Issuu on Google+

PROGRAMACIÓN DE LATÍN 4º DE ESO ÍNDICE -

Introducción ....................................................................................................................... 2 Conexión coas competencias básicas ................................................................................ 4 Obxectivos ......................................................................................................................... 8 Obxectivos xerais Obxectivos específicos Contidos...............................................................................................................................11 Procedementos .................................................................................................................. 18 Actitudes ........................................................................................................................... 21 Metodoloxía ...................................................................................................................... 21 Material utilizado .............................................................................................................. 21 Secuenciación dos contidos .............................................................................................. 22 Avaliación ….......................................................................................................................23 Criterios de avaliación ....................................................................................................... 23 Secuenciación da avaliación ............................................................................................. 25 Instrumentos e método de avaliación ............................................................................... 26 Atención á diversidade ...................................................................................................... 27 Actividades complementarias ........................................................................................... 27 Conexións co plan lector .................................................................................................... 27 Conexións co plan TIC ....................................................................................................... 28

1


4º DE ESO INTRODUCCIÓN A materia de latín constitúe unha das poucas optativas de letras existentes na ESO. Está íntimamente relacionada coa materia, tamén optativa na ESO, de Cultura Clásica. Por desgracia, estas asignaturas de humanidades, son pouco valoradas nunha sociedade eminentemente práctica, deshumanizada e interesada ante todo en aspectos economicistas. Unha sociedade que non ve resultados tanxibles e inmediatos nestas áreas, desprecia o seu nivel de esixencia, pese a descoñecelas por completo, e mantén respecto a elas moitos outros prexuizos. Por este motivo, espertar no alumnado o interese cara elas supón un esforzo extra que conta con moitos obstáculos engadidos, como a idea, existente en bastantes adolescentes e máis aínda en adultos, de que son unha perda de tempo, un desperdicio de esforzo intelectual, un simple entretenemento ou un problema para a futura elección de posto de traballo. Pese a todas estas dificultades, compre salientar que, igual que as outras asignaturas de letras, esta supón un medio de enriquecemento persoal, un xeito de desenvolver áreas cognitivas, un modo de espertar o espíritu crítico, relacionar coñecementos para sacar conclusións e descubrir outras épocas, aspectos culturais e artísticos que poden ser aplicados a diversas áreas. Dado que ademais, a maior parte do noso léxico procede do latín, e mesmo do grego, unha base de vocabulario destas linguas é moi útil para enriquecer o coñecemento da lingua galega e da lingua castelá. Este vocabulario será adquirido, unido a un estudo da gramática latina. Dado o nivel do alumnado, e o feito de que é a primeira vez que se enfrontan ó latín no seu percorrido académico, o estudo da gramática latina será simple e buscará a traducción de frases ou textos sinxelos. O obxectivo deste curso é por tanto establecer o contacto e reflexión sobre ligua latina e sentar as bases que permitirán, en cursos posteriores, estudos máis profundos e traduccións de textos complexos. Por outra banda, a maior parte da nosa cultura, arte e historia están íntimamente relacionadas cos costumes, conceptos e produccións de romanos, e gregos (non esquezamos que os romanos adoptaron en grande medida a cultura grega.) As sociedades occidentais, entre as que se conta a nosa, son con respecto a eles, as súas herdeiras indiscutibles. Lembremos tamén as súas grandes aportacións á oratoria, filosofía, arquitectura e mesmo ós sistemas sociais e políticos que hoxe son as bases dos nosos. Coñecer as súas ideas, a súa historia, as obras de arte (plásticas e literarias) a súa mitoloxía e a súa vida cotiá, é un xeito ameno de reflexionar sobre eles e sobre nós mesmos, tanto para evolucionar e cambiar os seus erros como para imitalos nos seus abundantes acertos. Por todo iso, esta materia supón, ademais do estudo da lingua latina, un medio de coñecer e valorar o mundo grecolatino. Pretende ademais que o alumnado vexa a cultura latina (e pola súa influencia nela, a grega) como elemento integrador da nosa propia cultura. Os clásicos teñen un grande valor en si mesmos, valor suficiente para xustificar o seu estudo; pero ademais, o seu coñecemento é importante para interpretar outras linguas, sociedades, a ciencia, a filosofía e as diversas artes (literatura, pintura, escultura, música...) porque mediante os seus mitos, construccións lingüísticas, conceptos artísticos e ideolóxicos, influiron nelas considerablemente. E, aínda hoxe, seguimos recurrindo ó latín e ó grego para dar nome a novos inventos, conceptos e movementos artísticos.

2


Aínda incidindo no apartado do latín, traballaremos e calificaremos tamén os aspectos relacionados coa cultura grecolatina. Non esquezamos que o propio DCB galego inclúe, na materia de latín, ademais dos estudos gramaticais, estudos directamente relacionados coa cultura latina e coa clásica en xeral. O DCB di literalmente: “A materia de latín, presente no currículo de cuarto curso da educación secundaria obrigatoria, supón un achegamento específico á lingua e a cultura de Roma e, consecuentemente, ao mundo antigo. O seu estudo ofrécese a partir de contidos lingüísticos e culturais, complementarios entre si e unidos polo seu carácter de achegas substanciais do que se coñece como herdanza clásica.” Os propios libros de texto de latín, ademais de cuestións gramaticais e lingüísticas, adican bastante espazo a estes aspectos. E se temos en conta que os latinos imitaron en grande medida ós gregos (en literatura, mitoloxía, artes...) ós que consideraban superiores culturalmente, ó estudiar a cultura latina estaremos estudando tamén parte da grega. Por tanto, tentaremos relacionar as dúas sempre que sexa posible, para relacionalas tamén, a continuación, coas sociedades actuais que derivaron delas. Dada a variedade de aspectos que abarca esta área, decidimos distribuilos nesta programación en bloques temáticos. Fixémolo por razóns prácticas, pero sen entendelos como compartimentos estancos, xa que están íntimamente relacionados. Estos bloques son : lingua (aspectos xerais básicos sobre a gramática latina e o vocabulario latino, e a súa influencia no castelán e o galego), literatura latina (e pola súa influencia a conexión con algunhas obras e autores fundamentais gregos, ós que os romanos imitaron claramente), mitoloxía (os romanos adoptaron de xeito moi marcado os deuses, heroes e heroínas gregos, e logo engadiron outros propios) xeografía e historia (de Roma) e aspectos importantes da cultura e vida cotiá do mundo clásico, comparando ambas culturas, latina e grega (organización social e política, artes, ciencia, filosofía, ocio, educación, clases sociais, costumes e ritos ...) Son precisamente a variedade de temas, e a constante comparación e relación entre o mundo clásico e o moderno, as que poden xerar motivación. Pensamos que, lonxe de ser unha materia árida ou pouco práctica, o latín e os estudos clásicos en xeral, conlevan un importante enriquecemento humanístico: permítennos coñecer mellor o mundo greco-latino pero tamén o noso propio mundo, e ampliar a nosa capacidade de reflexión e espíritu crítico.

3


CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS. O estudo desta materia contribúe dun xeito claro ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística: o coñecemento da estrutura da lingua latina posibilita unha comprensión profunda da gramática funcional das linguas europeas de orixe romance e doutras que comparten co latín o carácter flexivo, ou recibiron unha achega léxica importante da lingua latina. A interpretación dos elementos morfosintácticos e de vocabularioeapráctica da tradución e da retroversión supoñen a adquisición da habilidade para recoller e procesar a información dada e utilizala apropiadamente. O coñecemento dos procedementos para a formación das palabras e os fenómenos de evolución fonética colabora eficazmente á ampliación do vocabulario básico e potencia a habilidade para utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación. O coñecemento das etimoloxías grecolatinas proporciona a comprensión e incorporación dun vocabulario culto e explica o vocabulario específico de termos científicos e técnicos. O coñecemento da historia e evolución da lingua latina fomenta o ser consciente da variabilidade das linguas a través do tempo e dos diferentes ámbitos xeográficos e sociais, así como do diálogo entre as culturas; igualmente o interese e o respecto por todas as linguas, incluíndo as antigas e as minoritarias, e o rexeitamento dos estereotipos baseados en diferenzas culturais e lingüísticas. Co coñecemento do patrimonio arqueolóxico e artístico romano no noso país e en Europa esta materia potencia o aprecio e goce da arte como produto da creación humana e como testemuño da historia, á vez que fomenta o interese pola conservación dese patrimonio. Coa achega de referencias para facer unha valoración crítica de creacións artísticas posteriores inspiradas na cultura e na mitoloxía grecolatinas, ou das mensaxes difundidas polos medios de comunicación que, en moitos casos, toman a súa base icónica do repertorio clásico. O coñecemento do mundo clásico e da súa continuidade favorece a interpretación da literatura posterior, en que perduran temas, arquetipos, mitos e tópicos, á vez que se desenvolve o interese pola lectura, a valoración do carácter estético dos textos e o amor pola literatura, contribuíndo, pois, ao logro da competencia en expresión cultural e artística. Desde o coñecemento das institucións e o modo de vida dosromanos queéoreferente histórico de organización social, a participación dos cidadáns na vida pública e delimitación dos dereitos e deberes das persoas edas colectividades, no ámbitoeocontorno dunha Europa diversa, unida no pasado pola lingua latina, sitúase a contribución para lograr a competencia social e cidadá. O coñecemento das desigualdades existentes nesa sociedade favorece unha reacción crítica ante a discriminación pola pertenza a un grupo social ou étnico determinado, ou pola diferenza de sexos. Foméntase así no alumnado unha actitude de valoración positiva da participación cidadá, da negociación e da aplicación de normas iguais para todos como instrumentos válidos na resolución de conflitos. Coa busca, selección crítica, e tratamento da información, recorrendo a fontes variadas; coa aplicación de técnicas de síntese, coa identificación de palabras clave e coa distinción entre ideas principais e secundarias; elaboración de textos e coa presentación a través de medios informáticos, favorécese a competencia dixital, á cal se contribuirá desde todas as materias do currículo. Cómpre facer ver a necesidade dunha utilización crítica das tecnoloxías da información e a comunicación como instrumento que universaliza a información e como unha ferramenta para a comunicación do coñecemento adquirido. O estudo do latín, propiciando a disposición e a habilidade para organizar a aprendizaxe, favorecendo as destrezas de autonomía, disciplina e reflexión, exercitando a memoria mediante a recuperación de datos e situando o proceso formativo nun contexto de rigor lóxico, favorece a competencia de aprender a aprender. 4


CONEXIÓN COAS COMPETENCIAS BÁSICAS Tanto os contidos reflexados tanto no bloque de lingua latina, como os relacionados coa cultura grecolatina, conectarán directamente os conceptos con destrezas e estratexias de aprendizaxe. Tentaremos xerar ademais actitudes, valores e normas que axuden ó desenvolvemento do alumnado, preparandoo, no posible, para contribuir a crear unha sociedade máis xusta e respetuosa. Por outra banda, como xa dixemos na introducción, tentaremos que esta materia non se entenda como algo illado, como un compartimento no mundo do coñecemento, senón como un xeito de establecer relacións cos demais ámbitos de aprendizaxe existentes, eliminando os prexuizos economicistas e os resultantes da ignorancia. Lembremos que a competencia en comunicación lingüística é a base das demais competencias, e que o seu dominio posibilita o desenvolvemento da capacidade de abstracción e a conexión de coñecementos teóricos e prácticos. Como esta é unha materia da área de letras, incidiremos moito nestes aspectos. Faremos a continuación un resumo das competencias máis desenvolvidas nesta materia e nesta programación. Tentaremos conectar con todas elas, aínda que, lóxicamente, incidindo máis nalgunhas.

Competencia en comunicación lingüística. Entende o uso da linguaxe como: instrumento de razoamento, aprendizaxe, comunicación oral e escrita, descubrimento de emocións e regulación de conductas. A súa finalidade é a construcción e comunicación de coñecementos e emocións. Esta materia conecta coa citada competencia nos seguintes aspectos:

-

Comprensión de fenómenos gramaticais aplicables a diferentes linguas. Capacidade para detectar semellanzas e diferencias entre linguas. Adquisición de vocabulario novo gracias a xiros, cultismos, e a prefixos e sufixos latinos. Observación dos mecanismos de funcionamento dunha lingua e a deducción e aplicación das súas normas. Desenvolvemento de mecanismos de traducción de textos sinxelos, recollendo os seus diversos matices e a expresividade presente no orixinal. Conciencia da lingua como entidade viva, que reflexa ás persoas e ás sociedades e que evoluciona con tempo e os cambios sociais. Comprensión e interpretación de textos clásicos, en relación ó seu contexto histórico e establecendo comparacións coa nosa sociedade actual. Respecto pola diversidade lingüística. Uso da lingua como elemento de expresión en calquera actividade relacionada coa materia (interpretación de textos orais e escritos, exercicios gramaticais, redaccións, traballos, exposicións...)

5


Tratamento da información e competencia dixital Refírese ás habilidades para buscar, comprender e comunicar información con diferentes medios. Conectamos coa citada competencia nos seguintes aspectos:

-

Interpretación de táboas, esquemas, fotocopias, imaxes. Búsqueda en internet e outros soportes. Búsqueda no dicionario e nas gramáticas. Lectura e análise de fotocopias e mapas. Observación e análise de materiais aportados por elementos audiovisuais (películas, documentais, traballos en power point...) Elaboración de esquemas que resuman a información.

Competencia social e cidadá Permitir a vida en sociedade, comprendendo esa realidade social e exercendo unha cidadanía democrática. A finalidade é convivir cos valores de dereitos humanos e os constitucionais (atendendo tamén ós dereitos dos demais seres vivos.) Conectamos coa citada competencia nos seguintes aspectos:

-

Cunha reflexión crítica sobre os valores que se orixinaron en Roma, e por comparación tamén en Grecia. Comparando as sociedades antigas coas actuais. Coñecendo a importancia das lendas e a mitoloxía como elemento de cohesión social e como reflexo da sociedade que as elabora. Conciencia das formas de transmisión de culturas diferentes aínda que relacionadas coa nosa. Descubrimento dos mecanismos de control social e creación de conciencias colectivas. Valoración do patrimonio arqueolóxico romano. Descubrimento da importancia do dereito, as artes, as letras, a política, a filosofía... como elementos de organización e expresión dunha sociedade. Eliminación dos prexuizos economicistas, practicistas ou resultantes da ignorancia que desprecian as humanidades, as artes, e os coñecementos do mundo clásico.

Competencia cultural e artística Comprender e valorar criticamente as diferentes manifestacións culturais e artísticas, consideradas como patrimonio dos pobos e como fonte de pracer, expresión, interpretación do mundo e enriquecemento persoal. 6


A finalidade e familiarizar ós adolescentes coa variedade de manifestacións artísticas e culturais, facéndolles comprender a súa importancia na vida dos seres humanos, desterrando prexuizos e ampliando a súa capacidade de aceptar novos conceptos e sensacións artísticos. Conectamos coa citada competencia nos seguintes aspectos:

-

Co coñecemento das formas de pensamento e as obras de arte da antigüidade. Disfrute e valoración crítica desas manifestacións artísticas da cultura clásica grecolatina. Conciencia do seu valor e da necesidade de conservalas. Identificación deses elementos artísticos en obras de arte posteriores. Identificación da mitoloxía grecolatina, incluso da súa simboloxía, en manifestacións culturais posteriores. Recoñecemento da orixe clásica dos xéneros literarios, e dos tópicos, temas, personaxes e rasgos da literatura grecolatina na actual. Interpretación dos sistemas de goberno clásicos e a súa pervivencia ou transformación no mundo actual. Análise dos aspectos históricos da época e a súa influencia posterior. Competencia para aprender a aprender Iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continualo de xeito autónomo, buscando os medios para enfrontarse ás incertidumes e elaborar varias respostas posibles ante un mesmo problema. A finalidade é mellorar a aprendizaxe autónoma. Conectamos coa citada competencia nos seguintes aspectos:

-

Interacción constante entre culturas. Interacción constante entre pasado e presente. Desenvolvemento da capacidade de comprensión, expresión, razoamento, atención, concentración, memoria e sentido crítico. Elaboración e interpretación de tablas, esquemas, resumos... Interpretación e redacción de textos. Autonomía e iniciativa persoal. Capacidade para elaborar criterios propios de xeito reflexivo e para elexir opcións de xeito responsable. A finalidade é analizar de xeito crítico os valores que eles mesmos van asumindo. Conectamos coa citada competencia nos seguintes aspectos:

-

Fomento da conciencia histórica, e do análise crítico do mundo clásico e do actual. Elaboración de hipóteses para explicar fenómenos. Búsqueda de elementos clásicos que perduran. Expresión da opinión sobre comportamentos doutras sociedades e da propia. 7


OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA 1 Comprender textos latinos en contextos onde o sentido sexa facilmente deducible. 2 Identificar e relacionar elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua latina que permitan a análise e a tradución de textos sinxelos. 3 Desenvolver os hábitos de organización, traballo e disciplina no estudo a partir dos mecanismos de estruturación mental que implica o proceso de análise e tradución de textos latinos. 4 Mellorar a lectura comprensiva e a expresión oral e escrita mediante o coñecemento do vocabulario e as estruturas gramaticais latinas. 5 Coñecer a orixe e evolución das linguas romances para valorar os trazos comúns e a diversidade lingüística como mostra da riqueza cultural dos pobos de Europa. 6 Utilizar as regras fundamentais de evolución fonética do latín ás linguas romances e identificar palabras patrimoniais, cultismos e expresións latinas en diferentes contextos lingüísticos. 7 Entender o significado do léxico común de orixe grecolatina da propia lingua e comprender o vocabulario culto, científico e técnico a partir dos seus compoñentes etimolóxicos. 8 Reflexionar sobre os elementos formais e as estruturas lingüísticas das linguas romances coñecidas polo alumno, a través da comparación co latín, modelo de lingua flexiva. 9 Coñecer os aspectos relevantes da cultura e da civilización romanas, utilizando diversas fontes de información e diferentes soportes, para identificar e valorar a súa continuidade no noso patrimonio cultural, artístico e institucional. 10 Coñecer os xéneros literarios latinos máis importantes. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DISTRIBUIDOS EN BLOQUES LINGUA LATINA De fonética e gramática latina

-

Coñecer a fonética básica latina.

-

Identificar e relacionar elementos sintácticos, gramaticais e léxicos da lingua latina que

posibiliten a análise e traducción de textos sinxelos.

-

Coñecer a morfoloxía das cinco declinacións.

-

Coñecer as características básicas das categorías gramaticais en latín: substantivo, pronome,

adxectivo, adverbio, preposicións e conxuncións.

-

Coñecer os paradigmas verbais.

-

Identificar e empregar as palabras no caso axeitado.

-

Ampliar o coñecemento das linguas romances aplicando ou rastreando estructuras do latín. 8


-

Aplicar tódolos coñecementos morfosintácticos e gramaticais á traducción de textos simples.

-

Elaborar, con eses coñecementos, frases moi simples en latín.

Historia, evolución do latín e léxico latino

- Coñecer a orixe da lingua latina, desde o indoeuropeo ata a súa evolución ás linguas romances, integrando ese coñecemento no esquema máis amplo das distintas familias lingüísticas existentes.

-

Coñecer o alfabeto latino (pódese establecer unha comparación co grego.)

-

Ampliar o vocabulario do galego e do o castelán a partir do coñecemento do léxico latino.

- Relacionar ese vocabulario co de outras linguas romances (italiano, francés, portugués, catalán, rumano.)

- Utilizar os coñecementos adquiridos de latín (vocabulario, prefixos, sufixos...) para deducir o significado de palabras en castelán e galego. (Completamos este apartado, coñecendo tamén os principais prefixos e sufixos gregos.)

-

Relacionar palabras da mesma familia.

-

Identificar cultismos e expresións latinas en diversos contextos.

- Comprender o significado de latinismos e cultismos tanto na lingua falada como nas variantes científica, técnica, xudicial, artística...

-

Coñecer, de xeito básico, e comprobar as regras de evolución do latín ás linguas romances.

XEOGRAFÍA, HISTORIA DE ROMA E VIDA COTIÁ DOS ROMANOS (establecendo comparacións e conexións coas dos gregos)

- Coñecer de xeito sinxelo a xeografía do Imperio Romano. - Coñecer as principais etapas, feitos e protagonistas da historia de Roma. - Establecer conexións e comparacións entre estas circunstancias históricas latinas e as gregas (etapas nas que estiveron en contacto, dominio militar dos romanos sobre os gregos, dominio cultural dos gregos sobre os romanos...)

- Comparación dos sistemas políticos romanos e gregos. Relacións coas sociedades actuais. -

Descubrir os elementos base da civilización romana: educación, lexislación, política, artes, arquitectura, ciencias, ocio, exército...

-

Comparar estes aspectos cos equivalentes no mundo grego (educación, política, artes, ocio...) e buscando diferencias, similitudes e influencias. 9


-

Coñecer os aspectos máis relevantes da cultura e civilización romana (e indirectamente da grega, dada a súa influencia nela) usando diversas fontes de información .

-

Valorar a continuidade desta cultura clásica no patrimonio cultural, artístico e institucional da civilización occidental. LITERATURA LATINA (Influída pola grega e relacionada con ela)

-

Coñecemento dos xéneros literarios latinos: épica, lírica, teatro, narrativa, oratoria.

-

Descubrimento das enormes influencias da literatura grega sobre a latina (ata se fala dos romanos como imitadores da literatura grega.)

-

Estudio das principais obras literarias latinas e dos seus autores.

-

Relación e comparación entre elas e as principais obras literarias e autores gregos (iso implica un coñecemento sinxelo dunhas poucas obras e autores gregos.)

-

Detectar os temas, formas e tópicos literarios latinos, e rastrealos na literatura occidental.

-

Ler, comprender e analizar textos literarios latinos (e dada a influencia neles, algúns gregos.) MITOLOXÍA GRECOLATINA

-

Coñecemento dos principais deuses gregos, coa súa nomenclatura e interpretación romana.

-

Análise dos deuses especificamente romanos, engadidos a esta mitoloxía.

-

Estudo dos principais heroes e heroínas romanos e comparación con algúns gregos.

-

Descubrimento das historias mitolóxicas dos humanos, animais, monstros, seres híbridos.

-

Interpretación simbólica da mitoloxía grecolatina.

-

Percibir a influencia da mitoloxía grecolatina na cultura occidental (nas artes, no pensamento, filosofía, concepción do mundo...)

1


CONTIDOS XERAIS 1. O Abecedario e apronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da penúltima sílaba. Diferenza entre vocais breves e longas. 2. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan. 3. O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da lingua latina e das linguas romances utilizadas polo alumno. 4. Clases de palabras. A flexión nominal, pronominal e verbal. Recoñecemento das categorías gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais. 5. As estruturas oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de palabras. Nexos coordinantes máis frecuentes. 6. Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e continuidade do mundo clásico e instrumento privilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas romances. Bloque 2. A historia e evolución da lingua latina. 1. A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas. 2. Latín culto e latín vulgar: lingua de cultura e lingua de comunicación. O proceso de redución morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. A formación das linguas romances. Análise dos procesos de evolución das linguas romances. 3. A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos. Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes. Relación semántica entre palabras dunha mesma raíz latina e evolución fonética diferente. 4. A achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del. Bloque 3. A formación das palabras. 1. Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de lexemas, sufixos e prefixos grecolatinos usados na propia lingua: préstamos, derivación, composición e analoxía como mecanismos de enriquecemento do vocabulario. 2. Definición de palabras a partir dos seus étimos. 3. O vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas terminoloxías específicas. 4. Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas incorporadas á lingua falada e escrita. 5. O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario. Bloque 4. Vías non lingüísticas de transmisión do mundo clásico. 6. O marco xeográfico e histórico da sociedade romana.GallaeciaeorestodaHispania. As vías romanas de Hispania e as grandes vías modernas: medio de difusión dunha civilización uniforme, de unidade polí-

tica e económica e de relación humana. Uso de fontes primarias e secundarias para coñecer o pasado.

1


7. As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio. Relación entre o relixioso e o festivo. Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva sociocultural. Comparación e análise crítica das estruturas sociais e familiares. 8. As pegadas materiais da romanización: o foro e a arquitectura do ocio en relación coa concepción do urbanismo posterior, a importancia do arcoeabóveda na arquitectura posterior. Valoración da conxunción da magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos medios audiovisuais e das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico. Observación directa. 9. Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e visuais. Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en manifestacións culturais de todo tipo e interpretación do seu significado. 10. O papel de Roma na historia de Occidente, o patrimonio arqueolóxico, artístico e literario. Coñecemento especial do herdado en Galicia. 11. Valoración da importancia da lectura de textos da literatura latina de diversidade temática.

CONTIDOS ESPECÍFICOS Acordados polo departamento, relacionando o estudo do latín coa cultura do mundo latino, e do grego (dada a súa influencia nel) LINGUA LATINA: FONÉTICA E GRAMÁTICA -

o o o o o

Os alfabetos: o alfabeto grego e o latino. A orixe do latín: familias lingüísticasO abecedario e a pronunciación do latín. Lectura de textos en latín. O latín como lingua flexiva: xénero, número, caso e flexión verbal. Morfoloxía do nome. As declinacións. Paradigma e características. A primeira declinación. A segunda declinación. A terceira declinación. A cuarta declinación. A quinta declinación.

-

Morfoloxía do verbo: os diversos tempos verbais. A voz pasiva. Os adxectivos de tres terminacións. Os adxectivos da terceira declinación. Os pronomes: demostrativos, posesivos, persoais, relativos... Os grados do adxectivo: comparativo e superlativo. Nexos coordinantes. Análise e tradución de oracións simples. Análise e tradución de oracións coordinadas. Análise e tradución de oracións subordinadas.

-

1


HISTORIA, EVOLUCIÓN DO LATÍN E LÉXICO LATINO

-

Recoñecemento da evolución das consoantes do latín ó castelán. Identificación da evolución de substantivos e adxectivos do latín ó castelán. Evolución dos verbos e demostrativos á nosa lingua. Palabras hereditarias e cultismos. Prefixos e sufixos de orixe latina (completados con prefixos e sufixos de orixe grega.) Latinismos e locucións latinas máis importantes empregados na lingua actual. Summa dicta (máximas latinas) Os campos semánticos do latín aplicados á lingua actual: a ciencia, a tecnoloxía, a relixión, o vocabulario xurídico, os tópicos literarios. XEOGRAFÍA, HISTORIA DE ROMA E VIDA COTIÁ DOS ROMANOS (establecendo comparacións e conexións coas dos gregos)

-

Aspectos básicos da xeografía de Roma. O mito da fundación de Roma e a súa base histórica. A monarquía romana. A República: institucións. A fin da República. O Imperio e a súa evolución histórica. As clases sociais en Roma. A presencia dos romanos en Hispania, influencias que perduran. Comparación da historia de Roma e a historia de Grecia. Puntos de conexión. O patrimonio arqueolóxico romano. Elementos fundamentais da vida cotiá en Roma: educación, familia, dereito, letras e artes, ciencias, arquitectura, exército, as cidades, as casas, sexualidade, ocio... Comparación entre os elementos da vida cotiá de romanos e gregos. Relación entre a vida de romanos, gregos e a da sociedade actual (semellanzas, diferencias.) MITOLOXÍA GRECOLATINA -

O concepto de mito. Mito fronte a razón. A mitoloxía grecolatina: os romanos adoptan os mitos gregos. Interpretacións da mitoloxía : alegórica, sicolóxica, social, simbólica e literaria. A mitoloxía como relixión e celebración. As cosmogonías:

o o o

A primeira xeración de deuses : Caos, Gea, Urano. A segunda xeración de deuses: Cíclopes, Hecatónquiros e Titáns Os deuses do Olimpo. Deuses secundarios (Erinias, Furias, Ninfas, Pan, Dioniso, Morfeo...) 1


-

As relacións entre deuses e entre deuses e humanos. Os romanos e a súa adopción da mitoloxía grega. Deuses específicamente romanos.

Os humanos: -

A creación do home : Prometeo. A creación da muller: Pandora. As idades do home. As relacións entre deuses e humanos. Humanos castigados polos deuses. Os heroes e heroínas clásicos:

Características xerais dos heroes e heroínas clásicos. As historias dos principais heroes clásicos gregos: Aquiles, Ulises, Jasón, Hércules, Teseo, Perseo, Orfeo... Os principais heroes romanos: Rómulo, Remo, Eneas... As historias das principais heroínas clásicas: Atalanta, Antígona, Medea, Ariadna, Casandra, As Amazonas... As principais heroínas romanas. Os seres humanos, castigados polos deuses : Narciso, Midas, Ícaro, Sísifo, Sibila, Tántalo, Sibila, Casandra... Comparación entre os heroes e heroínas gregos e latinos. Animais e monstruos mitolóxicos: -

Pegaso, Cerbero, O Minotauro, As Sereas, As Gorgonas, Esfinxes, Hidras, Centauros... Relacións da mitoloxía grecolatina coa cultura e o arte occidentais.

LITERATURA LATINA (relacionada coa grega, da que deriva.) o o o o o o o

Principais xéneros literarios. Temas e tópicos literarios latinos que se manteñen na literatura occidental. A épica latina. A épica grega como precedente: Homero, A Ilíada e a Odisea. Virxilio, influenciado por Homero. A Eneida.: contexto, estructura, argumento, estilo, temas e personaxes. Conexións da Eneida coa Ilíada e a Odisea (incluimos un breve estudo delas.) A lírica. Características xerais. Horacio, Ovidio, Catulo… Conexións entre a lírica grega e a latina: a influencia de Safo e Alceo.

o o

Sátira e epigrama. Marcial Conexións con Arquíloco 1


o o o o o o o o

O teatro. O teatro greco como predecesor do latino: características. A traxedia e comedia gregas. Principais autores gregos. Características xerais do teatro latino. A comedia: Plauto e Terencio (características e obras) A traxedia: Séneca. Características do teatro grego: locais, temas, ciclos, personaxes. Comparación entre a comedia latina e a grega: Aristófanes. Comparación entre a tragedia grega e a latina: Eurípides, Sófocles e Esquilo. CONTIDOS MÍNIMOS

En certo modo, aínda que reducimos algúns contidos con respecto ós que acabamos de mencionar, os contidos mínimos están relacionados máis ben co grado de dificultade esixido en diversos aspectos. Un exemplo sería o da traducción: un contido xeral sería a traducción de textos sinxelos mentres que un contido mínimo sería a de frases moi básicas. Así incluiriamos neles: LINGUA LATINA: FONÉTICA E GRAMÁTICA

o o o o o

O abecedario e a pronunciación do latín. Lectura de textos en latín. O latín como lingua flexiva: xénero, número, caso e flexión verbal. Morfoloxía do nome. As declinacións. Paradigma e características. A primeira declinación. A segunda declinación. A terceira declinación. A cuarta declinación. A quinta declinación.

-

Morfoloxía do verbo: só o presente de indicativo, o imperfecto de indicativo, pretérito perfecto e futuro imperfecto. Tamén infinitivos e participios. Os adxectivos de tres terminacións. Os adxectivos da terceira declinación. Os pronomes: demostrativos, posesivos, persoais, relativos... Os grados do adxectivo: comparativo e superlativo. Nexos coordinantes. Análise e tradución de oracións simples. Análise e tradución de oracións coordinadas. Nos contidos mínimos de gramática latina non incluímos a voz pasiva, certos tempos verbais nin a tradución de oracións subordinadas, que si entrarían nos contidos xerais. HISTORIA, EVOLUCIÓN DO LATÍN E LÉXICO LATINO

-

Identificación da evolución de substantivos e adxectivos do latín ó castelán. Palabras hereditarias e cultismos. Prefixos e sufixos de orixe latina (completados con prefixos e sufixos de orixe grega.) 1


-

Latinismos e locucións latinas máis importantes empregados na lingua actual. Summa dicta (máximas latinas) Os campos semánticos do latín aplicados á lingua actual: a ciencia, a tecnoloxía, a relixión, o vocabulario xurídico, os tópicos literarios.

XEOGRAFÍA, HISTORIA DE ROMA E VIDA COTIÁ DOS ROMANOS (establecendo comparacións e conexións coas dos gregos)

-

Aspectos básicos da xeografía de Roma. O mito da fundación de Roma e a súa base histórica. A monarquía romana. A República: institucións. A fin da República. O Imperio e a súa evolución histórica. As clases sociais en Roma. Comparación da historia de Roma e a historia de Grecia. Puntos de conexión. Elementos fundamentais da vida cotiá en Roma: educación, familia, dereito, letras e artes, ciencias, arquitectura, exército, as cidades, as casas, sexualidade, ocio... Comparación entre os elementos da vida cotiá de romanos e gregos. Relación entre a vida de romanos, gregos e a da sociedade actual (semellanzas, diferencias.)

MITOLOXÍA GRECOLATINA Dado que a mitoloxía supón un bloque de estudio sinxelo e ameno para os estudantes, e dada a súa importancia para o análise da literatura, as artes en xeral e a comprensión da mentalidade do mundo clásico e mesmo actual, consideramos que os contidos mínimos coinciden cos antes expostos. -

O concepto de mito. Mito fronte a razón. A mitoloxía grecolatina: os romanos adoptan os mitos gregos. Interpretacións da mitoloxía : alegórica, sicolóxica, social, simbólica e literaria. A mitoloxía como relixión e celebración. As cosmogonías:

o o o -

A primeira xeración de deuses : Caos, Gea, Urano. A segunda xeración de deuses: Cíclopes, Hecatónquiros e Titáns Os deuses do Olimpo. Deuses secundarios (Erinias, Furias, Ninfas, Pan, Dioniso, Morfeo...) As relacións entre deuses e entre deuses e humanos. Os romanos e a súa adopción da mitoloxía grega. Deuses específicamente romanos.

Os humanos: 1


-

A creación do home : Prometeo. A creación da muller: Pandora. As idades do home. As relacións entre deuses e humanos. Humanos castigados polos deuses. Os heroes e heroínas clásicos:

Características xerais dos heroes e heroínas clásicos. As historias dos principais heroes clásicos gregos: Aquiles, Ulises, Jasón, Hércules, Teseo, Perseo, Orfeo... Os principais heroes romanos: Rómulo, Remo, Eneas... As historias das principais heroínas clásicas: Atalanta, Antígona, Medea, Ariadna, Casandra, As Amazonas... As principais heroínas romanas. Os seres humanos, castigados polos deuses : Narciso, Midas, Ícaro, Sísifo, Sibila, Tántalo, Sibila, Casandra... Comparación entre os heroes e heroínas gregos e latinos. Animais e monstruos mitolóxicos: -

Pegaso, Cerbero, O Minotauro, As Sereas, As Gorgonas, Esfinxes, Hidras, Centauros... Relacións da mitoloxía grecolatina coa cultura e o arte occidentais. LITERATURA LATINA (relacionada coa grega, da que deriva.)

o o o o

Principais xéneros literarios latinos. Temas e tópicos literarios latinos que se manteñen na literatura occidental. A épica latina A épica grega como precedente: Homero, A Ilíada e a Odisea. Virxilio, influenciado por Homero. A Eneida.: contexto, estructura, argumento, estilo, temas e personaxes. Conexións da Eneida coa Ilíada e a Odisea (incluimos un breve estudo delas.)

o o o

A lírica. Características xerais. Conexións entre a lírica grega e a latina: a influencia de Safo e Alceo. Horacio, Ovidio, Catulo…

o

Sátira e epigrama. Marcial

o o o o o o

O teatro. O teatro greco como predecesor do latino: características. A traxedia e comedia gregas. Principais autores gregos Características xerais do teatro latino. A comedia: Plauto e Terencio (características e obras) A traxedia: Séneca. Comparación entre a comedia latina e a grega: Aristófanes. 1


Comparación entre a tragedia grega e a latina: Eurípides, Sófocles e Esquilo.

o

Os contidos mínimos de literatura pasarían por analizar textos literarios sinxelos, a diferencia dos contidos xerais que xa permitirían textos cun pouco máis de dificultade e unha análise máis profunda.

PROCEDEMENTOS Lingua latina -

Familiarizar ó alumnado con distintos tipos de escritura.

-

Elaborar un esquema sobre os tipos de linguas partindo da súa orixe.

-

Clasificar as linguas a partir das súas características xerais.

-

Ler textos en latín empregando a fonética latina.

Identificar os principais prefixos e sufixos latinos e gregos en palabras (tanto galegas como casteláns) explicando ademais o seu significado. -

Construir palabras empregando prefixos e sufixos gregos e latinos.

Explicar o significado de cultismos de orixe latina, pertencentes a diversas materias ( política, mundo xudicial ...) -

Facer exercicios, simples, empregando as declinacións e o léxico latino. -

Tralo estudo da gramática latina, analizar e traducir textos sinxelos do latín ó castelán ou o galego.

-

Traducir frases sinxelas do castelán ó latín.

-

Reflexionar mediante exercicios sobre os fenómenos de evolución de palabras, do latín ás linguas romances.

Mitoloxía -

Explicar o concepto de mito e as súas posibles interpretacións.

-

Sinalar as características xerais dos deuses e deusas usando exemplos.

-

Elaborar un esquema xenealóxico das distintas xeracións de deuses.

Identificar, en debuxos dados, os diferentes deuses e deusas olímpicos, co nome grego e latino, indicando a súa función e principal cualidade. -

Establecer, en exercicios, relacións entre os distintos deuses.

Explicar a orixe do home e da muller segundo a mitoloxía grecolatina, facendo ademais unha interpretación crítica. 1


Comparar a orixe dos humanos relatada, coa de outras mitoloxías, buscando puntos en común e diverxencias. -

Leer textos baseados en historias mitolóxicas gregas.

Buscar nas diversas artes (literatura, pintura e música) personaxes e historias mitolóxicas e analizar esas expresións artísticas en relación ó mito que representan. Elaborar un esquema cos principais heroes e heroinas clásicos, sinalando as súas cualidades fundamentais. -

Identificar eses heroes e heroinas en definicións e debuxos dados.

-

Sinalar semellanzas e diferencias co concepto de heroe actual, poñendo exemplos.

-

Explicar, de xeito reflexivo, a historia e os castigos de certos personaxes gregos.

-

Identificar e debuxar monstruos da mitoloxía grega, indicando as súas características.

Explicar o significado de palabras e expresións lingüísticas habituais, baseadas na mitoloxía. Historia de Roma e vida cotiá (conectada coa de Grecia) Esquematizar as características das distintas clases sociais no mundo romano e as relacións entre elas. -

Analizar as condicións de vida da muller na sociedade romana.

-

Resumir os principais aspectos relativos á educación e o traballo en Roma.

-

Esquematizar os rasgos e relacións das clases sociais en Roma.

-

Analizar as condicións de vida da muller romana, comparándoa coa actual.

-

Resumir aspectos relacionados coa educación, a economía e o traballo en Roma.

-

Debuxar unha casa romana, nomeando as súas partes.

Sinalar as características do exército romano e identificar, en debuxos, as súas armas, explicando a función que tiñan. Describir as principais construccións arquitectónicas e técnicas inventadas polos romanos, explicando a súa función. Buscar información sobre os principais enclaves arqueolóxicos e monumentos romanos e gregos coñecidos. -

Describir os principais xogos celebrados no circo romano, incluindo exemplos.

-

Explicar en qué consiste o dereito romano e como influiu no dereito actual. 1


-

Visionar documentais relacionados con calquera aspecto do mundo grego e romano.

-

Relacionar os rasgos da sociedade romana cos da grega.

Falar do significado do deporte en Grecia. Describir as probas habituais nos xogos olímpicos, incluindo debuxos ilustrativos. Comparar esas probas olímpicas coas actuais. -

Comparar esta e outras formas de ocio en Grecia coas de Roma.

-

Relacionar os rasgos da sociedade romana cos da sociedade actual. Literatura -Analizar os principais xéneros literarios e a súa orixe e rasgos no mundo clásico.

-

Esquema das características da épica, e da Eneida.

-

Rastrear influencias da Eneida, Odisea e a Ilíada noutras artes e épocas.

Comparar entre a obra épica de Virxilio (Eneida) e as de Homero (iso implica coñecer e analizar de xeito resumido a Ilíada e a Odisea: argumento, personaxes, estilo.) Alceo.

Ler e análizar poemas de Catulo, Horacio e Virxilio. Buscar neles influencias de Safo e

-

Comentar literariamente poemas de Safo, Píndaro e Arquíloco.

Aclarar a relación entre a mitoloxía e As metamorfosis de Ovidio, lendo ademais fragmentos desa obra. -

Comentar fragmentos doutras obras de Ovidio: Ars amandi, Heroidas.

-

Comparar a comedia romana coa grega : Plauto e Terencio con Aristófanes-

-

Comparar a traxedia romana coa grega : Séneca con Eurípides, Sófocles e Esquilo.

Facer esquemas que relacionen ós personaxes de cada obra indicando as súas principais cualidades. Clasificar os tipos de poesía lírica grega e latina falando un pouco dos seus autores máis representativos. -

Establecer comparación coa poesía lírica doutras épocas.

Sinalar a influencia e características do teatro no mundo romano : locais función social, público, actores... e comparalo coas do teatro grego. -

Debuxar un teatro grego e nomear as súas principais partes

-

Establecer a diferencia entre traxedia e comedia e sinalar as súas características. 2


Resumir os argumentos dalgunhas traxedias latinas e gregas, e identificar os seus protagonistas e os elementos estructurais que se repiten. Explicar os rasgos xerais da comedia latina e grega, e falar sobre Aristófanes e algunha obra súa. Resumir os argumentos dalgunhas traxedias latinas e gregas, comparalos e identificar os seus protagonistas e os elementos estructurais que se repiten. Explicar os rasgos xerais da comedia latina e grega, comparándoas e facendoo tamén con respecto ás actuais. Explicar os rasgos xerais da traxedia latina e grega, comparándoas e facendoo tamén con respecto ás actuais.

ACTITUDES Amosar interese pola cultura grecolatina nas súas diferentes manifestacións: literarias, históricas, artísticas, científicas, lingüísticas... Superar criterios económicos e practicistas, tan típicos dunha sociedade deshumanizada, demostrando a valoración dos aspectos humanísticos. culturas.

Criticar e eliminar prexuizos relacionados cos aspectos positivos doutras épocas e

-

Demostrar interese por ampliar a propia visión do mundo.

Utilizar os coñecementos do mundo clásico para comparalos co mundo actual, valorando os aspectos positivos, e cuestionando os negativos, pasados e presentes. Entender que o coñecemento é algo global, integrador, e non un conxunto de compartimentos estancos. Amosar atención en clase, comportamento correcto e esforzo na elaboración das tarefas asignadas. METODOLOXÍA A metodoloxía combina a exposición teórica cos exercicios prácticos, a lectura e análise de textos con elementos audiovisuais: películas, documentais, traballos en power point. Procuramos expoñer temas dos distintos bloques, alternandoos para que o seu estudio resulte máis ameno e doado. Tamén procuramos que o alumnado participe e traballe tanto individualmente como en grupo, realizando exercicios, traballos, preguntas e exames.

2


MATERIAL UTILIZADO O profesor ou profesora empregará diversos tipos de materiais: fotocopias, esquemas, debuxos, carteis, obras literarias e libros especializados no mundo clásico. Engade ademais diccionarios de mitoloxía, de latín e de grego, e ocasionalmente, exercicios e traballos elaborados coas TIC. Conta tamén con material audiovisual como películas baseadas en obras literarias grecolatinas: Troya (na Iliada) A odisea, Jasón e os argonautas (nas Argonáuticas) ) ou en aspectos históricos, Espartaco, Julio César, Cleopatra, Alejandro Magno , Roma... e algúns documentais sobre Roma e Grecia clásicas. Pódese engadir información extraída de internet, de enciclopedias e mesmo sería interesante a asistencia a algunha obra de teatro clásico grego ou latino, cousa que xa se conseguiu en máis dunha ocasión.

SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS Dada a variedade de contidos e bloques desta materia non resulta sinxelo facer unha temporalización. Procuramos incluir elementos de cada bloque en cada avaliación para facela máis amena e variada. Así distribuimos en cada unha do seguinte xeito: 1ª Avaliación Mitoloxía: os deuses gregos e os deuses latinos. Sociedade e vida cotiá de Roma e Grecia: as clases sociais, a muller, o deporte, a arquitectura romana. Literatura: a épica: Virxilio e Homero (A Eneida, A Iliada e A Odisea) Lingua: os alfabetos, as familias lingüísticas, a do latín. A primeira e segunda declinación. Os adxectivos en latín O presente e pretérito imperfecto de indicativo dos verbos regulares. O presente e pretérito imperfecto de indicativo do verbo ser. Adquisición de léxico latino. Summa dicta. 2ª avaliación Mitoloxía: heroes e heroínas. Xeografía e historia de Roma: monarquía e república. Relación cos sistemas gregos e coa historia de Grecia. Literatura: O teatro latino (traxedia e comedia: Plauto, Terencio e Séneca) Relación co teatro grego (Eurípides, Sófocles, Esquilo, Aristófanes. Lingua: terceira e cuarta declinación. O pretérito perfecto en latín. Os grados do adxectivo en latín. Preposicións e conxuncións. O vocabulario latino no galego e no castelán. Fenómenos de evolución de palabras do latín ás línguas romances. Léxico e summa dicta 2


3ª Avaliación Mitoloxía: humanos castigados polos deuses, monstruos e híbridos. Xeografía e historia de Roma: triunviratos, guerras, o imperio romano. Influencia de Roma na sociedade occidental. A sociedade romana e a vida cotiá. Lingua: a quinta declinación. O furturo imperfecto dos verbos regulares e do verbo ser. Infinitivos e participios. Os pronomes en latín. Léxico e summa dicta. Literatura: a lírica (Ovidio, Catulo, Horacio, e a súa relación con Safo e Alceo.) A oratoria latina. Esta secuenciación pode sufrir modificacións por cuestión de tempo ou características do grupo de alumnos.

CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de resumilos, aspectos históricos ou culturais. Este criterio pretende verificar a capacidade de comprender o contido dun texto, identificar acontecementos, personaxes e aspectos da civilización romana, e relacionar os datos do texto con referentes actuais. 2. Distinguir nas diversas manifestacións literarias e artísticas de todos os tempos a mitoloxía clásica como fonte de inspiración e recoñecer no patrimonio arqueolóxico as pegadas da romanización. Este criterio trata de comprobar se se identifican os principais elementos da mitoloxía clásicaeopatrimonio arqueolóxico romano en diversos contextos expresivos, textos literarios e iconografía de calquera tipo, se se comprende o seu significado específico e se se advirte o seu valor como fonte de inspiración. 3. Aplicar as regras básicas de evolución fonética a étimos latinos que dean orixe a termos romances do vocabulario habitual e establecer a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. Con este criterio preténdese avaliar a capacidade para utilizar os mecanismos de evolución fonética e analizar as diferenzas de significado entre palabras dunha mesma orixe. 4.Identificar compoñentes de orixe grecolatina en palabras da linguaxe cotiá e no vocabulario específico das ciencias e da técnica, e explicar o seu sentido etimolóxico. Este criterio trata de comprobar a capacidade de recoñecer os formantes gregos e latinos en diferentes contextos lingüísticos e producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos.

2


5. Recoñecer latinismos e locucións usuais de orixe latina incorporadas ás linguas coñecidas polo alumno e explicar o seu significado en expresións orais e escritas. Este criterio pretende verificar se o alumnado identifica e comprende as expresións latinas integradas nas linguas modernas e se é capaz de utilizalas de xeito coherente. 6. Recoñecer os elementos morfolóxicos e as estruturas sintácticas elementais da lingua latina e comparalos cos da propia lingua. Con este criterio trátase de constatar a compresión do funcionamento básico da lingua latina e a capacidade de establecer analoxías e diferenzas con elementos e estruturas da súa propia lingua. 7. Traducir textos breves e sinxelos e producir, mediante retroversión, oracións simples utilizando as estruturas propias da lingua latina. Este criterio intenta comprobar se as alumnas e os alumnos asimilaron as estruturas morfolóxicas e sintácticas elementais da lingua latina e se son capaces de recoñecelas para realizaren traducións directas ou inversas de textos elaborados de escasa dificultade. 8. Manexar recursos que lle permitan ao alumnado elaborar, guiado polo profesorado, un traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a historia, as institucións, ou a vida cotiá en Roma. Este criterio quere comprobar se o alumnado é quen de buscar información en fontes e formatos diversos, seleccionala, organizala e, despois da elaboración dun texto, expresala con orde, coherencia e cohesión.

CRITERIOS ESPECÍFICOS DE AVALIACIÓN O profesor valorará en que medida o alumno: Coñece a mitoloxía grecolatina e percibe a súa influencia nas artes, nos conceptos e nas expresións lingüísticas posteriores. É capaz de identificar ós principais deuses, heroes, heroínas e monstruos mitolóxicos, e narrar de xeito comprensivo e crítico as súas historias. Logra profundizar nos significados simbólicos da mitoloxía grecolatina e nos valores que representa. -

Clasifica os distintos tipos de linguas segundo a súa xenealoxía e as súas características.

-

Manexa o alfabeto latino e le axeitadamente textos en latín.

-

Aprendeu rasgos básicos da gramática latina: declinacións, verbos, pronomes...

Identifica no galego e no castelán prefixos e sufixos latinos e gregos, usándoos para explicar o significado das palabras. -

Domina vocablos gregos e latinos (cultismos) relacionados con diversas materias.

-

Logra traducir correctamente frases e textos sinxelos escritos en latín. 2


-

Logra construir frases sinxelas en latín de xeito correcto.

-

Coñece o mapa da Grecia e a Roma clásicas.

Identifica, explica e relaciona as diferentes etapas da historia de Grecia e da de Roma, cos seus diversos sistemas políticos, feitos e personaxes destacados. Reflexiona documentada e críticamente sobre as clases sociais e a situación da muller no mundo clásico, establecendo ademais comparacións co mundo actual. Domina cuestións relacionadas coas principais formas de ocio no mundo romano (circo, banquetes, termas) e grego (deporte, teatro.) E interioriza información sobre aspectos legais, filosóficos e técnicos da cultura clásica. -

Identifica os principais rasgos nas artes clásicas e a súa influencia nas occidentais.

-

Adquiriu información sobre os diferentes xéneros literarios.

obras.

Coñece ós principais escritores latinos e gregos (dada a súa influencia neles) e as súas

-

Interpreta e comenta fragmentos seleccionados desas obras literarias.

-

Percibe a influencia da literatura e da mitoloxía grecolatina na literatura occidental.

Mostra interese pola materia, realizando os traballos que se lle solicitan e superando as probas propostas durante o curso. -

Colabora cos seus compañeiros nas tarefas comúns e no bo desenvolvemento da clase.

Adopta unha actitude correcta e respetuosa cos compañeiros, co profesor e co material existente. Demostra unha mente aberta e disposta a coñecer o pasado clásico, e a reflexionar críticamente sobre el, buscando a comparación e as influencias na nosa cultura. Supera os prexuizos sociais existentes cara a cultura clásica en particular e as humanidades en xeral. Consideramos que as cuestións actitudinais son importantes dentro dos criterios de avaliación. Para aprobar a materia, ademais de acadar os contidos mínimos e desenvolver as capacidades necesarias, o alumnado debe manter un comportamento correcto, e demostrar esforzo e interese cara a materia.

SECUENCIACIÓN DA AVALIACIÓN Realizaranse dous exames por avaliación, dos que se fará media sempre que se chegue ó catro en cada un, para evitar o abandono de certos bloques de contidos. As calificacións coincidirán coas tres avaliacións oficiais.

2


Resulta difícil secuenciar todos os elementos de avaliación porque algúns dos expostos, tanto intelectuais como actitudinais, deben ser avaliados durante todo o curso, buscando un mantemento ou unha mellora progresiva. Outros si poden secuenciarse, coincidindo en boa medida esta temporalización coa realizada nos contidos. Así, o profesor ou profesora comprobará en qué medida o alumnado: 1ª Avaliación Adquiriu coñecementos de mitoloxía sobre: cosmogonías, os deuses gregos, as relacións cos humanos. Coñece e analiza aspectos da sociedade e vida cotiá de Roma e Grecia: as clases sociais, a muller, o deporte... Coñece e interpreta a épica latina e grega: Virxilio (A Eneida, Homero (A Iliada e A Odisea), Apolonio de Rodas (As argonáuticas.) Aprendeu cuestións de lingua: os alfabetos, as familias lingüísticas, as estructuras do grego e do latín, vocabulario, a primeira e segunda declinación e certos tempos verbais. Traducción de frases sinxelas. 2ª avaliación

-

- Adquiriu coñecementos de mitoloxía sobre: heroes e heroínas. - Coñece e analiza parte da xeografía e historia de Roma e Grecia. - Coñece e analiza o teatro latino e grego (traxedia e comedia) - Aprendeu vocabulario grecolatino e o identifica no galego e no castelán. - Coñece a terceira declinación e certos tempos verbais xa mencionados. Tamén os grados do adxectivo e preposicións e conxuncións latinas. Traducción de frases e textos sinxelos. 3ª Avaliación

Adquiriu coñecementos de mitoloxía sobre: humanos castigados polos deuses, monstruos e híbridos. Coñece e analiza a segunda parte da xeografía e historia de Roma e Grecia. Coñece e analiza aspectos da sociedade e vida cotiá da sociedade romana. Coñece e interpreta a lírica latina, en relación á grega Coñece a oratoria latina. Coñece a quinta declinación, os pronomes latinos e certos tempos verbais. Amplía o vocabulario latino. Traduce frases e textos sinxelos.

INSTRUMENTOS E MÉTODO DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN O método de avaliación combina exames, exercicios, algún traballo e a observación do esforzo e actitude diarios. Plantexaremos como nota fundamental (80%) a obtida en dous exames por avaliación, nos que combinaremos contidos dos distintos bloques. A calificación obtida procederá da media deses dous exames, debendo chegar como mínimo ó catro en cada un deles para 2


que se faga esa media. A razón desta esixencia é evitar que o alumno/a se concentre só na parte da asignatura que lle gusta e deixe de estudiar aqueles bloques que o atraen menos. A esa calificación sumaremos notas de exercicios e traballos propostos en clase, e a actitude e esforzo mostrados no curso (20%) Consideramos que as cuestións actitudinais son importantes dentro dos criterios de avaliación. Para aprobar a materia, ademais de acadar os contidos mínimos e desenvolver as capacidades necesarias, o alumnado debe manter un comportamento correcto, e demostrar esforzo e interese cara a materia. No caso de abandono de materia (ausencia reiterada de exames, non presentar os traballos ou exercicios solicitados de xeito reiterado, non contestar correctamente nos exames a máis dunha pregunta...) manteranse os criterios establecidos no RRI do centro.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E RECUPERACIÓN Dado que o alumnado non ten coñecementos desta materia de cursos anteriores, deberemos empezar de cero e ir avanzando de xeito progresivo. Para aqueles alumnos que presenten dificultades, o profesorado plantexará a esixencia de contidos mínimos e se é necesario, follas con exercicios que incidan nas partes de máis dificultade. Dado que a asignatura está plantexada para 4º de ESO non é posible que queden alumnos con ela pendente. No caso de que algún ano se dese tamén en 3º o criterio e método de avaliación para alumnos pendentes sería a combinación da nota obtida en exercicios e traballos plantexados ó alumno durante o curso coa calificación obtida no exame oficial. Aqueles alumnos ós que lles quede a materia para setembro deberán presentarse ó exame oficial e superar os contidos mínimos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Entre as actividades complementarias están a asistencia a unha obra de teatro clásico grecolatino, cando iso sexa posible. Tamén a proxección de películas baseadas na mitoloxía grega ou na historia de Grecia e Roma. Ademais os alumnos participan en xogos relacionados coa mitoloxía, deseñados pola propia profesora en colaboración co departamento de actividades extraescolares.

2


A CONEXIÓN CO PLAN LECTOR Realízase a través de lecturas de fragmentos e obras literarias grecolatinas ás que os alumnos acceden na propia biblioteca do instituto. Tamén buscando lecturas do mundo clásico que encaixen co tema do mes elixido polo centro. Desde a perspectiva literaria, histórica, mitolóxica, vida cotiá, sociedade... No ciclo de cine e literatura plantexado cada ano desde a biblioteca pódese incluir algunha película relacionada coa literatura e mitoloxía clásicas.

RELACIÓN CO PLAN TIC A materia conecta co plan TIC mediante as proxeccións de películas e documentais, que precisan de tecnoloxía audiovisual. Tamén se emprega o ordenador e internet na elaboración de traballos e apuntes. Ademais, existen exercicios en páxinas de internet, relacionados coa mitoloxía e outros aspectos da cultura grecolatina. Os alumnos acoden nalgunha ocasión a facelos, dependendo do tempo e disponibilidade de ordenadores.

2


Programación de Latín