Enxertos

Page 3

1.DEFINICIÓNS Enxertar: consiste en implantar nos tecidos dun vexetal (pe, porta enxerto ou patrón) unha xema, ou talo con varias xemas(pua ou variedade). O conxunto de ambas partes dará lugar a unha nova planta, na que o patrón aporta unha serie de características (axeitado sistema radicular de fixación ó solo, adaptación a este, absorción de nutrintes e auga...), mentres a variedade desenrola a parte aérea mantendo as caracteristicas da planta donante. O obxetivo é conseguir nunha soa planta as mellores características de ambas. Enxerto ou puga: É a porción, do tallo que contén varias xemas dormentes as que ó unirse co patrón forman a porción superior do enxerto e das que se desenrolarán o tallo e as ramas da parte enxertada. Patrón ou portainxerto: É a porción inferior do enxerto, a que forma a parte radicular da planta enxertada. Patrón intermédio: É unha porción de tallo que vai entre o patrón e o enxerto por medio de dúas unións. Hai razóns que obrigan a usar intermediario en determinadas ocasións, como evitar unha incompatibilidade entre o patrón e a variedade. Franqueo: Unha árbore franquease cando o enxerto emite raíces (por riba ou a nivel da unión do enxerto). A árbore gaña en vigor pero perde en producción.

2.MOTIVOS PARA ENXERTAR       

Propagar exemplares cunha grande producción de froito. Adiantar produccións. Buscar portes perfetos ou axeitados. Multiplicar variedades estériles. Multiplicar espécies de difícil xerminación. Produccir a variedade desexada sobre o patrón que mellor se adapte ao térreo. Reparar partes danadas da árbore.

3.MATERIAIS PRECISOS PARA A SUA REALIZACIÓN.    

Navalla.(ben afiada, limpa e desinfectada) Material de atado.(para manter unidas as duas partes ata que solden) Ceras de enxertar.(para selar a unión) Etiquetas.(para evitar confusións)

2


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.