Issuu on Google+

CONCURSO:

“ RECEITAS PARA A LINGUA”

Co motivo da Celebración do Día das Letras Galegas, o EDLG do Centro convoca o 1º concurso de “ Receitas para a Lingua”. O tema estará, dalgún xeito, relacionado coa nosa lingua, a galega. Poderá participar todo o alumnado do Centro nunha ou en varias das modalidades que a continuación se detallan: 1. Plástica. Extensión máxima : A4

2. Dixital Calquera soporte e formato. Adxuntarase nunha carpeta “ Receitas para a Lingua” que estará no escritorio do ordenador da Sala de Profesores.

3. Literaria Formato:  Microrrelato ( conto breve)  Poderán presentarse feitos a mano u ben a ordenador ( tamaño 14. Non importa a letra seleccionada). 

Algúns exemplos de microrrelatos ( traducidos do castelán ao galego) son: -

Hoxe mateinos. Xa estaba farto de que me chamaran asasino. ( Jaime Muñoz Vargas).

-

Aquel home era invisible, pero ninguén se deu conta. ( Gabriel Jiménez Emán).

-

Nunca escribas estas palabras nunha mesma línea: tigre e paloma, pois sería doado que a primeira devorase á segunda. ( Rafael Pérez Estrada).

-

Os ananos teñen unha especie de sexto sentido que lles permite recoñecerse a primeira vista. ( Augusto Monterroso).


Cada titor/a fará unha previa selección dos traballos presentados, entregando, como máximo, dous por categoría. Poderánse entregar a calquera dos membros do EDLG antes do día 11 de maio.

Grazas pola vosa colaboración!


bases do concurso receitas para a lingua