Issuu on Google+

Día das Letras Galegas do 2014 O Día das Letras Galegas deste 2014 dedicóuselle a Xosé María Díaz Castro.

Díaz Castro era un poeta e tradutor natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz), onde naceu no seo dunha familia labrega en febreiro de 1914. Pertencía á xeración do 36. Con 15 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo onde coincide con Aquilino IglesiaS Alvariño, autor do primeiro libro escrito en galego trala ditadura, “Cómaros verdes” (1947). DenDe moi xove escribiu libros coma “Follas verdes” (1934) ou “Follas ó aire” (1935) (aínda que ambos estes dous non se publicaron ata o 2014, na edición do profesor A. Requeixo, na editorial Galaxia). Gañou o Concurso Literario dos Xogos Florais de Betanzos (1947) con tres sonetos recollidos no libro “Nascida d´un sono”. A única obra del publicada en galego, mentres el vivía, foi “Nimbos” (1961). E o poema máis coñecido desta obra é: Penélope Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza! No noso centro lembrámolo o pasado 16 de maio acudindo toda a secundaria e parte da primaria a un evento no salón de actos que durou dende a 13:30 ata as 14:30 cando fomos para o comedor. Durante este curto tempo fíxose unha exposición da súa vida e obra, intercalando un recital dalgúns dos seus poemas. Seguida de outra exposición sobre os principias autores da literatura que falaron do mar nas súas obras (aínda que non deu tempo a expoñer esta última). A exposición sobre o autor foi presentada por Carme e Alexa, e máis otros participantes como o alumnado de 4º da ESO que participaron recitando cada un un verso do anterior poema, Penélope, máis algúns colaboradores que leron algúns poemas do autor. A exposición sobre algúns dos principias autores que falaron do mar nas súas obras ía ser feita polo alumnado de 3º e 4º da ESO, máis só deu tempo a falar dos xograres medievais e dos escritores dos séculos escuros. Asemade, no medio das dúas exposicións, deuse a entrega do premio do “Concurso de redacción e debuxo para o día de San Valentín” a Laura Cristos, alumna de 6º de Primaria.


Día das letras galegas do 2014