Page 1

Onte sábado día 10 de xaneiro fun a librería Aira das Letras en Allariz, alí Antón Riveiro Coello ía presentar dous dos seus novos libros chamados "Laura no deserto" e "O paso do esquecemento" que os nenos e nenas de 6ºC limos o curso pasado "Laura no deserto" é unha novela para lectores adultos, trata dunha muller que pasa polos campos de concentración nazi e conta a súa historia. Aquí deíxovos un enlace cunha boa crítica. "O paso do esquecemento" é un libro de literatura infantil que ,segundo el, resultoulle moi difícil escribilo porque non consigue pórse no pel dos nenos.

Ao final da charla, o autor estivo firmando libros. Eu deille o meu libro "O paso do esquecemento" para que o firmara e escribiu nel unha bonita dedicatoria. Podedes vela a continuación.

Antón Riveiro Coello  

visita do autor á libraría Aira das Letras

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you