Issuu on Google+

Conto feito polos alumnos do 1º Ciclo de Primaria Ceip Plurilingüe “Isidro Parga Pondal” Pondal” Curso 11/12


Había unha vez un can que lle gustaba ler moito. Un día leu unha noticia nun xornal sobre un home lobo. Foi ao bosque e atopouno perseguindo a unha galiña faladora. O can disparou un tiro ao aire e os dous pararon.


O can chamou á policía e detivo ao home lobo. Pasado un tempo, o home lobo saíu do cárcere e foi facer as paces co can e coa galiña. Os tres xuntos pasaron o día no parque.


A galiña Quica contoulles que fora ao bosque a buscar comida para os seus pitiños. Vivían na casa dunha nena que se chamaba Rosiña. Gustábanlle moito os animais e pasábao moi ben coidando os pitiños. A galiña díxolle, agora xa é un pouco tarde e teño que irme. O home home lobo, avergonzado por perseguir á galiña, volveu ao bosque


Peludín, que era un can moi cariñoso, ofreceuse a acompañar á galiña, para que non tivera medo. Polo camino fixéronse moi amigos. Cando chegaron preto da casa, os pitiños saíron piando a recibir recibir a súa nai. Peludín quedouse abraiado mirando para eles. Rosiña estaba moi leda xogando coa súa cadeliña Lía diante da casa.


A galiña Quica presentoulle ao can Peludín á cadela Lía e fixéronse moi amigos. Como ningún dos animais da granxa sabía ler, pedíronlle permiso a Rosiña para facer unha escola na granxa na que o can Peludín sería o mestre. Un día cando estaban aprendendo as letras, o home lobo os miraba desde o bosque. Como el tampouco sabía ler, foise acercando pois lle parecía interesante. Rosiña, a nena da casa, viuno e preguntoulle se quería ir á escola.


O home lobo contestoulle que si, entrou na escola e quedou cos animais durante algún días aprendendo as letras ata que gañou a súa confianza e fixéronse todos moi amigos. Pero un bo día saíron de excursión a coñecer Oleiros e atoparon a Rosiña paseando pola praia. Rosiña preguntoulles se querían xogar con ela e eles respostaron que non, porque ían de excursión e non a xogar. Rosiña enfadouse con eles e non lles volveu a falar. Despois duns días perdoounos e volveron todos a ser amigos para sempre. E viviron xuntos felices comendo lombrices, agás o home lobo que comía patacas e cogomelos.



Conto Viaxeiro do 1º Ciclo