toxos.  ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas dos toxos. Dos toxales as tenues froliñas, que sorríen, a medo, entre espiñas. Entre espiñas que o ceio agasalla con diamánte­las noites que orballa. ¡Oh do iermo o preciado tesouro!: as froliñas dos toxos son de ouro. De ouro vello son, mai, as froliñas dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...


RAMÓN  CABANILLAS   SOÑO DOURADO  ¡Ou meu soño labrego! Unha casiña  preto do río, ó abrigo dos pinares,  con piorno e alboios nos currales  e palleiros na eira e na curtiña.   Ó pé da casa un muíño cantareiro   Ó son lira de ágoa que enche o caño,  Baixo o maio agarimo dun castaño  E os amorosos brazos dun cruceiro.   Todos ó longo da aberta do muíño  tortas e vellas cepas de albariño  cos asios mestos no bendito outono.   E un ferrado de terra por facenda  pra pratíos e xardín, libre de renda,  diesmo a Dios, sin foreiro nin máis dono.  


CASTELAO 

A CARÓN DA NATUREZA(COUSAS)

É no intre en que a terra, para se sdurmir,  vaille virando as costas á luz e o fume das  tellas, mesto e leitoso, vaise esparexendo  no fondo do val. Non é cousa de outro  mundo pint­lo que ven os olloos, que serán  comestos polos vermes; pero na na paisaxe  hai máis cousas que fitar, pois naquel  muíño cantareiro dous namorados danse o  primeiro bico e naquel pazo do castiñeiro  seco ouvean os cans. Dende o adro dunha eirexa ollámo­lo val  afundido na choiva.


EDUARDO BLANCO  AMOR                                       Arrimeime a un pino verde                                                     Por ver si me consolaba…. Arrimeime a un pino verde  Contando estar acollido,  Menos da choiva do ceo  Que do meu propio feitizo.  Pedinlle consolo ao ar  Posouse ao ar fuxitivo; Pedinlle consolo ás augas  De min se arredaron rindo; Senteime á veira da mar,  ! atopeime tan cativo! Quixen deprender coas olas, 

Soio deprendín sospiros; Quixen parolar coas nubes, Tan outas non me sentiron. Aos paxaros rexoubeiros  Amostreilles o meu sino,  Os paxaros poteiraron  No meu corazón ferido. Funme consellar coas pedras  Vellas coma o mundo  mismo,  Mostráronme a sua dureza  !eu entendín   o seu dito Cando do longo penar  Arrimeime a un verde pino  E faleille: ¿ Entenderás  Ti meu door, irmanciño? ¡ I en troques  de responder  Botouse a chorar conmigo!


UXIO  NOVONEYRA     LETANÍA DE GALICIA           GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr’os que calan din  GALICIA e saben      sabemos       GALICIA da door   chora á forza GALICIA da tristura    triste á forza GALICIA do silencio  calada á forza GALICIA da fame       emigrante á forza GALICIA vendada     cega á forza GALICIA tapeada   xorda á forza GALICIA atrelada   queda á forza       libre pra servir   libre pra servir libre pra non ser  libre pra non ser libre pra morrer  libre pra morrer libre pra fuxir   libre pra fuxir       GALICIA labrega  GALICIA nosa GALICIA mariñeira  GALICIA nosa GALICIA obreira  GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva inda

recóllote da TERRA  estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa   recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla  d’argola pros que saben que ti podes ser outra  cousa pros que saben que o home pode ser  outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra  cousa


MANUEL MARIA Os soños na gaiola "Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o  vento… Pero hai outra Galicia que vai no  sentimento! Galicia somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!" 


MANUEL  RIVAS 

BLUES

Só a noite é o paraíso: dormen os homes.  Os soños abren as xanelas  e lámbense as feridas nas praias e nas  beiras dos ríos. Os soños cantan coa gorxa xeada.  Como esclavos, fan tocar os tambores.  


A PAISAXE GALEGA NA LITERATURA GALEGA