Issuu on Google+

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

IES de BARRO Rúa Outeiro 9 D 36194 Barro Tfno 986 711 522 - Fax 986 711 502 ies.barro@edu.xunta.es

Programación da área CURSO 2011-2012 DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Compoñemtes do Departamento: Susana Rodríguez Pons (Xefa de departamento) Mª Jesús Toimil Criado.

1


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

ÍNDICE

1. PRESENTACIÓN: ASPECTOS DIDÁCTICOS Y METODOLÓXICOS. 2. COMPETENCIAS. 3. OBXECTIVOS XERAIS. 4. CONTIDOS. 5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 6. MATERIAIS E RECURSOS 7. TEMPORALIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS. 8. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ACTIVIDADES, REFORZO E AMPLIACIÓN. 9. PROXECTO LECTOR 10. PLAN TIC 11. TRATAMENTO DOS TEMAS TRANSVERSAIS. 12. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 13. PROGRAMACIÓN DE AULA, BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

2


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

1. PRESENTACIÓN: ASPECTOS DIDÁCTICOS Y METODOLÓXICOS. Os elementos que constitúen e conforman o presente proxecto, proceden da práctica docente dos autores no ciclo da ESO a que van destinados. Por esta razón, este proxecto resulta acorde co desenvolvemento psicoevolutivo dos/as alumnos/as desta idade e coas súas circunstancias diversas. Así pois, a secuenciación de contidos realizouse tendo presente a lóxica da área, a proposta oficial do currículo, o nivel de maduración psicolóxica dos/as alumnos/as e a complexidade crecente de contidos desde o inicio da etapa. Outras variables que tamén se consideraron para realizar esta secuenciación foron: ♦ A reflexión sobre os aspectos sociais, para avaliar a súa importancia, como condicionantes das características que teñen as Ciencias Naturais no noso contorno cultural. ♦ O desenvolvemento da capacidade de abstracción que está relacionado co momento da evolución na aprendizaxe no que se atopa o alumnado. Por isto tratamos desde aspectos descritivos e funcionais sinxelos deica reflexións sobre cambios materiais e enerxéticos no contorno. Organìzase en unidades didácticas baseadas en Qué e Cómo aprender, así como en Qué e Cómo avaliar mediante o desenvolvemento do currículo: ♦

Obxectivos didácticos.

Contidos.

Actividades de apoio, interactivas e de ensinanza-aprendizaxe.

Criterios de avaliación.

Nas unidades didácticas pretendemos interrelacionar os contidos do curriculum, os temas transversais e conexións da Bioloxía e a Xeoloxía con outras áreas, como Matemáticas, Lingua... para facilitar o desenvolvemento do Proxecto curricular de etapa. Para realiza-lo noso traballo seguímo-los seguintes principios metodolóxicos: participación activa do alumno/a no proceso de aprendizaxe, formación práctica e profesional de base, atención á diversidade mediante un proceso de ensinanza individualizada e as posibles adaptacións curriculares que sexan necesarias para cada situación, co fin de acadar aprendizaxes significativas e responder ó principio. É dicir, pretendemos que os alumnos/as relacionen os novos conceptos que incorporan ó corpo dos seus coñecementos entre si e cos que anteriormente posuían. É fundamental que os/as alumnos/as traballen en equipo, para que asimilen con naturalidade algunhas actitudes que son importantes para a integración social coma para un posible traballo futuro, xa sexa científico ou de calquera outra índole. As actividades experimentais propostas para ser realizadas no laboratorio escolar son un bo procedemento para acadar este propósito.

3


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

2. COMPETENCIAS • Competencia en comunicación lingüística Comunicación é a habilidade para expresar e interpretar pensamentos, sentimentos e feitos tanto de forma oral coma escrita (escoitar, falar, ler e escribir), así como para interactuar lingüisticamente de forma apropiada nunha ampla gama de contextos sociais e culturais: educación e formación, traballo, fogar e lecer. • Competencia matemática Consiste na habilidade para utilizar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e mais as formas de expresión e razoamento matemático tanto para producir e interpretar distintos tipos de información coma para ampliar o coñecemento sobre aspectos da realidade, así como para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e co mundo laboral. • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico É a habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais coma nos xerados polo home, de modo que posibilite a comprensión de sucesos, predición de consecuencias e mellora das condicións de vida propia, das demais persoas e do resto dos seres vivos. Incorpora habilidades para desenvolverse adecuadamente, con autonomía e iniciativa persoal, en ámbitos da vida moi diversos (saúde, actividade produtiva, consumo, ciencia, procesos tecnolóxicos, etc.) e para interpretar o mundo, o que esixe a aplicación de conceptos e principios básicos que permiten a análise dos fenómenos desde os diferentes campos do coñecemento científico. • Tratamento da información e competencia dixital A competencia dixital implica o uso confiado e crítico dos medios electrónicos para o traballo, lecer e comunicación. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse. • Competencia social e cidadá Esta competencia fai posible comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora. Nela están integrados coñecementos diversos e habilidades que permiten participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións e decisións adoptadas. Globalmente supón utilizar, o coñecemento sobre a evolución e organización das sociedades e sobre os valores do sistema democrático, así como utilizar o xuízo moral para tomar decisións e exercer responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía. • Competencia cultural e artística Esta competencia supón coñecer, comprender, e valorar criticamente as manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de enriquecemento e consideralas como parte do patrimonio dos pobos. Apreciar o feito cultural en xeral, e o feito artístico en particular, leva implícito dispoñer daquelas habilidades e actitudes que permitan acceder ás súas distintas manifestacións, así como tamén de habilidades de pensamento, perceptivas e comunicativas, e de sensibilidade e sentido estético, para poder comprendelas, valoralas, emocionarse e gozar delas. • Competencia para aprender a aprender Aprender a aprender supón dispoñer de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez máis eficaz e autónoma de acordo cos propios obxectivos e necesidades. Comprende a disposición e habilidade para organizar e regular a propia aprendizaxe individualmente e en grupo. Inclúe a habilidade de organizar o tempo propio de forma efectiva e de resolver problemas, así como de adquirir, procesar, avaliar e asimilar coñecementos novos e aplicalos en diversos contextos. • Autonomía e iniciativa persoal A autonomía e a iniciativa persoal supoñen ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

4


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

3. OBXECTIVOS XERAIS A finalidade da Educación Secundaria Obrigatoria é lograr que os alumnos e as alumnas adquiran os elementos básicos da cultura –especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico–, desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo e de traballo, preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.

3.1 OBXECTIVOS DA ETAPA A Educación Secundaria Obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado estas capacidades: a) Asumir responsablemente os seus deberes; coñecer e exercer os seus dereitos no respecto aos demais; practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos; exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural; e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres. d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos. e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente nas da información e da comunicación. f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia. g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmos, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e mais a capacidade para aprender a aprender, a planificar, a tomar decisións e a asumir responsabilidades. h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e na lingua galega, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, lectura e estudo da literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e historia propias e dos demais, así como o patrimonio artístico e cultural. m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio natural, contribuíndo á súa conservación e mellora. n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación. ñ) Coñecer e valorar os trazos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

5


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

3.2 OBXECTIVOS DA ÁREA DE CIENCIAS NATURAIS A ensinanza das Ciencias da Natureza na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria terá como obxectivo contribuír a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as capacidades seguintes: ♦

Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global.

Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, etc. con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos.

Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente, así como para contrastar as opinións persoais.

Iniciar o alumno/a no coñecemento e aplicación do método científico e entender a Ciencia como algo integrado que se compartimenta en distintas materias para poder afondar nos diferentes aspectos da realidade.

Utilizar de forma autónoma diferentes fontes de información, incluídas as novas tecnoloxías da información e da comunicación, co fin de avaliar o seu contido e adoptar actitudes persoais críticas sobre cuestións científicas e tecnolóxicas.

Adquirir coñecementos sobre o funcionamento do organismo humano para desenvolver e afianzar hábitos de coidado e saúde corporal e unha actitude crítica ante o consumo de drogas.

Aplicar os coñecementos adquiridos nas Ciencias da Natureza para gozar do medio natural, valorándoo e participando na súa conservación e mellora.

Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade, facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de enfermidades.

Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e globais aos cales nos enfrontamos.

Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.

Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida.

Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario.

6


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

4.1 – CONTIDOS ESO 1º nivel Bloque 1. Contidos comúns. * Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a identificación de situacións problema, discusión do seu interese, recoñecemento de hipóteses, experimentación etc., para comprender os fenómenos naturais e resolver os problemas que presenta o seu estudo. * Utilización da experimentación para coñecer mellor os fenómenos naturais e formular suposicións sobre a súa evolución. * Utilización dos medios de comunicación e das tecnoloxías da información para seleccionar información sobre a natureza. * Identificación de datos e feitos científicos sobre a natureza e utilización desa información para coñecela. * Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e a súa evolución histórica para comprender mellor os argumentos que facilitan a toma de decisións sobre situacións sociais e individuais. * Utilización coidadosa dos materiais e instrumentos básicos da experimentación e coñecemento das medidasde seguridade. Bloque 2. A Terra no Universo. O Universo e o sistema solar. * Identificación dos elementos do sistema solar. * Coñecemento e explicación das características da Terra como planeta. A súa orixe. * Análise das periodicidades nos calendarios, interpretando movementos e posicións no sistema sol-terra-lúa. * Interpretación, coa axuda de modelos sinxelos, dos fenómenos relacionados cos movementos da Terra: o día e a noite, o ano, as estacións, as fases lunares e as eclipses. * Coñecemento da evolución histórica das concepcións sobre a situación da Terra no Universo: xeocentrismo, heliocentrismo e como parte da Vía Láctea. A materia no Universo. * Realización de experiencias sinxelas para identificar e medir directa e indirectamente as propiedades xerais da materia en diferentes estados. * Identificación da densidade como propiedade característica das substancias. Utilización, en situacións habituais para diferenciar materiais. * Identificación de cambios de estado. Determinación experimental das temperaturas de fusión e de ebulición dunha substancia pura. Representación gráfica da relación entre a temperatura e o cambio de estado. * Emprego do modelo cinético para interpretar os estados da materia, as dilatacións, os cambios de estado. * Procura de información e comparación entre a composición de materiais e a súa utilización na vida cotiá. * Utilización experimental dalgunhas técnicas sinxelas de separación de substancias en mesturas Bloque 3. Materiais terrestres: atmosfera, hidrosfera e xeosfera. * Explicación dos factores que condicionan o tempo atmosférico establecendo a relación entre tempo e clima. * Interpretación de mapas de clima sinxelos. * Uso de instrumentos para medir variables ambientais (temperatura, presión atmosférica, humidade do aire, dirección do vento). * Identificación dos compoñentes da atmosfera e as súas propiedades. * Breve aproximación descritiva á estrutura vertical da atmosfera. * Recoñecemento do seu papel protector e a súa relación cos seres vivos * Valoración da influencia da actividade humana sobre a atmosfera e repercusións na saúde. * Recoñecemento do importante papel da auga no clima, así como na paisaxe e nos seres vivos. * O ciclo da auga, percorrido na natureza e a súa incidencia no medio. Intervención humana nese ciclo. * Realización de experiencias sinxelas que axuden a comprender a contaminación da auga e os procesos de depuración e potabilización da auga. * Análise da distribución da auga e valoración da importancia da auga doce como recurso. * Caracterización das rochas máis importantes en Galicia e dos minerais que as compoñen; posterior observación e identificación cunha pequena análise da súa formación. * Aproximación descritiva ao modelo en capas e dinámico do interior da Terra.

7


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Bloque 4. A vida na Terra: os seres vivos. * Os seres vivos e a súa diversidade. * Identificación dos requisitos necesarios para a vida. * Descrición das características que definen os seres vivos: as funcións vitais.* Identificación dos seres unicelulares e pluricelulares e utilización da lupa para proceder á súa observación. * Recoñecemento da biodiversidade e a clasificación dos seres vivos nos cinco reinos. * Observacións de organismos característicos de cada un dos reinos prestando especial atención aos principais grupos do reino vexetal e animal. * Utilización de claves dicotómicas sinxelas para a súa clasificación. * Observación dos fósiles para medir a biodiversidade do pasado e indicadores de evolución. * Razóns da importancia da biodiversidade e a súa valoración como un patrimonio natural. * Elaboración de informes sobre algunha especie en perigo de extinción ou dalgún espazo protexido próximo e formulación de propostas para contribuír á súa conservación.

4.1 – CONTIDOS MÍNIMOS - 1º nivel, seguindo a distribución de contidos do libro de texto: Unidade 1. O Universo e o Sistema Solar • Concepción, compoñentes e orixe do Universo. • O Sistema Solar, astros que o compoñen, características dos planetas, movementos. • Esquemas, imaxes do Sistema Solar, os seus compoñentes, características e movementos. Unidade 2. O planeta Terra • A Terra: características, movementos e formas de relevo. • A Terra e a Lúa: fases lunares, eclipses e mareas. • Valoración o noso planeta polas súas características únicas no Sistema Solar. Unidade 3. Os seres vivos • Os seres vivos, características, funcións vitais e composición. • A célula, estrutura, tipos e funcións. • Os cinco reinos. Aplicación de criterios para a clasificación de diversos seres vivos. Unidade 4. Moneras, Protistas, Fungos e Plantas • O reino Moneras, as súas características principais, estrutura e ciclo vital. • As plantas, definición do reino, características comúns e clasificación. • As partes das plantas: raíz, talo e follas. Estruturas e funcións. • A nutrición, a relación e a reprodución das plantas. Unidade 5. Os animais invertebrados • Características de estrutura, organización e función dos invertebrados. • Diversidade dos invertebrados: grupos máis importantes e as súas características. • Aplicación de criterios para clasificar os invertebrados. Unidade 6. Os animais vertebrados • Características do reino animal e diferenza entre vertebrados e invertebrados. • Animais vertebrados: definición, características comúns e clasificación. • Os 5 grupos vertebrados: como son, como viven, características específicas e subgrupos. • Aplicación de diversos criterios para clasificar os vertebrados. Unidade 7. Os seres vivos máis sinxelos • Os microorganismos e o seu papel na biosfera. • As enfermidades infecciosas, o seu proceso infectivo, prevención e curación. • A Biodiversidade, estudio do mediambiente. • Os fósiles. Unidade 8. A atmosfera terrestre • A atmosfera, a súa composición, capas. • A meteoroloxía, o clima, previsións meteorolóxicas, borrascas e anticiclóns. • Impacto do home na atmosfera, contaminación, medidas correctoras.

8


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Unidade 9. A hidrosfera terrestre • Orixe e distribución da auga. • O ciclo da auga. • O uso da auga e a súa calidade. Contaminación das augas. Depuración e potabilización. Unidades 10.11. Os minerais, As rochas • Os minerais: definición, compoñentes, características. • Rochas: definición, clasificación e orixe. Unidade 12. A materia e as súas propiedades • Magnitudes fundamentais e derivadas. • Unidades: Sistema Internacional de unidades e unidades de uso común. • Realización de medicións utilizando as unidades do Sistema Internacional de unidades. • A materia: formas, estados e cambios. • Os átomos: definición e teoría atómica. • Elementos Químicos: Táboa periódica, Símbolos e Propiedades dos máis abundantes.

5.1 - CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESO 1º nivel Unidade 1 a) Identificar e definir os principais compoñentes do Universo, e explicar a orixe do Universo. b) Describir o Sistema Solar, realizar un esquema, localizalo no Universo, identificando os seus compoñentes e explicando características de cada un deles. c) Explicar argumentos que xustifican teorías científicas no coñecemento astronómico e a súa evolución histórica (xeocentrismo vs. Heliocentrismo). d) Tener conciencia das enormes distancias do Universo e de que o noso planeta é só un máis dos millóns que probablemente existirán. e) Mostrar interese por recoñecer obxectos no ceo nocturno. Unidade 2 a) Describir as características físicas da Terra. b) Elaborar esquemas gráficos sinxelos dos movementos da Terra, o Sol e a Lúa. c) Xustificar algúns fenómenos naturais a través da interpretación dos movementos relativos da Terra e a Lúa: estacións, día e noite, fases da lúa, mareas, etc. d) Elaborar esquema do interior da Terra, nomeando e describindo as diferentes capas. Unidade 3 a) Explicar que é un ser vivo e as funcións vitais que os diferencian da materia inerte. b) Coñecer as substancias químicas que compoñen os seres vivos e explicar a súa función. c) Recoñecer a célula como unidade mínima de vida, coñecer a súa organización celular e diferenciar entre célula procariota e eucariota. d) Diferenciar organismo unicelular e pluricelular, explicar os niveis de organización dos pluricelulares. e) Definir os 5 reinos polas súas características máis básicas e as que os diferencian. f) Identificar e clasificar seres vivos utilizando claves sinxelas e técnicas de observación. Unidade 4 a) Describir os pasos para realizar unha clasificación. b) Identificar e clasificar exemplares dos reinos Protistas, Moneras, Fungos e Plantas con técnicas de observación e claves sinxelas. c) Recoñecer a estrutura e o ciclo de infección dos virus. d) Explicar a orixe, contaxio e curación de enfermidades infecciosas comúns. Comprender a diferenza entre vacinas e antibióticos e as enfermidades que tratan cada unha. e) Recoñecer e describir as características da estrutura, organización e función das plantas a partir de fotografías e debuxos. f) Describir os órganos e partes dunha planta e explicar a súa función. g) Describir o proceso de nutrición das plantas, explicando o papel da fotosíntese.

9


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Unidade 5 a) Describir as características do reino animal e diferenciar entre vertebrado e invertebrado. b) Describir a característica común a todos os invertebrados. c) Describir as características de estrutura, organización e función dos distintos grupos de invertebrados e as súas adaptacións. d) Clasificar invertebrados utilizando claves sinxelas e técnicas de observación. Unidade 6 a) Describir a característica común a todos os vertebrados. b) Describir as características de estrutura, organización e función dos distintos grupos de vertebrados. c) Clasificar vertebrados utilizando claves sinxelas e técnicas de observación. d) Explicar en que grupo de animais se clasifica a especie humana,enumerar as súas características diferenciadoras e coñecer a súa orixe. Unidade 7 a) Coñece o concepto de biodiversidade, a súa importancia, as causas da súa perda e medidas paara a súa conservación. b) Recoñecer que son e como son os fósiles. Unidade 8 a) Describir a composición e estrutura da atmosfera, mencionar as características e fenómenos que ocorren en cada unha das capas. b) Explicar os procesos físicos que rexen os fenómenos atmosféricos. Interpretar mapas meteorolóxicos, modelos gráficos de predición e táboas que permitan predicir o tempo. c) Obter e analizar datos de distintas variables meteorolóxicas e interpretar fenómenos atmosféricos comúns, explicar en que consisten e por que se orixinan. d) Coñecer os graves problemas de contaminación ambiental actuais e as súas repercusións e explicar medidas para contribuír a solucionalos. Unidade 9 a) Coñecer a distribución da auga, a súa orixe e resolver problemas en relación coa distribución da auga. b) Describir características principais das augas mariñas e continentais. c) Coñecer as propiedades da auga e a súa importancia para os seres vivos e outros procesos. d) Interpretar e elaborar esquemas sobre o ciclo da auga. Explicar a importancia do ciclo da auga e os problemas causados polas actividades humanas e a contaminación. e) Desenvolver interese e coñecemento sobre a xestión sostible da auga e as medidas para reducir o consumo e a súa reutilización. Unidade 10 a) Definir mineral e distinguilo de rocha. b) Coñecer compoñentes e características dos minerais. Explicar as súas propiedades. c) Recoñecer e distinguir os diferentes tipos de rochas a partir de observacións das súas propiedades e características. d) Recoñecer no seu medio exemplos de usos de rochas e as súas aplicacións máis frecuentes. Unidade 11 a) Explicar que é a materia e distinguir propiedades xerais e específicas. b) Recoñecer magnitudes como a lonxitude, a masa, o tempo e a temperatura, utilizando as unidades de uso máis común. Comprender e expresar medidas de acordo co Sistema Internacional de unidades. c) Explicar a través de técnicas e experiencias sinxelas as propiedades dos diferentes estados da materia e as súas transformacións. d) Aprender o manexo do instrumental científico. Unidade 12 a) Definir mestura, disolución, substancia pura, elemento e composto. b) Percibe a importancia do coñecemento da materia a nivel atómico para a obtención e desenvolvemento de novos materiais. c) Explicar as características dos materiais do século xxi. d) Explicar o proceso de reciclaxe de residuos e a súa necesidade.

10


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

4.2 – CONTIDOS ESO 2º nivel Bloque 1. Contidos comúns. * Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a proposta de problemas, discusión do seu interese, aproximación á formulación de hipóteses, experimentación, comunicación dos resultados en diferentes formatos, etc., para comprender mellor os fenómenos naturais e resolver os problemas que presenta o seu estudo. * Utilización da experimentación para coñecer mellor os fenómenos naturais e comprobar suposicións sobre a súa evolución. * Emprego de modelos sinxelos para interpretar os fenómenos e identificar as relacións entre conceptos. * Utilización dos medios de comunicación e das tecnoloxías da comunicación e da información para obter información sobre os fenómenos naturais, no tratamento de datos e interpretación gráfica, na visualización de modelos explicativos, na busca de relación entre variables e na comunicación de resultados e conclusións. * Interpretación de información de carácter científico e utilización desta información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente. * Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e da súa evolución histórica, para comprender mellor os argumentos que facilitan a toma de decisións sobre situacións sociais e individuais. * Utilización correcta dos materiais e instrumentos experimentais e respecto polas normas de seguridade. Bloque 2. Materia e enerxía * A enerxía nos sistemas materiais. * Recoñecemento da intervención da enerxía en diferentes situacións cotiás como movementos, deformacións, variacións da temperatura, cambios de estado, etc. Aproximación ao concepto de enerxía e á súa relación cos cambios. * Utilización de criterios para clasificar as diferentes fontes de enerxía. Valoración, desde o punto de vista ambiental, do emprego de fontes de enerxía renovables e non renovables. * Valoración do uso da enerxía na sociedade. Problemas asociados á intervención humana sobre o ambiente. Busca de información e valoración de medidas tanto individuais como colectivas de eficiencia e aforro enerxético a curto, medio e longo prazo. * Transferencia de enerxía: o traballo, a calor e a radiación. * Identificación do traballo como mecanismo de transferencia de enerxía en situacións sinxelas. Valoración das máquinas de uso cotián. Recoñecemento do seu papel no desenvolvemento económico e social. * Realización de experiencias onde o mecanismo de transferencia de enerxía sexa a calor. Uso do termómetro para medir temperaturas. Diferenciación entre calor e temperatura. * Observación e comprobación experimental das formas de propagación da calor. Procura, selección e contraste de información sobre as aplicacións cotiás dos materiais illantes e condutores. * Identificación da luz e do son como mecanismos de transferencia de enerxía. * Realización de experiencias de propagación da luz. Utilización de espellos e lentes para o estudo cualitativo da reflexión e refracción da luz. * Relación entre a luz e a visión. Estudo cualitativo da descomposición da luz branca.* Realización de experiencias de propagación e reflexión do son. Relación entre o son e a audición. * Identificación das aplicacións prácticas relacionadas coa luz e o son para a sociedade. * Valoración do problema da contaminación ac��stica e luminosa. Procura e análise de solucións. Bloque 3. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía interna da Terra. * Recoñecemento das diferentes manifestacións da enerxía interna da terra: volcáns, terremotos, pregamentos, fallas e formación de montañas. Xustificación cualitativa á luz do modelo dinámico. * Identificación do papel da enerxía interna na formación de materiais terrestres: magmatismo e metamorfismo. * Clasificación das rochas magmáticas e metamórficas segundo a súa orixe e pola observación da súa estrutura. * Procura de noticias de xornais relacionadas coas manifestacións desa enerxía interna e análise das súas repercusións segundo o grao de desenvolvemento do país.

11


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Bloque 4. A vida en acción: as funcións vitais. * Identificación da célula como unidade básica dos seres vivos e observación ao microscopio apreciando a súa diversidade. * Caracterización das función de nutrición como un intercambio de materia e enerxía co ambiente. * Diferenciación dos dous tipos de nutrición: autótrofa e heterótrofa. * Descrición e comparación cualitativa dos procesos de fotosíntese, respiración e fermentación. * Valoración da importancia da fotosíntese para a vida na Terra. * Caracterización e comparación da reprodución sexual e asexual e do seu significado desde o punto de vista da súa variabilidade. * Recoñecemento das funcións de relación: percepción, coordinación e resposta (movemento). * Planificación e realización de experiencias sinxelas que poñan de manifesto a influencia dalgunha variable (a luz, o osíxeno, a temperatura, a clorofila....) que incide nos procesos citados. Bloque 5. Ambiente: o ambiente natural. * Identificación dos compoñentes dun ecosistema, medio abiótico e comunidade e recoñecemento da influencia dos factores abióticos e bióticos nos ecosistemas. * Recoñecer o papel dos organismos produtores, e consumidores e descompoñedores no ecosistema e a relación coa reciclaxe da materia e o fluxo de enerxía. * Aproximación aos conceptos de ecosistema e biosfera. Coñecemento da variedade de ecosistemas (biodiversidade) e a súa organización en biomas. * Utilización de técnicas de campo para o estudo de dous ecosistemas galegos, acuático e terrestre: ecosistema litoral, de xunqueira, de bosque, de río... * Coñecemento dalgún espazo protexido en Galicia.

4.2 – CONTIDOS MÍNIMOS - 2º nivel, seguindo a distribución de contidos do libro de texto: UNIDAD1. O Mantemento da vida • Seres vivos: funcións vitais, composición química. • A célula: teoría celular, estrutura e orgánulos. • Nutrición celular: nutrición autótrofa e nutrición heterótrofa. UNIDAD 2. A nutrición • A función de nutrición e os seus procesos. • O proceso dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor de diferentes animais. • A nutrición das plantas: fotosíntese, transporte de substancias, respiración e excreción. UNIDAD 3. A relación e a coordinación • A relación e a coordinación nos seres vivos. • Estímulos e tipos de respostas. • Sistema nervioso e sistema endócrino. UNIDAD 4. A reprodución • O ciclo vital e a reprodución: definición, obxectivos, fases. • Reprodución sexual e asexual: diferenzas, vantaxes e inconvintes. • Reprodución nos animais e nas plantas. UNIDAD 5. A estrutura dos ecosistemas • Relacións alimentarias entre os seres vivos. • Adaptacións dos seres vivos. • Interpretar gráficas: cadeas tróficas, redes tróficas, regulación de poboacións. UNIDAD 6. Os ecosistemas da Terra • Ecosistemas terrestres e acuáticos: factores que os condicionan. • Grandes ecosistemas terrestres e acuáticos. • Analizar un ecosistema terrestre e un acuático de Galicia. UNIDAD 7. A enerxía que nos chega do Sol • A enerxía solar, a atmosfera e a hidrosfera. • A enerxía solar e os axentes xeolóxicos. • O uso da enerxía solar.

12


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

UNIDAD 8. A dinámica externa do planeta • A meteorización das rochas: axentes atmosféricos, procesos. • Modelaxe do relevo: axentes xeolóxicos, a súa clasificación e a súa forma de actuación. • Rochas sedimentarias: petróleo, carbón e gas. UNIDAD 9. A dinámica interna do planeta • Orixe da calor interna da Terra. • Vulcanismo e sismoloxía • Orixe dos relevos da Terra. • Rochas magmáticas e metamórficas. UNIDAD 10. A enerxía • A enerxía: características, propiedades, importancia. • Fontes de enerxía: renovables e non renovables. • Consecuencias ambientais do uso da enerxía. UNIDAD 11. A calor e a temperatura • Calor e temperatura. • A percepción da calor: a pel. A sensación térmica. • Formas de propagación da calor. • Condutores e illantes térmicos. UNIDAD 12. A luz e o son • A luz: propagación, descomposición, sombras e eclipses. • O son: propagación, eco, reverberación. • O ollo e o oído. UNIDAD 13. a Táboa Periódica • Estructuras atómicas. • Elementos químicos, símbolos, número atómico e táboa periódica. • Fórmulas químicas información que contéñen. • Propiedades dos elementos químicos da natureza

5.2 - CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESO 2º nivel Unidade 1 a) Coñecer as características dos seres vivos e distinguir entre materia inerte e materia viva. b) Explicar a teoría celular e describir a estrutura dos diferentes tipos de células. c) Explicar a nutrición autótrofa e heterótrofa, interpretar e realizar esquemas e diagramas deses procesos. d) Explicar o significado e fundamento básico da fotosíntese e respiración celular e realizar esquemas sinxelos para comprender os procesos. Unidade 2 a) Identificar os procesos implicados na nutrición, así como os aparellos que interveñen e as súas funcións. b) Describir procesos dixestivos animais e interpretar esquemas anatómicos. c) Distinguir os distintos modelos circulatorios nos animais e interpretar esquemas anatómicos. d) Explicar o proceso de respiración nos animais e distinguir os distintos tipos de respiración. e) Explicar o proceso de excreción nos animais e describir os distintos órganos que interveñen. Unidade 3 a) Definir a función de relación e explicar os procesos que comprende. b) Describir a organización do sistema nervioso en diversos grupos animais. c) Identificar e describir os aparellos locomotores de distintos tipos de animais. d) Explicar como realizan a función de relación e coordinación as plantas. Unidade 4 a) Definir reprodución e explicar o seu significado. b) Recoñecer as diferenzas entre reprodución sexual e asexual. c) Coñecer os tipos de reprodución asexual en animais. d) Describir o ciclo vital das plantas. e) Coñecer as etapas da reprodución sexual nas plantas.

13


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Unidade 5 a) Definir ecosistema e describir os seus compoñentes. b) Explicar a interacción que existe entre biótopo e biocenose. c) Diferenciar o concepto de hábitat do de nicho ecolóxico. Unidade 6 a) Diferenciar e identificar os grandes ecosistemas terrestres e acuáticos e recoñecer as súas principais características. b) Describir as características do solo e explicar a súa importancia. Unidade 7 a) Explicar as funcións que cumpre a atmosfera en relación co filtrado da radiación solar e o efecto invernadoiro. b) Interpretar mapas meteorolóxicos sinxelos. c) Recoñecer os distintos axentes xeolóxicos que moldean o relevo, e o motor que os move. d) Explicar as formas que ten o ser humano para aproveitar a enerxía do Sol. Unidade 8 a) Explicar diferenzas entre a erosión, transporte e sedimentación feitas polos axentes xeolóxicos. b) Interpretar formas de modelaxe da paisaxe. c) Explicar a formación das rochas sedimentarias. d) Comprender a importancia e a orixe do petróleo, o carbón e o gas natural. Unidade 9 a) Explicar o vulcanismo, os seus procesos e tipos de actividade. b) Identificar e describir un volcán, as súas partes, e os produtos que expulsa. c) Explicar en que consisten os terremotos, os procesos asociados, as súas consecuencias e as medidas de alerta e prevención. d) Explicar os procesos de formación das montañas. e) Comprender como a enerxía interna da Terra intervén no proceso de formación das rochas. Unidade 10 a) Explicar o concepto de enerxía, as súas características e as súas formas básicas. b) Describir as principais fontes de enerxía e a súa dispoñibilidade e función. c) Diferenciar enerxías renovables e non renovables, analizar vantaxes e desvantaxes de cada unha delas. d) Analizar a importancia da enerxía e o seu impacto no medio natural. e) Mencionar hábitos de aforro enerxético. Unidade 11 a) Explicar a diferenza entre os conceptos de temperatura e calor. b) Explicar os distintos efectos da calor sobre os corpos. c) Identificar as distintas formas de propagación da calor. d) Diferenciar entre materiais condutores e illantes térmicos. Unidade 12 a) Explicar que son a luz e o son e as súas principias características e forma de propagarse. b) Describir os fenómenos de reflexión e refracción. c) Explicar a orixe das cores e os seus tipos. d) Entender que é o son e as súas principais calidades. e) Explicar por que se producen o eco e a reverberación. Unidade 13 a) Representar un átomo segundo os modelos atómicos. b) Definir elemento químico, símbolo, número atómico e familiarizarse coa táboa periódica. c) Identificar elementos químicos na táboa periódica. d) Explicar o que é unha fórmula química e que información contén. e) Explicar as propiedades de elementos químicos máis abundantes da natureza e relacionalas cos usos que se fai deles.

14


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

5.3 - CRITERIOS DE AVALIACIÓN

IES DE BARRO

xerais para todas as probas

Probas escritas Polo xeral, nos cursos de primeiro e segundo, farase unha proba escrita cada tema, ditas probas anunciaranse ao alumnado con antelación e, unha vez correxidos revisaranse conxuntamente na clase coa finalidade de exercitar a autoavaliación e valoración dos posibles erros. As probas deberán presentarse seguindo os seguintes criterios xerais:  Deberá coidarse a ortografía e a expresión.  Deberán manterse marxes (de tamaño dobre por enriba e pola esquerda)  Deberase escribir con bolígrafo dun so cor (negro ou azul) ,nunca con lapis.  Non se deben realizar tachadas, en caso necesario utilizarase unha liña para invalidar o texto errado.  Non se permitirá o uso do tipex .  Considerarase unha falta de presentación a inclusión de debuxiños, ou comentarios que non teñan que ver ca materia. A puntuación dunha proba escrita poderá verse diminuída ata 1 punto no caso de atoparse deficiencias na súa presentación tales como as recollidas nos instrumentos de avaliación. Traballos e destrezas Ademáis das prácticas de laboratorio, os alumnos realizarán a lo menos tres traballos obrigatorios, un para cada avaliación, sobre temas de actualidade relacionados cos contidos da asignatura. Nas exposicións dos distintos traballos se valorará:  O material presentado, a exposición oral, a estructuración dos traballos, os contidos do traballo e o coñecemento demostrado na exposición e no debate.  Se valorará a claridade e orden de presentación.  Entrega dos materiais requiridos nos prazos fixados.  Estos traballos contarán como unha proba parcial escrita. Para protexer o material do laboratorio e por motivos de seguridade, aqueles alumnos que non amosen cuidado e responsabilidade na súa utilización serán privados da manipular dicho material. Avaliación continua que permita ver os progresos e realiza-las modificacións oportunas de xeito que se vaian corrixindo os problemas que se susciten, ó mesmo tempo que se fará unha proba de avaliación antes do comezo do curso, para arranxar aquelas deficiencias coas que nos poderamos atopar. Para a avaliación diaria no caderno da profesora terase en conta:  Participación activa e comportamento axeitado na clase.  O cumplimeto da libreta de aula dentro das normas propotas e mantendose sempre ao día.  A súa atención, interese ou esforzo que amosa durante as clases ou no laboratorio.  Capacidade de traballo en grupo.  Os resumos, apuntes de diapositivas, aproveitamento das actividades extraescolares. Para aproba-la materia cada avaliación será necesario que o alumno obteña unha nota media mínima de 5,0 ptos nas probas escritas. Farase media únicamente cando a nota dos controis sexan superiores a 4,0 ptos. Para aprobar a materia en Xuño haberá que ter aprobadas cada unha das avaliacións do curso. No caso de que un alumno copie no transcurso dun exame ou axude a outros a facelo, o resultado do mesmo será 0,0 puntos e esa nota será tida en conta, para calcularlle a súa media. A nota final do curso será a media das notas obtidas en cada unha das tres avaliación. Avaliación final, nas datas previstas, en xuño e setembro. Será obrigatoria únicamente para os alumnos que ao longo do curso non acadasen unha valoración positiva. Consistirá nunha proba escrita baseada nos contidos mínimos da asignatura. A NOTA acadada polo/la alumno/a ao final de cada avaliación desglosarase en tres apartados: 1. Contidos, farase a nota media das probas escritas e actividades feitas neste período cun valor do 50%, sendo imprescindible lograr a metade da puntuación para aprobar a avaliación. 2. Procedementos, destrezas e habilidades, cun valor do 30%, serán avaliados mediante e resolución de probas prácticas deseñadas polo profesor para valorar habilidades, destrezas e técnicas que axuden a medir a creatividade, imaxinación, razonamento e espontaneidade. Tamén serán obxecto de valoración as tarefas feitas na libreta, ejercicios e traballos presentados. 3. Actitudes, Aquí se valorarán o esforzo e interese pola materia así como todos os comportamentos que o profesor considera importantes para a boa marcha do alumno e do grupo como poden ser: a participación, actitude positiva, afán de superación, grado de colaboración, trato do material, respecto aos compañeiros, etc. Cun valor do 20%

15


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN    

Realización de probas orais. Realización de probas escritas: Controis, exames, ... por cada unidade didáctica. Realización de actividades do libro de texto e doutras propostas polo profesor ou departamento Resolución de exercicios na clase ou fora dela.

 Realización e presentación de traballos, tanto opcionais como obrigatorios.

6. MATERIAIS E RECURSOS Para as asignaturas do Departamento, os seus membros decidiron por unanimidade os seguintes libros de texto: CIENCIAS NATURAIS de 1º “Ciencias da Natureza” da editorial ANAYA CIENCIAS NATURAIS de 2º “A Casa do Saber”, da editorial Obradoiro de SANTILLANA. BIOLOXÍA e XEOLOXÍA de 3º da editorial ANAYA BIOLOXÍA e XEOLOXÍA de 4º “A Casa do Saber”, da editorial Obradoiro de SANTILLANA Para apoiar os contidos destes textos o profesorado programará dentro da súa PAT diferentes recursos como os seguintes: Se recurre en todo momento aos materiais ofertados por a rede de internet, debidamente filtrados antes por o departamento. Tamén se acudirá a lo menos unha vez en cada bloque á biblioteca do IES para realizar un traballo de investigación a proposta do profesor . Existen no Instituto numerosos videos e dvd temáticos sobre temas concretos que serán proxectados aos alumnos para afianzar os seus coñecementos.

7. TEMPORALIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE CONTIDOS. 1º nivel No 1º nivel se imparten dous grupos de 15 alumnos con catro horas semanais, e cada unidade será desenrolada por un periodo de dúas semanas (8 sesións), a cuarta sesión estará adicada a prácticas de laboratorio ou simulacións informáticas e a última delas será adicada a unha proba escrita. 1º trimestre, 13 semanas unidades 1,2,3,4,5 2º trimestre, 11 semanas unidades 6,7,8,9 3º trimestre, 10 semanas unidades 10, 11,12,

2º nivel No 2º nivel se imparte un grupo de 27 divididos en 2 subgrupos con tres horas semanais, e cada unidade será desenrolada por un periodo de dúas semanas (6 sesións), unha sesión en cada unidade estará adicada a prácticas de laboratorio ou simulacións informáticas e a última delas será adicada a unha proba escrita. 1º trimestre, 13 semanas unidades 1,2,3,4,5 2º trimestre, 11 semanas unidades 6,7,8,9,10 3º trimestre, 10 semanas unidades 11,12,13

16


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

8. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ACTIVIDADES, REFORZO E AMPLIACIÓN. Unha das innovacións máis importantes na LOXSE é o concepto de atención á diversidade. A atención á diversidade está contemplada principalmente nas actividades, as cales responden a tres niveis de dificultade (baixa, media e alta) segundo os seguintes parámetros: 1. Nivel baixo: Se só se necesita consultar un libro para resolvela. Se para contestar a pregunta é preciso ter en conta unicamente os conceptos da unidade que se este traballando. Se se traballa cun grupo de diversificación curricular. É requirido un nivel de razoamento baixo, hai que lembrar algo aprendido 2. Nivel medio: Se o número de variables a manexar é de dúas ou tres. Se é necesario consultar outra fonte ademais do libro. Se é preciso traballar con conceptos doutras unidades. É requirido un maior nivel de razoamento. 3. Nivel alto: Se o nivel de razoamento é alto. Se é preciso consultar varias fontes bibliográficas para responder. Se hai que ter en conta conceptos doutros cursos para contestar. Necesítase manexar un número elevado de variables. Polo tanto, atendendo ó criterio de acada-la maior eficacia no grupo, poderase elixir en calquera momento, as actividades máis adecuadas para cada alumno/a, grupo de alumnos/as ou situación particular da clase coa finalidade de conseguir a lo menos os obxectivos mínimos que se corresponden cos contados suliñados en cada tema. Os alumnos que non alcanzaron os obxectivos do nivel anterior: por lei están obrigados a presentarse a unha proba ao longo do curso para o que a profesora encargarase de informalos dos contidos dos cales serán examinados, do tipo de probas a realizar, dos posibles traballos que deben presentar. Ditas probas realizaranse da seguinte maneira: 1. A finais de maio, e abarcará os contados mínimos da materia. 2. Ademáis, os alumnos podrán realizar durante o curso unha serie de actividades para axudarlles a preparar a asignatura, que formará tamén parte da avaliación final.

9. PROXECTO LECTOR Tal como se establece no Anexo 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, todos os centros educativos galegos deberán elaborar e incluír na súa programación xeral anual un Proxecto Lector que recolla as actuacións que se decidan executar para favorecer o fomento da lectura e da escritura, así como a adquisición das correspondentes competencias básicas. En relación con esta disposición, o Claustro de Profesores do IES de BARRO deseñou un plan lector personalizado para este centro, fixando criterios comúns para todas as áreas que poidan ser adaptados posteriormente aos distintos Departamentos didácticos, encargados de concretar as distintas actividades de lecto-escritura convenientes para realizar en cada un dos niveis da etapa da ESO. De seguido, detállanse os aspectos máis relevantes considerados para o plan lector dentro do Departamento de Ciencias Naturais, coordinado pola profesora responsable da Biblioteca Escolar, Mª Isabel López Barredo, e no que participa a práctica totalidade do equipo docente: Obxectivos: 1. Animar a lectura desde a área de Ciencias da Natureza (Bioloxía e Xeoloxía) 2. Coñecer parte da historia das Ciencias da Natureza así coma dos seus protagonistas. 3. Impulsar a actitude investigadora doa alumnos/as. 4. Mellorar a comprensión lectora coa utilización de diversas estratexías. 5. Realizar actividades que poñan en contacto as Ciencias Naturais coa sociedade. 6. Traballar as Ciencias en contextos diferentes ós habituais. 7. Mellorar a actitude dos alumnos/as en pro das Ciencias para que descubra a beleza que hai nelas. O Departamento de Ciencias Naturais levará a cabo as seguintes actividades: - En cada unha das unidades, deixaremos tempo para lectura silenciosa e comprensiva das preguntas tras unha breve explicación. - Realizaranse cadros sinópticos dalgúns dos temas. - Faranse listas do vocabulario empregado nos temas.

17


1.

-

-

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Cada tema ten unha lectura o comenzo, amosando curiosidades e relatos co fin de despertar o interese polo tema a tratar e unhas seccións dedicadas a lectura en uns apartadoschamados: “A FONDO”. no que atopamos contidos desenvoltos para saber máis con explicacións interesantes. Estas faranse en voz alta turnando os alumnos. O final de cada tema o libro ten un apartado chamado: O RECANTO DA LECTURA, nas que se tan unha serie de preguntas axeitas a comprensión lectora. Para terminar, ao final do tema hai recomendacións de algúns libros, películas, enderezos de Internet etc. para ampliación dos conceptos tratados.

As lecturas terán como finalidade que o alumno/a colla o gusto por leer dentro e fora da aula a vez que se devirta. O longo do curso, o claustro de profesores escollerá temas xerais para animar á lectura desde todos os Departamentos Didácticos.

10. PLAN TIC O traballo científico ten tamén formas específicas para a busca, recollida, selección, procesamento e presentación da información que se utiliza ademais en moi diferentes formas: verbal, numérica, simbólica ou gráfica. A incorporación de contidos relacionados con todo iso fai posible a contribución destas materias ao desenvolvemento da competencia no tratamento da información e competencia dixital. Favorece a adquisición desta competencia a mellora nas destrezas asociadas á utilización de recursos frecuentes nas materias como son os esquemas, mapas conceptuais, etc., así como a produción e presentación de memorias, textos, etc. Por outro lado, na faceta de competencia dixital, tamén se contribúe a través da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aprendizaxe das ciencias para comunicarse, recabar información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, para a obtención e o tratamento de datos, etc. Trátase dun recurso útil no campo das ciencias da natureza e que contribúe a amosar unha visión actualizada da actividade científica. Obxectivos: -

-

Aprender o manexo básico de sistema operativos e dos programas de software que se van utilizar. Valorar as posibilidades que ofrecen as TIC para o labor docente: uso de novos recursos didácticos máis atractivos, intercambio de experiencias e innovación na práctica educativa cotiá. Realizar experiencias concretas para o uso das TIC nas áreas correspondentes Facilitar a utilización das TIC na atención das NEE. Utilizar as posibilidades do ordenador como ferramenta para reforzar e adquirir coñecementos. Utilizar software educativo, adecuado ao seu nivel. • Usar no traballo cotiá o procesador de texto. • Navegar por páxinas web, para obter información. • Usar medios de comunicación: correo, chats, foros, videoconferencia... • Desenrolar estratexias para a búsqueda, selección e organización de contidos. Coidar e facer un uso correcto do material. Dar a coñecer a toda a comunidade educativa, as dotacións materiais e as actuacións que se leven a cabo a través das TIC, propiciando unha apertura progresiva e debidamente priorizada cara ós pais.

11. TRATAMENTO DOS TEMAS TRANSVERSAIS. Ó longo do ano trátanse os seguintes temas transversais: •

Educación ambiental. Educación ambiental. Inténtase que o alumnado diferencie entre os beneficios que ofrece un uso correcto dos coñecementos e os graves problemas ambientais que supoñen un uso irracional da ciencia. Estúdianse as alteracións humanas sobre lugares sometidos á acción dos procesos xeolóxicos externos e problemas de contaminación da auga ou o aire. Foméntase o respecto polos animais. A adquisición de hábitos respectuosos co medio tenta promoverse nos contidos e actividades en tódalas unidades. Esta ensinanza lévase a cabo practicamente en tódolos bloques de contido biolóxico o xeolóxico. Os seus obxectivos poden definirse así:

18


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

-

IES DE BARRO

Ser críticos ante o excesivo consumo enerxético actual. Fomenta-lo respecto cara ós seres vivos. Busca-lo equilibrio nas relacións entre os humanos, os animais e o medio xeolóxico. Concienciar de que nós tamén contaminamos, para propoñer medidas correctoras.

Inténtanse fomentar hábitos de reutilización e reciclaxe de materiais como o papel ou o vidro. Preséntaselle ó alumnado unha serie de políticas ambientais contrapostas a seguir, como as de explotación incontrolada fronte ás baseadas no desenvolvemento sostible. •

Educación moral e cívica. Se procura fomentar o desenvolvemento de actitudes abertas cara ás opinións dos demais e de actitudes críticas ligadas ó rigor, á precisión e á orde na realización de tarefas, como valores fundamentais nunha sociedade democrática.

Educación para a paz. Abórdanse algúns principios sobre os que asenta a devandita materia transversal, tales como o equilibrio nas relacións dos seres humanos entre si e co medio que os rodea, as diferencias en canto á dispoñibilidade de recursos alimenticios entre os países ou a distribución equitativa e xusta da enerxía e dos recursos dispoñibles do planeta.

Educación para a saúde. Faise un breve estudio das substancias químicas segundo a súa toxicidade e perigo facendo referencia ós graves prexuízos que poden ter para a saúde manipular incorrectamente substancias como deterxentes ou limpafornos. Tamén se indican algunhas das precaucións elementais que se han observar ó utilizar combustibles.

Educación para o consumo. Inténtase fomenta-la toma de conciencia da necesidade de aforrar auga, cuestión especialmente importante en países como España: - Abordamos cuestións relacionadas co consumo, como son os aditivos alimenticios. - No uso dos residuos falamos da «regra dos tres erres» e, máis especificamente, tratando de fomenta-la toma de conciencia sobre o gasto sen sentido.

Educación sexual. Trátase explicitamente no terceiro curso, onde se aborda este aspecto da vida humana. Esta fundaméntase ó longo do tema nos seguintes puntos: - Coñecemento e o respecto cara ós diferentes comportamentos sexuais. - Os métodos anticonceptivos. A prevención das enfermidades de transmisión sexual. - Principio da non discriminación en razón do sexo.

A interculturalidade. Abórdase ó resalta-las diferentes costumes nos diferentes países ou comunidades autónomas.

Educación vial. Trátanse os problemas de contaminación do aire urbano debidos ó tráfico rodado nas cidades, engadindo os derivados da contaminación acústica en que se suxiren, ademais, determinadas pautas de comportamento (motos ou discotecas).

12. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Dentro do Plan de Coñecemento do Contorno incentivaranse as visitas escolares programadas polos por profesores de área de acordo cos coñecementos impartidos no correspondente nivel educativo. Así, poderanse programar: comarca. • Visitas culturais • Viaxes de estudios. • Rutas de coñecemento do contorno. • Asistencia a espectáculos. • Elaboración de itinerarios socio-naturais da En concreto: 1. Unha saída ó campo, polos arredores do Centro, para recoller cogomelos. 2. Solicitar árbores ou unha axuda á Deputación para realizar unha plantación nos xardíns do Centro, e así ir completando un pequeno "Xardín Botánico". 3. Participar nos obradoiros de Medio-Ambiente da pola Consellería: reciclaxe, ecoauditoría, etc. 4. Visita á aula de Medio Ambiente de Xiradella, no Grove, para realizar algunha das actividades que ají ofertan: vexetación de dunas, observación de aves, etc. 5. Visita á Coruña para coñecer a Casa das Ciencias, a Domus e o Acuario. 6. Ademais, procuraremos achegarnos ó Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe, de Cotorredondo. 7. Cos alumnos, sairemos periodicamente polos arredores, para realizar distintas actividades de campo. 8. Visita didáctica a Central das Pontes así como a visita de unha central eólica próxima As Pontes. 9. Charla “EL campo en la escuela” impartida por Federico de la Peña” 10. Charla coloquio do programa “La adolescencia y tú”

19


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Programación de Bioloxía e Xeoloxía 3º-4º ESO SEGUNDO CICLO DO ESO: 3º - 4º CURSO OBXECTIVOS DO TERCEIRO CURSO 1.

Aprender a se relacionar cos demais e a participar en actividades de grupo con actitudes solidarias e tolerantes, valorando criticamente as diferenzas e rexeitando os prexuízos sociais, así como calquera xeito de discriminación baseada en diferenzas de raza, sexo, crenzas ou clase social. (a)

2.

Asimilar hábitos e estratexias de traballo autónomo e en equipo que favorezan a aprendizaxe e o desenvolvemento intelectual del alumnado. (b)

3.

Valorar positivamente as diferenzas entre individuos rexeitando os prexuízos sociais e calquera xeito de discriminación baseada en diferenzas de raza, sexo, crenzas ou clase social. (c)

4.

Establecer relacións afectivas con persoas de distintas idades e sexo, superando calquera tipo de discriminación baseado nas características persoais e sociais. (d)

5.

Aprender a xestionar a información (busca, escolla e tratamento de datos), interpretala e valorala de forma crítica; e a transmitirlla aos demais de maneira organizada e intelixible. (e)

6.

Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación para a xestión e mais a análise de datos, e a presentación de traballos e informes. (e)

7.

Utilizar estratexias de identificación e resolución de problemas en diferentes eidos de coñecemento, mediante a aplicación do razoamento lóxico, a formulación e o contraste de hipóteses. (f)

8.

Coñecer e valorar criticamente o desenvolvemento científico e tecnolóxico que tivo lugar ao longo da historia nos diversos campos do saber. (f)

9.

Adquirir coñecementos básicos sobre as leis e mecanismos que rexen o funcionamento da natureza (f)

10. Coñecerse cada vez máis a si mesmo cunha imaxe positiva, exercer unha crecente autonomía persoal na aprendizaxe, buscando un equilibrio das distintas capacidades físicas, intelectuais e emocionais, con actitude positiva cara ao esforzo e a superación das dificultades. (g) 11. Comprender e producir mensaxes orais e escritas para se comunicar e organizar o pensamento, reflexionar sobre os procesos implicados no emprego da linguaxe; e recoñecer as particularidades das distintas linguas que se falan en España. (h) 12. Iniciarse na análise e interpretación de textos literarios relacionándoos coa súa correspondente corrente e xénero literarios. (h) 13. Adquirir unha destreza comunicativa funcional na lingua ou linguas obxecto de estudo. (i) 14. Comprender a necesidade de coñecer, protexer e conservar a xeografía e o patrimonio artístico, cultural e lingüístico de España e do mundo, entendendo a diversidade lingüística e cultural como un dereito indiscutible dos pobos e dos individuos. (j) 15. Valorar positivamente a diversidade cultural e lingüística existente en España e en Galicia. (j, a) 16. Comprender os aspectos básicos do funcionamento do corpo humano e desenvolver actitudes e hábitos positivos cara á conservación e prevención da saúde individual e colectiva (levar unha vida sa cun exercicio físico periódico, unha hixiene esmerada, unha alimentación equilibrada...). (k) 17. Desenvolver hábitos e actitudes que favorezan o propio desenvolvemento individual e a conservación do medio. (k) 18. Saber interpretar, valorar e producir mensaxes que utilicen diversos códigos artísticos, científicos e técnicos co fin de enriquecer as posibilidades de comprensión e expresión de xeito preciso, creativo e comunicativo. (l) 19. Coñecer as particularidades do patrimonio natural, cultural, histórico-artístico e lingüístico de Galicia e valorar a necesidade de participar de forma activa na súa protección e conservación para asegurar a súa sostibilidade e o seu traspaso ás xeracións vindeiras. (m) 20. Comprender a importancia do coñecemento do galego como parte da nosa identidade colectiva e individual. (n)

20


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS: TERCEIRO CURSO 1. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico Coñecer os diferentes niveis de organización do corpo humano. Diferenciar os grupos de alimentos e valorar os beneficios dunha dieta equilibrada. Recoñecer a estrutura básica, a función e as doenzas relacionadas co aparello dixestivo. Coñecer o funcionamento dos aparellos e sistemas corporais responsables da nutrición, a percepción e mais a locomoción. Desenvolver hábitos saudables que contribúan a evitar enfermidades e mellorar a calidade de vida. Coñecer o aparello reprodutor humano, o seu funcionamento e os métodos anticonceptivos. Clasificar os principais recursos naturais. Recoñecer os principais impactos ambientais. Relacionar a formación do relevo coa acción dos axentes xeolóxicos externos. Recoñecer as principais funcións da atmosfera. Interpretar mapas meteorolóxicos. 2. Competencia matemática Aplicar a linguaxe matemática para cuantificar fenómenos naturais. Analizar as causas e as consecuencias dun proceso natural. Describir un fenómeno do medio físico empregando ferramentas matemáticas. Resolver problemas científicos aplicando estratexias matemáticas. 3. Tratamento da información e competencia dixital Organizar a información relativa a un tema elaborando esquemas e mapas conceptuais. Redactar memorias en que se interrelacionen as linguaxes natural, gráfica e estatística. Elaborar información textual ou gráfica utilizando diferentes programas informáticos. Procurar recursos educativos en internet. 4. Competencia social e cidadá Considerar as vantaxes e inconvenientes dunha situación para tomar decisións fundamentadas. Comprender a evolución da sociedade baixo o prisma dos avances científicos. Liberar a sociedade de prexuízos sen fundamento científico. Contribuír á alfabetización científica para valorar axeitadamente as investigacións recentes. Xulgar os debates científicos que contribuíron á extensión dos dereitos humanos. 5. Competencia en comunicación lingüística Argumentar as afirmacións de carácter científico e técnico. Explicar oralmente ou por escrito as etapas sucesivas dun experimento. Describir fenómenos naturais utilizando un léxico preciso. Transmitir ideas sobre a natureza. 6. Competencia para aprender a aprender Analizar as causas e as consecuencias dun proceso natural. Adquirir as destrezas creativas ligadas ao traballo científico. Buscar unha coherencia global dos coñecementos científicos. Integrar os novos coñecementos á estrutura de coñecemento persoal. Expresar ideas oralmente e por escrito. 7. Autonomía e iniciativa persoal Potenciar o espírito crítico fronte a informacións de calquera índole. Levar a cabo proxectos de tipo experimental e desenvolver a capacidade de análise. Propor hipóteses e analizar a súa coherencia coas observacións realizadas. Participar na construción tentativa de solucións dun problema.

21


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA OBXECTIVOS DO TERCEIRO CURSO 1.

2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13.

14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26. 27.

Valorar positivamente as mudanzas rexistradas nos diferentes modelos científicos que se elaboraron para explicar a constitución da materia e dos seres vivos, e interpretalos como un proceso de construción do saber científico. (2) Utilizar correctamente a linguaxe científica relacionada cos contidos do libro tanto na expresión escrita coma na oral. (3) Recoñecer a célula como a unidade anatómica, funcional e reprodutora dos seres vivos cuxa actividade se rexe polos principios físicos e químicos coñecidos. (1) Planificar experiencias que permitan deducir as características ou o funcionamento de determinados órganos ou sistemas corporais. (2, 9) Participar activamente no propio proceso de aprendizaxe e na realización e planificación colectiva de actividades como experiencias ou traballos monográficos. (2, 7) Interpretar táboas e gráficas relacionadas con diferentes aspectos da saúde. (3, 5) Diferenciar entre células procariotas e células eucariotas e entre células animais e células vexetais. (1) Enumerar os diferentes niveles de organización dos seres vivos pluricelulares diferenciando os conceptos de tecido, órgano, sistema e organismo. (1) Recoñecer as funcións vitais do ser humano (nutrición, relación e reprodución) e identificar os sistemas do corpo humano que as levan a cabo. (1) Describir e comprender o funcionamento do corpo como un proceso coordinado en que interveñen os diferentes órganos e sistemas. (1) Coñecer as moléculas que forman o noso organismo e a función que realizan, e identificalas nos alimentos que consumimos. (1) Elaborar dietas equilibradas tendo en conta a composición e a cantidade dos alimentos, a idade, o sexo e o tipo de actividade de cada persoa. (5) Interesarse por coñecer as técnicas de conservación dos alimentos, os tipos de aditivos alimentarios, a información que conteñen as etiquetas dos produtos, etc., así como os dereitos que temos como consumidores. (5) Coñecer algunhas das doenzas máis frecuentes que afectan ao ser humano relacionadas coa disfunción de algúns órganos ou sistemas. (5) Recoñecer os sistemas nervioso e endócrino como os encargados de controlar o desenvolvemento e o funcionamento harmonioso de todo o corpo. (1) Analizar como actúa o alcohol e mais as drogas sobre o sistema nervioso e rexeitar o seu consumo. (5) Describir o proceso de reprodución humana e indicar as diferenzas anatómicas, fisiolóxicas e psicolóxicas que hai entre o home e a muller. (1) Informarse sobre os métodos anticonceptivos para evitar o contaxio de enfermidades e o embarazo, e sobre as técnicas de reprodución asistida. (5) Razoar o impacto de determinados hábitos e actitudes sobre a nosa saúde e calidade de vida. (5) Modificar os hábitos propios para contribuír á conservación e á mellora do medio natural de Galicia. (7) Enumerar os usos que facemos dos recursos minerais e das rochas para mellorar a calidade de vida. (6) Recoñecer os principais minerais e rochas de interese económico e as súas aplicacións comerciais. (6) Recoñecer a importancia das aplicacións técnicas e científicas na medicina e a bioloxía. (7) Recoñecer a evolución do coñecemento da estrutura dos seres vivos e do corpo humano e a súa incidencia na saúde. (8) Valorar os esforzos das diversas áreas de coñecemento que se integran para mellorar a calidade de vida da humanidade e preservar o medio. (7) Identificar os diferentes ambientes xeolóxicos que constitúen unha parte fundamental do patrimonio natural de Galicia. (7) Integrar información científica procedente de distintas fontes, incluídas tecnoloxías da información. (3, 4)

Os números entre parénteses (1, 2,...) indican o obxectivo xeral da área de Ciencias da Natureza ao cal se refire cada un dos obxectivos do Terceiro Curso.

22


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

CIENCIAS DA NATUREZA: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CONTIDOS DO TERCEIRO CURSO Bloque 1. Contidos comúns –

– –

Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de sinxelas investigacións para a resolución de situacións problema, discusión do seu interese, identificación de variables que interveñen, formulación dalgunha hipótese de traballo, seguimento dunha planificación na posta en práctica, recolla organizada dos datos, interpretación de resultados e comunicación das conclusión. Busca, selección e valoración crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. Valoración das achegas das ciencias da natureza ao longo da historia, para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora. Asimilar as diferenzas sociais derivadas do desigual repartición da riqueza no mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de saúde e medio ambiente dos países pobres con respecto dos ricos. Posta en práctica correcta dos procedementos experimentais e respecto polas normas de seguridade. Bloque 2. As persoas e a saúde

A saúde e a enfermidade – Identificación dos niveis de organización do corpo: aparellos, sistemas, órganos, tecidos e células. – Valoración da saúde como un ben individual e colectivo.Identificación dos factores que condicionan a saúde e a enfermidade.Importancia dos hábitos de vida saudable e o coñecemento dos factores de risco. – Coñecemento de tipos de enfermidades: conxénitas, hereditarias, crónicas, deficitarias e infecciosas (tipos de seres vivos que as provocan). Valoración do uso de fármacos e problemáticas derivadas. – Selección de información e crítica das diferenzas dos tipos de enfermidades no mundo globalizado.Propostas de actuación. – Recoñecemento da actuación do sistema inmunitario nun caso concreto (a gripe, unha enfermidade bacteriana, as alerxias...).Valoración da aplicación das vacinas, os transplantes , a doazón de órganos e as novas terapias con células nai. Sexualidade e reprodución humana – Aproximación a unha definición de sexualidade. Recoñecemento da diversidade de sexo. Evolución dos hábitos sexuais ao longo da vida. – Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Valoración dos cambios físicos e psíquicos na adolescencia. Breve referencia aos cambios hormonais. Métodos anticonceptivos. – A preparación do útero para a fecundación: o ciclo menstrual. Identificación da fecundación, embarazo e parto cunha breve aproximación ao embrión e ao feto. Recoñecemento e valoración dos novos métodos de reprodución asistida. – Procura e selección de información sobre as enfermidades de transmisión sexual e valoración da saúde e hixiene sexual. Alimentación e nutrición humanas – Realización de diagramas e esquemas que axuden a dar unha visión global e integradora de tódo os aparellos e procesos que interveñen na nutrición. – Diferenciación entre alimento e nutrinte recoñecendo os principios inmediatos necesarios para o ser humano:proteínas, glícidos, graxas, sales minerais,vitaminas e auga. – Recoñecemento dos pasos que segue o alimento dende que se inxire ata que se absorbe. – Coñecemento do papel que desempeñan os aparellos: respiratorio e a ventilación pulmonar; o circulatorio e a circulación; o excretor e a formación da urina e a excreción no proceso xeral de nutrición. – Análise de hábitos saudables na alimentación, destacando a importancia dunha dieta equilibrada. Identificación dos principais trastornos da conduta alimentaria. Valoración da alimentación e a saúde. – Procura, elección de información e análise de etiquetas identificando os aditivos alimentarios e produtos transxénicos.

23


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

As funcións de relación: percepción, coordinación e movemento. – Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un estimulo: órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor. – Coñecemento do papel do sistema endócrino e as hormonas. Identificación da importancia das súas principais alteracións. – Valoración da saúde mental e dunha actitude crítica e responsable ante as condutas de risco e a influenza do medio social. – Análise da súa relación co uso das sustancias aditivas, alcol, tabaco, estupefacientes. Bloque 3. As persoas e o ambiente –

Recoñecemento da dependencia humana dos recursos naturais e da importancia fundamental da súa xestión sustentable. Análise e valoración do uso cotián de recursos básicos (produción e consumo de enerxía, o uso da auga e do aire) e a produción de residuos e o seu tratamento. Utilización de técnicas sinxelas para coñecer o grao de contaminación e depuración do aire e da auga. Procura de información verbo dalgúns dos problemas ambientais globais, elaboración de informes e exposicións de resultados utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. O Cumio da Terra en Río 1992 e o Tratado de Quioto. Aproximación ao concepto de sustentabilidade. Planificación e posta en práctica dunha actuación para potenciar o desenvolvemento sustentable no medio máis próximo. Valoración dos resultados. Bloque 4. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía externa.

A actividade xeolóxica externa do planeta. – Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos naturais e a intervención humana. Uso de mapas topográficos sinxelos para a súa lectura e interpretación. – Identificación mediante imaxes e/ou observacións de campo da acción dos diferentes axentes xeolóxicos externos sobre as rochas e a paisaxe: a meteorización, os torrentes, as augas subterráneas, os ríos, o mar, o xeo e o vento. Identificación do papel dos axentes internos na formación do relevo. Recoñecemento da formación de sedimentos a partir dos fenómenos descritos anteriormente e a súa posterior transformación en rochas sedimentarias.A orixe do carbón, o petróleo e o gas natural e valoración do seu uso e esgotamento.

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS DO TERCEIRO CURSO Tema 1. A organización xeral do corpo humano 1 Algunhas características da vida 2. Os principais aparellos e sistemas do corpo humano 3. Os tecidos 4. A célula, unidade de vida Tema 2. Nutrición e alimentación. O aparello dixestivo 1. Os nutrientes 2. O consumo dos alimentos (I) 3. Doenzas relacionadas coa alimentación 4. O aparello dixestivo. A dixestión 5.as doenzas do aparello dixestivo Tema 3. Aparellos circulatorio, respiratorio e excretor 1. O sangue e o aparello circulatorio 2. O corazón e a circulación sanguínea 3. Doenzas do aparello circulatorio 4. O aparello respiratorio. A respiración 5. Doenzas do aparello respiratorio 6. O aparello excretor

24


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Tema 4. Percepción e coordinación 1 A neurona e o sistema nervioso 2. Elementos do sistema nervioso 3. O funcionamento do sistema nervioso 4. Enfermidades do sistema nervioso 5. O sistema endócrino 6. Equilibrio e doenzas hormonais Tema 5. Percepción e movemento 1. RECEPTORES E ÓRGANOS DOS SENTIDOS: A PEL, O GUSTO, E O OLFACTO 2. O ollo 3. O oído 4. OS ÓSOS. As articulacións e o movemento. O sistema muscular e o exercicio físico Tema 6. Reprodución humana e sexualidade 1 O aparello reprodutor masculino. O aparello reprodutor feminino 2. A menstruación e a fecundidade 3. Desenvolvemento fetal. A xestación 4. As doenzas de transmisión sexual 5. Reprodución asistida Tema 7. Saúde e enfermidade 1. ¿Que é a saúde? 2. As doenzas infecciosas 3. Enfermidades non infecciosas 4. O sistema inmune . Os trasplantes Tema 8. Os recursos naturais e o seu aproveitamento 1. O ser humano e os ecosistemas 2. Os recursos enerxéticos da natureza 3. Os recursos hídricos 4. A auga e a súa reutilización 5. Os residuos e a súa xestión Tema 9. O impacto humano nos ecosistemas 1. A contaminación e os seus tipos 2. Efectos globais da contaminación 3. Outros efectos da contaminación atmosférica 4. A contaminación da agua 5. O solo. Contaminación e degradación. A biodiversidade Tema 10.A actividade xeolóxica externa da terra 1. A ENERXÍA SOLAR 2. A atmosfera terrestre 3. Os mapas do tempo 4. O relevo terrestre. A meteorización Tema 11. O relevo e os axentes xeolóxicos externos 1. Acción xeolóxica das augas superficiais 2. Acción xeolóxica das augas subterráneas 3. Acción xeolóxica do xeo: os glaciares 4. Acción xeolóxica do vento 5. Dinámica mariña 6. A formación de rochas sedimentarias. Carbón e petróleo

25


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DO 3º CURSO

TEMA 1. A ORGANIZACIÓN XERAL DO CORPO HUMANO OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Diferenciar e relacionar os diferentes niveis de organización do corpo humano. Coñecer a importancia da homeostasia para o mantemento da vida. Recoñecer que todos os seres vivos están formados por células e relacionar a súa forma coa función que realizan. Describir a estrutura e función dos compoñentes das células eucariotas: membrana, citoplasma, orgánulos e núcleo. Diferenciar as funcións que realizan orgánulos con estrutura semellante: mitocondrias e cloroplastos, aparello de Golgi e retículo endoplasmático, cilios e flaxelos, vacuolas e lisosomas, etc. Valorar a importancia e función do ADN e os cromosomas na división celular. Identificar os principais aparellos e sistemas do corpo humano. Caracterizar as funcións de nutrición, de relación e de reprodución humanas. Recoñecer os tipos de exploración anatómica e funcional do corpo máis importantes. Definir e caracterizar os diferentes tipos de tecidos do corpo humano. Interpretar diferentes estruturas celulares a través de imaxes microscópicas . Niveis de organización do corpo humano. O mantemento da vida: a homeostasia. A célula, unidade de vida . A estrutura da célula eucariota: membrana, núcleo e citoplasma. O núcleo e os cromosomas. Os principais aparellos e sistemas do corpo humano. Funcións de nutrición, de relación e de reprodución. Recoñecemento dos diferentes tipos de exploración anatómica e funcional do corpo. Os tecidos: definición e tipos. Caracterización dos diferentes tecidos: epitelial, conxuntivo, nervioso e muscular . Realización de preparacións microscópicas de células vexetais e de células animais e posterior observación co microscopio óptico. Interese por coñecer a estrutura e funcionamento da célula, unidade básica da vida. Confirmar que o alumno ou a alumna diferencia correctamente os termos: orgánulo, célula, tecido, órgano, sistema ou aparello e individuo . Observar que saben explicar a importancia da homeostasia para a vida . Verificar se saben describir a estrutura e función dos compoñentes das células: membrana, citoplasma, orgánulos e núcleo. Avaliar se recoñecen os principais aparellos e sistemas do corpo humano. Observar se saben diferenciar os tipos de exploración anatómica e funcional do corpo máis importantes . Analizar se definen e caracterizan os diferentes tipos de tecidos do corpo humano. Comprobar que coñecen as funcións dos orgánulos ou estruturas celulares .

TEMA 2. NUTRICIÓN E ALIMENTACIÓN. O APARELLO DIXESTIVO OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

Diferenciar conceptos como nutrición, alimentación e dixestión . Coñecer distintos tipos de nutrientes e as funcións que realiza cada un e identificar os alimentos que achegan maior cantidade deles . Recoñecer a necesidade dunha dieta sa e equilibrada que achegue a enerxía e todos os nutrientes que o corpo necesita . Coñecer os síntomas de enfermidades relacionadas coa alimentación, analizar as causas que as producen e o modo de as tratar. Coñecer a anatomía e a fisioloxía do aparello dixestivo e asociar cada unha das súas partes coa función que realiza na dixestión . Describir o proceso de dixestión e da absorción intestinal dun alimento concreto .

26


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Valorar a importancia dos dentes no proceso da dixestión. Coñecer algunhas das principais enfermidades do aparello dixestivo e identificar os seus síntomas e a forma de as previr.

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Nutrición e nutrientes: glícidos, lípidos, proteínas, auga, minerais e vitaminas. O consumo dos alimentos. Nutrición e saúde: a dieta equilibrada . Os riscos da malnutrición. A dieta mediterránea. Observación e comentario da táboa de composición dos principais alimentos. Conciencia da importancia dunha correcta alimentación para o desenvolvemento físico e para o mantemento dun estilo de vida saudable e sensibilidade diante do grave problema que representa a fame e a desnutrición no mundo . Identificación das partes do aparello dixestivo. Estrutura do intestino delgado. O proceso da dixestión. Procesos mecánicos e químicos. A absorción de nutrientes. Enfermidades relacionadas coa alimentación e co aparello dixestivo. Observación polo miúdo e interpretación da información contida nos esquemas do aparello dixestivo . Estudo das técnicas de conservación de alimentos e das normas sanitarias de hixiene e manipulación, e interpretación da información das etiquetas .

Comprobar se diferencian os conceptos de nutrición, alimentación e dixestión. Verificar se coñecen as funcións que realiza cada nutriente e confirmar que identifican os alimentos que nos achegan. Analizar se recoñecen a necesidade de manter unha dieta sa e equilibrada, valorando os hábitos nutricionais que presentan. Observar se practican as normas de hixiene e manipulación dos alimentos, e se coñecen os procesos básicos de conservación. Observar se as alumnas e os alumnos coñecen os síntomas de enfermidades alimentarias e do aparello dixestivo e analizar as opinións sobre elas. Avaliar se caracterizan a anatomía e fisioloxía do aparello dixestivo e asegurarse que coñecen o proceso da dixestión.

TEMA 3. APARELLOS CIRCULATORIO, RESPIRATORIO E EXCRETOR OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

Recoñecer a existencia, no noso corpo, de células especializadas na realización das funcións relacionadas coa circulación, respiración e excreción. Coñecer o papel que xogan os aparellos circulatorio, respiratorio e excretor na nutrición humana e a función do sangue. Describir a anatomía e a fisioloxía dos aparellos circulatorio, respiratorio e excretor e explicar como funcionan os seus órganos. Explicar correctamente como se realiza o intercambio de substancias entre as células e o sangue, o intercambio de gases entre o aire dos alvéolos e o sangue, e a formación da urina nos riles. Diferenciar correctamente os conceptos: respiración celular, intercambio de gases, ventilación pulmonar, excreción e defecación. Coñecer as enfermidades relacionadas co aparello circulatorio, o aparello respiratorio e o aparello excretor. O aparello circulatorio. O sangue é o vehículo de transporte entre as células. Función e composición . Os vasos sanguíneos. O intercambio de substancias entre o sangue e as células. O corazón. A circulación do sangue: circulación maior e menor. Identificación das principais enfermidades do aparello circulatorio. O aparello respiratorio. A respiración proporciona a enerxía que utilizan as células. Identificación do proceso da respiración. A ventilación pulmonar. O intercambio

27


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

de osíxeno e dióxido de carbono nos pulmóns. As enfermidades do aparello respiratorio. Beneficios do exercicio físico. O aparello excretor. Órganos excretores. O aparello urinario. Estrutura do ril. Etapas da formación da urina. Enfermidades do aparello excretor. Identificación e debuxo dos órganos que forman parte dos aparellos circulatorio, respiratorio e excretor e do papel que desempeñan. Análise das graves consecuencias do tabaco sobre a saúde e valoración dos esforzos realizados para mellorar a calidade de vida. Disección dun corazón dun año e identificación das súas partes, utilizando de modo responsable o material do laboratorio. Recoñecemento do avance da medicina no diagnóstico e o tratamento de moitas doenzas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Comprobar que saben describir e explicar a estrutura, compoñentes e función do sangue e do aparello circulatorio . Verificar que caracterizan a estrutura, compoñentes e función do aparello respiratorio e saben explicar o proceso da respiración . Avaliar que saben describir a estrutura, compoñentes e función do aparello excretor e as etapas de formación da urina . Confirmar que o alumnado coñece a coordinación entre o aparello circulatorio, o respiratorio e o excretor . Identificar as principais enfermidades relacionadas cos aparellos.

TEMA 4. PERCEPCIÓN E COORDINACIÓN OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

Recoñecer os sistemas nervioso e endócrino como os encargados das funcións de relación e coordinación. Identificar a morfoloxía das neuronas e os seus diferentes tipos. Diferenciar o sistema nervioso central e o periférico. Coñecer a natureza e aplicacións dos medicamentos e analizar as consecuencias do seu uso incorrecto. Reflexionar sobre os perigos que entraña o consumo de drogas e de alcol, tanto na propia persoa como nos demais. Valorar a importancia do sistema endócrino na regulación de moitas funcións do organismo. Describir o funcionamento do sistema endócrino e o seu principal mecanismo de regulación, a retroalimentación. Diferenciar as principais glándulas e hormonas do noso corpo. Identificar as enfermidades hormonais máis frecuentes.

A neurona e o sistema nervioso . Tipos de células do sistema nervioso. Comunicación entre neuronas: o impulso nervioso. Elementos do sistema nervioso. Sistema nervioso central e periférico. Substancia branca e substancia gris. Identificación das funcións do sistema nervioso. Niveis de integración nerviosa. Localización das principais áreas do cerebro. Doenzas e trastornos psíquicos máis frecuentes do sistema nervioso. Recoñecemento das principais enfermidades neurodexenerativas: Alzheimer e Parkinson. Equilibrio e enfermidades hormonais . Identificación de elementos que forman o sistema endócrino. Glándulas e hormonas. Sensibilidade e respecto para os que presentan algunha enfermidade relacionada cos sistemas de relación e coordinación humanos. Recoñecemento do tempo de reacción do impulso nervioso. Adquisición de hábitos de hixiene para conseguir unha boa calidade de vida. Valorar a súa opinión respecto ao consumo de drogas e de alcol e analizar os

28


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

efectos das drogas, o alcol e o tabaco .

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Comprobar que debuxan, describen e clasifican as neuronas segundo a función que realizan. Observar se os alumnos e as alumnas identifican e localizan as partes do sistema nervioso central e do sistema nervioso periférico. Verificar se coñecen a función que realiza cada centro nervioso, cerebro, cerebelo, bulbo raquídeo e medula espiñal. Observar se identifican o sistema endócrino e recoñecen a función das hormonas. Ver se analizan a retroalimentación como regulación do sistema endócrino. Ver se coñecen algunhas enfermidades dos sistemas nervioso e endócrino.

TEMA 5. PERCEPCIÓN E MOVEMENTO OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Coñecer e describir os principais receptores sensoriais do corpo humano e asocialos correctamente cos estímulos que captan. Identificar as partes do ollo e do oído, explicar o papel que xogan e coñecer algúns dos defectos visuais máis comúns. Localizar os principais tipos de ósos e os tipos de articulacións. Identificar os ósos como estruturas vivas e relacionar os elementos que os constitúen co crecemento corporal. Coñecer os tipos de musculatura segundo a morfoloxía das súas células, a función que realizan e os órganos do corpo que os presentan. Saber describir o proceso de contracción muscular. Coñecer as vantaxes da práctica regular de exercicio físico. Analizar as lesións máis frecuentes do aparello locomotor .

Receptores e órganos dos sentidos. Receptores internos, pel, gusto e olfacto. Órganos dos sentidos: o ollo e o oído. Doenzas relacionadas cos órganos dos sentidos. O movemento do corpo humano. O esqueleto é o soporte do corpo. As funcións do esqueleto. Estrutura e constitución dos ósos. Recoñecemento dos ósos do corpo humano. Doenzas e trastornos psíquicos máis frecuentes do sistema nervioso. As articulacións e o movemento . Diferentes articulacións do corpo humano. O sistema muscular e a locomoción. Contracción muscular . O sistema muscular e o exercicio físico. Lesións máis frecuentes do aparello locomotor . Realización dunha experiencia para medir a sensibilidade da pel. Busca de información sobre algunhas enfermidades do aparello locomotor: a osteoporose, a artrose, fracturas, etc. Valoración dos avances da ciencia para aumentar o coñecemento sobre o funcionamento do corpo humano.

Comprobar que o alumnado asocia a idea de receptor sensorial tanto aos receptores que permiten captar estímulos do medio externo como a aqueles que captan as sensacións do interior do corpo. Verificar que coñecen as funcións do aparello locomotor, constituído polo esqueleto e os músculos. Observar se saben localizar os principais ósos do corpo. Comprobar que os alumnos e as alumnas identifican os distintos tipos de articulación. Verificar que coñecen os compoñentes da estrutura dos ósos. Avaliar o coñecemento sobre os tipos de musculatura e a contracción muscular. Comprobar que valoran a práctica regular dalgún deporte e verificar se recoñecen

29


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

as lesións do aparello locomotor.

TEMA 6. REPRODUCIÓN HUMANA E SEXUALIDADE OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Coñecer a finalidade da función vital da reprodución. Identificar as partes dos aparellos reprodutores: masculino e feminino. Describir as características do óvulo e do espermatozoide. Describir correctamente as fases do ciclo menstrual feminino e explicar o papel das diferentes hormonas sexuais. Describir a fecundación e as distintas etapas do desenvolvemento fetal. Analizar e valorar as técnicas de reprodución asistida. Coñecer os distintos métodos anticonceptivos e as principais enfermidades de transmisión sexual, especialmente a sida (os seus síntomas, o seu medio de contaxio e a súa prevención). Practicar hábitos de hixiene e coidado do aparello reprodutor. Diferenciar os conceptos de reprodución e sexualidade, e analizar os cambios físicos e psicolóxicos da adolescencia .

O aparello reprodutor masculino. A produción de espermatozoides. O aparello reprodutor feminino. A produción de óvulos. Adolescencia e puberdade en home e muller. O ciclo menstrual. O papel das hormonas sexuais masculinas e femininas. Fecundación e embarazo. Desenvolvemento fetal e parto. Identificación das enfermidades de transmisión sexual. A sida. Toma de conciencia dos consellos de hixiene e coidado dos aparellos reprodutores para evitar infeccións. Reprodución e sexualidade. Adolescencia e relacións sexuais. Identificación dos métodos anticonceptivos. As técnicas de reprodución asistida. Principais aspectos éticos e sociais. Representación e interpretación dos datos dunha táboa. Respecto para todas as persoas independentemente do seu sexo e das súas tendencias sexuais. Valoración do papel da sexualidade no desenvolvemento persoal.

Observar se identifican e localizan as partes dos aparellos reprodutores masculino e feminino, e se coñecen as súas funcións. Comprobar se recoñecen as características morfolóxicas das células reprodutoras e se as relacionan coa súa funcionalidade. Comprobar que coñecen o ciclo sexual feminino. Avaliar se recoñecen o papel do sistema endócrino na reprodución. Verificar se son capaces de interpretar correctamente unha serie de fotografías ou esquemas sobre o desenvolvemento embrionario e fetal. Examinar as vantaxes e inconvenientes dos anticonceptivos e comprobar se coñecen as enfermidades de transmisión sexual. Verificar se diferencian sexualidade e reprodución, e analizar os cambios da adolescencia e a súa razón de ser.

TEMA 7. SAÚDE E ENFERMIDADE OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

Describir os conceptos de saúde e enfermidade na sociedade actual. Diferenciar as principais enfermidades infecciosas e identificar os microorganismos que as producen. Recoñecer a importancia da prevención e diagnóstico das enfermidades. Coñecer como se contaxian, se preveñen e se curan as principais enfermidades infecciosas.

30


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Identificar as principais enfermidades non infecciosas. Valorar a importancia que ten o coidado do noso corpo para previr o cancro e as enfermidades neurodexenerativas. Argumentar sobre as implicacións éticas e sociais dos transplantes.

CONTIDOS

RITERIOS DE AVALIACIÓN

Saúde e enfermidade. Prevención, diagnóstico e exame das enfermidades. As enfermidades infecciosas: contaxio, prevención e cura . A prevención contra as infeccións: os antibióticos e a hixiene corporal. As enfermidades non infecciosas: o cancro e as enfermidades neurodexenerativas. A saúde na terceira idade. O sistema inmune. Definición e funcionamento. A resposta inmune. Principais enfermidades do sistema inmune. O sistema linfático. Localización dos órganos linfoides. Tipos de vacinas e inmunización. Os transplantes. As implicacións éticas dos transplantes. As células nai, unha nova terapia. Interpretación dunha enquisa . Valoración das precaucións que deben tomarse para evitar contaxios de enfermidades. Sensibilidade diante dos problemas de saúde que existen en moitas zonas subdesenvolvidas do mundo. Valoración dos esforzos realizados por moitos científicos ao longo da historia para coñecer e previr as distintas enfermidades.

Verificar se describen correctamente os conceptos de saúde e enfermidade na sociedade actual. Comprobar se os alumnos e as alumnas recoñecen a importancia da prevención e o diagnóstico das enfermidades. Ver se coñecen as formas de contaxio, prevención e cura das principais enfermidades infecciosas e se identifica as principais enfermidades non infecciosas. Observar se saben explicar como se produce a resposta inmune no organismo. Avaliar se valoran a importancia que ten o coidado do noso corpo para previr o cancro e as enfermidades neurodexenerativas . Constatar se reflexionan sobre as implicacións éticas e sociais dos transplantes .

TEMA 8. OS RECURSOS NATURAIS E O SEU APROVEITAMENTO OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

Recoñecer os diferentes tipos de recursos naturais existentes. Concienciarse do esgotamento dos recursos naturais. Diferenciar entre as enerxías renovables e as non renovables. Valorar a importancia da conservación e mantemento dos recursos hídricos existentes. Coñecer os tipos de contaminación da auga doce. Saber explicar o tratamento de potabilización da auga. Diferenciar as etapas do proceso para a depuración de augas residuais xeradas polas actividades humanas. Coñecer o tratamento dos diferentes tipos de residuos. Valorar a importancia da xestión sostible dos residuos.

Tipos de recursos naturais. O esgotamento dos recursos naturais. Recursos enerxéticos. Enerxías renovables e non renovables.

31


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

As consecuencias ambientais do consumo de enerxía. Valoración da importancia do aproveitamento dos recursos e as enerxías renovables. Os recursos hídricos. A importancia do bo uso e xestión da auga. A contaminación da auga doce. A auga e a súa reutilización. Potabilización da auga. Depuración de augas residuais. Medición da contaminación da auga. Os residuos e a súa xestión. Residuos líquidos, sólidos e residuos perigosos. Tratamento dos diferentes tipos de residuos. A xestión sostible dos residuos. Aprendemos a medir o pH da auga natural. Análise de gráficos e táboas sobre os diferentes conceptos introducidos neste tema. Interpretación dunha táboa sobre as plantas de tratamento biolóxico por comunidades autónomas. Concienciación da importancia da reciclaxe dos diferentes tipos de residuos xerados polo ser humano. Valoración do impacto do ser humano sobre os ecosistemas do planeta.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Comprobar que identifican os diferentes tipos de recursos naturais. Observar se diferencian entre as enerxías renovables e as non renovables. Verificar se valoran a importancia da conservación e mantemento dos recursos hídricos existentes. Analizar se coñecen os tipos de contaminación da auga doce. Avaliar se saben explicar o tratamento de potabilización da auga. Ver se diferencian as etapas do proceso para a depuración de augas residuais.

TEMA 9. O IMPACTO HUMANO NOS ECOSISTEMAS OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

Distinguir diferentes tipos de contaminación (atmosférica, acústica, da auga, do solo, etc.). Recoñecer e clasificar os principais contaminantes atmosféricos e os seus efectos. Coñecer os cambios atmosféricos globais (chuvia ácida, diminución da capa de ozono, efecto invernadoiro), a súa orixe e as súas consecuencias. Aplicar pautas de comportamento que permitan afrontar o cambio climático actual. Identificar os contaminantes locais máis importantes (néboa fotoquímica, ruído...). Distinguir os principais problemas ambientais que produce a contaminación da auga e coñecer as fases de depuración da auga contaminada. Diferenciar tipos de contaminación do solo que conducen á súa degradación e enunciar técnicas de recuperación ou de conservación do solo. Ser conscientes da perda de biodiversidade no planeta en parte debida ás actividades humanas.

A contaminación. Tipos de contaminantes. Principais contaminantes atmosféricos . Diferenciación entre contaminantes atmosféricos de tipo físico e de tipo químico. Efectos globais da contaminación atmosférica. A capa de ozono. A chuvia ácida. O efecto invernadoiro. O cambio climático. Dedución das consecuencias que se derivan do cambio climático actual e proposición de accións que axuden a deter dito cambio. Determinación dos procesos que orixinan a chuvia ácida e avaliación das súas consecuencias. A contaminación da auga. Efectos da contaminación. Eutrofización da auga. O solo: contaminación e degradación. A desertificación. O uso de praguicidas. Os factores que inflúen na perda de biodiversidade. Os vertebrados ameazados do planeta. Defensa do medio ante as actividades humanas que o degradan ou contamínan.

32


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

IES DE BARRO

Comprobar que saben distinguir entre contaminantes atmosféricos de tipo físico e de tipo químico. Verificar que coñecen os procesos que orixinan os contaminantes atmosféricos. Avaliar se deducen as consecuencias que se derivan do cambio climático actual e ver se saben propor accións que axuden a deter o dito cambio. Comprobar que identifican os principais contaminantes da auga e constatar que recoñecen as fases de depuración que son necesarias para tratar a auga para o consumo humano. Verificar que diferencian os principais procesos de contaminación e de degradación do solo e avaliar se identifican diferentes técnicas destinadas á súa recuperación. Observar se valoran a importancia da biodiversidade no planeta.

TEMA 10.A ACTIVIDADE XEOLÓXICA EXTERNA DA TERRA OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Recoñecer a orixe da enerxía solar e identificar o espectro da radiación solar. Identificar a composición e a estrutura da atmosfera terrestre e valorar a súa importancia para a vida no noso planeta. Saber explicar a circulación xeral da atmosfera. Interpretar e valorar a utilidade dos mapas do tempo. Identificar os axentes xeolóxicos que configuran o relevo da superficie terrestre. Recoñecer a utilidade dos mapas topográficos e saber interpretalos. Resolver as cuestións formuladas sobre a información obtida en debuxos, gráficos, fotografías, esquemas, mapas e textos.

A enerxía externa do planeta. Orixe da enerxía solar. A radiación solar . A atmosfera filtra a radiación solar. O estudo do Sol. A atmosfera terrestre: composición e estrutura. Funcións da atmosfera. A circulación xeral da atmosfera. A presión atmosférica. Os mapas do tempo. Anticiclóns e borrascas. A información meteorolóxica. O relevo terrestre e os axentes xeolóxicos externos e internos. A interpretación dos mapas topográficos. Observación de diferentes fotografías e debuxos, e análise da información que conteñen. Busca de información sobre algúns fenómenos atmosféricos. Análise de datos meteorolóxicos. Interese por coñecer os cambios presentes e futuros da atmosfera e a hidrosfera terrestre, así como as súas consecuencias directas sobre as poboacións humanas. Participación activa na realización de prácticas, a elaboración de conclusións, etc., valorando o traballo en equipo. Defensa do medio diante das actividades humanas que o degradan ou contamínan.

Comprobar que recoñecen a orixe da enerxía solar e identifican o espectro da radiación solar. Verificar que saben recoñecer a filtración cualitativa da radiación que realiza a atmosfera terrestre. Analizar se saben identificar a composición e a estrutura da atmosfera terrestre. Ver se analizan algunhas propiedades da atmosfera terrestre como a presión ou a circulación dos ventos. Observar se saben interpretar e recoñecer a utilidade dos mapas do tempo. Avaliar se identifican os axentes xeolóxicos externos e internos que inflúen no modelado do relevo. Constatar se saben interpretar correctamente mapas topográficos.

33


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

TEMA 11. O RELEVO E OS AXENTES XEOLÓXICOS EXTERNOS OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identificar os factores externos que inflúen no modelado do relevo: meteorización, erosión, transporte e sedimentación. Describir correctamente o proceso da meteorización. Recoñecer os principais tipos e características das augas salvaxes e das augas canalizadas. Identificar as características e o aproveitamento das augas subterráneas. Valorar a utilidade dos acuíferos. Recoñecer o carst como o relevo escavado polas augas subterráneas. Localizar e caracterizar os principais relevos creados nos glaciares . Describir a acción xeolóxica do mar e recoñecer os tipos de relevos litorais. Identificar as principais características das rochas sedimentarias detríticas, de precipitación química e de orixe orgánica. Valorar a importancia e función dos combustibles fósiles: carbón e petróleo. Identificación dos procesos externos que inflúen no modelado do relevo: meteorización, erosión, transporte e sedimentación. Definición e tipos de meteorización: física, química e biolóxica. Acción xeolóxica das augas superficiais e subterráneas. Os acuíferos. O aproveitamento das augas subterráneas. O relevo cárstico. Acción xeolóxica do xeo. Os glaciares. Os grandes casquetes polares. O relevo creado nos glaciares . O movemento do xeo nun glaciar. Acción xeolóxica do vento. O relevo producido polo vento. A enerxía eólica. A desertificación. Dinámica mariña. O relevo litoral. Enerxía mareomotriz. A formación das rochas sedimentarias. Rochas detríticas, de precipitación química e de orixe orgánica. Os combustibles fósiles: carbón e petróleo. Descrición, mediante exemplos, fotografías ou esquemas, da acción xeolóxica dos diferentes axentes xeolóxicos externos. Defensa do medio diante das actividades humanas que o degradan. Avaliar se identifican os factores externos que inflúen no modelado do relevo: meteorización, erosión, transporte e sedimentación. Constatar se diferencian os tres tipos de meteorización das rochas que existen. Comprobar que identifican as características e o aproveitamento das augas subterráneas e constatar que saben valorar a utilidade dos acuíferos. Analizar que recoñecen o carst como o relevo escavado polas augas subterráneas. Verificar que saben caracterizar os principais relevos creados nos glaciares . Comprobar que describen a acción xeolóxica do mar e recoñecen os principais tipos de relevos litorais . Comprobar se identifican as principais características das rochas sedimentarias detríticas, de precipitación química e de orixe orgánica. Constatar se valoran a importancia e función dos combustibles fósiles: carbón e petróleo.

CIENCIAS DA NATUREZA: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO TERCEIRO CURSO 1. Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psicolóxicos, económicos e sociais e valorar a importancia dos estilos de vida para previr enfermidades e mellorar a calidade de vida, así como as

34


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

continuas achegas das ciencias biomédicas. Explicar os mecanismos de defensa que evitan ou loitan contra os axentes causantes de enfermidades. 2.

Coñecer os aspectos básicos da reprodución humana e describir os acontecementos fundamentais da fecundación, o embarazo e o parto. Comprender o funcionamento dos métodos de control da natalidade e valorar o uso de métodos de prevención de enfermidades de transmisión sexual.

3.

Explicar os cambios fundamentais que sofre o alimento ao longo de todo o proceso de nutrición, utilizando esquemas ou ilustracións en cada unha das etapas. Xustificar a necesidade de adquirir hábitos alimentarios saudables.

4.

Coñecer os órganos dos sentidos e explicar a misión integradora dos sistemas nervioso e endócrino. Relacionar as alteracións máis frecuentes cos órganos e procesos implicados en cada caso, identificar os factores sociais que repercuten negativamente na saúde como o estrés e o uso de sustancias aditivas.

5.

Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos na orixe e modelado do relevo terrestre, así como no proceso de formación das rochas sedimentarias.

6.

Valorar a capacidade para recompilar información procedente de distintas fontes sobre a influencia das actuacións humanas no ambiente, analizar esta información e formular propostas para promover unha xestión máis racional dos recursos naturais.

7.

Determinar os trazos distintivos do traballo científico analizando como se chegou á formulación e/ou ás propostas de resolución dalgún problema medio ambiental de actualidade.

8. Valorar a situación mundial da distribución da riqueza e as súas repercusións sobre a saúde e o ambiente, identificando interrelacións xeopolíticas, sociais, económicas e culturais.

Desenvolvemento de 4º curso CONTIDOS CONCEPTUAIS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4 º curso OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

a) Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras

b) c) d) e) f) g) h) i) j) k)

persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres. Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos. Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. Concibir o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia. Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades. Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexos, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura. Comprender e expresarse en máis dunha lingua estranxeira de maneira apropiada. Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propia e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural, coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galega ou a outras culturas do mundo. Coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, aceptar o propio e odas outras persoas, aprender a coidalo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos do coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e apráctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos

35


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e oa mbiente, contribuíndo á súa conservación e mellora. l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación. m) Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade.

OBXECTIVOS DO CUARTO CURSO 1. Coñecer e respectar os dereitos e deberes dos cidadáns e cidadás, preparándose para o exercicio dos primeiros e para o cumprimento dos segundos. (a) Asimilar hábitos e estratexias de traballo autónomo e en equipo que favorezan a aprendizaxe e desenvolvemento intelectual do alumnado. (b) 3. Aprender a relacionarse cos demais e a participar en actividades de grupo con actitudes solidarias e tolerantes, valorando criticamente as diferenzas e rexeitando os prexuízos sociais, así como calquera forma de discriminación baseada en diferenzas de raza, sexo, crenzas ou clase social. (c, d) 4. Aprender a xestionar a información (procura, selección e tratamento de datos), interpretala e valorala de forma crítica; e a transmitírllela aos demais de xeito organizado e intelixible. (e) 5. Utilizar estratexias de identificación e resolución de problemas en diferentes áreas de coñecemento mediante a aplicación do razoamento lóxico, a formulación e o contraste de hipóteses. (f) 6. Coñecer e valorar criticamente o desenvolvemento científico e tecnolóxico que tivo lugar ao longo da historia nos diversos eidos do saber; utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación para a xestión e a análise de datos, a presentación de traballos e informes. (f, e) 7. Coñecerse cada vez máis a si mesmo cunha imaxe positiva, exercer unha crecente autonomía persoal na aprendizaxe, buscando un equilibrio das distintas capacidades físicas, intelectuais e emocionais, con actitude positiva cara ao esforzo e a superación das dificultades. (g, d) 8. Comprender e producir mensaxes orais e escritas correctamente, reflexionar sobre os procesos implicados no uso dos distintos tipos de linguaxe (verbal, matemática, gráfica, plástica, musical, informática), e iniciarse no estudo da literatura. (h, l) 9. Adquirir unha destreza comunicativa funcional nunha ou dúas linguas estranxeiras. (i) 10. Coñecer e respectar os mecanismos e valores que rexen a sociedade, as crenzas e valores da nosa tradición e do noso patrimonio cultural e desenvolver unha actitude favorable a coñecelos e comprendelos mellor. (j, m) 11. Comprender os aspectos básicos do funcionamento do corpo humano e desenvolver actitudes e hábitos positivos cara á conservación e prevención da saúde individual e colectiva (levar unha vida sa cun exercicio físico periódico, unha hixiene esmerada e unha alimentación equilibrada, etc.). (k) 12. Analizar os mecanismos básicos que rexen o funcionamento do medio físico valorando as repercusións que as actividades humanas teñen sobre el, así como as diversas formas de contribuír activamente a defendelo, conservalo e melloralo. (k) 13. Saber interpretar, valorar e producir mensaxes que utilicen diversos códigos artísticos, científicos e técnicos co fin de enriquecer as posibilidades de comprensión e expresión de forma precisa, creativa e comunicativa. (l) 14. Valorar a necesidade de coñecer, protexer e conservar o patrimonio lingüístico e cultural como manifestación da nosa memoria colectiva, e entender a diversidade lingüística e cultural como un dereito indiscutible dos pobos e dos individuos. (m) 15. Coñecer as particularidades do patrimonio natural, histórico e artístico de Galicia, e valorar a necesidade de participar de forma activa na súa protección e conservación para asegurar a súa sostibilidade e o seu traspaso ás xeracións futuras. (m) 16. Comprender a importancia do coñecemento e o uso do galego como parte da nos identidade colectiva e individual. (n) As letras entre parénteses (a, b,…) indican o obxectivo xeral da Educación Secundaria Obrigatoria ao que se refire cada un dos obxectivos xerais do Cuarto Curso. 2.

CIENCIAS DA NATUREZA COMPETENCIAS BÁSICAS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

36


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

As ciencias da natureza contribúen a adquisición das competencias básicas dende a organización das materias que integran a área, da súa estrutura conceptual, da metodoloxía utilizada e das actitudes e valores que promove. A comunicación, nos ámbitos da comprensión e expresión, tanto oral como escrita, constitúe un eixe fundamental no proceso de ensino e aprendizaxe do coñecemento científico, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística. Nesta área trátase de desenvolver a capacidade de comprensión cando se fan lecturas de textos científicos e o alumnado aprende a diferencialos doutros que non son científicos, cando se contrastan materiais escritos e audiovisuais de diferentes fontes, tanto descritivos como argumentativos, nun proceso que pasa pola identificación dos conceptos e ideas principais, a interpretación do papel que desempeñan segundo o contexto e as relacións que se establecen entre eles. Na resolución de problemas débese estimular a lectura comprensiva a través da contextualización da situación, da identificación dos conceptos que aparecen e das relacións que se establecen entre ditos conceptos e os datos. No ensino da área a expresión oral e escrita busca a coherencia e precisión no uso da linguaxe, tanto no nivel descritivo como no interpretativo. Trabállase a expresión cando se emiten hipóteses, contrástanse ideas, acláranse significados sobre conceptos ou procesos científicos en contextos diferentes, realízanse sínteses, elabóranse mapas conceptuais, extráense conclusións, realízanse informes ou organízanse debates onde se fomenten actitudes que favorezan a mellora na expresión oral e escrita, a confianza para expresarse en público, o saber escoitar, o contrastar opinións e ter en conta as ideas dos demais. Contribúe esta área ao desenvolvemento da competencia matemática, dado que o coñecemento científico se cuantifíca grazas á linguaxe matemática. O emprego de números, símbolos, operacións e relacións entre eles, forman parte da metodoloxía científica e constitúen unha base importante para a comprensión de leis e principios. Na realización de investigacións sinxelas, traballos prácticos ou resolucións de problemas desenvólvense capacidades para identificar e manexar variables, para organizar e representar datos obtidos de maneira experimental, para a interpretación gráfica das relacións entre eles, para realizar operacións con números e símbolos, para atopar as solucións correctas, para cuantificar as leis e principios científicos e para utilizar estratexias básicas na resolución. Nas ciencias da natureza emprégase o razoamento matemático como apoio cara a unha mellor comprensión das relacións entre conceptos. A competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico recae de xeito importante sobre esta área na cal o alumnado aprende os conceptos básicos que lle permitan a análise, dende diferentes eidos do coñecemento científico, da materia, dos seres vivos, dos fenómenos naturais, das súas transformacións, dos seus efectos sobre o ambiente e a saúde, dos cambios e dos obxectos tecnolóxicos. A área de ciencias da natureza contribúe á competencia de tratamento da información e competencia dixital, xa que se traballan habilidades para identificar, contextualizar, relacionar, e sintetizar a información procedente de diferentes fontes e presentada en diversos linguaxes propias das tecnoloxías da información e comunicación, como os buscadores pola internet, documentos dixitais, foros, chats, mensaxaría, xornais dixitais, revistas divulgativas na web, presentacións electrónicas e simulacións interactivas. Cando se traballa a crítica reflexiva sobre as informacións de tipo científico que achegan as tecnoloxías da información e a comunicación, foméntanse actitudes favorables ao emprego delas evitando o seu emprego indiscriminado. Cando se apoia a aprendizaxe de modelos teóricos por medio de simulacións, cando se traballan representacións de datos por medio de programas informáticos, cando se realizan experiencias virtuais para contrastalas coas reais, cando se representan estruturas moleculares, atómicas, anatómicas, xeolóxicas, situacións problemáticas coa axuda dos ordenadores, desde a área estase a contribuír á competencia dixital. En relación coa competencia social e cidadá, esta área trata de dotar o alumnado das habilidades necesarias para comprender a problemática actual en relación coa súa persoa, co resto da sociedade e co planeta. A aproximación do currículo á situación concreta na cal se vive, facilita a participación activa do alumnado en actividades que impliquen esa cidadanía responsable. As ciencias da natureza contribúen a coñecer e aceptar o funcionamento do corpo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e ser críticos cos hábitos sociais pouco saudables e a contribuír á conservación e mellora do ambiente. Os debates históricos sobre as diferentes concepcións dos fenómenos que afectan ás persoas serven para traballar habilidades sociais relacionadas coa participación, cooperación e poñerse en lugar dos outros, aceptar diferenzas, respectar os valores, crenzas e incluso a diversidade de culturas. A contribución da área á competencia cultural e artística.: Na expresión das ideas, conceptos e principios das ciencias da natureza empréganse, de xeito creativo, diferentes códigos artísticos para representar fenómenos ou situacións dun xeito comprensible Desde a área de ciencias contribúese a desenvolver esta competencia cando se promove a presentación das ideas ou traballos en formatos diversos, onde se lles deixa ás alumnas e aos alumnos a liberdade de elixir ditos formatos estéticos e artísticos, cando se utilizan os museos de ciencias para espallar os xeitos de

37


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

pensar ou facer doutras culturas, ou nas exposicións relacionadas co ámbito científico, como medio de coñecer, comprender e gozar do coñecemento científico. O desenvolvemento da competencia de aprender a aprender dende os ámbitos científico e tecnolóxico, nun mundo en continuo e acelerado cambio, implica espertar inquedanzas e motivacións cara á aprendizaxe permanente. Cando afloran as ideas previas do alumnado sobre os contidos científicos, favorécese esta competencia xa que se está a promover que as alumnas e os alumnos sexan conscientes do seus propios coñecementos e limitacións. Pódese empregar a historia da ciencia para que os estudantes non caian no desánimo de estar case sempre errados nas súas concepcións, cando ata os máis grandes científicos experimentaron erros e resistencias ás novas ideas.

CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS: CUARTO CURSO 1. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico Coñecer a teoría celular e a organización básica dos seres vivos. Diferenciar as etapas características da mitose e a meiose. Recoñecer as bases biolóxicas da herdanza dos caracteres. Valorar os avances biotecnolóxicos relacionados coas características do ADN. Coñecer as principais teorías relacionadas coa evolución biolóxica. Identificar os procesos característicos do funcionamento dos ecosistemas. Recoñecer os impactos ambientais que provoca o ser humano nos ecosistemas. Diferenciar os cambios xeolóxicos e biolóxicos ocorridos ao longo da historia da Terra. Coñecer a teoría da tectónica de placas e as probas que a confirman. Identificar as principais manifestacións da enerxía interna da Terra. 2. Competencia matemática Tomar medidas en actividades experimentais utilizando as unidades adecuadas. Extraer datos numéricos de gráficas, táboas e esquemas. Realizar cálculos de porcentaxes e outras proporcións en exercicios de xenética. Cuantificar numericamente as relacións entre dúas variables. 3. Tratamento da información e competencia dixital Organizar a información relativa a un tema elaborando esquemas e mapa conceptuais. Interpretar gráficos tirando a información cuantitativa e cualitativa solicitada. Acceder a internet para procurar información específica e utilizar recursos educativos. 4. Competencia social e cidadá Considerar as implicacións éticas da utilización dos avances xenéticos na reprodución humana. Valorar as vantaxes e os inconvenientes da aplicación da biotecnoloxía ao noso xeito de vida. Liberar a sociedade de prexuízos sen fundamento científico. Valorar as opinións e os argumentos diferentes dos propios. Xulgar os debates científicos que contribuíron á extensión dos dereitos humanos. 5. Competencia en comunicación lingüística Definir con precisión os conceptos básicos de bioloxía que se introduciron. Explicar oralmente ou por escrito a información requirida. Empregar unha terminoloxía precisa para describir fenómenos naturais. Interpretar textos científicos. 6. Competencia para aprender a aprender Perseverar na aplicación dos procedementos que se aprenden. Reflexionar sobre as causas dos posibles erros cometidos nas actividades realizadas. Buscar unha coherencia global dos coñecementos científicos. Comparar procesos ou estruturas distinguindo as semellanzas e as diferenzas. 7. Autonomía e iniciativa persoal Aplicar criterios de clasificación en diferentes ámbitos da bioloxía e a xeoloxía. Potenciar o espírito crítico fronte a informacións de calquera índole.

38


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Desenvolver a capacidade de análise. Deseñar actividades de tipo experimental para comprobar ou cuantificar procesos. Propor hipóteses e analizar a súa coherencia coas observacións realizadas.

CIENCIAS DA NATUREZA OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 1 2.

3. 4. 5.

6. 7.

8.

9.

Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias da natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipótese, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudio realizado e a busca de coherencia global. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes como oral, escrito, gráfico, icónico, multimedia, etc.; con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos, eo ambiente, asi como para contrastar as opinións persoais. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade, facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de enfermidades. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e globais aos cales nos enfrontamos. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade.Coñecer e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable. Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida. Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrexirse no caso en que sexa necesario.

OBXECTIVOS DO CUARTO CURSO 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7.

Utilizar correctamente a linguaxe científica relacionada cos contidos do libro tanto na expresión escrita como na oral. (3) Interpretar táboas e gráficas relacionadas con diferentes aspectos da saúde. (3) Entender e aplicar as leis fundamentais da bioloxía (xenética, división celular etc) para resolver situacións problemáticas. (3) Realizar cálculos de porcentaxes e outras operacións, con axuda da calculadora, para cuantificar fenómenos biolóxicos e xeolóxicos. (3) Coñecer as moléculas que forman o noso organismo e a función que realizan, e identificalas nos alimentos que consumimos. (1) Coñecer a estrutura básica da célula distinguindo as particularidades das células procariota, animal e vexetal. (1) Diferenciar as etapas do ciclo celular, a división celular e mais a meiose fixándose nos cambios que afectan os cromosomas e o ADN. (1)

39


1.

8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Analizar as principais teorías, probas e mecanismos sobre a orixe da vida e a evolución biolóxica. (3) Coñecer os fluxos de materia e enerxía nos ecosistemas prestando atención á reciclaxe da materia e a autorregulación do ecosistema. (1) Analizar as transformacións dos ecosistemas, a súa evolución e as adaptacións dos seres vivos aos ditos cambios. (1) Recoñecer os trazos fundamentais da historia xeolóxica, biolóxica e xeográfica do noso planeta. (1) Coñecer o enunciado da teoría da tectónica de placas, as probas a favor e as súas principais consecuencias. (1) Recoñecer as principais manifestacións externas da enerxía interna do noso planeta. (1) Propor ou comprobar hipóteses relacionadas coas teorías estudadas buscando unha coherencia global dos coñecementos. (2) Planificar experiencias que permitan deducir as características ou o funcionamento de determinadas estruturas ou procesos biolóxicos e xeolóxicos. (2, 9) Participar activamente no propio proceso de aprendizaxe e na realización e planificación colectiva de actividades como experiencias ou traballos monográficos. (9) Buscar información en diferentes fontes aproveitando as facilitadas que proporcionan as tecnoloxías da información. (4) Argumentar as afirmacións propias de forma obxectiva valorando opinións diferentes das propias. (2, 7) Recoñecer os beneficios da ciencia en determinados ámbitos da saúde e a calidade de vida, tales como a xenética ou a biotecnoloxía. (5, 7) Enumerar os recursos xeolóxicos e as aplicacións biotecnolóxicas que contribuíron a cubrir as necesidades humanas. (6, 7) Valorar positivamente os cambios rexistrados nos diferentes modelos científicos que se elaboraron para explicar a constitución da materia e dos seres vivos, e interpretalos como un proceso de construción do saber científico. (8) Recoñecer a importancia da biotecnoloxía en diferentes ámbitos relacionados coa nutrición, saúde, a industria e o medio. (7) Identificar os procesos xeolóxicos que poden constituír un risco adoptando as medidas preventivas que sexan convenientes. (7) Valorar os esforzos das diversas áreas de coñecemento que se integran para mellorar a calidade de vida da humanidade e preservar o medio. (7) Coñecer a dinámica natural e as posibles transformacións dalgúns ecosistemas característicos de Galicia. (6, 7) Perseverar a aplicación dos procedementos aprendidos e reflexionar sobre os posibles erros. (9)

CIENCIAS DA NATUREZA: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CONTIDOS DO CUARTO CURSO Bloque 1. Contidos comúns. Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de problemas e sinxelas investigacións, discusión do seu interese, análise de variables que interveñen, formulación de hipóteses, planificación de experiencias, organización dos datos, interpretación de resultados e comunicación de conclusións. Busca, selección e análise crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. Interpretación de informacións de carácter científico e contraste destas informacións para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente. Elaboración de argumentacións e explicacións sobre feitos, observacións ou resultados experimentais, empregando modelos científicos axeitados. Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora. Valoración da evolución do pensamento científico ao longo da historia, salientando a importancia que supón para o desenvolvemento científico e tecnolóxico de cada época. Utilización comprensiva de protocolos experimentais e respecto polas normas de seguridade. Xustificación de decisións persoais verbo de problemas reais do seu contorno que aseguren un desenvolvemento sustentable e da modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde persoal e comunitaria.

40


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución dos problemas. Importancia da aplicación do principio de precaución e da participación cidadá na toma de decisións. Valoración da educación científica da cidadanía como requisito de sociedades democráticas sustentables. Consideración da cultura científica como fonte de satisfacción persoal. Bloque 2. A Terra, un planeta en continuo cambio. A historia da Terra. Recoñecemento da variable tempo xeolóxico: a súa magnitude, a datación relativa e absoluta. Identificación dos principios e procedementos que permiten reconstruír a historia da Terra e utilización do actualismo como método de interpretación. Recoñecemento do proceso de fosilización. Identificación dos fósiles máis importantes en cada etapa. Utilización dos fósiles como indicadores das características dos ambientes e climas do pasado. Reconstrución de historias xeolóxicas sinxelas a partir dunha columna estratigráfica. Identificación das eras xeolóxicas e situación dos fenómenos xeolóxicos e biolóxicos máis relevantes que aconteceron en cada unha. A tectónica de placas e as súas manifestacións. Recoñecemento e análise das probas do desprazamento dos continentes. Recoñecemento das placas litosféricas principais e os seus límites. Localización e análise da distribución dos volcáns, terremotos, cordilleiras, dorsais e fosas oceánicas. Coñecemento do fenómeno da expansión do fondo oceánico, a súa relación co volume constante da Terra e co modelo dinámico da estrutura interna da Terra. Análise das interaccións entre os procesos xeolóxicos internos e externos, formación das montañas, tipos e os procesos xeolóxicos asociados, magmatismo e metamorfismo, que completan o ciclo das rochas. Análise e valoración dos riscos xeolóxicos en función da dinámica interna da Terra á luz da tectónica de placas. Constatación da evolución das ideas no eido do pensamento científico partindo dalgunhas teorías oroxénicas vixentes a finais do século XIX, as ideas revolucionarias de Wegener ata a actual teoría da tectónica de placas. Valoración da construción continuada do pensamento científico. Bloque 3. A vida no planeta. A célula, unidade de vida. Recoñecemento da teoría celular e a súa importancia nas ciencias da vida. Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos. Caracterización dos diversos tipos de células: procariotas, eucariotas; vexetais e animais. Recoñecemento dos principais orgánulos. Identificación do material hereditario no seu contexto celular: cromatina e cromosomas. Recoñecemento do ADN como constituínte de cromosomas e cromatina e valoración do papel de James Watson, Francis Crick e Rosalyn Franklin no descubrimento da súa estrutura e as importantes repercusións deste descubrimento. Caracterización dos procesos de división celular: mitose e meiose. Relación da mitose co ciclo celular. Relación da meiose coa formación de gametos na reprodución sexual e valoración do papel que desempeña na variabilidade inter e intraespecífica. A herdanza e a transmisión dos caracteres. Xenética mendeliana. Recoñecemento e análise das achegas de Mendel e as súas leis da herdanza destacando a extracción de conclusións a partir do tratamento estatístico dos datos. Resolución de problemas sinxelos relacionados coas leis da herdanza constatando o uso de estratexias e procedementos da metodoloxía científica na súa resolución. Valoración das achegas de Mendel no contexto da evolución constante do pensamento científico no eido da xenética. Xenética molecular. Aproximación ao concepto de xene como unidade portadora da información xenética. Recoñecemento do ADN como constituínte molecular do xene, coñecemento do código xenético e das mutacións e a súa relación coa expresión proteica. Identificación do cromosoma como forma de organización dos xenes e coñecemento do xenoma, o xenotipo e o fenotipo. Análise dun cariotipo. Xenética humana. Aproximación á xenética humana, análise da herdanza de caracteres sinxelos. Procura e selección de información dalgunha enfermidade xenética, análise da información, valoración crítica dos posibles tratamentos e comunicación de resultados. Coñecemento e valoración das aplicacións e repercusións da enxeñaría xenética: os alimentos transxénicos, a clonación, o xenoma humano e a terapia xénica. Orixe e evolución dos seres vivos. Análise dalgunhas teorías sobre a orixe da vida na Terra e a evolución dos seres vivos: teorías fixistas e evolucionistas.

41


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Identificación e análise de datos que apoian a teoría da evolución das especies. Recoñecemento da aparición e a extinción das especies. Comparación entre as teorías de Lamarck e de Darwin. Recoñecemento do gradualismo e o equilibrio puntuado. Procura e selección crítica de información acerca da evolución do home. Valoración da biodiversidade. O papel da humanidade na extinción das especies. Bloque 4. As transformacións nos ecosistemas. A dinámica dos ecosistemas. Construción e identificación de cadeas e redes tróficas no ecosistema como exemplo de dinámica e interacción. Interpretación de pirámides ecolóxicas. Análise do ciclo da materia e o fluxo de enerxía nos ecosistemas naturais. Idea de ciclo bioxeoquímico. Análise do ciclo do carbono. Investigación dalgún problema ambiental do contorno, e análise crítica a partir das achegas da ciencia. Valoración e comunicación de conclusións. Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo, do impacto dos incendios forestais, das especies invasoras e a súa relación coa evolución e a sucesión no ecosistema. Constatación da modificacións dos ambientes polos seres vivos e valoración da intervención humana.

SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS DO CUARTO CURSO 1. A CÉLULA 1. Interese polo mundo microscópico 2. Os compoñentes das células (I) 3. A estrutura da célula. Unidade funcional dos seres vivos 5. Histoloxía 2. A DIVISIÓN CELULAR 1. ADN, xenes e cromosomas (I) 2. O ciclo de vida da célula (II) 3. A división celular: mitose e citocinese 4. A meiose (I) 5. A reprodución dos organismos 3. XENÉTICA 1. Xenes e caracteres hereditarios 2. A herdanza dos xenes (I). Mendel e o nacemento da Xenética 3. As enfermidades xenéticas (I). As enfermidades xenéticas (II) 4. ADN E BIOTECNOLOXÍA 1. O ADN é a clave da vida. Xenes e proteínas 2. As nutricións 3. Biotecnoloxía. Aprendo... Os usos da tecnoloxía de ADN 4. Biotecnoloxía aplicada á saúde 5. Biotecnoloxía aplicada á agricultura e á gandaría 6. Outras aplicacións da biotecnoloxía 5. A evolución Biolóxica 1. A orixe da vida 2. Principais teorías evolutivas ) 3. Mecanismos da evolución 4. Formación dunha especie 5.A orixe da especie humana 6. DINÁMICA DOS ECOSISTEMAS 1. Materia e enerxía dos ecosistemas 2. Autorregulación do ecosistema 7. AS TRANSFORMACIÓNS NOS ECOSISTEMAS 1. Cambios naturais: as sucesións ecolóxicas 2. A formación do solo 3. Modificacións ambientais 4. O solo, un recurso natural en retroceso 5. Os seres vivos adáptanse. O medio acuático 6. Os seres vivos adáptanse. O medio aéreo e terrestre 8. A TERRA, UN PLANETA EN CONTINUO CAMBIO 1. A orixe da Terra

42


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

2. O tempo en xeoloxía (I) 3. O tempo en xeoloxía (II) 4. Os fósiles 5. O Precámbrico. O Paleozoico. O Mesozoico. O Cenozoico 6. A árbore evolutiva dos organismos 9. A TECTÓNICA DAS PLACAS 1. A deriva continental. Argumentos que demostran a deriva continental 2. A expansión do fondo oceánico 3. A tectónica de placas (I) 4. Os límites diverxentes. Os límites converxentes. Os límites neutros 10. MANIFESTACIÓNS DA ENERXÍA INTERNA DA TERRA 1. Manifestacións da enerxía interna da Terra 2. Os volcáns (I) 3. A formación de cordilleiras 4. Efectos dos procesos internos nas rochas

TEMA 1. A CELULA OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Coñecer os fitos históricos que conducen ao enunciado da teoría celular. Recoñecer os niveis de organización da materia. Distinguir as características básicas e as funcións biolóxicas dos bioelementos e das biomoléculas inorgánicas e orgánicas. Recoñecer os principais compoñentes da célula eucariota, os seus orgánulos e a organización dos virus. Describir os principais procesos que contribúen á nutrición da célula. Coñecer o concepto de tecido e distinguir as características dos principais tecidos vexetais e animais. Interpretar experimentos relacionados coas características e os procesos da célula eucariota. Analizar ilustracións, debuxos e esquemas relacionados coa estrutura celular.

A teoría celular. A estrutura dos seres vivos. Os niveis de organización da materia. Os bioelementos. As biomoléculas inorgánicas. As biomoléculas orgánicas. Glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos. A estrutura da célula eucariota. Comparación entre a célula animal e a célula vexetal. Descrición dos orgánulos da célula eucariota. A nutrición celular. Clasificación de intercambio de substancias na célula. Histoloxía. Comparación das características dos principais tecidos animais e vexetais. Interpretación de experimentos relacionados con procesos celulares. Valoración da importancia da teoría celular como base do coñecemento e do desenvolvemento da Bioloxía.

Observar se os alumnos e as alumnas coñecen as bases da teoría celular e a estrutura dos seres vivos. Comprobar se recoñecen os principais bioelementos e a función das biomoléculas inorgánicas. Constatar que coñecen as características das diferentes biomoléculas orgánicas. Avaliar se recoñecen a estrutura característica da célula eucariota e as particularidades da célula animal e a célula vexetal. Verificar se o alumnado é quen de identificar os principais orgánulos da célula eucariota. Examinar os principais procesos de nutrición da célula.

TEMA 2. A DIVISION CELULAR 43


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

IES DE BARRO

Caracterizar estrutural e funcionalmente o ADN, os cromosomas e a cromatina. Interpretar cariotipos recoñecendo os cromosomas que son homólogos. Diferenciar a reprodución sexual da reprodución asexual. Coñecer os diferentes trazos específicos da reprodución das bacterias. Distinguir as diferentes fases do ciclo celular considerando os cambios que experimenta o material cromosómico. Recoñecer a finalidade e as etapas da mitose e da meiose recoñecendo o carácter haploide ou diploide das diferentes células que aparecen no proceso. Comparar a espermatoxénese coa ovoxénese, así como os gametos resultantes en cada un dos procesos. Relacionar a reprodución sexual coa variabilidade xenética da descendencia. ADN, xenes e cromosomas. Identificación das partes dun cromosoma. O ciclo de vida da célula. Adolescencia e pubertade en home e muller. Os cromosomas durante o ciclo celular. Recoñecemento das fases da mitose e da citocinese. A meiose. A recombinación xenética. Comparación da ovoxénese e a espermatoxénese. Relación entre reprodución sexual e variabilidade xenética. A reprodución dos organismos. Comparación das reproducións asexual e sexual. A reprodución das bacterias. Interpretación de debuxos, imaxes e fotografías relacionadas coa división celular e a reprodución dos organismos. Valoración da relación entre o coñecemento da reprodución celular e o estudo dalgunhas enfermidades humanas. Comprobar se saben diferenciar entre ADN, cromosoma e cromatina tendo en conta a súa estrutura. Observar se identifican os elementos morfolóxicos dun cromosoma calquera dun cariotipo e verificar que recoñecen os seus cromosomas homólogos. Comprobar que saben diferenciar entre reprodución sexual e asexual. Constatar que saben identificar as fases do ciclo celular. Constatar que recoñecen as diferentes etapas da mitose e a meiose en fotografías e debuxos. Comprobar que saben deducir as principais diferenzas e semellanzas entre a espermatoxénese e a ovoxénese. Constatar que saben establecer unha relación entre a variabilidade xenética e a reprodución sexual.

TEMA 3. XENETICA OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

Relacionar os xenes cos caracteres introducindo os conceptos de fenotipo e xenotipo. Diferenciar entre xenes dominantes, recesivos e codominantes. Recoñecer o xenotipo de individuos homocigotos, heterocigotos e de liñas puras e híbridos. Coñecer o mecanismo que xera as combinacións de xenes dos gametos considerando un carácter. Determinar o sexo dun individuo en función dos seus cromosomas sexuais. Comprobar os resultados das experiencias de Mendel. Construír e interpretar árbores xenealóxicas. Recoñecer a importancia do consello xenético en enfermidades xenéticas, de tipo cromosómico e de tipo xénico. Xenes e caracteres hereditarios. Xenotipo e fenotipo. Xenes dominantes e recesivos. Xenes codominantes. Formación dos gametos que pode orixinar un determinado xenotipo. Descendencia entre individuos homocigóticos. Descendencia entre individuos heterocigóticos. Determinación do sexo a partir dos cromosomas sexuais. Mendel e o nacemento da Xenética. Enunciado das leis de Mendel. As enfermidades xenéticas. Enfermidades ligadas ao sexo e debidas a anomalías no número de cromosomas.

44


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

O consello xenético. Valoración dos avances xenéticos que permitiron mellorar a nosa calidade de vida.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Comprobar se saben diferenciar entre xenotipo e fenotipo par un carácter e distinguen entre xenes dominantes, recesivos e codominantes. Constatar que saben deducir o xenotipo e o fenotipo da descendencia dun cruzamento de individuos considerando un carácter. Verificar que coñecen o mecanismo de determinación do sexo na especie humana. Avaliar se saben enunciar e aplicar as leis de Mendel. Ver se saben obter a descendencia dun cruzamento no que se considera a herdanza de dous caracteres. Verificar se identifican algunhas enfermidades xenéticas de herdanza recesiva e de herdanza dominante. Constatar que poden resolver situacións problemáticas relacionadas con enfermidades ligadas ao sexo e ao número de cromosomas.

TEMA 4 ADN E BIOTECNOLOXIA OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identificar os ácidos nucleicos como principios inmediatos orgánicos cunha composición e estrutura específicas. Recoñecer a información xenética contida no ADN e no ARN e a súa relación coa síntese de proteínas a través do código xenético. Aplicar o código xenético á tradución de segmentos de ARN obtendo a secuencia de aminoácidos correspondente. Clasificar as diferentes alteracións no ADN como tipos de mutacións e coñecer os factores que as provocan e os efectos que teñen na descendencia. Identificar a biotecnoloxía coa aplicación dos organismos e dos procesos biolóxicos á industria, os servizos, a medicina, etc. Distinguir os exemplos máis representativos da aplicación da biotecnoloxía á saúde incluíndo a enxeñería xenética. Valorar os argumentos a prol e en contras da utilización de organismos e procesos biolóxicos no campo da agricultura, da alimentación e da medicina. Discutir a influencia da biotecnoloxía na conservación e na alteración do medio. O ADN é a clave da vida. A duplicación do ADN. Xenes e proteínas. O código xenético. As mutacións. Clasificación das mutacións. Biotecnoloxía. Obtención de produtos de interese utilizando a biotecnoloxía. Aplicacións da biotecnoloxía á saúde, a agricultura, a gandería, o tratamento de residuos e os biocombustibles. Valorar os aspectos sociais e éticos derivados do uso da biotecnoloxía. Comprobar que saben diferenciar entre ácidos nucleicos e outros principios inmediatos orgánicos pola súa estrutura e a súa función. Verificar se saben relacionar a información dun segmento de ADN co ARN mensaxeiro e os aminoácidos dunha proteína. Ver se distinguen os principais tipos de mutacións e os seus posibles efectos na célula ou no individuo. Comprobar se saben relacionar a biotecnoloxía con algúns medicamentos e coa terapia xénica. Avaliar se saben valorar a incidencia da biotecnoloxía na agricultura e a gandería. Observar se recoñecen o uso da biotecnoloxía na produción de biocombustibles e en tratamentos de residuos e contaminantes. Ver se saben argumentar as vantaxes e inconvenientes do uso da biotecnoloxía a nivel humano e ambiental.

TEMA 5. A EVOLUCION BIOLOXICA 45


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

IES DE BARRO

Identificar as principais teorías sobre a orixe da vida. Distinguir os principios sobre os que se basean as principais teorías evolucionistas e non evolucionistas sobre a orixe das especies. Recoñecer a variabilidade de seres vivos que existiron ao longo do tempo como proba da evolución biolóxica e identificar as principais evidencias ou probas da evolución dos seres vivos. Analizar a orixe das mutacións e da recombinación xenética como mecanismos para aumentar a variabilidade das poboacións naturais. Recoñecer as fases do proceso de especiación que conducen á formación de novas especies. Recoñecer que a orixe da especie humana é produto da evolución e diferenciar as características morfolóxicas, xeográficas e etolóxicas propias dos principais antecesores da especie humana.

A orixe da vida. A formación das primeiras células. A evolución biolóxica. Comparación das diferentes teorías da evolución biolóxicas anteriores a Lamarck. A teoría da selección natural. Recoñecemento de características adaptativas en diferentes especies. Teorías actuais da evolución. As probas da evolución. Os mecanismos da evolución. A especiación. Valorar o papel da humanidade na extinción de especies. A orixe da especie humana. Interpretación de árbores filoxenéticos sinxelas. Comprobar se saben distinguir os principios sobre os que se basean as principais teorías sobre a orixe da vida. Observar se distinguen as bases das principais teorías evolutivas anteriores a Darwin. Constatar que os alumnos e as alumnas saben diferenciar as teorías evolutivas desde Darwin ata a actualidade. Ver se o alumnado coñece as probas que serven de base á teoría da evolución biolóxica. Comprobar que saben enumerar diferentes procesos que poden orixinar variabilidade xenética (mutación, recombinación xenética). Verificar que identifican os mecanismos que poden conducir á especiación en casos concretos tendo en conta factores ecolóxicos, reprodutivos, etc. Comprobar que recoñecen as características morfolóxicas, xeográficas e etolóxicas dos principais antecesores da especie humana.

TEMA 6 DINAMICA DOS ECOSISTEMAS OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

Coñecer os procesos de transferencia de materia e enerxía nos ecosistemas e entre os seres vivos. Situar organismos no nivel trófico que lles corresponde e interpretar pirámides ecolóxicas. Construír e identificar cadeas e redes tróficas nun ecosistema. Explicar os procesos que interveñen na reciclaxe da materia (fósforo, carbono, nitróxeno). Diferenciar factores que determinan o crecemento dunha poboación (depredación, competencia, estrés, flutuacións periódicas, etc.). Coñecer diferentes factores que participan na autorregulación do ecosistema. A materia e a enerxía nos ecosistemas. Obtención de materia e enerxía nos ecosistemas. O camiño da materia e a enerxía. Cuantificación da enerxía que se perde nun ecosistema. Os niveis tróficos. A reciclaxe da materia. Os ciclos do fósforo, o carbono e o nitróxeno. Autorregulación do ecosistema. Desestabilización dos ecosistemas naturais. As pragas. Utilización da loita biolóxica. Crecemento dunha poboación. Factores que limitan o crecemento. Cambios periódicos nas poboacións. Estratexias de supervivencia. Análise de diagramas de fluxo de enerxía nun ecosistema.

46


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Valorar o impacto de orixe antropoxénica sobre os ecosistemas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Comprobar que saben clasificar os organismos segundo as súas fontes de materia e enerxía. Avaliar se saben construír cadeas e redes tróficas cos organismos dun ecosistema e ver se saben representar e interpretar pirámides ecolóxicas. Observar se as alumnas e os alumnos saben interpretar os ciclos do fósforo, do carbono e do nitróxeno. Constatar que saben enumerar os diferentes factores que interveñen na autorregulación do ecosistema. Ver se saben poñer exemplos de loita biolóxica. Verificar que saben recoñecer diversos tipos de relación que condicionan o tamaño dunha poboación. Constatar que recoñecen a estratexia de supervivencia que utilizan diferentes organismos animais e vexetais.

TEMA 7. AS TRASFORMACIONS DOS ECOSISTEMAS OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Recoñecer a evolución dun ecosistema como unha sucesión de comunidades e que distinguen entre sucesións primarias e secundarias. Relacionar os factores xeolóxicos e biolóxicos que determinar a formación do solo. Identificar os principais compoñentes que forman o solo e recoñecer a súa estrutura e perfil vertical. Recoñecer os procesos de orixe natural e de orixe antrópica que producen modificacións ambientais. Coñecer os fenómenos que conducen á perda de solo fértil. Identificar as principais adaptacións dos animais e as plantas ao medio acuático. Recoñecer as principais adaptacións dos animais e as plantas ao medio aéreo e ao medio terrestre. Cambios naturais: as sucesións ecolóxicas. Distinción entre sucesións primarias e sucesións secundarias. A formación do solo. Os compoñentes do solo. Identificación dos horizontes do perfil dun solo. Modificacións ambientais. Enumeración de modificacións ambientais causadas polos seres vivos e polo ser humano. Erosión e perda de solo fértil. Desertificación. Deforestación. Incendios forestais. Os seres vivos adáptanse. Tipos de adaptacións. Adaptacións ao medio acuático. Adaptacións ao medio aéreo e terrestre. Observación dunha sucesión ecolóxica. Valorar a intervención humana na transformación do medio natural. Comprobar que coñecen o concepto de sucesión ecolóxica e distinguen entre sucesións primarias e secundarias. Verificar que coñecen os procesos que contribúen á formación do solo. Observar se os alumnos e as alumnas identifican os compoñentes e a estrutura do solo. Constatar que recoñecen as modificacións ambientais causadas polos seres vivos e polo ser humano. Avaliar se saben valorar os procesos que determinan un retroceso do solo fértil. Comprobar que identifican as principais adaptacións dos animais e as plantas ao medio acuático. Verificar que recoñecen as principais adaptacións dos animais e as plantas ao medio aéreo e ao medio terrestre.

TEMA 8 A TERRA, UN PLANETA EN CONTINUO CAMBIO

47


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

IES DE BARRO

Recoñecer a orixe da Terra e do Sistema Solar. Distinguir as etapas da evolución do planeta Terra. Coñecer as diferentes unidades (eóns, eras, períodos) propias da escala cronolóxica. Diferenciar a idade absoluta e a idade relativa dun material ou dunha estrutura xeolóxica. Determinar a idade relativa de rochas, fósiles ou estruturas xeolóxicas aplicando os principios básicos da cronoloxía relativa. Identificar as características que favorecen a formación e a conservación dun fósil. Recoñecer os principais fósiles guía a través da observación de mostras, moldes ou fotografías. Analizar a paleoxeografía e a deriva continental durante o precámbrico, o paleozoico, o mesozoico e o cenozoico. Identificar a flora e a fauna características das principais etapas da historia da Terra. Interpretar a árbore filoxenética dos principais grupos de organismos.

A orixe da Terra. A medida do tempo en xeoloxía. A reconstrución da historia xeolóxica. Os fósiles. O precámbrico. O Paleozoico. O mesozoico. O cenozoico. A árbore evolutiva dos organismos. Interpretación de texto sobre a historia da Terra. Interese polos principais trazos evolutivos do noso planeta e dos seres vivos. Constatar se saben recoñecer a orixe da Terra e do Sistema Solar. Observar se coñecen a datación absoluta e expresar a idade relativa dunha rocha, un fósil ou unha estrutura. Constatar que saben reconstruír a historia xeolóxica dunha localidade a partir dun corte ou bloque diagrama. Verificar que recoñecen os principais fósiles guía e coñecen a información que proporcionan. Constatar que coñecen a paleontoloxía característica das diferentes etapas da historia da Terra. Comprobar que recoñecen a paleoxeografía característica dos principais eóns ou eras. Observar se relacionan filoxeneticamente os principais grupos de organismos.

TEMA 9. A TECTONICA DE PLACAS OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

Recoñecer a teoría sobre a deriva continental de Wegener. Distinguir as probas que confirman a expansión dos fondos oceánicos. Identificar as capas terrestres (litosfera, astenosfera) desde o punto de vista dinámico que propón a teoría da Tectónica de Placas. Recoñecer as principais placas da litosfera sobre un mapa físico que poña de manifesto os accidentes xeográficos característicos das beiras de placa. Diferenciar os tipos de límites entre placas litosféricas. Recoñecer que o proceso de formación dos océanos está relacionado coas dorsais e os límites diverxentes. Relacionar as zonas de subducción cos límites converxentes, as fosas oceánicas e os arcos de illas. Distinguir as fallas de transformación como lugares onde non se forma nin se destrúe litosfera. A deriva continental. Argumentos de demostran a deriva continental. A expansión do solo oceánico. A teoría da tectónica de placas. Causas do movemento das placas. Os tipos de límites entre placas. A dinámica do manto. Os límites diverxentes. As dorsais oceánicas. A formación dun océano. Os límites converxentes. As fosas oceánicas. Os límites neutros. Identificación dos tipos de límites de placas nun mapamundi. O estudo profundo dos terremotos. Valorar os avances científicos no coñecemento do funcionamento do planeta.

48


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

TEMA 10. MANIFESTACIONS DA ENERXIA INTERNA DA TERRA OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Identificar a orixe e os principais tipos de terremotos. Localizar a distribución dos volcáns nos diferentes límites de placa. Diferenciar os principais tipos de volcáns. Recoñecer as características das diferentes erupcións volcánicas. Localizar nun mapamundi as áreas nas que se concentran o vulcanismo e os terremotos e relacionar a súa distribución cos movementos das placas. Distinguir as características do vulcanismo das zonas de subducción do vulcanismo orixinado por puntos quentes. Recoñecer o proceso de formación dos oróxenos como consecuencia do movemento das placas. Diferenciar as cordilleiras pericontinentais das intercontinentais. Identificar os elementos característicos dunha dobra, unha diáclase e unha falla. Clasificar os principais tipos de fallas, asociacións de fallas, diáclases e pregamentos. Manifestacións da enerxía interna da Terra. Os terremotos. Magnitude e intensidade dos terremotos. Clasificación dos terremotos segundo a súa orixe. Distribución dos terremotos en relación cos límites de placas. Os volcáns. Elementos dun volcán. As erupcións volcánicas. A distribución e a clasificación dos volcáns. A formación das cordilleiras. As cordilleiras pericontinentais e intracontinentais. As deformacións das rochas. As dobras. Elementos e clasificación. As diáclases. As fallas. Asociación de fallas. Valorar a importancia dos recursos tecnolóxicos para a previsión dos terremotos e as erupcións volcánicas. Comprobar se saben identificar a orixe e os principais tipos de terremotos. Avaliar se localizan a distribución dos volcáns nos diferentes límites de placa e recoñecer as súas diferenzas. Analizar se saben distinguir as características dos diferentes tipos de erupcións volcánicas. Constatar que relacionan a distribución mundial dos volcáns e os terremotos cos movementos das placas. Verificar que diferencian os dous tipos de oróxenos e coñecen as principais oroxenias e o proceso de oroxénese. Avaliar se saben identificar os principais elementos dunha dobra ou dunha falla mediante bloques diagrama.

CIENCIAS DA NATUREZA: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO CUARTO CURSO 1.

Aplicar os postulados da teoría celular ao estudo de distintos tipos de seres vivos e identificar as estruturas características da célula procariótica, eucariótica vexetal e animal, e relacionar cada un dos elementos celulares coa súa función biolóxica.

2.

Recoñecer as características do ciclo celular e describir os procesos de división celular, sinalando as diferenzas principais entre meiose e mitose, así como o significado biolóxico de ambas as dúas.

3.

Resolver problemas prácticos de xenética mendeliana, explicar algúns caracteres que presentan este tipo de herdanza nos seres humanos e realizar investigacións sinxelas sobre estes caracteres.

49


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

4.

Coñecer que os xenes están constituídos por ADN e situados nos cromosomas. Interpretar o papel da diversidade xenética e as mutacións a partir do concepto de xene e valorar criticamente as consecuencias dos avances actuais da enxeñaría xenética.

5.

Expoñer razoadamente os problemas que conduciron a enunciar a teoría da evolución, os principios básicos desta teoría e as controversias científicas, sociais e relixiosas que suscitou.

6.

Relacionar a evolución e distribución dos seres vivos, destacando as súas adaptacións máis importantes, cos mecanismos de selección natural que actúan sobre a variabilidade xenética de cada especie.

7.

Explicar como se realiza a transferencia de materia e enerxía nun ecosistema, ao longo dunha cadea ou rede trófica. Explicar os mecanismos de restablecemento do equilibrio ecolóxico e as consecuencias prácticas da xestión sustentable dalgúns recursos por parte do ser humano.

8.

Analizar os problemas e desafíos, estreitamente relacionados, a que se enfronta a humanidade globalmente, recoñecer a responsabilidade da ciencia e da tecnoloxía e a necesidade da súa implicación para resolvelos e avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.

50


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

CONTIDOS CONCEPTUAIS MÍNIMOS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º curso TEMA 1. A ORGANIZACIÓN

XERAL DO CORPO HUMANO

1 ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DA VIDA 2. OS PRINCIPAIS APARELLOS E SISTEMAS DO CORPO HUMANO 3. OS TECIDOS . A CÉLULA, UNIDADE DE VIDA TEMA 2. NUTRICIÓN E ALIMENTACIÓN. O APARELLO DIXESTIVO 1. OS NUTRIENTES 2. O CONSUMO DOS ALIMENTOS (II) 3. DOENZAS RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN 4. O APARELLO DIXESTIVO 5. A DIXESTIÓN 6. DOENZAS DO APARELLO DIXESTIVO TEMA 3. APARELLOS

CIRCULATORIO, RESPIRATORIO E EXCRETOR

1. O SANGUE E O APARELLO CIRCULATORIO 2. O CORAZÓN E A CIRCULACIÓN SANGUÍNEA 3. DOENZAS DO APARELLO CIRCULATORIO 4. O APARELLO RESPIRATORIO 5. A RESPIRACIÓN 6. DOENZAS DO APARELLO RESPIRATORIO 7. O APARELLO EXCRETOR 8. A EXCRECIÓN TEMA 4. PERCEPCIÓN E COORDINACIÓN 1 A NEURONA E O SISTEMA NERVIOSO 2. ELEMENTOS DO SISTEMA NERVIOSO 3. O FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO 4. ENFERMIDADES DO SISTEMA NERVIOSO 5. O SISTEMA ENDÓCRINO 6. EQUILIBRIO E DOENZAS HORMONAIS TEMA 5. PERCEPCIÓN E MOVEMENTO 1. RECEPTORES E ÓRGANOS DOS SENTIDOS: A PEL, O GUSTO, E O OLFACTO 2. O OLLO 3. O OÍDO 4. OS ÓSOS 5. AS ARTICULACIÓNS E O MOVEMENTO 6. O SISTEMA MUSCULAR E O EXERCICIO FÍSICO TEMA 6. REPRODUCIÓN HUMANA E SEXUALIDADE 1 O APARELLO REPRODUTOR MASCULINO 2. O APARELLO REPRODUTOR FEMININO 3. A MENSTRUACIÓN E A FECUNDIDADE 4. DESENVOLVEMENTO FETAL. A XESTACIÓN. METODOS ANTICONCEPTIVOS AS DOENZAS DE TRANSMISIÓN 5. REPRODUCIÓN ASISTIDA

SEXUAL

TEMA 7. SAÚDE E ENFERMIDADE 1. ¿QUE É A SAÚDE? 2. AS DOENZAS INFECCIOSAS 3. ENFERMIDADES NON INFECCIOSAS 4. O SISTEMA INMUNE . OS TRASPLANTES TEMA 8. OS RECURSOS NATURAIS

E O SEU APROVEITAMENTO

1. O SER HUMANO E OS ECOSISTEMAS 2. OS RECURSOS ENERXÉTICOS DA NATUREZA 3. OS RECURSOS HÍDRICOS 4. A AUGA E A SÚA REUTILIZACIÓN 5. OS RESIDUOS E A SÚA XESTIÓN TEMA 9. O IMPACTO HUMANO NOS ECOSISTEMAS 1. A CONTAMINACIÓN E OS SEUS TIPOS 2. EFECTOS GLOBAIS DA CONTAMINACIÓN 3. OUTROS EFECTOS DA CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA 4. A CONTAMINACIÓN DA AGUA 5. O SOLO. CONTAMINACIÓN E DEGRADACIÓN 6. A BIODIVERSIDADE TEMA 10. A ACTIVIDADE XEOLÓXICA EXTERNA DA TERRA 1. A ENERXÍA SOLAR 2. A ATMOSFERA TERRESTRE 3. OS MAPAS DO TEMPO 4. O RELEVO TERRESTRE 5. A METEORIZACIÓN

51


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

TEMA 11. O RELEVO E OS AXENTES XEOLÓXICOS EXTERNOS 1. ACCIÓN XEOLÓXICA DAS AUGAS SUPERFICIAIS E SUBTERRÁNEAS 2. ACCIÓN XEOLÓXICA DO XEO: OS GLACIARES 3. ACCIÓN XEOLÓXICA DO VENTO 4. DINÁMICA MARIÑA 5. A FORMACIÓN DE ROCHAS SEDIMENTARIAS. CARBÓN E PETRÓLEO

CONTIDOS CONCEPTUAIS MÍNIMOS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4º CURSO DO ESO 1. A célula OS COMPOÑENTES DAS CÉLULAS A ESTRUTURA DA CÉLULA A CÉLULA, UNIDADE FUNCIONAL DOS SERES VIVOS 2. A DIVISIÓN CELULAR ADN, XENES E CROMOSOMAS O CICLO DE VIDA DA CÉLULA A DIVISIÓN CELULAR: MITOSE E CITOCINESE A MEIOSE A REPRODUCIÓN DOS ORGANISMOS 3. XENÉTICA XENES E CARACTERES HEREDITARIOS A HERDANZA DOS XENES MENDEL E O NACEMENTO DA XENÉTICA AS ENFERMIDADES XENÉTICAS 4. ADN E BIOTECNOLOXÍA O ADN É A CLAVE DA VIDA ADN, XENES E PROTEÍNAS AS NUTRICIÓNS BIOTECNOLOXÍA 5. A evolución Biolóxica A ORIXE DA VIDA PRINCIPAIS TEORÍAS EVOLUTIVAS MECANISMOS DA EVOLUCIÓN FORMACIÓN DUNHA ESPECIE A ORIXE DA ESPECIE HUMANA 6. DINÁMICA DOS ECOSISTEMAS MATERIA E ENERXÍA DOS ECOSISTEMAS AUTORREGULACIÓN DO ECOSISTEMA 7. AS TRANSFORMACIÓNS NOS ECOSISTEMAS CAMBIOS NATURAIS: AS SUCESIÓNS ECOLÓXICAS A FORMACIÓN DO SOLO O SOLO, UN RECURSO NATURAL EN RETROCESO MODIFICACIÓNS AMBIENTAIS OS SERES VIVOS ADÁPTANSE. O MEDIO ACUÁTICO OS SERES VIVOS ADÁPTANSE. O MEDIO AÉREO E TERRESTRE 8. A TERRA, UN PLANETA EN CONTINUO CAMBIO A ORIXE DA TERRA O TEMPO EN XEOLOXÍA OS FÓSILES O PRECÁMBRICO O PALEOZOICO O MESOZOICO O CENOZOICO A ÁRBORE EVOLUTIVA DOS ORGANISMOS 9. A TECTÓNICA DAS PLACAS A DERIVA CONTINENTAL. ARGUMENTOS QUE DEMOSTRAN A DERIVA CONTINENTAL A EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO A TECTÓNICA DE PLACAS OS LÍMITES DIVERXENTES OS LÍMITES CONVERXENTES OS LÍMITES NEUTROS 10. MANIFESTACIÓNS DA ENERXÍA INTERNA DA TERRA MANIFESTACIÓNS DA ENERXÍA INTERNA DA TERRA OS VOLCÁNS A FORMACIÓN DE CORDILLEIRAS EFECTOS DOS PROCESOS INTERNOS NAS ROCHAS

52


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

CONTIDOS PROCEDEMENTAIS Consulta de fontes de información escrita Utilización de modelos Deseño e realización de experiencias sinxelas Utilización de instrumentos de observación Elaboración de informes Utilización e confección de modelos de estructuras xeolóxicas e biolóxicas Técnicas de interpretación de mapas topográficos Técnicas de observación de minerais, rochas e fenómenos naturais Uso de guías de campo e material gráfico para a identificación de fenómenos e obxectos naturais Técnicas sinxelas de clasificación Técnicas de utilización de instrumental e aparellos de laboratorio Observación de seres vivos no laboratorio e no seu medio natural Técnicas sinxelas de análise Elaboración e interpretación de táboas, gráficas e esquemas Selección de fenómenos observables e establecemento de hipóteses explicativas Manipulación con modelos tridimensionais Consulta de fontes de información audiovisual Utilización de modelos científicos Emprego de técnicas de resolución de problemas sinxelos Realización de medicións e toma de datos Interpretación de fenómenos naturais Identificación dalgúns problemas suscitados polas relacións entre a Ciencia e a sociedade Análise dos hábitos de traballo e de ocio persoais e da clase

Contidos ACTITUDINAIS Valoración da investigación científica como medio de coñecemento Actitude receptiva e dialogante cara ós puntos de vista dos compañeiros Interese na realización correcta das experiencias, recollida de datos, confección de informes Interese e curiosidade polos procesos de investigación realizados e os seus resultados Cooperación e corresponsablilidade nas distintas fases do traballo en equipo Interese pola observación dos seres vivos e os fenómenos naturais Coidado e respecto polo material e instrumentos de laboratorio Valoración da importancia da pulcritude na realización de todos os traballos tanto propios como alleos.

TEMPORALIZACIÓN A programación dos contidos para 3º do ESO inclue 11 unidades didácticas cunha distribución temática equilibrada o que representa que para cada tema e as súas prácticas correspondentes dispoñemos dun total de seis sesións. Esta distribución do tempo debemos considerala como orientativa, pero sería desexable que, por parte de todos os membros do Departamento, se unificaran todos os contidos para acadar unha unidade de criterio que permitira a unanimidade dos contidos para que no futuro os alumnos cheguen a conquerir unha formación semellante en todos os grupos e que abrangue, a ser posible, a totalidade do temario proposto de Bioloxía-Xeoloxía En Bioloxía e Xeoloxía de 4º do ESO existen 3 horas semanais ao longo de todo o curso para desenvolver o programa. As materias están divididas nun total de 10 unidades temáticas, polo que unha división aproximada podería ser a de 3 unidades por trimestre. Hai que ter en conta que as clases prácticas limitan, tanto en 3º como en 4º curso, en parte, o desenvolvemento dos contidos teóricos. Se ben melloran amplamento o desenvolvemento dos bloque de contidos procedimentais.

53


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

AVALIACIÓN Os alumnos do 3º e 4º do ESO poderán ser sometidos a unha proba obxectiva inicial das ideas previas que poseen do curso anterior que permita ao profesor facer unha avaliación-cero inicial para coñecer os preconceptos dos que parten os alumnos e que acadaron nos cursos anteriores. Estas probas deben ter un caracter xeral e aberto que permitan ao profesor coñecer a realidade da que se parte.

PREGUNTAS DA PROBA OBXECTIVA INICIAL DE 3º ESO NOME............................................................................. Α. Β. Χ. ∆. Ε.

CURSO...................

¿Que sabes da estructura e do funcionamento celular? ¿Como loitamos os humanos contras as enfermidades? ¿Que procesos sofren os alimentos que inxires cada dia? ¿Como interven a auga no modelado terrestre en todas as súas formas? ¿Como son e como funcionan as células e os órganos implicados na reproducción humana?

DESENVOLVEMENTO DA PROGRAMACIÓN A programación dos contidos desenvolveráse por avaliacións de contidos, procedementos e actitudes. Cada actividade ou unidade didáctica planificarase nas reunións semanais do Seminario. Estas reunións permitirán non só fixar os contidos senon os obxectivos, técnicas de traballo, temporalización e os propios criterios de avaliación. De todos os xeitos a programación non será ríxida no que se refire á distribución do tempo nas distintas unidades que corresponden a cada avaliación, antendendo como valor primordial as características individuais de cada grupo. Ao igual que en cursos anteriores y por decisión do Claustro para o presente curso están previstas tres avaliciacions que coincidirán cos períodos anteriores ás vacacions de Nadal e Semana Santa. Este condicionamento obriga a dividir as programacions dos cursos por trimestres. As actividades de áula, evidentemente, serán tamén fundamentais para que o profesor poda elaborar unha cualificación final dos procedementos e as actitudes e ofreceran outro tipo de información básica e complementaria da consecución por parte do alumno/a dos obxectivos didácticos propostos. LIBROS DE TEXTO Para o desenvolvemento do programa de contidos de Bioloxía e Xeoloxía de 3º e 4º do ESO o Departamento elexíu, tras unha reunión e por unanimidade os textos EDITORIAL SANTILLANA

AVALIACIÓN DE CONTIDOS NA AREA DAS CIENCIAS NATURAIS Dentro dos criteiros que serán tidos en conta para considerar que un alumno acada a promoción na asignatura de Bioloxía e Xeoloxía terase en conta que os alumnos desenvolvan os obxectivos xerais propostos e amosen actitudes e procedementos na súa tarefa diaria como: Comprensión e expresión oral e escrita: • Comprensión oral • Compresión escrita • Expresión oral • Expresión escrita • Corrección sintáctitica e ortográfica na redacción • Presentación correcta dos exercicios Esforzo intelectual Asistencia a clase Puntualidade Atención ás explicacións Participación na clase Realización de tarefas e traballos Coidado do seu material de traballo

54


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Actitude xeral

Respecto aos demais Colaboración Coidado do material A Xunta de Avalición e todos os Seminarios Didácticos valorán os tres tipos de Contidos conceptuais, procecimentais e actitudinais que se englobarán nunha soa nota que variará entre os seguintes valores: Insuficiente – Suficiente - Ben - Notable – Sobresaliente Esta valoración conceptual por parte do profesor deberá plasmarse no boletín de notas cunha nota númerica dende o 0 ao 10. A calificación global de suficiente acadarase cando o alumno acade por todos os conceptos a calificación numérica de 5 e o profesor, tras analizar os resultados obtidos polo alumno/a nos contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais, considere que de xeito global o alumno/a superou satisfactoriamente eses apartados. Cada profesor poderá ter en conta na valoracion da nota final de cada alumno, o seu aproveitamento das clases, o seu grao de participación, corrección no trato ao profesor e aos compañeiros, non copiar nos exames nin os traballos de clase e todos os aspectos derivados dun estricto cumprimentos dos contidos procedimentais e actitudinais antes desenvolvidos AVALIACIÓN DOS CONTIDOS A avaliación dos contidos conceptuais levarase a cabo mediante probas obxectivas. A cualificación global corresponderá en un 75% ás probas conceptuais referidas ao temario de conceptos e un 25% ás probas conceptuais referidas ao temario de prácticas, habilidades e libreta de prácticas. AVALIACIÓN DOS PROCEDEMENTOS Para a avaliación dos procedementos o profesor ten que recoñecer e valorar as destrezas e habilidades amosadas polos alumnos no manexo do material de laboratorio, consulta de fontes de información, utilización de modelos, elaboración e interpretación de táboas, gráficas e esquemas, utilización de modelos científicos, resolución de problemas, realización de medicións, toma de datos etc. Para este cometido os contidos conceptuais axudarán a recoñecer o aproveitamento dos alumnos, pero os traballos prácticos amósanse como algo primordial para que o profesor poda recoñecer o nivel de consecución dos obxectivos procedimentais por parte do alumno. Deste xeito, o criterio do profesor de prácticas terá tamén unha importancia decisiva á hora de avaliar os procedementos e as actitudes. Hai que ter en conta que a relación que se establece entre os alumnos e o profesor durante a realización das clases no laboratoiro ou no campo é moi diferente ás relacións existentes na aula. Deste xeito, as clases prácticas resultan ser un escenario idóneo para avaliar os procedementos e, por suposto, tamén, as actitudes. Por iso, as prácticas ofrecen un ambiente axeitado para o profesor para poder avaliar os contidos procedementais e tamén serán válidos, incluso máis, para a avaliación dos contidos actitudinais polo que resulta evidente que a calificación final dos procedementos e as actitudes debe facerse segundo a valoración conxunta dos profesores de teoría e de prácticas. A repercusión que vai ter na cualificación final o profesor de prácticas é un elemento que debe ser coñecido polo alumno/a dende o principio do curso para que aprenda a recoñecer e respectar a importancia que as clases prácticas teñen no desenvolvemento do curriculo e na avaliación final do alumnado. AVALIACIÓN DAS ACTITUDES A avaliación da actitude do alumno ante a asignatura é sempre de índole subxectiva. Dentro de todos os aspectos a ter en conta polo profesor, merecen especial relevancia: o interese amosado na realización correcta das experiencias, recollida de datos, confección de informes; a actitude receptiva e dialogante cara ós puntos de vista dos compañeiros, cooperación e corresponsablilidade no traballo en equipo; coidado e respecto polo material e instrumentos de laboratorio etc. Considerarase unha actitude negativa a falta total de aproveitamento que o profesor poda constatar documentalmente, un acúmulo considerable de faltas de asistencia inxustificadas, a non realización das tarefas encomendadas; a falta de atención nas clases ou un comportamento ao longo do curso que impida ou dificulte o desenvolvemento das actividades lectivas, etc. Para obter uns boos resultados que leven á promoción do alumno na asignatura, ao longo de todo o curso os alumnos disporán da posibilidade de realizar todo tipo de consultas con todos os membros do Seminario e se lles facilitará ao comenzo do curso unha relación dos obxectivos mínimos que deben acadar para superar as probas. Cada membro do Seminario realizará o número de exercicios que considere axeitado para os contidos de cada avaliación. Así mesmo, o sistema elexido na forma de realizar os exercicios, será decisión do profesor, sen que neste senso o Departamento, como tal, teña unha forma ríxida.

55


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Contidos Curriculares dos Temas Transversais: Segundo Ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria De acordo co contido do decreto que establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria, hai un conxunto de ensinos que deben estar presentes nas diversas áreas deste currículo. Estes ensinos ou temas transversais desenvólvense nos diversos contidos curriculares de tódalas áreas da Educación Secundaria Obrigatoria e tivéronse en conta tanto na elaboración de cada libro do alumno e da alumna (redacción dos textos, proposta das actividades, selección das ilustracións, etc.), como nas orientacións metodolóxicas e nas actividades de reforzo e ampliación das Guías de Recursos Didácticos. Dado que non son unhas áreas con entidade autónoma senón ensinos ou temas transversais que impregnan os contidos das diversas áreas, non se incluíron na táboa anterior de contidos. Por este motivo aquí presentámo-la relación dos principais contidos curriculares dos temas transversais que se tratan no presente Proxecto Curricular.

EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA Actitude receptiva, colaboradora e tolerante nas relacións entre individuos e nas actividades en grupo. As diferentes fases de realización das actividades individuais e sobre todo as que se fan en grupo (deseño, preparación do material, elaboración e presentación) deben permitir que se consiga a participación dos alumnos e mailas alumnas cunha actitude receptiva, colaboradora e tolerante. É moi importante que comprendan que nos traballos de investigación en grupo se necesita a participación de todos e de todas. Valoración positiva da existencia de diferencias entre as persoas e entre os grupos sociais pertecentes á nosa sociedade ou a outras sociedades ou culturas diferentes á nosa. Os traballos de investigación en grupo e as correspondentes actividades de discusión e de posta en común realizadas por toda a clase poñen de manifesto as diferencias de capacidade, de opinión e de potencialidade de cada alumno e alumna. Neste sentido, convén que os propios alumnos e alumnas se distribúan as tarefas dentro do grupo, atendendo ás preferencias e calidades de cada persoa. Esta é unha forma moi conveniente para que aprendan a valorar positivamente as diferencias entre as persoas e entre as sociedades e culturas. Actitude crítica ante calquera tipo de discriminación individual ou social por razóns de raza, crenzas, sexo ou outras diferencias individuais ou sociais. O estudio das Ciencias da Natureza evidencia dunha forma moi clara a diversidade existente entre os seres vivos en xeral, e entre as persoas, en particular. É moi importante que os alumnos e mailas alumnas consideren esta diversidade como algo enriquecedor, non como un obstáculo para a convivencia, e desenvolvan unha actitude crítica ante calquera tipo de discriminación. Sensibilidade ante as grandes e graves diferencias que existen entre os países industrializados e os países subdesenvolvidos. Durante este curso preténdese que os alumnos e as alumnas valoren a calidade de vida da que gozamos en xeral no noso país gracias, principalmente, á existencia da enerxía eléctrica e da que proporcionan outros combustibles como o petróleo, sendo conscientes das diferencias que existen con outros países debido á escaseza, non de recursos enerxéticos, moitas veces, senón á falta de medios técnicos e materiais para aproveitalos. Co estudio de temas como o das funcións de nutrición, os alumnos e mailas alumnas pódense sensibilizar ante o grave problema da fame e a malnutrición que se dan en moitas rexións do mundo. Do mesmo xeito, este tema permite que os alumnos e as alumnas sexan conscientes de que mentres gran parte da poboación mundial ten graves carencias alimentarias, unha minoría afortunada come máis do que necesita e sofre transtornos derivados da obesidade. Respecto cara ás persoas de avanzada idade e cara aquelas que sofren algún tipo de enfermidade. Os alumnos e mailas alumnas deben ser conscientes das consecuencias da vellez ou dalgunhas enfermidades crónicas non só nas persoas que sofren senón tamén nas persoas que conviven co ancián ou anciá ou que asisten ó enfermo ou enferma. É conveniente, xa que logo, que comprendan a estas persoas e aprendan a respecta-las e a convivir con elas. Valoración dos esforzos que realizan moitas persoas con discapacidades físicas e mentais para mellora-la súa calidade de vida. É importante inculcar nos alumnos e alumnas a idea de que os diminuídos físicos ou psíquicos son como tódalas demais persoas e que merecen todo o noso respecto e axuda. A tecnoloxía encárgase de fabricar

56


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

instrumentos e próteses que facilitan a vida a estas persoas, pero ademais, os alumnos e mailas alumnas deben procurar estar sempre atentos e dispostos a axudar en todo o que estea na súa man. Interese polos mecanismos que regulan o funcionamento da nosa sociedade; en particular, os dereitos e deberes dos cidadáns e das cidadás. As actividades en grupo estarán reguladas por unha serie de normas e os alumnos e as alumnas poderán falar e discutir sobre elas, aceptalas e despois cumprilas. Os traballos e experiencias realizadas no laboratorio esixen tamén o coñecemento e cumprimento dunha serie de normas de seguridade que os alumnos e mailas alumnas deben coñecer e cumprir para evitar accidentes. Da mesma maneira, mais nun ámbito máis amplo, deben valorar de forma positiva a aceptación dos seus dereitos e o cumprimento dos seus deberes como membros da comunidade educativa. Deste xeito, irán espertando o seu interese pola práctica dos seus dereitos e deberes como cidadáns e cidadás. Análise crítica dos valores culturais da nosa sociedade. A través da teoría, das actividades e dos traballos en grupo hai que conseguir que as alumnas e os alumnos aprendan a analizar criticamente o que deberían se-los valores culturais máis representativos da nosa sociedade democrática actual, como a liberdade das persoas, o respecto ante calquera tipo de diferencia (lingüística, racial, relixiosa...), a solidariedade, a tolerancia, etc. Interese por coñecer e conserva-lo patrimonio cultural e natural da nosa sociedade e doutras culturas. As visitas a lugares culturais de uso público, como bibliotecas ou museos, son útiles para incidir no interese por coñecer e conserva-lo patrimonio cultural e natural da nosa sociedade. Interese por coñecer e conserva-lo patrimonio natural da nosa sociedade. A análise dos materiais máis empregados na nosa sociedade xunto co estudio da súa orixe, permite que os alumnos e as alumnas coñezan e valoren o patrimonio natural do noso país. O estudio do relevo e dos ecosistemas permite que os alumnos e as alumnas sexan conscientes da gran diversidade de paisaxes e de biomas presentes na Península Ibérica e a valoren como algo propio que se debe coñecer e respectar. Sensibilidade ante as consecuencias catastróficas dalgúns fenómenos naturais que asolan determinadas rexións. O estudio da formación do relevo e dos axentes xeolóxicos que modelan a paisaxe dunha zona, permite facer referencia á gran forza coa que poden actua-lo vento, a auga e o xeo, causando en moitas ocasións grandes catástrofes, con numerosas víctimas e grandes perdas económicas. É importante que os alumnos e mailas alumnas valoren os esforzos que se realizan en zonas que adoitan ser azoutadas por estes desastres naturais con frecuencia, para controla-la forza da natureza.

EDUCACIÓN PARA A PAZ Respecto polas opinións e crenzas das outras persoas. A discusión en clase de determinados temas de interese científico-natural ou o tratamento de aspectos que interesan directamente ó grupo de alumnos e alumnas axudarán a coñecer e respecta-la opinión dos demais. O estudio das opinións expresadas por diferentes medios de comunicación de masas (prensa, radio e televisión) tamén pode ser útil para poñer en evidencia a diversidade de puntos de vista sobre feitos da vida cotiá e o respecto que merecen. Recoñecemento do diálogo como medio para resolve-las discrepancias nas opinións así como os diversos tipos de conflictos, tanto interpersoais como sociais. Un coñecemento máis profundo da redonda natural permitirá detectar múltiples situacións conflictivas que poden afectar ás alumnas e ós alumnos de forma directa. Os propios alumnos e alumnas, ó se presentaren en clase ditas situacións, deben aprender a adquirir unha actitude dialogante. En calquera caso, é necesario que recoñezan que o diálogo entre as partes enfrontadas é o único medio para chegar a unha situación aceptable para todo o mundo. Reflexión sobre as consecuencias negativas que pode carrea-la mala aplicación dalgunhas investigacións científicas. Moitas investigacións científicas teñen como obxectivo a mellora das condicións de vida aumentando a calidade de vida dos seres humanos, pero se poden converter tamén nun risco para os demais seres humanos. Os alumnos e mailas alumnas deben ser conscientes dos grandes beneficios da técnica e as investigacións científicas cando van dirixidas á mellora da vida humana, pero tamén, do grave perigo que se pode correr cando son encamiñados cara ó mal.

57


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Recoñecemento do diálogo cos pais ou cos profesores, como medio para aclara-los numerosos conflictos persoais e os interrogantes que se xeran durante a adolescencia. A adolescencia é unha época de profundos cambios físicos, psicolóxicos e emocionais que ocasionan algúns dos problemas frecuentes en adolescentes: a necesidade de independencia e de afirmación persoal, o distanciamento dos pais, a falta de seguridade en si mesmo, etc. O profesor ou a profesora debe procurar motivar ós seus alumnos e alumnas a acudir ós seus pais ou ós seus profesores ou profesoras sempre que o necesiten, incitando á comunicación.

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE. EDUCACIÓN SEXUAL Posta en práctica das normas de seguridade propias dun laboratorio para evitar accidentes. Os alumnos e mailas alumnas deberán coñecer e poñer en práctica as normas básicas de seguridade no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía xa que durante as experiencias que se describen e propoñen nas Unidades Didácticas, débense manipular certos productos químicos que poden resultar perigosos se non se toman as debidas precaucións. Recoñecemento da importancia que ten consumir unha dieta equilibrada. O corpo humano é unha máquina que necesita unha proporción continua de combustible para poder realizalas súas actividades. É importante que os alumnos e as alumnas sexan conscientes dos requisitos enerxéticos do seu corpo, e de cómo varían estes en función da actividade que realizan. Recoñecemento da importancia de coida-los ecosistemas para mante-las nosa saúde. A saúde do medio ambiente está directamente relacionada coa nosa propia saúde. Se se evita a contaminación da auga, do aire, a talla masiva de árbores, a extinción de especies animais e vexetais, etc., a saúde da especie humana verase beneficiada. Potenciación e desenvolvemento dos hábitos de hixiene e coidado corporal. Durante o Terceiro Curso da Secundaria os alumnos e mailas alumnas analizarán o funcionamento de tódolos órganos e sistemas do corpo humano. Por iso é moi importante que se adquiran hábitos saudables para acada-lo correcto funcionamento do corpo. Interese por coñecer algunhas enfermidades máis comúns que afectan á nosa sociedade. O estudio do funcionamento do corpo humano leva á análise dalgunhas enfermidades máis comúns e que lles son familiares ós nosos alumnos e alumnas. Ó tratalas, débese insistir nos síntomas de cada enfermidade, no seu tratamento, pero sobre todo na súa prevención. Toma de conciencia de que o hábito de fumar prexudica seriamente a saúde. É a adolescencia a etapa na que a maioría dos fumadores e fumadoras se iniciaron no hábito de fumar. Débese insistir nos efectos negativos do tabaco sobre a saúde do propio fumador e, o que é máis grave, sobre a das persoas que o rodean, os fumadores pasivos. Por esta razón, é importante motivar nos alumnos e as alumnas actitudes de respecto cara as persoas non fumadoras. Interese por coñece-los efectos negativos das drogas e o alcol sobre o sistema nervioso. Os alumnos e mailas alumnas poden analiza-los efectos dos distintos tipos de drogas, tanto o consumo das ilegais como abuso das legais (alcol e tabaco), sobre a saúde. Ademais de crear adicción e dependencia provocan transtornos que poden ser irreversibles e chegar a produci-la morte. Por iso é importante insistir na actitude de rexeitamento total cara a elas que deben mostra-los mozos e mozas, procurando que sexan verdadeiramente conscientes das moitas razóns que hai para non tomalas. Hábito de practicar algún deporte de forma regular. É importante que os alumnos e as alumnas recoñezan que o exercicio regular é unha práctica moi saudable para o organismo xa que mellora a forma física e proporciona benestar. Iso si, débese practicar con medida, procurando non realizar esforzos excesivos e así evita-las lesións típicas do aparello locomotor. Valoración da sexualidade como un mecanismo de identificación da persoa e como un medio de comunicación do afecto que existe entre dúas persoas. Na elaboración da Unidade e dos recursos didácticos procurouse que os alumnos e mailas alumnas reciban a axeitada educación sexual, coa que se pretende que coñezan a fisioloxía dos aparellos reproductores masculino e feminino, e que valoren a sexualidade como un dos medios de comunicación e expresión do amor que existe entre un home e unha muller.

58


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE ENTRE OS DOUS SEXOS Toma de conciencia dos fenómenos de discriminación sexista que se dan na actualidade. Na elaboración de tódolos materiais que se utilizan na Área de Ciencias da Natureza da Educación Secundaria Obrigatoria intentouse non caer en expresións que puidesen inducir a unha interpretación sexista. Na redacción do texto e das actividades procúrase falar sempre de homes e mulleres, de alumnas e alumnos, etc. Nas fotografías e nos debuxos coidouse tamén a presentación equitativa de ámbolos dous sexos. Recoñecemento da bioloxía e da Xeoloxía como dúas ciencias dirixidas tanto a homes coma a mulleres. A Bioloxía e a Xeoloxía poden xera-la idea equivocada de que son ciencias dirixidas prioritariamente a un sexo determinado. No texto procurouse non inducir a este erro, e durante o traballo na aula, o profesor ou a profesora deberá estar atento ou atenta ós comentarios de mozos e mozas para evitar unha posible interpretación sexista da materia. Valoración das diferencias fisilóxicas e psicolóxicas que existen entre o sexo masculino e o feminino. Os alumnos e as alumnas deben mostrar unha actitude crítica de rexeitamento ante as diferencias inxustificadas que se crean entre homes e mulleres no campo laboral e social, pero así mesmo deben apreciar e valora-las diferencias que existen entre homes e mulleres desde o punto de vista fisiolóxico e psicolóxico, xa que estas permiten a complementariedade dos caracteres enriquecendo a relación entre eles.

EDUCACIÓN AMBIENTAL Sensibilización polos elementos físicos e biolóxicos do medio natural. A través do estudio das Unidades Temáticas do Terceiro Curso, os alumnos e mailas alumnas recoñecerán a gran variedade de materiais, e a súa composición, presentes no medio que os rodea, así como a gran diversidade de recursos enerxéticos utilizados e en fase de experimentación que posúe o noso planeta. Proposta, valoración e, se é posible, participación en actividades de conservación do medio natural. Nos temas relacionados co estudio dos medios naturais ou coa conservación do medio procurarase especificar unha serie de normas de conducta que se deberían cumprir de forma individual e colectiva (respecto polas árbores, non bota-lo lixo en calquera lugar, etc.). É esencial tamén razoarlle-la necesidade que temos de respecta-la natureza para a nosa propia supervivencia e mesmo se lles animará a participar en actividades de conservación do medio natural. Desenvolvemento de hábitos que permitan colaborar na conservación do medio ambiente. Algunhas actitudes dos alumnos e mailas alumnas poden axudar na conservación do ambiente: o aforro de enerxía eléctrica, a reciclaxe das pilas, etc. Estas deben ser motivadas na aula, xa que, aínda que os mozos e mozas crean que contribúen en moi pouco, sempre é mellor isto ca nada. O importante é crear uns hábitos e facer que estas actitudes se contaxien ós demais. Identificación dos principais problemas que afectan á conservación do medio ambiente relacionados co esgotamento de recursos, a contaminación ambiental, a radioactividade dos residuos nucleares, a choiva aceda, etc. Procurarase que as alumnas e os alumnos poidan recoñecer, no medio natural en que viven, a presencia dos axentes contaminantes máis destacables: industrias, tránsito rodado, ruídos, polución das augas residuais, etc. Pode ser moi útil tamén que, para cada unha das actividades que causan contaminación, mencionen algunha solución que poida diminuí-los danos causados ó medio ambiente. Sensibilidade ante tódalas formas de vida, xa sexan animais como vexetais. O estudio dos ecosistemas permite entende-la importancia de cada unha das especies que se atopan nun ecosistema. Por iso, preténdese que os alumnos e mailas alumnas respecten a tódolos seres vivos, animais ou vexetais, procurando evita-las recolleitas masivas de plantas, as capturas innecesarias de animais, etc.

EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR Conciencia das repercusións que produce no medio o refugallo de todo tipo de productos e materiais. Nos contidos de conservación do medio trátase do uso racional que debemos facer dos recursos que a natureza nos ofrece. É importante que as alumnas e os alumnos se conciencien precisamente de que é a dilapidación destes recursos e o excesivo consumismo o que nos está a levar á gravísima situación de non

59


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

saber qué facer coas enormes cantidades de desperdicio de todo tipo de productos e materiais, moitos deles perigosos. Adquisición do hábito de se informar, como consumidores, da composición dos productos que consomen. Os alumnos e as alumnas consomen moitos materiais sen saber cál é a súa composición nin as súas vantaxes. Algúns exemplos son o aceiro inoxidable, a gasolina, etc. A través do estudio das Unidades Didácticas preténdese que os alumnas e mailas alumnas coñezan qué é o que consomen e as propiedades que os fan aptos para ese uso. Os alumnos e as alumnas consomen moitos productos sen coñecer cál é a súa composición, a data de caducidade, o número de lote, etc., todas elas necesarias para entende-las características do producto que se adquire. O profesor ou a profesora debe animar ó alumnado a le-la información das etiquetas dos productos que van a adquirir, para así coñece-las súas características e poder detectar algún fallo antes de compra-lo producto.

EDUCACIÓN VIAL Toma de conciencia dos efectos negativos do alcol especialmente coa conducción de vehículos. A partir do estudio dos efectos do alcol no corpo, especialmente no Sistema Nervioso, o coñecemento do grao de alcol das distintas bebidas alcólicas, e sabendo o límite de alcol permitido en sangue para poder conducir, preténdese que os alumnos e mailas alumnas sexan conscientes do perigo que supón conducir tendo inxerido bebidas alcólicas, e motivar neles e nelas unha actuación responsable, tanto como conductores ou conductoras, como se son acompañantes. Valoración daqueles aspectos que melloran a circulación, rodada ou peonil, daquelas persoas que presentan discapacidades físicas. É importante educar ós mozos e mozas a estar prestos a axudar ás persoas que presenten algunha discapacidade física naquelas situacións relacionadas co tránsito dunha localidade, así como as respecta-los sinais de circulación que se refiren en especial a estas persoas, como as prazas de aparcamento destinadas a elas ou os asentos reservados nos transportes públicos. Do mesmo xeito, deben valora-los esforzos que realizan moitos concellos para reduci-las barreiras arquitectónicas coas que se atopan estas persoas en moitas rúas, en edificios, etc.

Tratamento da Diversidade: 2º Ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria No Proxecto Curricular para a Educación Secundaria Obrigatoria tívose en conta o tratamento da diversidade do alumnado con respecto ós diferentes ritmos de aprendizaxe que desenvolve cada alumna ou alumno na aula. Partiuse da concepción global de que cada profesor ou profesora ten que orienta-la súa intervención en función da diversidade de formas de aprendizaxe que poidan darse entre as alumnas e mailos alumnos. Para isto ofrécense os recursos básicos para que cada profesor ou profesora poida desenvolver diferentes estratexias de ensino co obxectivo de facilita-las aprendizaxes dos alumnos e das alumnas en función das súas necesidades concretas.

60


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

Tratamento do fomento da lectura: 2º Ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria O IES conta con un programa integral para o fomento da lectura entre todos os alumnos do centro. A biblioteca está durante todo o periodo lectivo aberta e sempre hai algún profesor para atender ao alumnado que así o demande. Ademais gracias aos esforzos do profesorado no fomento de lectura, temos recibido fondos importantes para unha mellor dotacion da biblioteca. Dende o departamenteo de Bioloxía e Xeoloxía se realizan cada ano suxerencias para a compra de novos libros para dotar á biblioteca e esta bibliografia pasa a ser lectura recomendada nos diferentes niveis educativos axeitados a cada curso e idade.

Tratamento do fomento das tic: 2º Ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria O IES ten unha dotación de material informático moi abundante que se traduce na existencia de un ordenador. No laboratorio tamen contamos con este tipo de instalacións o que nos permite apoiar continuamente as clases con todo o material disponible en internet que van dende imaxes, paxinas web ata videos, prenguntas, foros etc. É coñecido que os alumnos amosan moito interés no que respectas ao emprego de todo tipo de novas tecnoloxías e isto lles permite manter un maior grao de participación na clase e a posibilidade de consultar de novo nas suas casas as fontes consultadas durante o desenvolvemento da clase. O aumento na dotacion deste medios durante os últimos anos foi que propiciou este avance no emprego das novas tecnoloxías, e todo parece apuntar a que o aproveitamento por parte do alumnado e importante e agora so se trata de que a maioría do profesorado se integre para que o emprego das tic pase a ser unha forma mais de traballar na aula cos nosos alumnos

Programa de reforzo para a recuperación de materias pendentes de cursos anteriores. Seguimento e avaliación dos alumnos pendentes do ESO Os alumnos pendentes da algunha das asignaturas do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, por acordo de todos os membros, terán a oportunidade de poder realizar as consultas pertinentes ao longo do recreo grande todos os días e sempre que así o desexen. Esto permitirá ao alumno un seguimento da asignatura para poder presentarse en calquera das convocatorias que están acordadas no Consello Escolar. O examen será sempre de 10 cuestións relacionadas co o curriculum da materia, e poderán preguntarse aspectos relacionados con actividades do laboratorio, polo que o alumno non so deberá respostar cuestións de tipo teórico senon tamén cuestións relacionadas coa libreta de prácticas e os contidos desenvolvidos no ano anterior no laboratorio. Para superar as probas os alumnos deberán dar unha visión xeralizada do conxunto da materia e non concretarse nunha parte, e descoidando as respostas de outras partes do programa. Por iso as resportas deber responder de xeito global á maior parte da materia.

61


1.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

IES DE BARRO

BIOLOXÍA e CIENCIAS DA NATUREZA PROGRAMACIÓN SUSANA RODRÍGUEZ PONS Mª JESÚS TOIMIL CRIADO

I.E.S. de BARRO Barro, Pontevedra Curso 2011-12 Os compoñentes do Seminario:

Asdo.: Mª Xesús Toimil Criado.

Asdo.: Susana Rodríguez Pons. (Xefa do Seminario)

62


Programación de Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía