Page 1

O coelli単o branco


Érase unha vez un coelliño branco, que estaba canso de ter esa cor. Así que un día púxose a experimentar coa pintura....


Primeiro colocou dous botes, un amarelo e outro azul. O amarelo encheuno de pintura amarela, e o azul encheuno de pintura azul.


Logo puxo un bote vermello e encheuno de pintura vermella.


Ao coello gustoulle moito a pintura amarela que estaba no bote e acordou probar a pintarse desa cor. Igual quedaba moi guapo!


E, sen agardar mรกis, plaff, meteuse dentro do bote.


E o coelli単o branco quedou convertido nun coelli単o amarelo.


Ao coelliĂąo pareceulle moi divertido e acordou meterse agora no bote de cor vermella. Que pasarĂ­a?.


O coelli単o quedou de cor laranxa. Pero non lle gustou moito.

Acordou empezar de novo


O coelliño deuse unha boa ducha con auga fresquiña para recuperar a súa cor branca.


Que pasarĂ­a se se metera no bote de pintura vermella agora que volvĂ­a ser branco?


Pois que agora era completamente vermello.


Pero aínda tiña ganas de xogar máis, así que meteuse no bote de cor azul.


Que divertido ĂŠ este xogo!


E se agora probo co bote vermello?, pensou o coelli単o.


Anda!, agora ĂŠ de cor lila. Que pavero!


O coelliño acorda darse outra ducha. Esa cor lila é moi estraña para un coello. Que diría a súa nai se o vira desa cor?


Unha vez limpo, acorda baĂąarse na cor azul, agora que volve ser branco. Que pasarĂĄ?


E se agora me volvo meter na cor amarela, di o coelli単o. De que cor me volverei?


Agora o coelliño é verde. Non é unha boa cor para un coello. Van confundilo coa herba.


Vai ser mellor darse outra ducha. Ei, pero que ocorre?. Anda, a ducha quedou sen auga...

E agora que vou facer?, pensa o coello. El non quere ser un coello verde. NingĂşn coello ĂŠ verde.


Auga non queda, pero pintura vermella si.

Probarei?


Por probar nada se perde e xa estou todo pintado. A ver que pasa.


Agora o coelliño branco xa non o é. Agora é marrón. Como me gusta esta cor!

o-coellio-branco  

O coelliño branco Érase unha vez un coelliño branco, que estaba canso de ter esa cor. Así que un día púxose a experimentar coa pintura.... P...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you