Page 1

Escola de familias

CADERNO PARA FAMILIAS

Boletín 25 de maio 2012

Contido

HOXE OCUPAMONOS DE: Estratexias para mellorar a comprensión lectora na casa.

O entreamento da comprensión lectora é unha das ferramentas mais importantes para evitar o fracaso escolar: se non se entende o que se le non se pode realizar correctamente a tarefa escolar. Pero, como entrear a comprensión lectora? Evidentemente, lendo. A comprensión lectora é quizás unha das habilidades que mais inflúen no correcto proceso de aprendizaxe dos nosos fillos/as, xa que poseela é fundamental para o desenvolvemento de todas as tarefas e adquisición de coñecementos nas distintas etapas educativas. A maioría dos pais e nais dedican moitas horas a sentarse cos seus fillos/as para que estes aprendan a decodificar palabras (deletrear) e ler con entoación, dando por feito que a evolución que o neno/a experimente na letura, levará consigo un aumento da comprensión. Sen embargo, isto non sempre sucede como eles esperan e moitos nenos/as experimentan bloqueos que lles impiden extraer o significado dos distintos textos aos que se enfrontan.

INTRODUCIÓN

1

Como poden os pais e nais mellorar a comprensión lectora dos seus fillos/as?

2

C o ns ell os par a traballar a comprensión lectora según o nivel que cursen os nosos fillos/as

3

- 2º Ciclo de EI e 1º curso de EP

3

- 2º y 3º curso de EP

3

- 4º e 3º ciclo de EP.

4

Xogos para traballar a comprensión lectora na casa

4

Como todo na vida, se se traballa e se seguen unhas pautas que nos axuden nesta tarefa, conseguiremos incrementar a capacidade compresiva dos nosos fillos e fillas ao ler un texto. “Una persona que no comprende todo lo que lee, que no sabe extraer de un texto las partes más relevantes y relacionarlas con otros conocimientos u otros textos, tendrá un menor éxito escolar, social y profesional”.

Existen distintas técnicas que permiten desenvolver a capacidade dos nenos/as para realizar unha lectura compresiva. Neste boletín queremos ofrecervos algunhas técnicas que vos van a permitir un adecuado desenvolvemento da mesma.

“É fundamental que as familias inculquemos o amor pola letura dende pequeniños”


COMO PODEN OS PAIS E NAIS MELLORAR A COMPRENSIÓN LETORA DOS SEUS FILLOS/AS?

Técnicas para adquirir esta habilidade: Ademais destas estratexias xerais para incitar a unha letura comprensiva, pódense aplicar distintas técnicas que favorezan a adquisición desta habilidade. Algunhas delas son: a) Idea principal. Consiste en mostrar ao neno/a unha ilustración dunha acción e despois ofrecerlle varias opcións textuais nas que se explique o debuxo, para que elixa a que mellor ilustra a acción. b) Procedemento cloze. Consiste en adiviñar unha serie de palabras que foron omitidas nun texto escrito e remprazadas por espacios en branco ou liñas. c) Letura simultánea. Consiste en ler unha frase determinada e a continuación enunciar outra en termos moi similares pero mais comprensible para o neno/a. d) Resumir. O neno/a debe ler pequenos fragmentos dun texto e escribir unha ou dúas frases que o resuman.

Página 2

A familia axuda a mellorar a comprensión lectora dos seus fillos/as cando lles contan contos ou cando len xuntos e fomentan as preguntas sobre o que len. Aproveitando as imaxes da historia para comentar o que está pasando, relacionando os debuxos co conto, facendo preguntas sobre o que vai a pasar, inventando outros finais do conto, etc., conséguese que o neno/a pense mentres está lendo. Estratexias para mellorar a comprensión lectora: Para mellorar a comprensión lectora o neno/a é convinte ter en conta varios momentos da lectura e do libro: Elixir o libro: Debemos seleccionar un tema que lle guste ao neno/a, para que lle axude a relacionar as súas experiencias ou coñecementos con él. Antes de ler: Antes de empezar a ler, por qué non deixas que o neno/a o toque, o curiosee, vexa quén o escribiu, cal é o seu título, as ilustracións que ten, os contidos? E unha vez feita esta ollada previa, pedirlle que diga de qué cre que vai a ir o libro. Durante a lectura: Tanto se só le o adulto ou se comparte a lectura é convinte parar de vez en cando e facerlle preguntas para comprobar que está comprendendo o que se está lendo. Se observas que o neno/a non pode contestar as preguntas que lle fas, o mellor é volver atrás e ler de novo para encontrar a resposta. Hai que ter coidado de non presionalo ou crearlle frustración se non sabe responder. Nese caso, volveremos atrás na lectura relendo, pero só unha vez, e, en caso necesario, darlle algunha pista para responder. Seguindo estas sinxelas pautas de maneira constante, estades ensinando as habilidades que os bos lectores utilizan cando len. “Cando leo un libro vivo dúas vidas: a do libro e a miña” V. Wolf

CADERNO PARA FAMILIAS


CONSELLOS PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN LECTORA SEGÚN O NIVEL QUE CURSEN OS NOSOS FILLOS E FILLAS

Alumnado do 2º ciclo de Ed.Infantil e 1º de Ed. Primaria: Os nenos/as comezan a desenvolverse como lectores cando empezan a prestar mais atención ao que está impreso ao seu alrededor. Comezan a ser capaces de recoñecer palabras e a ler libros sinxelos coa axuda de persoas adultas e de outros nenos. Consellos útiles: 1. Léalle diariamente, dedíquelle polo menos 10 minutos do seu tempo. 2. Volva a lerlle o conto, se o neno/a o coñece, faga unha pausa e deixe que el/ela termine a oración. 3. Poña no frigorífico letras con imáns e deletree palabras que o seu fillo/a poida copiar. 4. Lea libros que teñan o alfabeto e déixelle que faga o seu propio libro pegando recortes de revista en diferentes páxinas ou debuxando. 5. Pídalle que lle conte algo sobre o que debuxou. Escriba as palabras que él dí e léallas. Tamén, pídanlle que volva a contar o conto.

“Para ter éxito como lectores, os nenos/as necesitan ler moito. Facendo da lectura unha rutina diaria, os

pais podedes conseguir que o ler sexa unha actividade agradable. O importante é que se faga regularmente e que a experiencia sexa positiva.

Alumnado de 2º y 3º de Ed. Primaria: Os lectores na etapa de transición necesitan moita axuda dos adultos para chegar a ser lectores independentes. Empezan a ler por sé sos textos sinxelos e van gañando mais confianza ata chegar a ler libros de maior dificultade. Consellos útiles: 1. Siga o interese dos seus fillos/as. P.ex.: si lle gustan os deportes busque libros relacionados con ese tema. 2. Pídalle axuda á hora de facer receitas de cociña, que lean o nome dos ingredientes... 3. Pídalle que lle lea aos irmáns/as mais pequenos. 4. Faga libros con páxinas en branco e motíveo a escribir o que pensa e sente sobre o lído. 5. Axúdelle a facer tarxetas de cumpríanos e invitacións. 6. Cando vai ao supermercado deixe que busque os artículos que ten posta na súa lista e que os tache despois de collelos. 7. Xogue con el buscando palabras que rimen, palabras opostas, sinónimos... 8. Resolver adiviñanzas, trabalinguas 9. Saque o álbum de fotos e pídalle que conte o que pasou en cada unha. Boletín

Página 3


Alumnado de 4º a 6º de Ed. Primaria: Lectores que len con Fluidez. Os nenos/as nesta etapa len con fluidez, de forma independente e usan a lectura como parte importante da súa vida diaria. Consellos útiles: 1. Anque o neno poida ler so, continúe léndolle en voz alta libros mais extensos, pois estes son mais difíciles de ler independentemente. 2. Comente partes de libros que vostede haxa lido co seu fillo/a. Averigüe o que está lendo e fágalle preguntas: “Que está pasando agora no libro?”. 3. Dedique tempo para visitar a biblioteca. 4. Relacione películas e programas de televisión con libros. 5. Subscríbao a unha revista.

XOGOS PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN LECTORA NA CASA A carambola: É un xogo no que se traballan os golpes de voz que hai nunha palabra. O adulto grita “carambola” para indicar que o xogo comezou, mira ao seu alrededor e sinala un obxecto. Se di por exemplo “cama”, o neno ten que dicir “ca-ma” dando dous saltos si está encima desta, ou chapoteando na bañeira si se atopa nel.

Leo imaxes: O pai ou a nai le o título dun conto e o neno/a vai contado o que ve nas imaxes. O adulto iralle guiando mediante preguntas, alagando en todo momento as ideas do seu fillo/a.

Mamá, hoxe lin: Tratase de elaborar co noso fillo/a un panel ou cartolina cunha serie de casullas dende a saída a meta, que poden representar as páxinas dun capítulo ou un libro, poñendo dúas estrelas, unha a mitade do camiño e outra ao final. Cada vez que o neno/a lea una páxina, coloreará unha casulla e só cando consiga chegar ás dúas estrelas daráselle un premio.

O poema cego: O primeiro é elixir o tema cos nosos fillos/as e este o escribirá na primeira folla do caderno en letras grandes. Despois, escribiremos a primeira frase e pasarémoslla ao caderno para que continúe. Despois, escribiremos a seguinte frase, pero antes debemos copiar a última frase que el escribiu, de forma que cada páxina só teña dúas frases: a última do escrito e a do que escribe a continuación. A extensión do poema podemos acordala conxuntamente. Terminado o poema, pedirémoslle que o copie todo seguido no caderno e o lemos xuntos. Logo, pode facer un debuxo sobre o mesmo.

Adaptado do Equipo de orientación Educativa e Psicopedagóxica. Sector Fregenal-Jerez

Estratexias para mellorar a comprensión lectora na casa  

Competencia linguistica

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you