Page 1

Outubro: Actividades Boletín nº 2


Un ano mais a biblioteca emprende unha nova andadura e o equipo que a integra intentará dar continuidade aos proxectos, actividades e esforzos que dende fai anos veñen realizado na mesma toda a comunidade educativa, grupos de traballo e coordinadores/as do proxecto.

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN O mes de outubro é o mes internacional das bibliotecas escolares. Esta declaración foi aprobada pola International Association of School Librerianship (IASL) en decembro do 2007. Ao igual que outras moitas escolas de todo o mundo o CPI de PANXÓN quere commemoralo con algunhas actividades.

Educación Primaria 1º DE EP Recitado de poesías sobre as enerxías sostibles, tema de investigación dentro do Proxecto “Do pedernal á fusión II” e recitado de estas na biblioteca.

2º de EP “Follas de outono riman con follas de libro”. Os pequenos/as de 2º farán un poemario de outono no que as follas do libro sexan follas desta época. 3º de EP Adiviñamos que é?. Coas adiviñas que atopen farán un libro ilustrado. 4º de EP Nestes días de abrir a porta aos medos un bo libro de feitizos podenos axudar a pasar diante deles con un pouco mais de tranquilidade. Para iso os alumnos/as de 4º leran o libro “El libro de los hechizos” e posteriormente farán os seus propios conxuros e para iso seguirán estes pasos: Página 2

Título del boletín


Saber para qué os ides a necesitar. - Ingredientes necesarios. - Como aplicalo, a quen, cando e en que lugar. - Palabras máxicas necesarias ou rimas máxicas para que faga o efecto desexado. 5º de EP Lectura leída e representación teatral do conto “O Lobo feroz”. 6º de EP Presentación do Poster “Bibliotecas escolares, acelerador de innovación” e transformación da nosa Biblioteca en ACELERADOR DE INNOVACIÓN.

Educación secundaria Obrigatoria 24 O

O alumnado da ESO fará un CONTACONTOS o día 24 na Biblioteca

U T U B R O

B I B L

Tamén temos previsto: •

Presentar a guía de usuarios para o curso 2012-13.

Entregar os carnés de biblioteca ao alumnado de 1º de EP e novo profesorado.

Entrega das primeiras Mochilas Viaxeiras

Elaborar unha guía de lecturas para Halloween/Samaín.

Subir ao blog da biblioteca a información e materiais que vaiamos

elaborando para que estean a disposición de todo o profesorado

I O T E Boletín nº 2

C A

Página 3


MES INTERNASCIONAL BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012-13  

Actividades Octubre Biblioteca

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you