Page 1

IES DE BARRO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2011-2012

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS

1


ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN CONTEXTUALIZACIÓN 2. MARCO LEGAL DE REFERENCIA 3.

AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA ÁREA DE LINGUAS E LITER. GALEGAS.

4. OBXECTIVOS E CONTIDOS 5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 5.1.Criterios e instrumentos de avaliación das competencias básicas na ESO 5.2.Criterios de avaliación dos contidos e a súa relación coas competencias básicas. Mínimos esixibles 6. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 7. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DOS CONTIDOS 8. METODOLOXÍA E MATERIAIS CURRICULARES 8.1.Metodoloxía 8.2.Materiais e recursos didácticos 9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 10. PLANS DE TRABALLO PARA A RECUPERACIÓN DE

MATERIAS

PENDENTES 11. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC 12. PROXECTO LECTOR 13. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS

2


1.

INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

A materia de Lingua Galega e Literatura na ESO ten como finalidade fundamental

o

desenvolvemento

da

competencia

comunicativa

do

alumnado. O seu obxectivo primordial é garantir que, ao final desta etapa educativa, o alumnado sexa capaz de interaccionar adecuadamente nas situacións de comunicación fundamentais dos ámbitos escolar, social, cultural e profesional; que comprenda a diversidade de mensaxes orais e escritas con que se vai atopar ao longo da súa vida adulta e que sexa quen de producilas coa debida corrección lingüística, con creatividade e adecuación ao contexto en que se realiza a comunicación. A lingua é unha das ferramentas fundamentais que vai utilizar o alumno/a: - para relacionarse en sociedade -para adquirir novos coñecementos e entender a realidade -para analizar criticamente a información -para xerar e difundir ideas e opinións -para expresar a súa afectividade e regular as súas emocións. Precisamente porque o obxectivo principal ten que ser a competencia comunicativa do alumnado, os problemas sociais da lingua teñen que estar presentes, como pano de fondo, nas actividades que desenvolvamos pois, se ben o IES DE BARRO está situado nunha contorna rural, onde os rapaces, na súa gran maioría, teñen como lingua vehicular o galego, os comportamentos lingüísticos aparecen condicionados polos prexuízos sociais en moitas ocasións: cambio de lingua no momento en que o interlocutor fala castelán, utilización deste idioma en diferentes

ámbitos de uso cando se visita a cidade, quizais

pola crenza de que a utilización do galego é un síntoma de localismo, etc. Neste sentido, cabe dicir que os atrancos para o uso normalizado do noso

3


idioma só desaparecerán cando estes prexuízos deixen de ter a extensión social que presentan na actualidade. É evidente que as nosas clases poden xogar un papel determinante no cambio das actitudes nas novas xeracións, que de feito xa teñen menos prexuízos e actitudes negativas, posiblemente debido ao aumento do prestixio social da lingua e á súa presenza no ámbito académico. A nosa materia organízase en cinco Bloques de Contidos que deben atender á aprendizaxe instrumental da lingua, mais tamén ao seu coñecemento formal, así como á comprensión e valoración da realidade plurilingüe en que nos movemos e, finalmente, ao fomento da lectura, a través do estudo da Literatura, como fonte de pracer e enriquecemento persoal. Partindo das aprendizaxes adquiridas a través de operacións e percepcións concretas na Educación Primaria, a ESO debe favorecer o desenvolvemento de operacións formais, de razoamentos lóxicos e conceptuais, debe polo tanto favorecer o uso funcional da lingua como instrumento de comunicación mais tamén debe desenvolver no alumnado a conciencia crítica sobre a situación do idioma e a súa permanencia histórica. Agora ben, o fomento do uso (procedementos) e do aprecio (actitudes) deberá constatarse, obxectivamente, na práctica e nos coñecementos teóricos (conceptos) dos alumnos e alumnas. En consecuencia , a aprendizaxe de Lingua e Literatura Galegas na E.S.O. estará orientada a un triple obxectivo: •

Progreso do alumnado no dominio das destrezas instrumentais (escoitar, falar, ler e escribir) e dos coñecementos teóricos xa adquiridos na Educación Primaria.

O coñecemento histórico e a comprensión crítica da evolución e da realidade actual da lingua.

O coñecemento da Literatura Galega (etapas, autores e obras), como manifestación dunha cultura diferenciada e como referente para as súas propias producións. A

formación lingüística

ten un carácter continuo ao longo das

4


diversas etapas educativas e

non existen tanto diferenzas de contidos,

como diferenzas na intensidade coa que se traballan eses contidos. Polo tanto, a secuenciación dos contidos non implica unha selección dos que se dan en cada curso, senón que pretende sinalar a atención e o grao maior ou menor de profundidade con que se han abordar. Do mesmo xeito os criterios de avaliación dos distintos cursos só se distinguirán na autonomía que os alumnos/as deberán demostrar na asimilación e uso práctico dos contidos, en función da súa madureza e de que se trate de avaliar a adquisición de novas habilidades ou a activación das vellas. Tendo en conta o parágrafo anterior, queremos sinalar que entendemos a ESO como un único ciclo desenvolvido ao longo de catro cursos, nos que os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación e a metodoloxía serán os mesmos, só se diferenciarán en cada curso, como acabamos de sinalar, no grao de profundidade con que sexan abordados. Consideramos que a aprendizaxe da lingua oral e da lingua escrita débense realizar conxuntamente, xa que se apoian mutuamente, e as deficiencias na primeira (mala entoación, pobreza léxica, incoherencia,...) aparecen reflectidas na segunda (faltas de ortografía, falta de recursos para expresar o que se sabe, problemas de construción sintáctica e redacción,...). Por isto, o traballo basearase na comprensión e expresión de textos orais e a comprensión e produción de textos escritos. Todas as materias do currículo de E.S.O. precisan da linguaxe, tanto para seren

transmitidas

como

para

seren

adquiridas.

En

consecuencia,

desenvolver as capacidades lingüísticas e os obxectivos desta materia non debe ser responsabilidade exclusiva do profesorado de Lingua e Literatura Galegas, senón preocupación compartida por

todo o equipo

educativo. De aí a necesidade de traballar mediante proxectos que impliquen

varias

disciplinas,

especialmente

é

preciso

asegurar

a

coordinación do profesorado que imparte as linguas no centro, buscando sempre o fomento do plurilingüismo propio da sociedade na que vivimos.

5


2. MARCO LEGAL DE REFERENCIA A Lexislación á que se acolle a presente programación é a seguinte: - LOE Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. (BOE 4 de maio) - Decreto 133/2007, do 5 de xullo (DOG 13-07-07). Decreto Currículo ESO polo que se regulan as ensinanzas da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e que estabelece a ordenación xeral e o currículo da ESO en Galicia. - Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

3 . AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA ÁREA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA No marco dunha proposta realizada pola Unión Europea, nos últimos anos definíronse oito dominios de competencias básicas que se consideran necesarias para todas as persoas na sociedade do coñecemento e que se deben traballar en todas as materias do currículo. Tal e como se define no inicio do Anexo I do Decreto 133/2007, a

competencia básica é a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades

e

as

actitudes

persoais

adquiridas.

O

concepto

de

competencia (...) vai máis alá do saber (saberes, contidos conceptuais) e do saber facer (habilidades, contidos procedementais), incluíndo o saber estar (actitudes, contidos actitudinais). A

inclusión

das

competencias

básicas

no

currículo

ten

tres

finalidades:

6


1ª) Integrar as diferentes aprendizaxes, tanto as formais (as diferentes áreas do currículo) como as informais. 2ª) Facer que os estudantes poñan as súas aprendizaxes en relación con distintos tipos de contidos e que as utilicen de maneira efectiva cando lles resulten necesarias en diferentes situacións e contextos. 3ª) Orientar a ensinanza, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación imprescindíbeis. Aínda que as áreas e materias do currículo contribúen á adquisición das competencias básicas, non hai relación unívoca entre a ensinanza de determinadas

áreas

competencias.

Cada

ou

materias

área

e

o

contribúe

desenvolvemento a

de

desenvolver

certas

diferentes

competencias e cada competencia alcánzase a través do traballo en varias áreas ou materias. A área de Lingua Galega e Literatura contribúe dun xeito decisivo ao desenvolvemento de todos os aspectos que conforman a competencia en comunicación lingüística. Esta competencia refírese á utilización da

linguaxe

como

instrumento

de

comunicación

oral

e

escrita,

de

representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta. As habilidades e estratexias para o uso dunha lingua determinada (escoitar, expoñer, dialogar, ler, escribir, comprender, saber comunicar) e a capacidade para tomar a lingua como obxecto de observación son capacidades que se transfiren e aplican á aprendizaxe doutras linguas, o cal contribúe á súa vez a acrecentar a competencia sobre o uso da linguaxe en xeral.

En Galiza, recollendo as normas do Estatuto de Autonomía, todos estes elementos que configuran a competencia lingüística estarán referidos ás dúas linguas oficiais: o galego, como lingua propia de Galiza, e o castelán, así como, polo menos, a unha lingua estranxeira.

7


Ademais de contribuír dun xeito decisivo ao desenvolvemento da competencia comunicativa, a área de Lingua e Literatura Galega garda unha relación moi estreita con outras competencias básicas: 1. Competencia para aprender a aprender.

A lingua é un

instrumento de comunicación, pero tamén é un instrumento de acceso a novos coñecementos. O acceso ao saber e á construción de coñecementos mediante a linguaxe relaciónase directamente con esta competencia. As seguintes actividades contribúen a desenvolver esta competencia para estruturar o pensamento e o control da aprendizaxe e para valorar a escrita e a lectura como fonte de enriquecemento persoal: -Lectura comprensiva. -Composición de resumos e de esquemas que organicen as ideas. -Interpretación das informacións lingüísticas dos dicionarios. -Exposición e conclusións sobre tarefas académicas... 2. Competencia na iniciativa persoal.

A adquisición de habilidades

lingüísticas contribúe a progresar nesta competencia e na regulación da propia actividade con progresiva autonomía, porque aprender a usar a lingua é tamén aprender a analizar e resolver problemas, trazar plans e tomar decisións. As seguintes actividades contribúen a desenvolver esta competencia para aprender a manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas, a localizar a información e a fomentar a autoestima lingüística: -Obradoiros de escrita. -Lectura dramatizada de obras literarias. -Uso dos medios de comunicación social (lectura do xornal). - Uso das TIC. -Uso da Biblioteca. 3. Competencia dixital e tratamento da información. A nosa materia tamén contribúe a progresar nesta competencia posto que unha das súas

8


metas é proporcionar coñecementos e destrezas para a busca e selección de información relevante, así como para a súa reutilización na elaboración de textos orais e escritos propios. As seguintes actividades contribúen a desenvolver

esta

competencia

para

transformar

a

información

en

coñecemento: -Uso de dicionarios. -Uso de correctores ortográficos. -Uso de enciclopedias. -Uso de xornais dixitais. -Produción de textos propios tras a selección, análise crítica, esquematización e síntese da información. -Elaboración de materiais mediante a búsqueda a través de internet Dentro do currículo da materia inclúese o uso de soportes electrónicos para a exposición dos contidos por parte do docente, para a presentación de traballos de investigación por parte do alumnado, e para o desenvolvemento do Proxecto Lector por ambas partes. 4. Competencia social e cidadá. A aprendizaxe da lingua concibida como

desenvolvemento

da

competencia

comunicativa

contribúe

decisivamente ao desenvolvemento desta competencia, entendida como un conxunto de habilidades e destrezas para as relacións, a convivencia, o respecto e o entendemento entre persoas. Aprender lingua é aprender a comunicarse cos outros, a comprender o que estes transmiten e a aproximarse a outras realidades. Un elemento do currículo de Lingua moi relacionado con esta competencia é a variedade dos usos da lingua e a diversidade lingüística, e de aí a valoración de todas as linguas como igualmente aptas para desempregar as funcións de comunicación e representación. As seguintes actividades contribúen a desenvolver esta competencia para analizar criticamente os usos discriminatorios da linguaxe

mediante

os

cales

se

transmiten

prexuízos

e

imaxes

estereotipadas do mundo:

9


-Comentario crítico de distintos tipos de textos (especialmente xornalísticos ou

procedentes dos medios de comunicación, orais ou

escritos) -Exercicio dos valores democráticos e dos dereitos civís. 5. Competencia artística e cultural. Na nosa materia, a lectura e a valoración

das

obras

literarias

contribúen

de

forma

relevante

ao

desenvolvemento desta competencia, entendida como aproximación a un patrimonio literario e a uns temas recorrentes que son expresión de preocupacións esenciais do ser humano. Esta competencia sairá reforzada se se relacionan as manifestacións literarias con outras manifestacións artísticas: pintura, música, cinema... As seguintes actividades contribúen a desenvolver esta competencia para valorar a riqueza cultural, a diversidade lingüística e a expresividade popular: -Visita a museos. -Participación en concertos. -Asistencia a representacións teatrais . -Proxeccións de filmes e documentais na Sala de Audiovisuais.

4. OBXECTIVOS A aprendizaxe de Lingua galega e literatura na ESO estará orientada a tres obxectivos fundamentais: •

progreso do alumnado no dominio das destrezas instrumentais (escoitar, falar, ler e escribir) e dos coñecementos teóricos xa adquiridos na Educación Primaria.

O coñecemento histórico

e a comprensión crítica da

evolución e da realidade actual da lingua. •

coñecemento da literatura galega (etapas, autores e obras), como manifestación dunha cultura diferenciada e como referente para as súas propias producións.

10


OBXECTIVOS XERAIS DA ÁREA Tal e como se enumeran no Anexo II do Decreto 133/2007, onde se desenvolve o currículo da materia de Lingua Galega e Literatura, así presentamos os obxectivos xerais da área: 1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social, cultural e académica. 2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais. 3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural. 4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico. 5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as Bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC , para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións diferentes. 6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección. 7. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega, afirmándoa como propia de Galiza, así como as que hoxe

11


condicionan o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación. 8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado Español, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que provoca o contacto de linguas. 9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas Para evitar os estereotipos que supoñan xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas. 10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo. 11. Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos. 12. Aproximarse ao coñecemento do patrimononio literario e valoralo como un xeito de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico-culturais

OBXECTIVOS POR CURSO PRIMEIRO CURSO DA ESO Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar. Comprensión de textos. •

Comprensión

de

textos

propios

dos

medios

de

comunicación,

especialmente de novas de actualidade próximas aos intereses do

12


alumnado. •

Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como presentación de tarefas e de instrucións para a súa realización ou breves exposicións orais de temáticas variadas.

Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións orais de quen fala diante de nós, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado e mais no traballo colaborativo.

Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes dos informativos dos medios de comunicación. Identificación dos usos lingüísticos discriminatorios máis evidentes e procura de alternativas.

Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela. Produción de textos.

Exposición planificada, clara e ordenada, coa axuda das TIC, de informacións de actualidade que interesen ao alumnado tomadas dos medios de comunicación.

Narración oral coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC a partir dun guión preparado previamente, incluíndo descricións sinxelas, ideas e valoracións relativas aos feitos expostos.

Participación activa en situacións propias do ámbito académico (pedimento de aclaracións, intercambio de opinións, exposición de conclusións...).

Coherencia entre comunicación verbal e non verbal na produción dos discursos e presentacións orais.

Participación en situacións de comunicación reais ou simuladas propias da vida cotiá do alumnado adoptando o rexistro adecuado a estas.

Valoración

do

diálogo

como

medio

de

resolución

de

conflitos,

intervencións orais respectuosas con quen nos rodea e actitude de

13


cooperación

en

situacións

de

aprendizaxe

compartida.

Desenvolvemento de habilidades de comunicación asertiva aplicadas, por exemplo, á expresión e recepción de sentimentos positivos. •

Interese por producir enunciados correctos e non interferidos desde o punto de vista fonético, fuxindo dos prexuízos que adoitan relacionarse con determinados modelos de lingua oral. Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir. Comprensión de textos.

Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á experiencia do alumnado, como mensaxes de chat e de correo electrónico, normas e instrucións de uso.

Comprensión de textos dos medios de comunicación, sobre todo de noticias relacionadas coa vida cotiá, atendendo ao lugar que ocupan na estrutura do xornal, á información dos feitos e aos elementos paratextuais.

Comprensión

de

textos

do

ámbito

académico,

atendendo

especialmente aos de carácter instrutivo e expositivo (incluídas webs educativas e informacións de dicionarios, glosarios e enciclopedias en diversos soportes). •

Detección do tema e dos subtemas de narracións e aplicación a elas de técnicas de análise do contido de textos escritos: subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas que as estruturen visualmente e resumo.

Utilización dirixida da biblioteca do centro e das TIC para obter tanto información como modelos para a composición escrita.

Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes das informacións

dos

xornais.

Identificación

dos

usos

lingüísticos

discriminatorios máis evidentes e procura de alternativas. •

Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo

14


especialmente na adecuación aos patróns fonéticos do galego e na atención aos signos de puntuación. Produción de textos escritos. •

Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como

instrucións

e

normas,

mensaxes

de

chat

ou

de

correo

electrónico. •

Composición de textos propios dos medios de comunicación impresos ou dixitais, especialmente noticias.

Composición de textos propios do ámbito académico, especialmente conclusións

sobre

tarefas

e

aprendizaxes

efectuadas,

resumos,

esquemas e exposicións sinxelas. •

Composición de textos narrativos e descritivos.

Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto

polas

normas

gramaticais

e

ortográficas

e

mais

con

adecuación á temática, fins, destinatarios... de cada escrito. •

Uso das TIC para elaborar textos escritos ben presentados e correctos, aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores ortográficos, etc. Bloque 3. Funcionamento da lingua.

Recoñecemento das intencións comunicativas expresadas a través das modalidades oracionais.

Recoñecemento e uso reflexivo dos mecanismos de cohesión textual como a deíxe persoal, a actualización e a referencia interna de tipo gramatical e mais dos nexos e conectores textuais máis comúns, en particular os temporais e explicativos.

Indución, a partir de usos contextualizados, da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas e recoñecemento das categorías gramaticais

básicas

(substantivo,

adxectivo

cualificativo,

verbo,

adverbio), para o perfeccionamento da produción e comprensión

15


textuais. •

Indución das regras de concordancia e das funcións sintácticas principais no seo da oración para a mellora das estruturas na construción e revisión de textos.

Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos identificados nos textos traballados na aula.

Uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión sintáctica, así como das normas ortográficas, con aprecio dos seus valores funcionais e sociais.

Reflexión básica acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía do galego onde poidan producirse interferencias (apertura das vogais de grao medio, n velar, entoación...), exposición a modelos positivos e práctica mediante a lectura de textos.

Uso de estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta, especialmente sobre clases de palabras e normativa. Bloque 4. Lingua e sociedade.

Coñecemento xeral da diversidade lingüística no mundo e no Estado español, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

Observación da situación sociolingüística en canto a usos e actitudes no contorno máis próximo (aula, barrio...), con aproximación aos prexuízos lingüísticos máis evidentes.

Consciencia da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo.

Observación das principais diferenzas, contextuais e formais, entre

16


usos de distintos niveis e rexistros, tanto na oralidade como na escrita. Bloque 5. Educación literaria. •

Selección guiada e lectura orientada de obras adecuadas á idade que estimulen

o

hábito

e pracer

lector ao

tempo

que

amplían

o

coñecemento do mundo. •

Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de poemas recitados ou cantados, captando o uso dos recursos estilísticos principais do nivel semántico e os que conforman o ritmo poético.

Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de diferentes textos narrativos

breves,

recoñecendo

a

funcionalidade

dos

elementos

formais básicos. •

Lectura dramatizada e comprensiva e mais visionamento de pezas teatrais, apreciando os seus compoñentes e procedementos máis relevantes.

Comparación entre textos literarios e non literarios e dos tres grandes xéneros.

Creación de textos de intención literaria partindo dos trazos formais dos traballados na aula e das posibilidades lúdico-estéticas da lingua.

• •

Análise doutras linguaxes estéticas: o cómic. Aproveitamento guiado dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais. SEGUNDO CURSO DA ESO Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar. Comprensión de textos.

Comprensión de novas de actualidade e de informacións de crónicas e de reportaxes procedentes dos medios de comunicación audiovisual.

Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como

17


presentación de tarefas e de instrucións para a súa realización ou breves exposicións orais de temáticas variadas. •

Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións orais de quen fala diante de nós, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado e mais no traballo colaborativo.

Actitude

reflexiva

e

crítica

ante

as

mensaxes

dos

medios

de

comunicación, con especial atención aos programas de carácter informativo e, xa que logo, ás noticias, reportaxes e crónicas que conteñen. Recoñecemento dos usos lingüísticos discriminatorios máis evidentes, análise dos prexuízos que os sustentan e procura de alternativas. •

Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela. Produción de textos.

Exposición planificada, clara e ordenada, coa axuda das TIC, de informacións de actualidade que inte interesen ao alumnado tomadas dos medios de comunicación, poñendo de relevo as diferenzas no modo de presentar os feitos dos distintos medios.

Participación activa en situacións propias do ámbito académico (achega de propostas e de información, intercambio de opinións, exposición de informes sobre as tarefas realizadas...).

Coherencia entre comunicación verbal e non verbal na produción dos discursos e presentacións orais.

Participación en situacións de comunicación reais ou simuladas propias da vida cotiá do alumnado adoptando o rexistro adecuado a elas.

Valoración

do

diálogo

como

medio

de

resolución

de

conflitos,

intervencións orais respectuosas con quen nos rodea e actitude de cooperación

en

Desenvolvemento

situacións de

habilidades

de de

aprendizaxe comunicación

compartida. asertiva

(por

18


exemplo, aplicadas á solicitude de cambios). •

Interese por producir enunciados correctos e non interferidos desde o punto de vista fonético, fuxindo dos prexuízos que adoitan relacionarse con determinados modelos de lingua oral. Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir. Comprensión de textos.

Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á experiencia do alumnado, como diarios ou cartas persoais e solicitudes.

Comprensión e análise de textos dos medios de comunicación, sobre todo de noticias, reportaxes e crónicas, atendendo ao lugar que ocupan na estrutura do xornal dixital e aos elementos paratextuais.

Comprensión

de

textos

do

ámbito

académico,

atendendo

especialmente aos de carácter instrutivo e expositivo (incluídas webs educativas e informacións de dicionarios, glosarios e enciclopedias en diversos soportes). •

Detección do tema e dos subtemas de narracións e aplicación a elas de técnicas de análise do contido de textos escritos: subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas que as estruturen visualmente e resumo.

Utilización progresivamente autónoma da biblioteca e das TIC como fonte de información e de modelos para a composición escrita.

Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes das noticias,

reportaxes

e

crónicas

dos

medios

de

comunicación.

Recoñecemento dos usos lingüísticos discriminatorios máis evidentes, análise dos prexuízos que os sustentan e procura de alternativas. •

Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo especialmente na adecuación aos patróns fonéticos do galego e na atención aos signos de puntuación.

19


Produción de textos. •

Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á experiencia do alumnado, como diarios e cartas persoais ou solicitudes.

Composición de textos propios dos medios de comunicación en soporte papel ou dixital; por exemplo noticias, crónicas e reportaxes.

Composición, en soporte papel e dixital, de textos propios do ámbito académico (esquemas, resumos, exposicións e explicacións sinxelas, informes de tarefas e aprendizaxes efectuadas).

Composición de textos narrativos e descritivos.

Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto

polas

normas

gramaticais

e

ortográficas

e

mais

con

adecuación á temática, fins, destinatarios... de cada escrito. •

Uso das TIC para elaborar textos escritos ben presentados e correctos, aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores ortográficos, etc. Bloque 3. Funcionamento da lingua.

Revisión da adecuación de textos alleos e propios, con especial atención ao tratamento dos interlocutores e ás fórmulas de cortesía.

Recoñecemento e uso reflexivo dos nexos e conectores textuais máis comúns, en particular os espaciais e os de oposición e contraste, e mais dos mecanismos de cohesión textual como a deíxe espacial e temporal, a relación entre os tempos verbais, as relacións de contraste -antonimia- e a referencia interna de tipo léxico, sobre todo a sinonimia e a elipse.

Indución, a partir de usos contextualizados, da estrutura das palabras flexivas, especialmente substantivo e verbo, e recoñecemento dos seus aspectos morfolóxicos máis precisos para a mellora da comprensión e produción textuais.

20


Distinción reflexiva entre os distintos elementos sintácticos no nivel da frase para a mellora das estruturas na construción e revisión de textos.

Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos identificados nos textos traballados na aula.

Uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión sintáctica, así como das normas ortográficas, con aprecio dos seus valores funcionais e sociais.

Reflexión básica acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía do galego onde poidan producirse interferencias (apertura das vogais de grao medio, n velar, entoación...), exposición a modelos positivos e práctica, especialmente durante as exposicións planificadas.

Uso de estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta, especialmente sobre flexión, relacións semánticas e normativa. Bloque 4. Lingua e sociedade. •

Coñecemento xeral da situación das linguas minorizadas e das internacionais, con manexo e interpretación de mapas, táboas, textos e información dos medios e tecnoloxías da comunicación, valorando

positivamente

o

plurilingüísmo

como

expresión

da

riqueza cultural da humanidade. •

Comprensión da situación sociolingüística galega en canto a usos e actitudes

xerais, realizando

pequenos

traballos

que

permitan

recoñecer e analizar prexuízos lingüísticos. •

Coñecemento da nosa lexislación esencial en materia lingüística, a toponimia e a antroponimia.

Consciencia da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando

21


o plurilingüismo. •

Observación das principais diferenzas, preferentemente en textos orais, entre as variedades xeográficas da lingua galega. Bloque 5. Educación literaria.

Selección guiada e lectura progresivamente autónoma de obras adecuadas á idade que estimulen o hábito e pracer lector ao tempo que amplían o coñecemento do mundo.

Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de poemas recitados ou cantados, captando o valor funcional dos recursos estilísticos máis relevantes nos diferentes niveis.

Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de textos narrativos

breves,

contrastando

os

elementos

estruturais

e

formais: distintas voces, perspectivas temporais, etc.. •

Lectura dramatizada e comprensiva e mais visionamento de pezas teatrais, recoñecendo os compoñentes e procedementos que caracterizan os subxéneros.

Comparación entre textos pertencentes aos subxéneros literarios.

Creación de textos de intención literaria partindo dos trazos formais dos traballados na aula e das posibilidades lúdico-estéticas da lingua.

Análise doutras linguaxes estéticas: a canción.

Aproveitamento guiado dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais. TERCEIRO CURSO DA ESO Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar. Comprensión de textos.

22


Comprensión de textos propios dos medios de comunicación audiovisual, con especial atención ás entrevistas, noticias, crónicas e reportaxes.

Análise encamiñada á comprensión e á valoración crítica da comunicación televisiva e radiofónica coas súas especificidades.

Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como presentación de tarefas e de instrucións para a súa realización, intervencións en simposios ou exposicións orais de temáticas variadas.

Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións orais de quen fala diante de nós, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado e mais no traballo colaborativo.

Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación,

con

especial

atención

ás

procedentes

das

entrevistas, noticias, reportaxes e crónicas. Recoñecemento dos usos lingüísticos discriminatorios, detección dos prexuízos que os sustentan

e procura de alternativas

que se incorporen con

progresiva autonomía ás propias producións. •

Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela. Produción de textos.

Exposición planificada, clara e ordenada sobre temas de actualidade que interesen ao alumnado tomadas dos medios de comunicación, contrastando os diferentes puntos de vista e opinións neles expresadas e axudándose dos medios audiovisuais e das TIC.

Participación activa en situacións propias do ámbito académico (achega de propostas e de información, intercambio de opinións, breve exposición de traballos coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC, informes sobre as tarefas realizadas...).

23


Participación en entrevistas e simposios simulados, así como en situacións de comunicación propias da vida cotiá do alumnado, adoptando o rexistro adecuado a elas.

Uso

consciente

velocidade,

dos

pausas,

elementos

paraverbais

entoación)

e

non

(volume

de

voz,

verbais

(xestos,

movementos...) na intervención oral planificada. •

Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos, intervencións orais respectuosas con quen nos rodea e actitude de cooperación

en

situacións

de

aprendizaxe

compartida.

Desenvolvemento de habilidades de comunicación asertiva (por exemplo, á hora de formular e reaccionar a críticas). •

Interese por producir enunciados correctos e non interferidos desde o punto de vista fonético, fuxindo dos prexuízos que adoitan relacionarse con determinados modelos de lingua oral. Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir. Comprensión de textos escritos.

• Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como actas de reunión, regulamentos... • Comprensión de textos dos medios de comunicación, recoñecendo as diferenzas entre información e opinión en entrevistas, crónicas, reportaxes... • Comprensión

de

textos

do

ámbito

académico,

atendendo

especialmente aos de carácter instrutivo e expositivo (incluídos webs

educativas

e

informacións

de

dicionarios,

glosarios

e

enciclopedias en diversos soportes). • Detección do tema e dos subtemas de textos expositivos e aplicación a estes de técnicas de análise do contido de textos escritos: subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas que as estruturen visualmente e resumo.

24


• Utilización practicamente autónoma da biblioteca e das TIC para obter, organizar e seleccionar a información. • Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes de reportaxes, crónicas ou entrevistas dos medios de comunicación. Recoñecemento dos usos lingüísticos discriminatorios, detección dos prexuízos que os sustentan e procura de alternativas que se incorporen con progresiva autonomía ás propias producións. • Lectura en voz alta adecuada aos patróns fonéticos do galego (entoación, fonética sintáctica...) e fluidez lectora que favoreza a comprensión dos textos traballados na aula. Produción de textos escritos. •

Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como actas de reunión, solicitudes, etc.

Composición de textos propios dos medios de comunicación en soporte papel ou dixital, fundamentalmente entrevistas, crónicas e reportaxes.

Composición, en soporte papel e dixital, de textos, sobre todo expositivos, propios do ámbito académico, elaborados a partir de información obtida en distintas fontes. Elaboración de proxectos e de informes sobre tarefas e sobre aprendizaxes.

Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas e mais con adecuación á temática, fins, destinatarios, soporte... de cada escrito.

Uso das TIC para elaborar textos escritos ben presentados e correctos, aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores ortográficos, etc. Bloque 3. Funcionamento da lingua.

25


• Revisión

da

adecuación

de

textos

alleos

e

propios,

con

recoñecemento das intencións comunicativas expresadas a través dos modos e perífrases verbais. • Recoñecemento e uso reflexivo dos nexos e conectores textuais máis comúns, en particular os presentativos, secuenciadores e de adición, e mais dos mecanismos de cohesión textual como a referencia interna de tipo léxico, sobre todo a hiperonimia e a nominalización; análise e aplicación da función cohesiva das familias léxicas. • Recoñecemento, sobre usos contextualizados, dos mecanismos de formación

de

palabras

(derivación

e

composición),

para

o

perfeccionamento da comprensión e produción textuais. • Recoñecemento da diferenza entre funcións sintácticas e unidades que as desempeñan (incluíndo as que teñen forma oracional), de cara á mellora das estruturas na construción e revisión de textos, con emprego dunha terminoloxía sintáctica axeitada. •

Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos identificados nos textos traballados na aula.

• Identificación e revisión da estrutura do texto, a construción dos parágrafos e a vinculación e progresión temáticas en diferentes textos expositivos, alleos e propios. • Uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión sintáctica, así como das normas ortográficas, con aprecio dos seus valores funcionais e sociais. • Reflexión básica acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía

do

galego

onde

poidan

producirse

interferencias

(apertura das vogais de grao medio, n velar, entoación...), exposición

a

modelos

positivos

e

aplicación

práctica

nas

interaccións orais espontáneas. • Uso de estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

26


• Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta, especialmente sobre formación de palabras, familias léxicas e normativa. Bloque 4. Lingua e sociedade. •

Coñecemento xeral e concreción no marco peninsular das causas que

contribúen

á

formación,

expansión,

transformación,

minorización, substitución e normalización das linguas, con manexo e interpretación de mapas, táboas, textos e información dos medios e tecnoloxías da comunicación. Valoración positiva do plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade. •

Coñecemento xeral da formación da lingua galega e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, con manexo de textos da época e información dos medios e tecnoloxías da comunicación. Análise e comprensión das causas e consecuencias dos feitos máis relevantes.

Comprensión da situación sociolingüística galega a través da abordaxe dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia,

conflito

lingüístico,

interferencias...),

desenvolvendo

proxectos de traballo, con emprego dos medios audiovisuais e das TIC, que permitan enfrontar prexuízos lingüísticos. •

Consciencia

da

necesidade

e

das

potencialidades

de

enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo. •

Recoñecemento das características contextuais e formais dos distintos niveis e rexistros, aplicación segundo as circunstancias da situación comunicativa e valoración da necesidade de adecuarse a elas. Bloque 5. Educación literaria.

27


Selección e lectura autónoma de obras adecuadas á idade que estimulen o hábito e pracer lector ao tempo que amplían o coñecemento do mundo, especialmente da nosa realidade históricocultural anterior ao século XX.

Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de textos poéticos recitados ou cantados da literatura galega desde a Idade Media ao século

XIX

e

da

popular,

comentando

as

motivacións

e

o

tratamento das temáticas máis recorrentes en distintos períodos e a funcionalidade das sucesivas formas e recursos estéticos. •

Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de prosa galega anterior ao século XX, así como de contos e lendas populares, recoñecendo

as

diversas

concepcións

da

narrativa

e

os

procedementos asociados. •

Lectura dramatizada e comprensiva e mais visionamento de fragmentos do teatro galego anterior ao século XX, observando as súas características.

Desenvolvemento

de

tarefas

colectivas

pouco

complexas

ou

elaboración de traballos sinxelos, ambos sobre as lecturas e o seu contexto (etapas, cultura e ambiente literarios, axentes, etc.), entendendo o influxo determinante das circunstancias históricas e da situación sociolingüística na evolución do sistema literario galego. •

Creación de textos de intención literaria partindo das características dos traballados na aula.

Análise doutras linguaxes estéticas: o cinema.

Aproveitamento progresivamente autónomo dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais.

28


CUARTO CURSO DA ESO Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar. Comprensión de textos orais. •

Comprensión de textos propios dos medios de comunicación audiovisual,

con

especial

atención

aos

xéneros

de

carácter

argumentativo (debates, faladoiros, editoriais radiofónicos...). •

Comprensión e análise de textos publicitarios dos medios de comunicación audiovisual, atendendo aos compoñentes verbais e non verbais da comunicación publicitaria.

Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como presentacións, relatorios, intervencións en mesas redondas...

Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións orais de quen fala diante de nós, sobre todo en debates, exposicións do profesorado ou do alumnado e mais no traballo colaborativo.

Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación, con especial atención ás procedentes da publicidade e ás mensaxes implícitas e explícitas dos textos argumentativos. Detección

dos

usos

lingüísticos

discriminatorios

e

mais

dos

prexuízos que os sustentan e procura de alternativas que se incorporen con autonomía ás propias producións. •

Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.

Produción textos orais. •

Coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC, presentacións orais ben organizadas sobre temas de actualidade tomados dos medios

29


de comunicación audiovisual que admitan distintos puntos de vista, diferenciando información, opinión e persuasión e inserindo a propia visión de maneira argumentada e respectuosa. •

Participación activa en situacións propias do ámbito académico, especialmente en autoavaliacións das tarefas realizadas e en presentacións orais, con axuda dos medios audiovisuais e das TIC, de traballos previamente elaborados.

Participación

activa

en

debates

e

noutras

situacións

de

comunicación reais ou simuladas onde se expresen opinións acerca dun tema de actualidade do interese do alumnado, ofrecendo argumentos e respectando as normas que rexen a interacción oral organizada. •

Uso consciente dos elementos paraverbais (volume de voz, velocidade,

pausas,

entoación)

e

non

verbais

(xestos,

movementos...) na intervención oral planificada. •

Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos, intervencións orais respectuosas con quen nos rodea e actitude de cooperación

en

situacións

de

aprendizaxe

compartida.

Desenvolvemento de habilidades de comunicación asertiva, en especial á hora de rexeitar peticións e propostas cando sexa conveniente. •

Interese por producir enunciados correctos e non interferidos desde o punto de vista fonético, fuxindo dos prexuízos que adoitan relacionarse con determinados modelos de lingua oral. Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir. Comprensión de textos escritos.

Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relación sociais, como contratos ou correspondencia institucional e comercial.

Comprensión de textos dos medios de comunicación, atendendo especialmente aos xéneros de opinión como editoriais, columnas,

30


cartas ao director, etc. •

Comprensión e análise de textos publicitarios dos medios de comunicación escritos, dos elementos verbais e non verbais que se empregan neles e das súas mensaxes explícitas e implícitas.

Comprensión de textos do ámbito académico, como os procedentes de

dicionarios,

glosarios,

enciclopedias

e

outras

fontes

de

información en diversos soportes, incluíndo fragmentos de ensaios. •

Detección do tema e dos subtemas dun texto argumentativo, análise dos argumentos e elaboración de esquemas que reflictan que se captou a súa mensaxe principal e a súa estrutura.

Utilización autónoma da biblioteca e das TIC para obter, organizar e seleccionar a información.

Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes da publicidade e dos xéneros de opinión nos medios de comunicación. Detección dos usos lingüísticos discriminatorios, dos prexuízos que os sustentan e procura de alternativas que se incorporen con autonomía ás propias producións.

Lectura en voz alta adecuada aos patróns fonéticos do galego (entoación, fonética sintáctica...) e fluidez lectora que favoreza a comprensión dos textos traballados na aula. Produción de textos escritos.

Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como intervencións en foros e blogs, curricula vitae, reclamacións e solicitudes, etc.

Composición de textos propios dos medios de comunicación en soporte papel ou dixital, como cartas ao director, editoriais, artigos de opinión, columnas, etc.

Composición, en soporte papel e dixital, de textos, sobre todo expositivos e argumentativos, propios do ámbito académico e elaborados a partir de información obtida en distintas fontes.

31


Redacción de proxectos e de informes sobre tarefas e sobre aprendizaxes. •

Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas e mais con adecuación á temática, fins, destinatarios, soporte... de cada escrito.

Uso das TIC para elaborar textos escritos ben presentados e correctos, aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores ortográficos, etc. Bloque 3. Funcionamento da lingua.

Revisión da adecuación de textos alleos e propios, con especial atención ás formas de expresión da subxectividade e ao enfoque do tema, sobre todo en exposicións e argumentacións.

Recoñecemento e uso reflexivo dos nexos e conectores textuais máis comúns, en particular os de causa e consecuencia, os de condición e hipótese e os conclusivos, e mais dos mecanismos de cohesión textual como a referencia interna de tipo léxico, sobre todo as metáforas, metonimias, paráfrases e comodíns.

Recoñecemento das principais regras de combinación impostas polos verbos en función dos seus argumentos e revisión das conseguintes estruturas sintácticas e os tipos de oración segundo a natureza do predicado, aplicándoas na construción e revisión de textos; emprego dunha terminoloxía sintáctica apropiada.

Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos identificados nos textos traballados na aula.

Identificación e revisión da estrutura do texto, a construción dos parágrafos e a vinculación e progresión temáticas en diferentes textos argumentativos, alleos e propios.

Uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión sintáctica, así

32


como das normas ortográficas, con aprecio dos seus valores funcionais e sociais. •

Reflexión básica acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía

do

galego

onde

poidan

producirse

interferencias

(apertura das vogais de grao medio, n velar, entoación...), exposición a modelos positivos e práctica. •

Uso de estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta, especialmente sobre cuestións de uso (semántico e sintáctico) e de normativa. Bloque 4. Lingua e sociedade.

Coñecemento xeral da situación sociolingüística e legal das linguas do Estado español, con manexo e interpretación de gráficos, táboas,

textos

e

información

dos

medios

e

tecnoloxías

da

comunicación, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade. •

Coñecemento xeral das distintas etapas da historia social da lingua galega desde comezos do século XX, con manexo e interpretación de textos e información dos medios e tecnoloxías da comunicación. Análise e comprensión das causas e consecuencias dos feitos máis relevantes.

Comprensión da situación sociolingüística de Galicia a través da revisión da presenza da lingua galega nos principais ámbitos e contextos

e

dos

factores

de

normalización,

desenvolvendo

proxectos de traballo, con emprego dos medios e tecnoloxías da información,

que

permitan

da

necesidade

enfrontar

e

superar

prexuízos

lingüísticos. •

Consciencia

e

das

potencialidades

de

enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua

33


galega, afirmando o plurilingüismo. •

Recoñecemento

e

valoración

dos

principais

fenómenos

que

caracterizan as variedades xeográficas da lingua galega e da función da lingua estándar. Bloque 5. Educación literaria. •

Selección e lectura autónoma de obras fundamentais da literatura galega desde comezos do século XX ata a actualidade adecuadas á idade. Recoñecer o papel dos personaxes femininos nestas obras.

Lectura expresiva e comprensiva e audición de textos poéticos recitados ou cantados das distintas etapas da literatura galega desde o 1900, entendendo e apreciando os recursos empregados, sobre todo os que manifestan as innovacións dos principais movementos, grupos ou autoras e autores.

Lectura expresiva e comprensiva e audición de textos da narrativa galega dos séculos XX e XXI, comentando os seus trazos e en especial a incorporación, por parte de certos grupos e autores/as, das novas visións do mundo e das técnicas modernas.

Lectura dramatizada e comprensiva e mais visionamento de fragmentos ou breves obras teatrais galegas dos séculos XX e XXI, recollendo as diversas intencións e formas e resaltando as innovadoras.

Desenvolvemento de tarefas colectivas sobre as lecturas e o seu contexto entendendo o influxo determinante das circunstancias históricas e da situación sociolingüística na evolución do sistema literario galego.

Creación de textos de intención literaria partindo das características dos traballados na aula.

Aproveitamento practicamente autónomo dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais.

34


5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 5.1.CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS NA ESO COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN

Utilización da linguaxe como ACTIVIDADES: instrumento de comunicación, oral e Comentarios de texto: escrita. 1. COMPRENSIÓN: -Saber escoitar. - Saber escribir. 2. EXPRESIÓN: -Saber falar. -Saber ler.

(orais e escritos) -libres -críticos -literarios: poéticos e narrativos

FONTES: -Prensa e medios de comunicación en xeral. -Textos ensaísticos. -Textos literarios.

COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER Utilización da linguaxe para a ACTIVIDADES: construción de coñecementos (instrumento de acceso a novos Lecturas (con apoio do dicionario) coñecementos). e informes sobre as lecturas. 1. Ler comprensivamente. FONTES: 2. Elaborar resumos e esquemas que organicen as ideas.

-Relatos e poemas seleccionados

3. Interpretar as informacións lcas. polo docente. dos dicionarios.

-Obras recollidas no PL.

4. Expor conclusións sobre tarefas académicas... 5. Autocorrección. 6. Autoavaliación e coavaliación.

35


COMPETENCIA DIXITAL E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

Utilización

da

linguaxe

para ACTIVIDADES:

desenvolver destrezas para a busca Traballo de investigación con e

selección

de

información elaboración dunha presentación en

relevante, así como para a súa power-point para expor na aula. reutilización

na

elaboración

de

textos orais e escritos propios.

FONTES:

1. Uso de dicionarios.

-Manuais da Biblioteca. -Páxinas web indicadas.

2.Uso

de

correctores

-Libro de texto / apoio.

ortográficos. 3. Uso de enciclopedias. 4. Uso de xornais dixitais. 5. Produción de textos propios tras a selección, análise crítica, esquematización

e

síntese

da

información. 6. Uso de soportes electrónicos para a exposición de traballos de investigación

e

para

o

desenvolvemento do Plan TIC. 7. Uso dos recursos do proxecto ABALAR

36


COMPETENCIA NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

Utilización da linguaxe para a ACTIVIDADES: regulación da propia actividade -Comentarios críticos. con progresiva autonomía.

-Selección de lecturas

Aprender a usar a lingua para voluntarias. aprender a analizar e resolver -Uso da Sala de Prensa, da problemas, trazar plans e tomar Biblioteca e da Sala de decisións.

informática fóra das horas de

1. Manter unha actitude crítica docencia directa. ante as mensaxes recibidas.

-Posta en marcha dunha obra de teatro?

2. Localizar a información. 3. Fomentar a autoestima lingüística. 4. Ser quen de realizar unha lectura

dramatizada

de

obras

literarias. 5.

Ser

quen

autonomamente

os

de medios

usar de

comunicación social (lectura do xornal) 6. Ser quen de servirse das TICs para

o

propio

proceso

de

aprendizaxe.

37


COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

Utilización

da

linguaxe

instrumento

de

interpretación

e

realidade.

como ACTIVIDADES:

representación, -Comentarios críticos. comprensión

Aprender

lingua

da -Exercicio do diálogo e do respecto é polo que discrepa.

aprender a comunicarse cos outros, a

comprender

o

que

estes FONTES:

transmiten e a aproximarse a outras

-Prensa e medios de comunicación

realidades.

en xeral.

1. Analizar criticamente os usos -Linguaxe non sexista. CIG-ensino. discriminatorios

da

linguaxe

mediante os cales se transmiten prexuízos

e

imaxes

estereotipadas do mundo. 2. Comentar distintos

de

xeito

crítico

de

textos

tipos

(procedentes

dos

medios

de

comunicación, orais ou escritos)

3. Exercicio democráticos

dos e

valores dos

dereitos

civís.

38


COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO Utilizar a linguaxe para a análise de

problemas,

plans

e

a

a

elaboración

toma

de

ACTIVIDADES:

de

decisións

1. Desenvolver proxectos (dentro da

relacionados coa influencia que ten a

Transversalidade)

presenza das persoas no espazo, o

necesidade de corrixir o deterioro

seu asentamento, a súa acitividade,

medioambiental no contorno.

sobre

a

as modificacións que introducen e as

2. Realización de artigos de opinión e

paisaxes resultantes.

comentarios críticos en realación á 1.

Ser

quen

de

ver

a

Ecoloxía Lingüística.

importancia de que todos os seres humanos

se

beneficien

do

desenvolvemento e de que este procure

a

conservación

dos

3. Adquisición dun vocabulario técnico e específico do mundo das Ciencias Naturais.

recursos e a diversidade natural, e que se manteña a solidariedade FONTES:

global e interxeracional. 2.

Ser quen de análizar o

cambio que se está a vivir en Galiza en torno aos asentamentos e

ás

actividades

percibindo

que

se

tradicionais, trata

-Prensa cotiá e revistas especializadas. -Dicionarios e enciclopedias. -Documentais tirados dos medios de comunicación audiovisuais.

dunha

sociedade en perigo de extinción.

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

39


Utilización da linguaxe como instrumento de representación, interpretación e comprensión da realidade. Aprender lingua é aprender a comunicarse cos outros, a comprender o que estes transmiten e a aproximarse a outras realidades.

ACTIVIDADES: -Comentarios críticos. -Exercicio do diálogo e do respecto polo que discrepa.

FONTES: 1. Analizar criticamente os usos discriminatorios da linguaxe -Prensa e medios de comunicación en mediante os cales se transmiten xeral. prexuízos e imaxes estereotipadas do -Linguaxe non sexista. CIG-ensino. mundo. 2. Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos (procedentes dos medios de comunicación, orais ou escritos) 3. Exercicio dos valores democráticos e dos dereitos civís.

COMPETENCIA ARTÍSTICA E CULTURAL Utilización da linguaxe para valorar a riqueza cultural, a diversidade lingüística e a expresividade popular dun patrimonio literario e uns temas recorrentes que son expresión de preocupacións esenciais do ser humano. 1. Relacionar as manifestacións literarias con outras manifestacións artísticas: pintura, música, cinema...

ACTIVIDADES: -Participar activamente en todas as saídas didácticas incluídas na programación da materia. -Creación de textos (ou calquera outra manifestación artística) xurdidos das aprendizaxes previas ou dos modelos utilizados.

2. Participar nas saídas didácticas a museos.

FONTES:

3. Participación en concertos.

-Saídas didácticas.

4. Asistencia a representacións teatrais.

-Posta en marcha dunha obra de teatro?

5. Desenvolver a capacidade creativa.

5.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS CONTIDOS

40


1º ESO 1. O/A alumno/a debe ser quen de narrar, describir e expoñer oralmente

sucesos,

informacións,

valoracións,

etc.

con

corrección

lingüística, respecto ás regras sociocomunicativas e actitude dialogante e atenta ás expresións e opinións dos demais. O alumno/a debe ser quen de reproducir, oralmente e por escrito, o asunto de textos oídos (noticias, instrucións, exposicións...). O alumno-a debe ser quen de escoitar e falar correcta e comprensivamente para desenvolver a súa competencia comunicativa. 2. O/A alumno/a debe ser quen de comprender e resumir contos, noticias, mensaxes electrónicas, informacións de enciclopedias, etc. Tamén debe ser quen de recoñecer o tema principal separándoo dos temas secundarios, a través da xerarquización das ideas dun texto expresadas a través dun esquema. O alumno/a debe ser quen de demostrar que é capaz de escribir textos breves e sinxelos (mensaxes de correo electrónico, noticias, contos, resumos...) e de coidar a súa presentación ilustracións...)

(marxes,

sangrados,

aproveitando

as

tamaños

posibilidades,

de por

letra,

subliñados,

exemplo,

dos

procesadores de texto. O alumno/a debe ser quen de ler e escribir correcta, comprensiva e expresivamente para desenvolver a súa competencia comunicativa. 3. O/A alumno/a debe ser quen de manexar textos en distintos soportes para tirar deles informacións precisas para a elaboración dun traballo de investigación. O/A alumno/a debe ser quen de buscar e seleccionar información para desenvolver a súa competencia no tratamento da información e na habilidade dixital. 4. O/A alumno/a debe ser quen de servirse das estratexias de

41


autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte

do

proceso de aprendizaxe. O

alumno/a

debe

ser

quen

de

aprender

a

aprender

para

desenvolver a súa competencia neste aspecto. 5. O/A alumno/a debe ser quen de poñer en práctica as regras lingüísticas, que deba asimilar nesta etapa, mediante o uso da propia lingua e dunha terminoloxía necesaria para seguir as explicacións e as actividades da aula. O/A alumno/a debe ser quen de demostrar competencia gramatical, léxica e ortográfica para desenvolver a súa competencia en comunicación lingüística. 6. O/A alumno/a debe ser quen de utilizar a lingua galega con normalidade, é dicir, comprender o contexto sociolingüístico, rexeitar a presenza

de

prexuízos

e

adoptar

actitudes

positivas

cara

o

uso

normalizado do galego. O alumno/a debe ser quen de recoñecer a riqueza que supón a diversidade lingüística do mundo en xeral e de España en particular, como un reflexo do dereito dos pobos e dos individuos á súa identidade. O/A alumno/a debe ser quen de coñecer o funcionamento da lingua en sociedade e colaborar na normalización da lingua para desenvolver a súa competencia social e cidadá. 7. O/A alumno/a debe ser quen de ler con regularidade obras literarias adecuadas á súa idade, desenvolvendo criterio lector. Debe ser quen de recoñecer os trazos literarios así como de expoñer unha opinión persoal dun texto a través dun comentario. O alumno/a debe ser quen de crear textos de intención estética seguindo modelos dados polo profesor/a na aula. O/A alumno/a debe ser quen de descubrir a Literatura como unha fonte de pracer e enriquecemento persoal para desenvolver a súa competencia cultural e artística.

42


MÍNIMOS

ESIXIBLES

PARA

A

OBTENCIÓN

DUNHA

AVALIACIÓN POSITIVA AO FINALIZAR 1º ESO 1. Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como presentación de tarefas, instrucións para a súa realización ou exposicións orais de temáticas variadas. 2. Comprensión de textos propios dos medios de comunicación, especialmente de novas de actualidade próximas aos intereses do alumnado. 3. Participación activa en situacións propias do ámbito académico (aclaracións, opinións, exposicións, conclusións...) 4. Detección do tema e dos subtemas de narracións. Análise do contido de textos escritos (subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas, e creación de resumos). 5. Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo especialmente na adecuación aos patróns fonéticos galegos e aos signos de puntuación. 6. Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas... 7. Recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivos, adxectivos, pronomes, verbos, adverbios). 8. Pequena aproximación á historia da lingua galega. (As orixes do galego)

43


9.

Comparación

entre

textos

literarios

e

non

literarios.

Recoñecemento dos tres grandes xéneros literarios. 10.

Uso

das

estratexias

de

autoavaliación

e

autocorrección,

aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 2º ESO 1. O/A alumno/a debe ser quen de narrar, describir e expoñer oralmente

sucesos,

informacións,

valoracións,

etc.

con

corrección

lingüística, respecto ás regras sociocomunicativas e actitude dialogante e atenta ás expresións e opinións dos demais. O alumno/a debe ser quen de reproducir, oralmente e por escrito, o asunto de textos oídos (noticias, instrucións, exposicións...). O/A alumno/a debe ser quen de escoitar e falar correcta e comprensivamente para desenvolver a súa competencia comunicativa. 2. O/A alumno/a debe ser quen de comprender e resumir contos, noticias,

mensaxes

electrónicas,

informacións

de

enciclopedias,

reportaxes, crónicas, etc. Tamén debe ser quen de recoñecer o tema principal separándoo dos temas secundarios, a través da xerarquización das ideas dun texto expresadas a través dun esquema. O alumno/a debe ser quen de demostrar que é capaz de escribir textos breves e sinxelos (noticias, reportaxes, crónicas, mensaxes de correo electrónico, contos, resumos...) e de coidar a súa presentación (marxes, sangrados, tamaños de letra, subliñados, ilustracións...) aproveitando as posibilidades, por exemplo, dos procesadores de texto. O/A alumno/a debe ser quen de ler e escribir correcta, comprensiva e expresivamente para desenvolver a súa competencia en comunicativa. 3.

O/A

alumno/a

debe

ser

quen

de

manexar,

de

maneira

44


progresivamente autónoma, textos en distintos soportes para tirar deles informacións precisas para a elaboración dun traballo de investigación. O alumno/a debe ser quen de buscar e seleccionar información para desenvolver a súa competencia no tratamento da información e na habilidade dixital. 4. O/A alumno/a debe ser quen de servirse das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe. O/A alumno/a debe ser quen de aprender a aprender para desenvolver a súa competencia neste aspecto. 5. O/A alumno/a debe ser quen de poñer en práctica as regras lingüísticas, que deba asimilar nesta etapa, mediante o uso da propia lingua e dunha terminoloxía necesaria para seguir as explicacións e as actividades da aula. O/A alumno/a debe ser quen de demostrar competencia gramatical, léxica e ortográfica para desenvolver a súa competencia en comunicación lingüística. 6. O/A alumno/a debe ser quen de utilizar a lingua galega con normalidade, é dicir, comprender o contexto sociolingüístico, rexeitar a presenza

de

prexuízos

e

adoptar

actitudes

positivas

cara

o

uso

normalizado do galego. O alumno/a debe ser quen de recoñecer a riqueza que supón a diversidade lingüística do mundo en xeral e de España en particular, como un reflexo do dereito dos pobos e dos individuos á súa identidade. O alumno/a debe ser quen de coñecer o funcionamento da lingua en sociedade e colaborar na normalización da lingua para desenvolver a súa competencia social e cidadá. 7. O/A alumno/a debe ser quen de ler con regularidade obras

45


literarias adecuadas á súa idade, desenvolvendo criterio lector. Debe ser quen de recoñecer os trazos literiarios así como de expoñer unha opinión persoal dun texto a través dun comentario. O alumno/a debe ser quen de crear textos de intención estética seguindo modelos dados polo profesor/a na aula. O/A alumno/a debe ser quen de descubrir a literatura como unha fonte de pracer e enriquecemento persoal para desenvolver a súa competencia cultural e artística.

MÍNIMOS

ESIXIBLES

PARA

A

OBTENCIÓN

DUNHA

AVALIACIÓN POSITIVA AO FINALIZAR 2º ESO 1. Comprensión de textos orais e escritos utilizados no ámbito académico, como presentación de tarefas, instrucións para a súa realización ou exposicións orais de temáticas variadas. 2. Participación activa en situacións propias do ámbito académico (aclaracións, opinións, exposicións, conclusións...) 3. Valoración do diálogo como

medio de resolución de conflitos.

Intervencións orais respectuosas con quen nos rodea. 4. Detección do tema e dos subtemas de narracións. Análise do contido de textos escritos (subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas, e creación de resumos). 5. Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo especialmente na adecuación aos patróns fonéticos galegos e aos signos de puntuación. 6. Composición de textos propios do ámbito académico (conclusións

46


sobre aprendizaxes realizadas, probas escritas, resumos, esquemas, exposicións, ...). Composición de narracións e descricións. 7. Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas... e con adecuación á temática, fins e destinatarios do escrito. 8. Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta. 9. Recoñecemento da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas. Recoñecemento

das

categorías

gramaticais

básicas

(substantivos, adxectivos, pronomes, verbos, adverbios). 10. Coñecemento da realidade lingüística de Galiza. Observación da situación socilingüística en canto a usos e actitudes no contorno máis próximo. (Os preuízos lingüísticos). 11.

Comparación

entre

textos

pertencentes

aos

subxéneros

literarios. 12.

Uso

das

estratexias

aceptando o erro como parte

de

autoavaliación

e

autocorrección,

do proceso de aprendizaxe.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 3º ESO 1. O/A alumno/a debe ser quen de comprender a idea fundamental e máis a información relevante de crónicas, reportaxes, entrevistas e noticias dos medios de comunicación audiovisual. O alumno/a debe ser quen de demostrar que é capaz de recoller en resumos e esquemas os textos expositivos propios do ámbito académico. O alumno/a debe ser

47


quen de expoñer oralmente informacións de actualidade, así como traballos

e

informes

académicos,

seguindo

un

guión

previamente

elaborado, mantendo a atención do auditorio, coa axuda da entoación axeitada, da linguaxe non verbal e dos medios audiovisuais e das TIC. O/A alumno/a debe ser quen de escoitar e falar correcta e comprensivamente para desenvolver a súa competencia comunicativa. 2. O/A alumno/a debe ser quen de identificar o tema, os subtemas e o propósito comunicativo de diferentes textos da vida social. O alumno debe ser quen de escribir textos propios dos medios de comunicación, do ámbito académico e da vida social en xeral. O/A alumno/a debe ser quen de ler e escribir correcta, comprensiva e expresivamente para desenvolver a súa competencia en comunicativa. 3. O/A alumno/a debe ser quen de usar con efectividade os recursos da Biblioteca, os medios audiovisuais e as TIC para extraer información relevante de distintas fontes e incorporala aos seus traballos de aula expresándoa coas súas propias palabras. O/A alumno/a debe ser quen de buscar e seleccionar información para desenvolver a súa competencia no tratamento da información e na habilidade dixital. 4. O/A alumno/a debe ser quen de servirse das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe. O/A alumno/a debe ser quen de aprender a aprender para desenvolver a súa competencia neste aspecto. 5. O/A alumno/a debe ser quen de poñer en práctica as regras lingüísticas, que deba asimilar nesta etapa, mediante o uso da propia lingua e dunha terminoloxía necesaria para seguir as explicacións e as actividades da aula.

48


O/A alumno/a debe ser quen de demostrar competencia gramatical, léxica e ortográfica para desenvolver a súa competencia en comunicación lingüística. 6. O/A alumno/a debe ser quen de comprender as circunstancias que definen as diferentes etapas da historia social da lingua galega co fin de afirmala como propia de Galiza e entender mellor a situación actual. Deberá mostrarse crítico ante os prexuízos lingüísticos e adoptar actitudes positivas cara ao uso normalizado da lingua. O/A alumno/a debe ser quen de coñecer o funcionamento da lingua en sociedade e colaborar na normalización da lengua para desenvolver a súa competencia social e cidadá. 7. O/A alumno/a debe ser quen de ler con regularidade obras literarias adecuadas á súa idade, desenvolvendo criterio lector. Debe ser quen de comprender os textos representativos do sistema literario, enmarcándoos nun determinado momento en relación coa evolución das formas e motivos da escrita anterior ao s.XIX, e debe ser quen de expresar o que comprendeu mediante a elaboración de comentarios literarios. O alumno/a debe ser quen de crear textos de intención estética seguindo modelos dados polo profesor/a na aula. O/A alumno/a debe ser quen de descubrir a Literatura como unha fonte de pracer e enriquecemento persoal para desenvolver a súa competencia cultural e artística.

MÍNIMOS

ESIXIBLES

PARA

A

OBTENCIÓN

DUNHA

AVALIACIÓN POSITIVA AO FINALIZAR 3º ESO 1. Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións dos que falan diante de nós, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado e máis no traballo colaborativo.

49


2. Participación activa en situacións propias do ámbito académico (comentarios, opinións, exposicións de traballos coa axuda dos medios de comunicación e das TIC, informes...) 3. Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes dos medios audiovisuais. 4. Detección do tema e dos subtemas de textos expositivos e aplicación a estes das técnicas de análise do contido de textos escritos (indicación

das

ideas

principais,

esquematización

das

mesmas

e

elaboración de resumos e comentarios). 5. Composición, en soporte papel e dixital, de textos propios do ámbito académico (conclusións sobre aprendizaxes realizadas, probas escritas, resumos, esquemas, ...) 6. Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas... 7. Recoñecemento dos mecanismos de formación de palabras. 8.

Identificación

dos

desvíos

da

norma

provocados

polas

interferencias lingüísticas do castelán, en textos orais e escritos. 9. Coñecemento da formación da lingua galega e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, con manexo de textos da época. (Historia da lingua). 10. Comprensión da situación sociolingüística galega a través da análise

e

comprensión

de

fenómenos

de

contacto

entre

linguas

50


(bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico, interferencias...). Realizando comentarios

críticos

de

textos

que

aborden

estes

conceptos

socilolingüísticos e que permitan enfrontar os prexuízos lingüísticos. 11. Lectura expresiva e comprensiva de textos da literatura galega desde a Idade Media até o século XIX. 12.

Uso

das

estratexias

de

autoavaliación

e

autocorrección,

aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 4º ESO 1. O/A alumno/a debe ser quen de comprender a idea fundamental e máis a información relevante de textos expositivos e argumentativos, diferenciando información, opinión e persuasión. O alumno/a debe ser quen de demostrar que é capaz de recoller en resumos e esquemas os textos expositivos propios do ámbito académico. O alumno/a debe ser quen de expoñer oralmente informacións de actualidade, así como traballos

e

informes

académicos,

seguindo

un

guión

previamente

elaborado, mantendo a atención do auditorio, coa axuda da entoación axeitada, da linguaxe non verbal e dos medios audiovisuais e das TIC. O/A alumno/a debe ser quen de escoitar e falar correcta e comprensivamente para desenvolver a súa competencia comunicativa. 2. O/A alumno/a debe ser quen de identificar o tema, os subtemas e o propósito comunicativo de diferentes textos da vida social, de anuncios publicitarios. O alumno debe ser quen de escribir textos propios dos medios de comunicación, do ámbito académico e da vida social en xeral. O/A alumno/a debe ser quen de ler e escribir correcta, comprensiva e expresivamente para desenvolver a súa competencia en comunicativa.

51


3. O/A alumno/a debe ser quen de usar con efectividade e autonomía os recursos da Biblioteca, os medios audiovisuais e as TIC para extraer información relevante de distintas fontes e incorporala aos seus traballos de aula expresándoa coas súas propias palabras. O alumno/a debe ser quen de expoñer oralmente temas de actualidade e traballos

académicos

seguindo

un

guión

previamente

elaborado

e

servíndose das TIC. O/A alumno/a debe ser quen de buscar e seleccionar información para desenvolver a súa competencia no tratamento da información e na habilidade dixital. 4 O/A alumno/a debe ser quen de servirse das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe. O/A alumno/a debe ser quen de aprender a aprender para desenvolver a súa competencia neste aspecto. 5. O/A alumno/a debe ser quen de poñer en práctica as regras lingüísticas, que deba asimilar nesta etapa, mediante o uso da propia lingua e dunha terminoloxía necesaria para seguir as explicacións e as actividades da aula. O/A alumno/a debe ser quen de demostrar competencia gramatical, léxica e ortográfica para desenvolver a súa competencia en comunicación lingüística. 6. O/A alumno/a debe ser quen de comprender as circunstancias que definen as diferentes etapas da historia social da lingua galega co fin de afirmala como propia de Galiza e entender mellor a situación actual. Deberá mostrarse crítico ante os prexuízos lingüísticos e adoptar actitudes positivas cara ao uso normalizado da lingua. O alumno/a debe ser quen de utilizar a lengua galega con luidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos.

52


O/A alumno/a debe ser quen de coñecer o funcionamento da lingua en sociedade e colaborar na normalización da lengua para desenvolver a súa competencia social e cidadá. 7. O/A alumno/a debe ser quen de ler con regularidade obras literarias adecuadas á súa idade, desenvolvendo criterio lector. Debe ser quen de comprender os textos representativos do sistema literario, enmarcándoos nun determinado momento en relación coa evolución das formas e motivos da escrita do s.XX, e debe ser quen de expresar o que comprendeu mediante a elaboración de comentarios literarios. O alumno/ a debe ser quen de crear textos de intención estética seguindo modelos dados polo profesor/a na aula. O/A alumno/a debe ser quen de descubrir a Literatura como unha fonte de pracer e enriquecemento persoal para desenvolver a súa competencia cultural e artística.

MÍNIMOS

ESIXIBLES

PARA

A

OBTENCIÓN

DUNHA

AVALIACIÓN POSITIVA AO FINALIZAR 4º ESO 1. Comprensión de textos propios dos medios de comunicación audiovisual, especialmente debates, editoriais, crónicas e reportaxes tiradas da televisión e da radio. Comprensión e análise de textos publicitarios.

Comprensión

de

textos

orais

utilizados

no

ámbito

académico, como presentacións, relatorios ou guións . 2. Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións dos que falan diante de nós, sobre todo en debates, exposicións do profesorado ou do alumnado e mais no traballo colaborativo.

53


3. Participación activa en situacións propias do ámbito académico (comentarios, opinións, exposicións de traballos coa axuda dos medios de comunicación e das TIC, informes...). Uso consciente de elementos paraverbais (volume de voz, velocidade, pausas, entoación) e non verbais (xestos, movementos...) na intervención oral planificada. Participación en debates, entrevistas ou reportaxes, adoptando o rexistro adecuado. 4. Comprensión de textos do ámbito académico (instrucións, exposicións,

webs

educativas,

textos

ensaísticos,

informacións

de

dicionarios e enciclopedias en diversos soportes), dos xornais dixitais (editoriais, columnas e cartas ao director) recoñecendo as diferenzas entre información e opinión, comprensión de textos publicitarios dos medios de comunicación, de textos literarios recitados, narrados ou dramatizados na aula. 5. Interese por producir enunciados correctos e non interferidos, fuxindo dos prexuízos lingüísticos. 6. Utilización autónoma da Biblioteca e das TIC para obter, organizar e seleccionar a información, para posteriormente convertila en coñecemento. 7. Composición, en soporte papel e dixital, de textos expositivos e argumentativos propios do ámbito académico (proxectos e informes ...), de textos propios dos medios de comunicación impresos ou dixitais, especialmente cartas ao director, columnas, editoriais… Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos (comentarios, traballos académicos, guións, informes…) con respecto polas normas gramaticais e ortográficas... 8. Recoñecemento da diferenza entre familias léxicas e campos semánticos.

54


9. Recoñecemento da diferenza entre funcións sintácticas e as unidades que as desempeñan. 10. Identificación e corrección dos desvíos da norma provocados polas interferencias lingüísticas co castelán, en textos orais e escritos. 11. Coñecemento das distintas etapas da historia social da lingua galega desde comezos do século XX, con manexo de textos da época e informacións tiradas dos medios e tecnoloxías da comunicación. (Historia da lingua) 12. Comprensión da situación sociolingüística galega a través da análise

e

comprensión

de

fenómenos

de

contacto

entre

linguas

(bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico, interferencias...). Realizando comentarios

críticos

de

textos

que

aborden

estes

conceptos

socilolingüísticos, que permitan enfrontar os prexuízos lingüísticos e favorezan a normalización lingüística. 13. Recoñecemento das variedades da lingua. 14. Lectura expresiva e comprensiva

e audición de textos da

literatura galega desde os inicios do século XX. 15.

Uso

das

estratexias

de

autoavaliación

e

autocorrección,

aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

6. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Para

avaliar

as

competencias

curriculares

dos

alumnos/as

realizaranse probas escritas e orais ao longo do curso, estruturadas nos tres trimestres do ano lectivo. Para a elaboración das cualificacións terase en conta o seguinte baremo:

55


-As probas escritas que se realicen ao longo de cada trimestre sumarán un 80% da cualificación total. En calquera caso, non se fará media, e en consecuencia non se aprobará, a ningún alumno/a que no exame de conceptos non obteña como mínimo un catro. -O 20% restante avaliará o emprego oral da lingua; a coherencia formal e escrita; a realización das actividades que a profesora sinale como obrigatorias (redaccións, traballos, exercicios de diferente tipo en fichas ou no caderno…) ; a actitude e participación nas clases e a proba, oral ou escrita, sobre os libros de lectura . Este mesmo baremo será aplicado en sentido descendente, é dicir, a non realización de traballos obrigatorios, a mala actitude ou comportamento, a presentación da libreta incompleta reduciría a nota final na mesma porcentaxe.

Considérase requisito indispensable para aprobar a materia a lectura obrigatoria dun libro por avaliación. O alumnado de 3º e 4º fará unha proba de lingua e outra de literatura por trimestre. Ambas probas farán media entre si. Para que fagan media o/a alumno/a deberá obter en calquera das dúas probas polo menos un 4. Esta medida tómase co fin de evitar que haxa alumnos/as que abandonen unha parte da materia. Proba extraordinaria de setembro En setembro o Departamento elaborará unha proba baseada texto oficial. Para aprobar cómpre un 5

no libro de

na proba (de 4,5 a 4,9

redondearase a 5, de 4,1 a 4,4 redondearase a 4). A isto debemos engadir as probas escritas dos libros de lectura que o alumnado non superase durante o curso.

7. PROCEDEN¡MENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.

56


DISTRIBUCIÓN XERAL DOS CONTIDOS O Decreto 133/2007 que desenvolve o currículo para a ESO sinala os contidos da materia de Lingua Galega e Literatura e distribúe eses contidos en cinco bloques, como xa indicamos máis arriba. Á hora de organizar eses contidos e levalos á práctica docente cotiá resulta imprescindíbel que o alumnado encontre sentido ao traballo que debe realizar. Para iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe será necesario presentarlle ao alumnado os contidos que se van traballar, as actividades que se van realizar, os obxectivos que se perseguen e os criterios de avaliación de que se servirá o docente. Instrumentos de avaliación En cada avaliación realizaranse polo menos dúas probas escritas; tamén haberá probas ou chamadas orais (libros de lectura, verbos, ...); ademais será esencial o traballo diario na aula e na casa que se traducirá no estado completo, así como presentación e ortografía, do caderno do/a alumno/a. Igualmente, teranse en conta a actitude, a progresión, a realización de tarefas, fichas e demais traballos nas súas múltiples modalidades: obrigatorios ou opcionais, en grupo ou individuais, orais ou escritos. A avaliación será continua, tal como se recolle no DOG (07-01-2008). Temporalización A distribución temporal non deixa de ser máis que unha proposta, xa que é incerto determinar o desenvolvemento dunha unidades sen saber os ritmos de aprendizaxe do alumnado e as súas dificultades. Aínda así, sen caermos nunha temporalización ríxida, procurarase secuenciar os contidos dun xeito equitativo entre as tres avaliacións, segundo a duración de cada unha delas. Somos conscientes de que se trata dun programa amplo, mais coidamos que o seu tratamento áxil, selectivo e establecendo xerarquías,

57


permitiranos conseguir o noso obxectivo. Usaranse os libros de texto da editorial ANAYA nos catro cursos da ESO, compostos por 12 unidades en cada nivel, tentarase traballar catro unidades por avaliación. É preciso sinalar aquí que, se ben contamos con tres sesións semanais dedicadas á materia de Lingua e Literatura Galega en 2º, 3º e 4º, son catro as sesións

semanais para

1º ESO. Por este motivo, a

profesora responsábel incidirá máis na

lectura na aula, na que

evidentemente se traballará a lectura comprensiva mais tamén a produción de textos seguindo os modelos levados á aula pola profesora.

8. METODOLOXÍA E MATERIAIS CURRICULARES 8.1.METODOLOXÍA A actividade construtiva da/o alumna/o é o factor decisivo na realización das aprendizaxes escolares. É o/a alumno/a quen modifica e reelabora os seus esquemas de coñecemento , construíndo a súa propia aprendizaxe. A aprendizaxe dunha lingua progresa en espiral, o que significa que a adquisición de novas habilidades debe ir paralela ao mantemento e á activación das adquiridas nos cursos anteriores, pois sobre elas se asenta. Neste proceso o profesorado actuará como guía e mediador para facilitar a construción desa aprendizaxe. O profesorado ha de proporcionar oportunidades para poñer en práctica eses novos coñecementos. O

proceso

de ensino ha de estar presidido pola necesidade de

garantir a funcionalidade desas aprendizaxes, que non só son construción de coñecementos senón tamén desenvolvemento de habilidades e estratexias de planificación da propia actividade de aprendizaxe. Será preciso integrar na práctica da aula tanto procedementos, conceptos e actitudes como o traballo das capacidades básicas (escoitar, falar, ler e

58


escribir) así como todos os bloques de contidos sempre en articulación cos demais. Pretendemos,

desde

esta

programación

reforzar

os

aspectos

prácticos. Cómpre, polo tanto, poñer especial atención na oralidade e nas competencias activas: aproveitar os recursos que ofrece a biblioteca, así como fomentar as tecnoloxías da información e da comunicación, e fomentar a investigación en grupo e o traballo colaborativo do alumnado. Trátase polo tanto dunha didáctica en que o alumnado pasou (hai xa tempo) de ser mero receptor de contidos teóricos a ser actor e protagonista. Neste sentido guíannos sobre todo catro consideracións fundamentais: 1. Desde o sistema educativo os/as alumnos/as teñen que ter acceso aos elementos e instrumentos básicos da cultura galega e, desde ela, á cultura universal. 2. O sistema educativo ha de lles proporcionar as ferramentas e estratexias que lles permitan desenvolvérense na vida adulta e exerceren os seus dereitos como cidadáns e cidadás. 3. O alumno/a ten que ser o protagonista fundamental dentro da aula e non un mero receptor. En consecuencia, debemos procurar prescindir ao máximo do hábito da explicación teórica e intentar que a figura do profesor/a sexa a de dinamizador das actividades que propomos. 4. O alumno/a debe romper coa dinámica da aprendizaxe indutiva, entrando noutra máis

orixinal,

reflexiva

e

lúdica,

a

aprendizaxe

interactiva, que lle permita alcanzar a madurez lingüística propia da súa etapa.

DESENVOLVEMENTO DOS CONTIDOS NA ESO O desenvolvemento dos contidos organízase a partir duns eixos temáticos e tomando como punto de partida a etapa anterior, a fin de posibilitar un desenvolvemento máis profundo das competencias de cada alumno/a .

59


Ao longo dos catro cursos da ESO desde este departamento didáctico estruturarase a materia, tanto para o seu desenvolvemento na aula, como para a avaliación da aprendizaxe por parte do alumnado, nos tres

bloques

de

CONTIDOS

(CONCEPTOS,

PROCEDEMENTOS

e

ACTITUDES) en que a LOXSE distribuía o que e o como había que ensinar, así como o que e o como había que avaliar. Parécenos que esta fórmula é a máis adecuada, polo seu interese globalizador atento á diversidade do alumnado. Cando nos atopamos ante un alumno/a desmotivado/a, sen os contidos básicos asentados academicamente, ou con problemas familiares ou persoais que lle impiden seguir o ritmo habitual de aprendizaxe, esta forma de ensinar-aprender e avaliar resulta que atende a ese alumno/a que só pode ou só quere facer uns exames onde se avalíe a súa capacidade de aprendizaxe dun

xeito memorístico. Mais, por outra

banda, se estamos ante un alumno/a que se interesa pola materia, que posúe unha actitude crítica que lle obriga a estar en constante rebeldía ( cos seus pais, cos seus educadores, coa sociedade...) nese alumno/a é preciso fomentar a autocrítica, a non sometelo unicamente á

autoaprendizaxe, a

investigación... e

tortura do exame tradicional ( ou facer que

toda a súa avaliación dependa del) pois fracasaría estrepitosamente debido á súa incapacidade para adaptarse a moldes e normas preestablecidas que lle obrigarán a "chapar" e non a investigar, entender, aprehender. Por

todo isto, o desenvolvemento desta

materia rexerase

pola

distribución da mesma do seguinte xeito: CONTIDOS: Exposición, explicación e debate dos contidos conceptuais (do temario) na aula, coa

axuda do libro de texto e do material achegado

polo profesor/a. A avaliación dos mesmos tentarase realizar a través de dúas probas escritas por avaliación. PROCEDEMENTOS:

60


Elaboración e exposición, na aula cada trimestre, dun traballo cuxa temática estea relacionada coa historia da lingua ou da literatura e que o alumnado realizará a través da súa investigación persoal e individual coa axuda dunha bibliografía entregada polo profesor/a e o material do que se poida servir na biblioteca, no centro ou na súa propia casa. Para a investigación e exposición deste traballo sería recomendable o manexo das TICs. Realización de variadas lecturas por trimestre sobre as que se irá informando

ao

profesor/a

mediante

a

realización

de

informes,

comentarios ou creacións literarias que imiten o texto lido, e que servirán de instrumento para a avaliación deste apartado da materia. Realización continuada de todo tipo de comentarios de texto. No curso de 1º ESO, dedicaranse máis horas á lectura na aula que nos outros grupos. Esta lectura poderá programarse do seguinte modo: ou ben unha vez á semana haberá unha sesión de lectura na aula ou se dedicarán varias clases seguidas á lectura coincidindo co final do trimestre, época onde é máis complicado traballar na aula contidos conceptuais. Nos cursos de 2º, 3º e 4º de ESO realizaranse lecturas e comentarios sobre calquera tipo de texto pertencente á etapa da Historia da Literatura que nos ocupe nese momento, ou

tamén centrado en calquera nova

de

actualidade aparecida nos xornais en galego que o docente leve á aula; ademais realizarase lecturas periódicas de contos seleccionados pola profesora. ACTITUDES: A Educación Secundaria Obrigatoria, como o seu nome indica, é unha etapa obrigatoria, polo tanto a asistencia a clase, as adecuadas posturas e formas na clase, así como o interese pola materia e a atención

61


a compañeiros/as e profesores/as será tan importante (pois estamos

educando en valores, formando persoas, como a aprendizaxe de contidos. Avaliarase a actitude do alumno/a cara á materia e cara ao proceso de ensino-aprendizaxe no día a día, mediante a realización continuada de todo tipo de exercicios que nos axuden a poñer en práctica os conceptos explicados na aula. Cremos que deste xeito atendemos ás necesidades de todo o alumnado

(desinteresado

intermedios)

e

cremos

ou

que

motivado, ademais

así

como

transmitimos

estados o

feito

importantísimo da educación en valores, axudando a formar alumnos e alumnas críticos e autocríticos, respectuosos cos demais e co contorno, e que entenden que a cultura consiste no cultivo do saber

estar, saber ler, saber comprender, saber escribir, saber expresar e saber falar. Como conclusión a todo o dito anteriormente respecto á metodoloxía didáctica sérvennos as liñas metodolóxicas enumeradas no Decreto 133/2007, que son as seguintes:

1. Fomentar a participación, a reflexión, tanto individual como en grupo 2. Operar non só sobre o concreto, senón tamén sobre conceptos, ideas. 3. Fomentar a formulación de hipóteses. 4. Buscar, seleccionar e tratar a información. 5. Fomentar a confrontación clara e respectuosa. 6. Insistir na ordenación, comparación e xerarquización das ideas. 7. Elaborar percorridos ordenados desde a formulación da

62


hipótese até a

comprobación dos resultados.

8. Expresar correcta, clara e ordenadamente os resultados. 9. Comprobar a aprendizaxe noutros contextos diferentes ao utilizado. 10. Relacionar os saberes aprendidos nas distintas materias.

8.2. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 1. Libro de Texto . Como ferramenta base para o traballo diario empregaremos o libro de texto como guía da Editorial Anaya para todos os cursos de ESO. 2. Lecturas Literarias. Aínda que se di reiteradamente que a lectura perde importancia na sociedade actual, os datos tirados da realidade non indican que iso sexa así. O aumento no número de libros editados, o incremento de xornais e revistas, a aparición de textos de lectura nos novos soportes informáticos e unha presenza cada vez máis ampla de textos escritos na vida cotiá indican que a lectura segue a ter unha importancia fundamental. Por isto, cremos que a lectura, tanto na súa función informativa-formativa

como na súa dimensión lúdica, debe

ocupar un lugar privilexiado nas clases de Lingua e Literatura. Nos catro cursos da ESO, o alumnado realizará como mínimo unha lectura por trimestre, se ben se potenciarán as lecturas voluntarias mediante unha listaxe de obras, adecuadas á súa idade e nivel de madureza,

que ao comezo de curso se lles entregará aos

alumnos/as. O interese por esas obras suscitarase a través da lectura na aula por parte do profesor/a (ou dalgún alumno/a que as tivese lidas) dun fragmento das mesmas. .

63


3.Informática e Internet. En todas a aulas do IES hai un proxector e un ordenador e acceso a internet . As aulas de 1º e 2º contan ademais cos recursos do proxecto Abalar. Contar con todos estes medios permítelle á profesora proxectar na aula imaxes e audios que auxilien as súas exposicións teóricas en torno a calquera das unidades temáticas de cada curso. Deste xeito axudará a formar aos seus alumnos/as no uso das TIC, pois potenciará que os traballos de investigación que eles realicen veñan acompañados de imaxes proxectadas a través do uso das novas tecnoloxías. O uso das TIC levarase a cabo en 3º e 4º da ESO segundo a dispoñibilidade da aula de Informática, o estado do material da aula e se a distribución e aproveitamento temporal da materia o permite, para que aprendan a servirse das TIC na súa busca de información, na súa reelaboración e deseño posterior e na súa presentación e exposición na aula. Nos cursos de 1º e 2º que contan cos recursos do proxecto Abalar, o alumnado poderá utilizar as TIC en todas as sesións. 4. Biblioteca. Neste espazo o alumno/a pode atopar libros de lectura, manuais de consulta, revistas, xornais, etc. para realizar os traballos que se lle encomenden.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Partindo

do

proxecto

curricular,

haberá

que

realizar

as

adaptacións necesarias para atender á diversidade do alumnado. Cremos que hai que ter en conta que as diferenzas que hai entre o alumnado impiden conseguir obxectivos idénticos. Trátase de avaliar o camiño transcorrido desde a Avaliación Inicial e individual até a 64


Avaliación Final. O importante é o que percorra cada un, non que todos/as cheguen ao mesmo destino. Non debemos esquecer que as persoas non actuamos, sentimos, nin pensamos da mesma forma. E, por suposto, non temos todas as mesmas capacidades. Neste curso non hai ningún grupo de reforzo e só un que é atendido durante algunha hora de clase de lingua e literatura galega pola especialista de pedagoxía terapéutica

En todo momento

contamos co asesoramento do departamento de orientación para detectar aqueles alumnos/as que, segundo o grao de dificultade de aprendizaxe,

poidan

necesitar

un

reforzo

educativo

ou

unha

adaptación curricular en 1º e 2º da ESO. En canto ás acis, o alumnado recibirá o apoio da especialista en pedagoxía terapéutica. Por outra banda, este curso impártese en 3º e 4º de ESO un Proxecto

de

Diversificación

departamento didáctico de

Curricular

do

que

se

encargan

lingua e literatura castelá

o

e o

departamento de francés. Finalmente,

non

debemos

esquecer

que

a

atención

á

diversidade non reside unicamente en programas concretos, senón que está tamén na base de determinados tipos de actividades, como son os traballos de investigación, que favorecen as técnicas de traballo autónomo e permiten a cada alumno/a aplicar o ritmo e a forma de traballo máis axeitada ás súas características individuais. Igualmente os comentarios de distintos tipos de textos permite formar persoas críticas, mellorar a comprensión e a expresión e, ademais, aumentar as lecturas en función dos gustos ou intereses de cada alumno/a. Por último, a listaxe de lecturas voluntarias tamén está ao servizo da diversidade de alumnos/as que poden confluír nunha aula. Con pequenas orientacións do profesor/a, o alumno/a escollerá a máis axeitada á súa personalidade. A suma de distintas lecturas contribuirá a formar o seu criterio lector.

65


10. PLANS DE TRABALLO PARA A RECUPERACIÒN DE MATERIAS PENDENTES Transcorrido un mes desde o inicio do curso, a profesora entregará aos alumnos/as de 2º, 3º e 4º coa materia pendente unha compilación de actividades específicas do curso anterior, entre elas a lectura dun libro

por cada avaliación, para que vaian repasando a

materia, e que entregarán para a súa revisión, corrección e aclaración de dúbidas na data que se lles indique. No mes de maio (na data marcada pola xefatura de estudos) realizaráselles unha proba escrita a través da cal se avaliará o proceso de recuperación da materia pendente. Porén, ao tratarse de avaliación continua, non terán que presentarse, e polo tanto terán a materia aprobada, aqueles alumnos/as

que,

logo

de

presentar

a

compilación

anterior

correctamente realizada, aproben a 1ª e a 2ª avaliación do presente curso. Para a convocatoria extraordinaria de setembro o departamento elaborará unha proba escrita para aqueles alumnos/as que non superasen a materia en xuño, baseada no libro de texto oficial (Anaya para os que teñan pendente a materia de 2º ESO; Teide para os que non superaran a materia de 1º ou 3º

ESO) e probas escritas dos

diferentes libros de lectura que o alumnado non superase durante o curso. Para aprobar cómpre un 5 na proba baseada no libro de texto (de 4’5 a 4’9 redondearase a 5, e de 4’1 a 4’4 farase a 4) e ter realizado a lectura dos libros obrigatorios . Os contidos, os criterios de avaliación e os mínimos esixidos son os mesmos que figuran na programación correspondentes a cada curso.

66


11. TRANSVERSALIDADE Os temas transversais preséntanse como un conxunto de contidos que interactúan en todas as áreas do currículo escolar, e o seu desenvolvemento aféctalle á globalidade deste; non se trata pois dun conxunto de ensinanzas autónomas, senón máis ben dunha serie de elementos da aprendizaxe sumamente globalizados. Partimos do convencemento de que os temas transversais deben impregnar a actividade docente e estar presentes na aula de forma permanente,

xa que se refiren

a problemas e preocupacións

fundamentais da sociedade. Como medio de representación que é, a lingua reflicte a realidade do individuo e da sociedade. Por iso, a área de lingua e literatura é un espazo privilexiado para incorporar o tratamento dos temas transversais na práctica educativa. Aínda que os temas transversais están continuamente presentes, o seu tratamento maniféstase en especial de dous xeitos: 1. A través da selección de textos e do traballo con eles, posto que os textos ofrecen situacións que reflicten actitudes, valores, maneiras de pensar. 2. Mediante suxestións ao profesor para que guíe exposicións e debates orais e aproveite calquera outro elemento que permita reproducir na aula os temas, as vivencias e os valores do mundo exterior. Aínda que tódolos temas transversais están presentes no deseño do proxecto, no caso da área de lingua galega e literatura merecen un tratamento especial os seguintes: • Educación para a convivencia. O respecto pola autonomía dos demais e o diálogo como maneira de resolver os conflitos trabállanse especialmente ao fío dalgúns temas como o debate, o coloquio ou a reclamación, e tamén nalgunhas lecturas. 67


• Educación para a saúde. O concepto integral de saúde como benestar físico, psíquico, individual, social e ambiental desenvólvese a partir de temas do programa de vocabulario, como o corpo humano ou a saúde e a enfermidade. Así mesmo, esta cuestión está presente nalgunhas lecturas. • Educación para a paz. Partindo da lectura de textos invítase á reflexión sobre os mecanismos das sociedades totalitarias, servindo de base para a transmisión de valores como a non violencia, a tolerancia e a resolución pacífica dos conflitos. Neste sentido, as actividades que se desenvolven

dentro

do

programa

de

expresión

oral,

e

moi

especialmente as relacionadas con textos argumentativos, son un medio idóneo de transmisión destes contidos. • Educación do consumidor. Temas como a publicidade, a propaganda ou as reclamacións e algunhas lecturas fomentan unha actitude crítica e responsable fronte ao consumo e os mecanismos do mercado. • Educación non sexista. O

tratamento

deste

tema

transversal

aparece

nos

textos

literarios e expositivos. Outro exemplo da presenza deste tema transversal é a atención polos usos discriminatorios da linguaxe. • Educación ambiental.

68


A toma de consciencia sobre os problemas que lle afectan ao ambiente, obxectivo principal deste tema, desenvólvese a partir de textos argumentativos. • Educación vial. Algúns textos xornalísticos ofrecen a posibilidade de desenvolver este tema transversal na aula.

10. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC A aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer, para o cal procurarase que o alumnado de 3º e 4º desenvolva algunhas clases utilizando a aula de informática e o alumnado de 1º e 2º que forman parte do proxecto ABALAR utilice habitualmente as ferramentas que están ao seu alcance.

11. PROXECTO LECTOR Aínda que se di reiteradamente que a lectura perde importancia na sociedade actual, os datos da realidade non indican que isto sexa así. O medre no número de libros editados, o incremento do número de xornais e revistas, a aparición de textos de lectura nos novos soportes informáticos e unha presenza cada vez máis ampla de textos 69


escritos na vida cotiá indican que a lectura segue a ter unha importancia fundamental. Por todo iso, cremos que a lectura, tanto na súa dimensión informativo-formativa

como

na

súa

dimensión

lúdica

e

de

desenvolvemento do gusto literario, debe ocupar un lugar privilexiado nas clases de lingua e literatura. ANÁLISE DO CONTEXTO EN MATERIA DE LECTURA Tal e como se demanda no Anexo V do Decreto 133/2007, ao inicio de curso a profesora deste departamento didáctico realizará en cada un dos grupos en que imparte docencia unha avaliación inicial mediante unha lectura en voz alta e un comentario oral e escrito do texto lido. A realización desa avaliación inicial mediante a lectura comprensiva dun texto e a expresión do comprendido a través da produción propia dun comentario permite averiguar en que situación se atopa cada un dos alumnos/as de ESO con respecto ás capacidades básicas (escoitar, falar, ler e escribir). INTERVENCIÓNS As intervencións que se van realizar desde o noso departamento en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas serán deseñadas a partir da información que a avaliación inicial nos proporcione. As intervencións e actividades a realizar son as seguintes: 1. A lectura e a escritura na aula. En 1º ESO

dedicaranse varias

sesións lectivas ao trimestre

exclusivamente para realizar lecturas expresivas e comprensivas na aula,

guiados

sempre

pola

profesora.

O

número

de

sesións 70


corresponderase cunha media dunha por semana. Ademais, como no resto dos cursos, cada unidade didáctica contará coa lectura e o comentario

dun

texto

que servirá de referencia, exemplo

ou

instrumento para as explicacións dos contidos curriculares. 2. O dicionario persoal como recurso informativo. Fomentarase o uso do dicionario na aula e na casa, tratando sempre de parafrasear as definicións do dicionario ou servíndose das propias palabras para explicar esas definicións. Por outra banda, con distinto grao de profundidade segundo o curso, tratarase de que o alumno/a elabore un dicionario persoal a través do vocabulario novo que vaia adquirindo, para facerse dono del e posteriormente sexa quen de reutilizalo. 3. A paráfrase como habilidade expresiva. Coa finalidade de mellorar a comprensión e comentario de textos, tanto orais coma escritos, insistirase na aula en que o alumno/a faga as súas propias explicacións, que elabore paráfrases e demostre o que está a entender, ademais de facelo con adecuación ao rexistro formal que lle corresponde e coa expresividade necesaria. O protagonismo da aula debe caer sempre no alumnado. 4. A autocorrección como demostración da aprendizaxe adquirida. Como consecuencia do conflito lingüístico galego-castelán, entre o alumnado deste centro xorde a mestura continua de ambos códigos nos textos. Para abordar esta dificultade, entre outras, buscarase que o alumno/a sexa quen de atocorrixirse durante as súas intervencións orais, así como que sexa el quen corrixa as súas producións escritas, unha vez que o profesor/a sinalou o lugar onde se atopa o erro que 71


debe ser corrixido 5.O obradoiro de teatro. Concluíndo, a mellor maneira de abordar as carencias do alumnado respecto á competencia comunicativa é provocando a comunicación constante na aula, de xeito oral e/ou escrito, e fóra da aula

a

través

do

uso

das

tecnoloxías

da

información

e

da

comunicación. Neste sentido será preciso facerlles entender que a lectura

é

a

forma

máis

rica

de

comunicación

lingüística,

especialmente na súa versión dramatizada ou teatral. Procuraremos constantemente servirnos da actividade teatral na aula, mais tamén fóra dela asistindo a representacións de obras de teatro. AVALIACIÓN FINAL A continuación enuméranse as actividades que se realizarán na práctica docente cotiá en relación a este proxecto e que serán os elementos para a avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe no labor de formar lectores competentes, alumnos/as curiosos e críticos e persoas creativas. 1. Lectura na aula de textos de distintos tipos. (1º - 2º ESO). 2. Lectura e comentario na aula de textos literarios, xornalísticos e ensaísticos. (3º - 4º ESO). 3. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito e que servirá de apoio para a exposición oral do tema na aula. 4. Lectura

de

obras

literarias

obrigatorias

e/ou

voluntarias en todos os cursos dunha listaxe entregada pola profesora na aula.

72


5. Definición,

con

palabras

propias,

dos

conceptos

traballados na aula. 6. Elaboración de textos seguindo pautas dadas na aula. 7. Elaboración de resumos. 8. Exercitación da autocorreción. 9. Utilización de internet para buscar información en torno ao autor do texto dado na Unidade. 10. Practicar o diálogo como único medio para resolver problemas. Para a realización das actividades deste proxecto contamos cos recursos que a biblioteca escolar e a sala de informática poñen ao noso alcance.

LECTURAS A continuación, especificamos por cursos o tratamento que se lle vai facer desde o Departamento de Lingua Galega e Literatura: Primeiro curso: Neste nivel haberá a mesma obra de lectura obrigatoria por avaliación para todo o alumnado, á que se lle dedicará unha media dunha sesión

semanal para ler, comentar, explicar e analizar as

cuestións que a profesora estime oportunas ou que xurdan por parte do

alumnado.

Ademais,

poderán

facer

unha

segunda

lectura

voluntaria que escollerán entre dous títulos que se lles ofrece e que contará de forma positiva para a nota da avaliación incrementándoa cun máximo de 0’5 puntos. Os libros son os seguintes:

73


1ª Avaliación: Libro obrigatorio: O achado do castro, de M. Núñez Singala Libros voluntarios:

Amor dos 15 anos , Marilyn, de A. Fernández Paz Sangue sobre a neve, de Manuel Forcadela 2ª Avaliación: Libro obrigatorio: Bala perdida, de Manuel Rivas Libros voluntarios:

¡Asústate, Merche!, de Fina Casalderrey O Camiño perigoso, de Ánxela Loureiro 3ª Avaliación: Libro obrigatorio:Usha, de María Reimóndez Libros voluntarios:

O pazo baleiro,de Xabier P. Docampo As flores radiactivas, de Agustín Fernández Paz Segundo curso: Neste nivel haberá a mesma obra de lectura obrigatoria por avaliación para tódolos alumnos. Ademais poderán ler outro de forma voluntaria que escollerán entre tres títulos que se lles ofrece e que igualmente incrementará a súa nota de avaliación cun máximo de 0’5 puntos. Os títulos son os seguintes: 1ª Avaliación: Libro obrigatorio: Cartas de inverno, de A. Fernández Paz Libros voluntarios:

¡Prohibido casar, papá!, de Fina Casalderrey Tres pasos polo misterio de A. Fernández Paz Tristes armas, de Marina Mayoral

74


2ª Avaliación: Libro obrigatorio: Corredores de sombras, de A. Fernández Paz Libros voluntarios:

Todo o verán por diante, de Joaquim González Movida na biblioteca, de Josep Gregori A canción de Sálvora, de Antón Riveiro Coello 3ª Avaliación: Libro obrigatorio: O pazo baleiro, de Xabier Docampo Libros voluntarios:

O achado do castro de M. Núñez Singala Cousas, de Castelao Rebeldes, de Susan Hinton Terceiro curso: Neste nivel o alumnado lerá, traballará e será avaliado de forma obrigatoria dun libro de lectura cada trimestre. De forma voluntaria poderá ler outro dos tres que se lle ofrecen en cada avaliación e que se cualificará cun máximo de 0´5 puntos. 1ª Avaliación: Libro obrigatorio: Erros e Tánatos, Gonzalo Navaza Libros voluntarios:

Rebeldes, de Susan Hinton Leonel, de Antón Cortizas O crime da rúa da Moeda Vella, de Román Raña 2ª Avaliación: Libro obrigatorio: Noites de voraces sombras de A. Fernández Paz Libros voluntarios: 75


A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre Investigación 091, Pepe Carballude Cartas de inverno, de A. Fernández Paz As Lágrimas de Shiva, de César Mallorquí 3ª Avaliación: Libro obrigatorio: A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey Libros voluntarios:

Asústate, Merche!, de Fina Casalderrey Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa Cartas de amor de Fran Alonso Cuarto curso: Neste nivel o alumnado lerá, traballará e será avaliado de forma obrigatoria dun libro de lectura cada trimestre. De forma voluntaria poderá ler outro dos tres que se lle ofrecen en cada avaliación e que se cualificará cun máximo de 0´5 puntos. 1ª Avaliación: Libro obrigatorio:

Retrincos ou Os dous de sempre de Castelao

Libros voluntarios:

Erros e Tánatos, Gonzalo Navaza Vidas senlleiras, Darío Xohán Cabana Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa 2ª Avaliación: Libro obrigatorio: O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas Libros voluntarios:

Os escaravellos voan á tardiña, María Gripe Veleno tinto, Ramón Carredano Cobas Land Rover, Suso de Toro 76


3ª Avaliación: Libro obrigatorio: Corredores de sombras de A. Fernández Paz Libros voluntarios:

Memorias dun neno labrego, Neira Vilas Resistencia, Rosa Aneiros As rulas de Bakunin, Antón Riveiro Coello Á lus do candil, Ánxel Fole Algún destes libros pode ser substituído por outro ao longo do curso. O cambio producirase en caso de que a profesora considere que algún outro libro pode axustarse mellor aos obxectivos propostos.

12.

ACTIVIDADES

EXTRAESCOLARES

E/OU

COMPLEMENTARIAS Con respecto ás actividades extraescolares e complementarias intentaremos participar en todas aquelas deseñadas pola comisión de actividades extraescolares que teñan unha relación máis directa co noso departamento didáctico: saídas ao teatro, visitas ao museo de Pontevedra, concursos literarios, visita á biblioteca de Pontevedra, e en todas aquelas deseñadas polo equipo de normalización lingüística. Barro, setembro de 2011 A xefa de departamento Carmen Diéguez González

77

Programación de Lingua e Literatura Galega  

Programación

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you