Page 1

Revista escolar nยบ 2

C.E.I.P. Nยบ 1 de TUI.

Curso 2005/06


EDITORIAL

SUMARIO Editorial................................. páx. 2 As nosas celebracións ........ páx. 3 Outras actividades ................................................... páx.1 5 Talleres de E. Artística.....páx.23 Somos de moitas cores......páx.24 A entrevista ............ .........................páx.29 Tempo de

Trala boa acollida do noso xornal o curso pasado, queremos presentar esta nova edición do curso 2006-07. Como podedes apreciar temos unha nova portada, por certo de difícil selección, xa que houbo moitos e moi bos candidatos a acadar tal honra. Indo ao que nos interesa; neste novo número da BILLARDA, pretendemos informar á toda a comunidade educativa das actividades levadas a cabo no centro que foron moitas e moi variadas e da vida xeral do noso colexio. Este curso houbo moitas novidades: comezámo-lo curso con: canastas de minibasket, novos servizos promovidos pola ANPA como o comedor escolar e o taller de xogos dende as 7:45 da mañá, Talleres de Educación Artística, fomos construíndo o noso recuncho adicado a xardín.....Todo isto e moito máis podedes ver nesta revista, esperando que todo sexa do voso agrado e que pasedes un bo rato. Nós (María e Andrés) en nome da clase de 6º de Primaria, queremos dicirvos que temos un pouco de morriña porque deixamos o colexio para pasar á E.S.O, coñeceremos a novos compañeiros xa que moitos dos que temos na actualidade van para outro Instituto, novo profesorado.... Non sabemos se no futuro recordaremos o colexio, pero dende aquí queremos agradece-la laboura do profesorado que sentou as bases da nosa formación; e ao noso director os desvelos e o seu empeño para que o seu proxecto de centro siga adiante. O alumnado de 6º queremos saudar á comunidade educativa deste centro e aos lectores en xeral.

2


3


4


5


6


7


8


9


10


รrea Panorรกmica de Tui

11


A lectura tamĂŠn diverte

12


WOLFGANG AMADEUS MOZART Wolfgang Amadeus Mozart naceu en 1756 en Salzburgo, fillo do compositor Leopoldo Mozart estudiou co seu pai, sendo un neno prodixio. Desde os catro anos deuse a coñecer a todo o mundo musical como concertista de piano e violín. Ós seis anos Mozart era xa un consumado Intérprete de instrumentos de tecla e un eficaz violinista. En 1762 Leopoldo levou o seu fillo de xira polas cortes de Europa. En 1771 volveu a Salzburgo. O seu cargo na cidade non era remunerado pero permitiulle compoñer un gran número de obras. En 1777 obtuvo permiso para dar unha xira de concertos e foise a Munich coa súa nai. En canto ás súas composicións Utilizou formas e estructuras establecidas polos seus antecesores pero con gran orixinalidade, renovación e perfección na escritura. Mozart abarcou tódolos xéneros. Da súa producción destacan: as óperas (As bodas de Fígaro, Don Giovanni, Cosi fan tutte, a flauta máxica): música instrumental e de cámara (41 sinfonías, 27 concertos para piano e varios para outros instrumentos, serenatas, sonatas para piano e para violín e piano), e obras corais (cantatas relixiosas e profanas, numerosas misas, o ofertorio Ave Verum, o Réquiem). En 1791, por desgracia enfermou e morreu na cidade de Viena. Yeray Oubiña e Andrés Carrera

13


Dia de Europa

Semana da prensa

Constituci贸n Espa帽ola e Estatuto de Autonomia de Galicia.

14


15


16


AS RÁS VISITAN O ZOO

17


Clemente 1ยบ

18


19


20


21


22


TALLERES DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA Este curso traballamos área de Educación Artística en torno a TALLERES, que se levaron a cabo en distintas dependencias do centro, os martes de 12:30 a 14:30 h, cada 15 días.

Obxectivos:  Traballa-los distintos aspectos artísticos: música, dramatización, pintura, diversas modalidades de manualidades,...  Rendabilizar ao máximo o factor tempo.  Aproveita-lo potencial e cualidades do persoal do centro.  Fomenta-lo traballo en equipo e de colaboración.  Desperta-lo interese polos diversos aspectos artísticos.  Disfrutar do traballo feito. Organización:  Funcionaron durante o 1º, 2º e parte do 3º trimestres.  O alumnado anotouse voluntariamente a eles en función das súas preferencias, rotando de taller no cambio de trimestre.  Cada taller tivo o seu profesorado encargado: o PINTURA E DECORADOS: Ana, María, Trini e Gena. o MANUALIDADES: Mª José Yánez e Paco. o MÚSICA: Nieves. o TEATRO: Mª José Rodríguez e Pepe. 23


DEFINICIÓN DE ESCOLA

(segundo Pepe, o Director): Puzzle de nacións onde a diversidade lingüística e cultural son consideradas coma fontes de enriquecemento dos pobos e do alumnado, evitando actitudes de desprezo e rexeitamento cara o estranxeiro para non caer en actitudes xenofóbicas

No noso centro atópanse matriculados dous novos alumnos de procedencia chinesa, Kewei Han e Keqiang Han de once e doce anos respectivamente.

Pero xa tiñamos nenos de Marrocos coma SARA , TOFIK e ANASS .

Tamén hai nenos Brasileiros coma VICTOR, colombianos coma DANIELA

nenos que viñeron de Arxentina coma NACHO, MICAELA e VALENTINA,

24


nenos e nenas xitanos coma: LIDIA, MELODÍA, HARÍN, JESÚS, CRISTIAN, BERNABÉ, FANI, BORJA, JESSICA, CORAL, MOISÉS, NEREA, ADÁN, ARTURO, ANGELINES, MARCOS, MACARENA

Considerámonos afortunad@s porque aprendemos cousas doutros países, doutros pobos. Por iso nós dicimos que somos máis ricos que outros ne@s das nosas idades que non teñen a sorte de contar con tanta mestura. ¡ FÍXATE BEN!

INTERCULTURALILDADE Con motivo de celebrar o Día da Paz, levouse a cabo no Centro un programa de Interculturalidade. As distintas clases da escola distribuímos os horarios e fixemos actividades durante toda a semana. O último día os nenos premiados nos concursos de debuxo e redacción recibiron un agasallo. Durante toda esa semana , estivo na biblioteca, unha exposición dos Nenos Soldados. Tamén houbo unha serie de material multimedia que puideron ver as nosas familias e todo o alumnado do Centro. Por outra banda dúas mulleres marroquís que imparten clases no noso país, contáronnos moitas cousas do nosos veciños: coma viven, cales son as súas costumes, como adoitan celebrar as súas festas. O que máis nos gustou a todos foron os traxes tan bonitos que levan as noivas e os noivos cando casan. As noivas poden cambiar ata cinco veces de vestido ou máis. Algúns mércanos elas ou as súas familias e outros son regalos feitos polos noivos.

25


PARA CHUPAR-lOS DEDOS

RECEITA MARROQUÍ

RECEITA XITANA

POTAXE DE HINOXOS

Ingredientes: Feixóns Chourizo cebola allo pementos hinoxos arroz carne de tenreira garbanzos Modo de Elaboración Poñemos os garbanzos e mailos feixóns a remollo o día anterior. Cortamos os pementos, os allos, a cebola e facemos un sofrito cun pouco de aceite. A continuación engadimos unha cunca de auga. inmediatamente engadimos a carne mailo chourizo. Despois de media hora fervendo, botamos os feixóns e os garbanzos. Cando xa está todo practicamente cocido engadimos o arroz. Cando remate a cocción engadimos os hinoxos. Pasada media hora, ¡a comer....! 26


RECEITA COLOMBIANA EMPANADILLAS DE CARNE Ingredientes:

• • • • • • • •

500 gramos de carne. 6 tomates 2 allos 2 porros grandes 8 patacas fariña de millo sal pasta a base de caldo de galiña

PREPARACIÓN

Poñer auga a quentar e cocer a carne. Nesa mesma auga cocemos tamén as patacas. Retirámolas para un recipiente. Facemos un sofrito con allo, porro e tomates . Engadimos a carne e as patacas trituradas ao sofrito.Mesturamos todo e engadimos o caldo de galiña e o sal ó gusto. Nun recipiente preparamos a fariña mesturándoa con auga e sal. facemos unha muss que quede branda. Botámoslle colorante e colocamos a mestura nun molde redondo. Pechamos todo e fritímolo.

RECEITA BRASILEIRA COCADA BRANCA Ingredientes: • un quilo de azucre • catro cuncas de auga • dous cocos raiados 27


PREPARACIÓN Raiar os cocos cunha raiadeira pola parte máis grosa. Poñer no lume con azucre máis auga. Deixalo así ata que tome o punto de caramelo. Mesturar todo isto co coco raiado e facer pequenos montiños enriba dunha mesa de granito ou encima dunha meseta. Cando esté frío e ben seco servir.

¿SABIAS QUE SE DICÍA ASÍ?

GALEGO

CALÉ

BRASILEIRO

MARROQUÍ

Pai

batus

pai

Neno

chaborrill o

Comida

COLOMBIANO

ARXENTINO

Baba

padre

padre

minino

Uldi

niño

nene

jallipé

comida

macla

comida

comida

Ollos

sacais

ollos

hinin

ojos

ojos

Can

chuquel

can

calb

perro

perro

Man

bastí

man

hidin

mano

mano

Coche

majador

carro

tolobel

carro

auto

Patacas

riladoras

batatas

batata

Papas

papas

Zapatos

tirajais

zapatos

sibat

çapatos

çapatos

Muller

rumí

muller

mra

mujer

mujer

Cabeza

jero

cabeza

ras

cabeça

cabeça

Orellas

papias

orellas

udnin

orejas

orejas

Casa

laquel

casa

dar

casa

casa

28

CHINÉS


29


A BIBLIOTECA REDACCIÓN: 3º de primaria

A biblioteca do noso colexio está na planta baixa. É unha sala moi grande onde hai de todo: libros moi chulos como Os Bolechas e Don Quixote, cómics, dicionarios, libros de poesía, de ciencias, de matemáticas, de animais, plantas, transportes, etc… Tamén hai revistas e unha televisión, vídeo e DVD para ver películas. Antes era bonita, pero agora máis. Está moi adornadiña porque os de taller de decorados fixeron un mural para o escenario, que é alto e con escaleiras. Alí celebramos o Nadal, o día da Paz, as Letras Galegas,… e fanse actividades como teatro. Este ano puxeron xogos de mesa para xogar durante o recreo: o parchís, o xadrez, a oca,… Tamén hai un ordenador para buscar información en Internet, mesas para facer os deberes e un corcho onde poñemos os debuxos e se fan exposicións. Pero o mellor é que no lugar dos pequenos hai unhas colchonetas moi chulas e coxíns e aos de infantil a profe cóntalles un conto e escoitan todos deitadiños e moi caladiños. Este ano temos unha mascota que é un dragón e fixeron uns fantásticos carnés, de cor laranxa, con foto e cun número. Tódolos días podemos ir buscar libros na hora do recreo. Para collelos usamos o carné. Tamén hai uns dragóns plastificados que se poñen no sitio do libro que estás mirando, para marcalo e se non che gusta podes colocalo onde estaba antes. Despois se queres levar algún libro anótalo no ordenador e cando o devolves metémolo nunha caixa. As encargadas da biblioteca son a nosa titora, que se chama Nieves e a profe de inglés, que é Gena. Así é a biblioteca do noso colexio. ¡É a mellor biblioteca do mundo!!! 30


Comentarios sobre un libro:

Autora: Concha Blanco Título: Tita Editorial: Everest “Montaña Encantada”

Eu recomendo o libro de Tita porque é bo- Tita é un libro moi divertido, con moitas nito. Párteste de risa porque esaxeran como esaxeracións. Cando o empezas xa non poque tiña Fina tres quilos de terra nos panta- des parar de lelo. Ten moitos chistes que a lóns e tamén cando lle pon ó seu gato Coral min me encantan e me fan rir moito. unha correa con latas e cando se move fai Carla Cabaleiro ruido, asústase e corre. Noelia Fontán

Tita é un libro moi chulo porque ten moitas Tita non é un libro que me guste moito, pallasadas e tamén di palabrotas. Tita é unha gústanme máis outros. Pero co libro de Tita señora vella que vive cunha nena chamada vaste rir un montón cos seus chistes. Fina. Olaia Gallego

31

Alfredo Fontaíña


Dende o ano 1963 cada 17 de maio se dedica á cultura galega representada por unha personalidade que cada ano vai elexindo a Real Academia Galega e que destacara pola súa obra en galego ou pola defensa da súa lingua ou cultura. Como é tradicional, traballamos durante uns días e máis concretamente a semana do 15 ao 19 de maio en torno a aspectos da nosa Língua, realizando diversas actividades, e coñecendo un pouco máis ao autor homenaxeado deste ano: MANUEL LUGRÍS FREIRE.

Pois ímosche contar brevemente algo que puidemos aprender del. - Naceu en Sada en 1863 e con vinte anos emigrou a Cuba. - Na Habano foi elixido membro da xunta directiva do Centro Galego e fundou e dirixiu o primeiro xornal americano totalmente en galego: A gaita gallega, que se editou na Habana entre 1885 e 1889. - Alí publiocou o seu primeiro poemario (Soidades, 1894), prolongado por Curros Enríquez, e escribiu a súa primeira obra dramática: A costureira da aldea. - Voltou a Galiza en 1896, instalouse na Coruña e proseguiu co cultivo da literatura, editando en 1901 Noitebras. - Tomou parte en moitas actividades galeguistas. Foi o primeriro en utilizar nun mitin na lingua galega, sendo o presidente da Escola Rexional de Declamación. A totalidade dos espectáculos realizados pola Escola contaron con títulos da súa autoría: A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). - Foi o primeiro escritor teatral en prosa, sendo o máximo representante teatral: Minia, (1904), Mareiras, Esclavitú. - Escribiu artigos e publicacións periódicas en moitos xornais: Revista Gallega, A Nosa

Terra, A Gaita Gallega, El Eco de Galicia...... -

En 1922 publicase a primeira Gramática do idioma galego, que reflexa e seu compromiso co idioma. Foi un dos fundadores da Academia Galega, sendo o seu presidente entre 1934 e 1935. En 1923 ingresou no Seminario de Estudos Galegos, sendo o seu presidente en 1934. Nesa década colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía. Tras o conflicto bélico, que provocou a persecución da actividade galeguista, morre na Coruña en 1940. Foi pai do afamado pintor republicano Urbano Lugrís. 32


- Traballo nas titorías en torno ao autor Manuel Lugrís.

- Elaboramos un mural no patio do colexio sobre as Letras Galegas.

-

Fixemos un gran mural entre tódalas titorías sobre Lugrís.

- Celebramos o tradicional Festival das Letras Galegas.

-

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, participamos na Correlingua que tivo o seu acto central en Salvaterra de Miño para toda a comarca.

-

Lectura dun libro en galego da Editorial EVEREST; con tal motivo o venres 26 de maio agasalláronnos coa actuación dun contacontos.

33


Laura 4ยบ

34


Raquel 4º

Nacho 1º 1º Primeio 1º Ciclo Concurso de lactancia convocado pola asociación PINGA DOCE 35

Raquel 4º


Alejandra Nielfa Fdez 4ºE.I

Nerea Pérez Gradín 5ºE.I

Iria Soto Piña 6º E.I

Yelena García Rdguez 1º E.P

36


Carla Cab. Santaclara 3ºE.P

Ana Copena Soutelo 2º

Ángela Freiría López 5º E.P

Laura Álvarez Rguez

Leticia Fdez Costa 6º E.P 37


38


39


40


41


No comedor escolar

Actividade de inglés

O NOSO AGRADECEMENTO ÁS ENTIDADES COLABORAFRAS:

A.N.P.A

42


-

Este curso despedimos con agarimo a tres mestras que estiveron connosco estes últimos anos: Emma, Sole e Marosa. Grazas polo voso traballo e colaboración no noso Proxecto de Centro.... Non vos preocupedes que non nos quedamos sen persoal. Xa están nomeadas para o vindeiro curso dúas mestras de Infantil: Cristina e Marta; e un profe de Ed. Física: José Alberto.

-

A gran familia que formamos a Comunidade Educativa do noso Colexio está en lixeiro aumento. Neste curso incrementámo-la matrícula en 15 alumn@s, e para o curso 2006-07 aínda se agregan á nosa familia 10 alumn@s máis. Dende aquí queremos dárllela benvida a estes novos membros que apostan polo Ensino Público e que suben a bordo do noso Proxecto de Centro.

-

Segue a funcionar o TRANSPORTE ESCOLAR dende a porta do colexio con tres rutas: Areas, Parador e Magnolia. Dende o mes de abril temos acompañante escolar. Os que desexen facer uso deste servizo para o vindeiro curso deben avisar en secretaría antes do 30 de xuño.

-

Rematou o curso e chegou o momento de facer valoracións. En xeral, podemos dicir que foi un curso moi intenso, con moitas novidades (Comedor escolar, Taller de xogos pola mañá cedo, Talleres de Educación Artística......), todas elas cunha avaliación moi positiva. Felicitacións para a Nosa Comunidade Educativa porque estamos a crear un modelo de escola axeitado ás nosa necesidades, no cal creemos e polo que apostamos, poñendo o noso empeño e traballo diario para que todo vaia adiante. Todo isto é posible grazas á Admón. Educativa, Concello, familias, A.N.P.A, alumnado e profesorado.

-

O día 16 de xuño realizamos unha xornada de ocio e convivencia en Bracalandia (PORTUGAL), que resultou moi positiva.

-

O venres 23 de Xuño, tivo lugar a festa de graduación de 6º de E.I e 6º de E.P.

-

O tempo de vacacións é para descansar, para logo empezar con moito ánimo o novo curso. Recordade que comezamo-las clases o LUNS 11 DE SETEMBRO ás 9:30 horas (dende 4 anos a 6º de Primaria). A primeiros de setembro haberá unha reunión coas familias de 3 anos para organiza-la incorporación progresiva ao centro (xa se avisará).

-

Para calquer información sobre o Centro, pódese pasar por secretaría, por teléf: 986.600.620, por E-mail:ceip.numero1.tui; ou na Páxina web: http//:centros.edu.xunta.es/ceipnumero1tui, que estamos a reformar coa colaboración dunha familia do centro.

43


Outras creaci贸ns de nos@s xovens dise帽adores/as...

44


A billarda 2  

Xornal escolar

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you