Page 1


Unha mañá de primavera estaba no seu niño o paxariño Cuquiño. O niño, moi feitiño, estaba colocadiño nunha póla da árbore máis fermosa dun gran parque. Cuquiño era un poliño e aínda non sabía voar…


De súpeto, un vento moi forte avaneu a árbore e o niño caeu o chan. Cuquiño, moi asustado, empezou a chorar. Era solpor dun día de primavera. No horizonte, apareceu o gato Martiño…


Ao ver ao gato, Cuquiño colleu medo e correu rápido a buscar á súa nai, que se chamaba Pepiña. Pepiña estaba no bosque buscando comida e, ao ver a Cuquiño tan asustado, deulle uns aloumiños, un pouquiño de comida e preguntoulle: que che pasou, Cuquiño?


Cuquiño explicoulle o acontecido á súa nai. Entre os dous puxéronse a pensar como sairían de alí. Cuquiño non sabía voar………. pero subiría no lombo da súa nai e voarían xuntos!


Xogaron un pouquiño e logo deciciron voltar ao niño. Cuquiño subiuse enriba da súa nai. Entón…., de súpeto, o ceo iluminouse e un forte ruido estremeceu o bosque. Cuquiño caeu ao chan do susto….Nunca vira una treboada!


Pouco a pouco a treboada ía achegándose e Cuquiño, asustado, púxose a beira da súa nai. Podía ver que todos os animais do bosque corrían dun lugar para outro buscando onde refuxiarse. Cando todo parecía que estaba a pasar, alá ao lonxe mamá e Cuquiño viron que alguén asexábaos….


Ti単an medo e atoparon unha casi単a pequena onda agocharse durante a treboada. Cando parou a treboada saiu o sol e a nai do paxari単o baixou da pola e caiu rompendo unha 叩.


Pepiña non podía subir a árbore. Veu un neno e levouno a súa casa para curala. Unha vez curada, o neno levou a Pepiña ó niño. Ela fixo exercicios todo o día para poder voar ben e o final acadouno ¡O final do día puido voar!


Cuqui単o espertou asustado. Menos mal! Todo fora un mal so単o. Cuqui単o decidiu aprender a voar para ser independente e poder sair a buscar comida.


O día seguinte, Cuquiño empezou a ir a “Escola de paxaros”, onde os paxariños aprenden a cantar e voar.

A gran aventura do paxariño Cuquiño.  

Conto realizado polo alumnado de Ed. Infantil e do 1º Ciclo do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal.