Page 1

ENXERTOS

Pablo Gra単a Crego


ÍNDICE 1.DEFINICIÓNS .............................................................................................................. 2 2.MOTIVOS PARA ENXERTAR ................................................................................... 2 3.MATERIAIS PRECISOS PARA A SUA REALIZACIÓN. ........................................ 2 4.RELACIÓN ENTRE ENXERTO E PATRÓN ............................................................. 3 4.1.EFECTOS DO PATRÓN SOBRE A PUGA ............................................................. 3 4.2.EFETOS DA PUGA SOBRE O PATRÓN ................................................................ 3 5.FORMACIÓN DA UNION DO ENXERTO ................................................................ 3 6.FACTORES QUE INFLUEN NA CICATRIZACIÓN DA UNIÓN DO ENXERTO . 3 6.1.COMPATIBILIDADE ENTRE PATRÓN E PUGA ................................................. 3 6.2.RELACIÓN ENTRE PATRÓN E ENXERO ............................................................ 4 6.3.REALIZACIÓN NAS CONDICIÓNS AXEITADAS ............................................... 4 6.4.PROTECCIÓNS E COIDADOS ................................................................................ 4 7.TIPOS DE ENXERTOS ................................................................................................ 4 7.1 DE APROXIMACIÓN ............................................................................................... 4 7.2.ENXERTOS DE XEMA ............................................................................................ 5 7.3.ENXERTOS DE FENDEDURA ................................................................................ 7 7.4.ENXERTO DE INCRUSTACIÓN ............................................................................ 7 7.5.ENXERTO EN COROA ............................................................................................ 8 7.6.ENXERTO INGLES .................................................................................................. 8

1


1.DEFINICIÓNS Enxertar: consiste en implantar nos tecidos dun vexetal (pe, porta enxerto ou patrón) unha xema, ou talo con varias xemas(pua ou variedade). O conxunto de ambas partes dará lugar a unha nova planta, na que o patrón aporta unha serie de características (axeitado sistema radicular de fixación ó solo, adaptación a este, absorción de nutrintes e auga...), mentres a variedade desenrola a parte aérea mantendo as caracteristicas da planta donante. O obxetivo é conseguir nunha soa planta as mellores características de ambas. Enxerto ou puga: É a porción, do tallo que contén varias xemas dormentes as que ó unirse co patrón forman a porción superior do enxerto e das que se desenrolarán o tallo e as ramas da parte enxertada. Patrón ou portainxerto: É a porción inferior do enxerto, a que forma a parte radicular da planta enxertada. Patrón intermédio: É unha porción de tallo que vai entre o patrón e o enxerto por medio de dúas unións. Hai razóns que obrigan a usar intermediario en determinadas ocasións, como evitar unha incompatibilidade entre o patrón e a variedade. Franqueo: Unha árbore franquease cando o enxerto emite raíces (por riba ou a nivel da unión do enxerto). A árbore gaña en vigor pero perde en producción.

2.MOTIVOS PARA ENXERTAR       

Propagar exemplares cunha grande producción de froito. Adiantar produccións. Buscar portes perfetos ou axeitados. Multiplicar variedades estériles. Multiplicar espécies de difícil xerminación. Produccir a variedade desexada sobre o patrón que mellor se adapte ao térreo. Reparar partes danadas da árbore.

3.MATERIAIS PRECISOS PARA A SUA REALIZACIÓN.    

Navalla.(ben afiada, limpa e desinfectada) Material de atado.(para manter unidas as duas partes ata que solden) Ceras de enxertar.(para selar a unión) Etiquetas.(para evitar confusións)

2


Ferramentas de poda.

4.RELACIÓN ENTRE ENXERTO E PATRÓN A combinación entre dúas plantas diferentes nunha soa planta por medio do enxerto, pode producir patróns de crecemento diferentes a aqueles que terían as partes compoñentes cultivadas por separado. Algúns deste efectos son de gran valor para a producción pero outros son prexudiciais.

4.1.EFECTOS DO PATRÓN SOBRE A PUGA   

Tamaño: É un dos efectos máis significativos do patrón que pode ir acompañado por un cambio na forma da árbore. Fructificación: Asociase a precocidade a patróns pouco vigorosos e a lentitude a patróns moi vigorosos. Outros efectos como: Resistencia a condicións climaticas adversas, resistencia a pragas e enfermedades, maduración de froitos…..

4.2.EFETOS DA PUGA SOBRE O PATRÓN  

Sobre o vigor do patrón: Si sobre un patrón débil se enxerta unha variedade de crecemento vigoroso, o crecemento do patrón será estimulado de modo que se volverá máis grande que si se houber deixado sen enxertar. Sobre a resistencia do patrón a temperaturas baixas: Nalgunhas especies a resistencia a temperaturas baixas dun patrón específico pode ser modificada polo cultivar que se enxerte sobre el.

5.FORMACIÓN DA UNION DO ENXERTO O tecido acabado de cortar da puga colócase en íntimo contacto con tecido similar acabado de cortar do patrón, de forma que as rexións cambiais de ambos estean en estreito contacto. Ademáis para que solde ben necesitanse humidade e temperaturas altas o que ao mesmo tempo favorece a aparición de axentes patóxenos,algo que se debería evitar por todos os medios posibles.

6.FACTORES QUE INFLUEN NA CICATRIZACIÓN DA UNIÓN DO ENXERTO 6.1.COMPATIBILIDADE ENTRE PATRÓN E PUGA Os vexetais a unir deben ter certa tolerancia entre eles como por exemplo: 3


  

Botanicas.(Ser da mesma familia botánica). Nutricionais.(Sección comparable entre variedade e patrón). Celulares. (Dimensións dos vasos, certos virus)

6.2.RELACIÓN ENTRE PATRÓN E ENXERO   

Deben ter un vigor similar. Os tecido enxertados deben ter unha similitude de consistencia( herbácea, semileñosa ou leñosa). Deben estar nun estado vexetativo similar.

6.3.REALIZACIÓN NAS CONDICIÓNS AXEITADAS     

Que o material vexetal empregado sexa de calidade e estea ben nutrido. As ferramentas deben estar limpas e en boas condicións de uso (sobre todo as navallas deben cortar ben). Evitar traballar en atmosferas excesivamente húmidas. Realizar cortes limpos e rectos. Operar o máis rápido posible para evitar a oxidación dos cortes.

6.4.PROTECCIÓNS E COIDADOS    

Evitar a desecación, cubrindo a unión do enxerto con cinta ou colocándoos nun medio húmido. Vixiar regularmente o enxerto. (As veces os gromos que saen do patrón, por baixo do enxerto, afogan o crecemento desexado da puga). Protección fitosanitaria. Para tapar as feridas e cortes do enxerto e evitar as enfermidades utilízanse os mastics. Cando pase o período axeitado, cortar as ataduras par non estrangular a zona de enxerto.

7.TIPOS DE ENXERTOS 7.1 DE APROXIMACIÓN A característica que os distingue é que se enxertan entre si dúas plantas independentes e con sustentación propia; unha vez que a unión se efectuou prodúcese o denominado destete (consiste en suprimir a parte aérea do patrón e cortar a puga da planta nai por debaixo do punto de enxerto). Pode facerse en calquera época do ano.

4


Existen dous tipos:  Por aproximación en placa. Tres métodos para realizar este enxerto: 1. Empalme: No punto en que se pretende facer a unión sácase unha tallada de cortiza e madeira de uns 5-7 cm. de largo e de uns 2-3 de ancho, de forma que en ambos talos se poñan en íntimo contacto os cambiums e deben ser atados enerxicamente 2. Lengüeta: é similar o de empalme pero en cada un dos talos se fai un segundo corte cara abaixo no patrón e cara riba na puga, formando unha pequena lengueta que permite lograr unha unión máis estreita e apertada. 3. Incrustación: permite realizar o enxerto entre varetas de distinto grosor. 

Enxerto ponte. Trátase dun enxerto de restauración que permite salvagardar vexetais ameazados por pragas ou por unha falta de vigor . Plántase un porta-enxerto en proximidade da árbore a coidar, a súa extremidade córtase en bisel alongado e na árbore faise unha T invertida na que se insertará o bisel preparado. O conxunto lígase. Debe facerse en periodo vexetativo.

7.2.ENXERTOS DE XEMA É o que máis se está a empregar na actualidade. Consiste en sacar unha xema ou púa da rama nai, que pode ir ou non con madeira, e introducila no patrón para a súa soldadura, unha vez producida esta o patrón descabézase pola parte superior do enxerto. Existen dous tipos fundamentais: 1. Escudete a ollo velando. Realizase entre abril e xuño. As varetas (polas de crecemento do ano anterior) das que sacaremos as xemas, serán recollidas durante o mes de febreiro e conservadas en frío, ata o momento de enxertar. Os patróns serán planta de un a tres anos, procedentes xeralmente de semente. A gromación da xema terá lugar ós poucos días de facer o enxerto se este prende, procedendo a continuación ó destete.

5


2. Escudete a ollo durmido. Realízase en agosto, collendo as varetas sobre a planta nai no momento de enxertar. Estas xemas non gromarán ata a primavera seguinte. Defoliamos a pola e collemos a parte central, deixando un pecíolo de 1cm. aproximadamente, que nos vai a axudar a manexar o escudete. Si se murcha e cae cando as follas é un sinal de que o enxerto prendeu.

6


7.3.ENXERTOS DE FENDEDURA En xeral, o patrón é de maior tamaño que a puga, ainda que poden ser do mesmo tamaño. Debe realizarse no periodo vexetativo. O patrón descabézase no punto do enxerto, e se fenderá uns cm. As pugas, en porción de tres xemas, cortaranse en dobre bisel, lateralmente baixo a última xema inferior e despois insértanse na fendedura preparada no porta enxerto, faranse conincidir os cambiums e ligarase fortemente. As variantes son:  Fendedura simple(Unha unica puga)  Fendedura doble( Un enxerto a cada lado da fendedura)  Semi-fendedura(O patrón tallase unicamente no radio)  Fendedura terminal(O patrón non é descabezado, a fendedura realizase a partir da xema terminal)  Fendedura lateral(Faise unha incisión na parte lateral da planta onde se aplica o enxerto. O patrón descabezase cando xa está prendido o enxerto).

7.4.ENXERTO DE INCRUSTACIÓN A ferida do patrón faise axustada á puga para mellórar a cicatrización. Sobre o patrón faise unha cuña triangular, pero sen fendelo.. Logo, a partir da última xema da puga, realizarase un bisel formando unha cuña triangular de igual lonxitude e sección que os do patrón, polo que sempre hai que preparar en segundo lugar a puga. As zonas cortadas deben ensamblar perfectamente. Átase forte.

7


7.5.ENXERTO EN COROA Realízase en árbores adultas para conseguir rexeneralos ou ben cambiar de variedades. Córtase o patrón en febreiro - marzo pero non se enxerta ata que o patrón comeza a mover a saiba, xa que debe despegar ben a corteza. As pugas recóllense con antelación e estratifícanse. O patrón prepárase levantando a cortiza só por un lado ( o de corte), a puga adóitase preparar no lado oposto a unha xema e cun asentamento para que encaixe mellor no patrón. Átase firme e aplícase mastic en toda a zona.

7.6.ENXERTO INGLES Procurarase que patrón e puga sexan do mesmo diámetro, aínda que poderían ter pequenas diferencias.. Consiste en practicar sobre patrón e puga, cortes en bisel e o máis alongados posibles. No caso de diferencias no tamaño deberán coincidir as cortizas a un dos lados para que exista contacto entre as zonas de cambium. Para ampliar a superficie de contacto e obter maior subxección, existe unha variante onde se fai unha incisión vertical (de uns tres cm) a 1/3 de distancia da punta do bisel da puga e do patrón e logo introdúcese, debendo quedar moi unidas. Este denomínase inglés complicado, enxerto dobre...

8


9

Enxertos  

Tipos de enxertos

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you