__MAIN_TEXT__

Page 1

O OUTEIRO 21 CURSO 2014/2015

CEIP JOAQUINA GALLEGO JORRETO

Sumario 

Editorial 2



Letras galegas 4



Festas e conmemoracións 10



Saídas e visitas 22



Traballos de primeiro e segundo 28



Visitaron o cole 31


EDITORIAL Quero chorar e non debo, ou debo chorar e non quero! Non sei que hei de facer. Cada ano máis do mesmo, finais que son despedidas e adeuses que non queren ser finais. Tódolos anos me toca perder membros importantes e o que nos deixa este ano é indispensable no meu existir. Sen esta persoa o Outeiro non sería Outeiro e o colexio non sería o que é. Se alguén foi importante para esta institución educativa de A Merca ese alguén é Don Francisco Carballo Cid. Ocupouse dende a súa chegada, hai agora 25 anos, de contribuír á mellora paulatina dun centro que ía acusando o paso do tempo. Estamos a falar dun Colexio que empezara a funcionar no ano 1980 pero que xa dende o comezo, con 275 alumnos aproximadamente, se quedara pequeno e sufría os deterioros propios dunha situación de masificación cunha media de trinta e tantos nenos e nenas por aula. Pois chegar e poñerse á enteira disposición do centro foi todo unha. Envorcou as súas ilusións, regalou as súas incribles forzas e entregou de xeito desinteresado asemade do esforzo físico, capacidade de traballo, tempo, sabedoría, ledicia, bo facer… cada día e cada curso, cada ano máis e máis. Colaborou con todos e todas, participou de todo, encheu de propostas interesantes as aulas, os corredores, e todos e cada un dos espazos do centro. Empurrou e empurrou para axudar ós que estaban, traballou dende a sombra, asumiu cargos, e por se fose pouco todo o esforzo, no curso 98/99 arremangouse e colleu as rendas da dirección e con elas tódalas responsabilidades e tarefas que viñan asociadas á mesma. Dende ese momento, non conforme con traballar polo colexio, viviu para o centro, por todos e todas e pasou a collelo cunha ansia prioritaria. Así foi, así o fixo e o Outeiro nunca llo agradecera suficientemente.


Sacrificouno todo por este “seu” centro. Si, “SEU”. Porque se alguén ten dereitos sobre o mesmo ese é Don Francisco Carballo. El coñéceo a perfección. As súas pegadas atópanse por todas partes. Non existe un curruncho onde non se adiviñe a súa presenza. Dende o rocho ate o faio todo esta impregnado da súa persoa. Por iso, inda que deixe de vir cada mañá á primeira hora, porque toca dedicarse a tarefas máis importantes que agora o reclaman, vai seguir formando parte sempre do centro, imos seguir contando con el a cada momento, pensando o que faría e nos aconsellaría, aprendendo de todas e cada unha das ensinanzas que desinteresadamente nos deixa. Cada vez que precisemos facer algo consultaremos nos arquivos para ver como el o facía, o ben que tiña todo organizado e o fácil que parecía todo cando el o executaba. Para el non existían empresas difíciles, nin traballos tediosos, nin labores custosos. Colocábase diante do traballo, analizaba a tarefa, trazaba a estratexia a seguir e unha vez elaborado o esquema empezaba pouco a pouco, cun ritmo áxil e constante, sen mirar para o reloxo e ocupándose por completo en “devanar a madeixa” Metódico, esforzado, animoso, capaz, resolto,… así es ti COMPAÑEIRO! Pois ben, agora máis que nunca, no meu nome e no das xeracións todas que medramos ó teu carón e aprendemos do noso MESTRE, síntome na obriga de berrar grazas, dicir quen es e LEMBRAR QUE SE TE QUERE!


Traballamos moito e aprendemos moitas cousas: Sara, Vivian, Samuel, Sabela, Ana, Yesenia, Pablo, Paula, Miriam, Nerea, RubĂŠn, Mayra, Gabriel, Noa, Juamjo, Yaiza e Miguel.

Pie de foto


O día das letras galegas foi o 17 de Maio . Tocoulle a quenda este ano a Xosé Filgueira Valverde. Alcumárono o Vello Profesor. Naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de dereito e filosofía. E morreu en 1996.


Festas e conmemoracións SAMAÍN Este curso, na primeira das festas do outono, déusenos por revestir as portas da titoría, da biblioteca e da aula de informática. Fixemos una momia chulísima, un “Franquenstein” e unha cara de cabaza. Colocáronse motivos relacionados coa festa na entrada. Tamén aprendemos una canción moi chula pero realmente cantámola na festa do magosto.

MAGOSTO O magosto fixémolo no soto do colexio. Comemos empanada, bolos preñados, bica, e o máis importante “CASTAÑAS”. Comemos a rebentar. Vimos películas e cancións proxectadas. Cantamos e bailamos. Xogamos no patio do recreo.Viñeron antigos alumnos a visitar o centro.Todos moi contentos axudamos a recoller.E logo marchamos para a casa moi felices. Este ano fíxonos a comida unha cociñeira nova chamada Ana.


DÍA DO LIBRO O 23 de abril foi o día do Libro. Fixemos manualidades: marcapáxinas, debuxos, etc A nosa profe Belén explicou como empezou o premio, e a relación con Miguel de Cervantes . Fixemos traballos na libreta . Emilio deunos unha ficha que tiña unha poesía de Ana Mª Fernández, a os nenos de 5º e 6º, para representar ao lado cun debuxo o que dicia o texto. Fixemos unhas bonitas bandas deseñadas. ¡Pasámolo xenial!

Festas e conmemoracións

DÍAS DA AUGA E DA ÁRBORE Este curso o 24 de marzo celebramos na escola os días da árbore e da auga. Participamos todos. Déronnos un libro de contos que trata da auga. Inventamos e escribimos unha lista de nomes para pórlle un ao acivro que plantamos. Fixemos un sorteo e o nome gañador foi a proposta de un alumno de 6º, Néstor, que elixira de nome Espiñazo Plantámolo, regámolo e está a medrar dende aquela.


Festas e conmemoracións Encontrei unha princesa nun gran pazo de cristal e un castelo con cen torres e tellados de metal. Unha osa prateada que sabía cociñar, un león cunha coroa que aprendeu a gobernar. Encontrei catro xigantes que gustaban devorar nenos de cabelos loiros cociñados no xantar. Encontrei un sapoconcho que corría a máis non dar e unha lebre preguiceira que con el ía apostar. Unha bruxa con verruga que nos quere enfeitizar e dous irmáns e outros nenos perdidos nun carballal. Un esquío e mais un coello, un boi, un oso, unha ra, un dragón con labarada que nos quere chamuscar. Encontrei o que vos digo e máis podía encontrar; porque, con leres un libro, mil mundos podes achar. (Ana Mª Fernández)


DĂ­a do libro - 23 de abril de 2015


Festas e conmemoracións CONCURSO DE SAN ROSENDO Para elaborar o meu traballo, tiven que consultar en dúas enciclopedias e tamén varias veces en Internet . Cando fun recibir o premio ao Mosteiro de Celanova había moita xente e saíron moitos grupos de diferentes colexios. Quedei de terceiro . Cando me deron o sobre co premio púxenme moi contento . Algúns periodistas sacáronme fotos.


CONCURSO DA CONSTITUCIÓN Para celebrar o día da Constitución participei cos meus compañeiros nun concurso para o que fixemos debuxos relacionados coa “Coroa”. Eu gañei un dos premios que era a Constitución Española. Cando fun para recollelo había moitos nenos e tamén estaban as a autoridades. O premio era un pincho de gominolas , un tablet e máis o libro da Constitución. Acompañoume a miña mellor amiga Eva. Despois había gominolas e una fonte de chocolate.

CONCURSOS

Este é o meu traballo, pero para min que eran todos unha chulada! Podedes velos todos na páxina seguinte.


CONCURSOS


Festas e conmemoracións FESTA DE NADAL O día 19 de Decembro de 2014 celebramos o Nadal. Cada ciclo cantou unha panxoliña e despois cantamos unha todos xuntos. Comemos xenial , de sobremesa tomamos turrón, e para rematar vimos unha proxección todos xuntos.


ENTROIDO Este ano o Entroido da escola tocou a día 16 de Febreiro. Como todos os anos comemos, fomos ó recreo e algúns nenos de 3º ciclo fomos axudarlle aos nenos pequenos a prepararse. Despois cada profesor chamou aos seus alumnos e subiron as súas aulas para prepararse e vestirse. Ao acabar de vestirnos fomos baixando por curso, de un en un. Os nenos de infantil disfrazáronse de mexicanos, os de 1º ciclo de médicos, os de 2º ciclo de feiticeiros africanos e nós os de 3º ciclo de loucos anos 20.

GRAZAS AO CORPO DE BAILE E A ESTA ORQUESTRA TAN PARTICULAR!!!


Festas e conmemoracións FESTA SEMANA SANTA! Luis Vallecillo. Contos Cantados. O día 27 de abril veu un chico chamado Luis Vallecillo que nos cantou “Contos Cantados” . Cantou o dos tres porquiños o gato con botas e algún máis . Fixo una canción co seu nome . Despoixa fixo un baile que chamou aos profes e ningún quería… Daquela dixo: ¿Queredes algúns nenos paticipar ? E case todos levantaron a mau. Despois decía “voume” pero antes de marchar foi tocando mentres recollemos e ocupamos os nosos postos no comedor.

EDUCAMOBIL Un ano mais nun par de ocasións veu un autobús con ordenadores e xogos. Escoitamos música e bailamos. Pintamos debuxos. Vimos películas. Os coidadores eran Juán e Lorenzo.


IAGO CONTACONTOS Este ano volveu a visitarnos un contacontos ao colexio que se chama Iago. Foi moi divertido, contounos un conto dunha nena que lle tiña medo a todo. O dia do contacontos foi o 6 de Febreiro. Iago era moi gracioso e poñía unhas caras moi divertidas. Un verdadeiro actor!


SAÍDAS E VISITAS Á NEVE O pasado 26 de Xaneiro fomos uns poucos nenos de 4º,5ºe 6º a neve (Manzaneda) Faltamos tres días durante o colexio. Estivemos esquiando e vimos xente que praticaba snowboard . Subimos en telesillas ó alto dunha montaña para practicar. Había uns monitores moi bos. Pasámolo moi ben.

CAMPO A TRAVÉS O día 26 de Novembro os nenos e nenas de 3º ciclo e algúns de 2º ciclo, coma todos os anos, fomos correr a Campo á Través, en Muíños. Acompañáronnos os nosos titores Carballo e Belén. Eu quedei de quinta, foi unha moi boa clasificación. De volta ao colexio, paramos á comer nun pequeno campo. Comemos uns bocadillos e froita. Cando xa montaramos no autobús para ir ao colexio, como levabamos nas mochilas chocolate, galletas, chuches, chicles... compartimos cos nosos compañeiros. PASAMOLO XENIAL! E eso é o que importa. Concentradas que xa van a dar a saída. Á volta xa reporemos forzas!


PESÁMONOS E MEDÍMONOS Ao comenzo de curso viñeron pesarnos e medirnos a todos os nenos e nenas de primaria . Nazaret e Victor déronnos un papel cos nosos resultados. Dixeron que voltarían a final de curso para repetir as medicións. Rematadas as dúas elaborarán uns informes que enviarán ás familias. HÁBITOS SAUDALES

Tamén este mes de maio voltou Lucas. Dende a Mancomunidade viñeron nun par de ocasións para falar con nos de hábitos saudables. Reunironnos por ciclos, ofrecéronnos información e presentáronnos materiais para traballar sobre o tema. Resultaron unhas sesións do máis interesantes. EXERCICIOS DE RELAXACIÓN Os alumnos de 5º e 6º baixamos ó rocho á aula de psicomotricidade para facer pilates coa nosa orientadora María Elena Orbán Cerredelo. Recomendounos algunhas posturas diferentes. Sacamos as colchonetas que había alí e antes de empezar dixonos que tiñamos que quentar. Volveremos a baixar antes do remate do curso. QUE BEEEEN!


SAÍDAS E VISITAS O DÍA DA PAZ O día 30 de Xaneiro de 2015 celebramos o día da paz. Estivemos ensaiando unha canción todos xuntos e máis tarde gravámola. A música era dunha canción de Michael Jackson.

PAZOLANDIA Como todos os anos fomos a pazolandia, o luns 29 de decembro. Había moitas atraccións pero eu creo que había menos que o ano pasado. Saímos do colexio as 10:30h e chegamos as 14:20h . Case todos os nenos compramos algo: pizza, gominolas, patacas fritas... A atracción que máis nos chamou a atención foi as “Tortugas Ninja”. Pasámolo moi ben!


PESÁMONOS E MEDÍMONOS E tamén voltou a visitarnos este ano Lito, para ensinarnos máis xogos populares os nenos e nenas de quinto e sexto. Pasámolo en grande. Ensinounos a andar con zancos, a xogar cos aros e co peón. Tamén nos ensinou a facer turutas cas que fixemos un concurso. Tamén xogamos ao xogo das chapas , fixemos nos o tableiro de xogo.

A partir do que nos explicou construímos un taboleiro de xogo empregando as fotos dos doce compañeiros do 3º ciclo e con pedriñas de colores metidas nun atado. Este foi o regalo para o día do pai de este ano. Para as nosas nais fixemos uns imáns para a neveira con forma de flores.


SAÍDAS E VISITAS EDUCACION INFANTIL VAI Ó TEATRO Os nenos de infantil foron ao teatro.A obra titulábase “Contos de titiritrapo”. Unha actriz, acompañada da música dun violín, da vida a multitude de personaxes dos contos do mundo dos animais. Tódolos personaxes están feitos con materiais reciclados.

PRIMEIRO E SEGUNDO TAMÉN

Tamén houbo oportunidade para o teatro musical para os nenos e nenas de seis e sete anos. A eles tocoulles disfrutar dun “cocido sinfónico” a cargo dos “tres tenedores”. Con eles rimos, cantamos e participados de unha actividade estupenda!


TEATRO TAMÉN PARA CUARTO E QUINTO Foron o 28 de outubro de 2014 os compañeiros e compañeiras con dona Marta e dona Belén a ver unha peza de teatro. “Antía, Wamba e o regato pequeño” era o título da obra composta de catro historias que falaban de solidariedade, e igualdade. Os contos vaillos contando Wamba (un neno do Congoa) a Antía (unha nena galega). Os relatos falan de África e de Europa e de que cousas faltan nun sitio e sobran no outro.

GRAZAS NATALIA! Un día a alumna de segundo curso chamada Natalia veu ensinarnos un instrumento que toca ela, unha trompeta. Díxonos que estaba comezando a aprender a tocala. E dixo que xa sabía tocar unha canción, que era o himno da Alegría. Ensinounos as partes da trompeta e dÍxonos como se chamaba cada unha delas.

Resultou ser unha “Master class” máis que interesante.


TRABALLOS DE PRIMEIRO E SEGUNDO POESÍA

DEBUXO


CONTO

CANTIGA


LENDA

TRABALLOS

DE PRIMEIR

O E SEGUND

O

BANDA DESEÑADA


VISITARON O COLE

Pie de foto

LAGARTO Lagarto ferreño, lagarto arnal. Un día apareceu durante un recreo de visitante no patio. O normal é que bote sobre 20 cms. A cor é verde, pero pode ser amarelenta ou parduzca, cun moteado ou reticulado negro. Os flancos están adornados a miúdo por unhas manchas "oceladas" de cor azul moi vivo orelladas en negro e que é a característica deste lagarto. A súa dieta consiste en formigas, saltóns, grilos, escaravellos, larvas de insectos, arañas, etc. Atrévese con outros lagartos máis pequenos, pequenos mamíferos, ovos de aves, etc. Entre os seus depredadores destacan a culebra bastarda, o azor, a aguia culebreira e a garduña. De tódolos xeitos deféndese moi ben das cobras e incluso chega a poder con elas.


Lagartixa Tamén entrou para visitarnos dende o patio o rocho esta lagartixa. Collémola a modo nunha garrafa cortada e devolvémola ó monte. A lagartixa galega (Podarcis bocagei) é un pequeno réptil endémico do cadrante noroccidental ibérico. Ámplamente distribuído por Galicia, en ourense pode chegar a ser localmente común nas bisbarras de maior precipitación hídrica, e realmente escasa naquelas de maior imfluenza mediterránea, onde é sustituida pola lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)

Sapo común Este atopárono unha tarde noite na saída do cole. Dende logo este sapiño non vive nos ríos, pero moitas veces non está moi lonxe. Predominantemente é nocturno. Seica é un sapo que ten un índice moi grande de mortalidade nas estradas de Ourense. Dende logo é un sapo pequeno xa que non pasa de 52 mm. No dorso manchado de negro, ten pequenas verrugas. Tamén no lombo ten unha especie de V invertida moi característica Os sapos fan a súa misión como todos os seres vivos. Hai que pensar que o sapo aliméntase de insectos, arácnidos, etc. o cal é un beneficio por exemplo para o agricultor. Sempre se dixo que ter un sapo nunha finca é un beneficio.

Profile for CEIP A MERCA

O outeiro 21  

Revista Escolar

O outeiro 21  

Revista Escolar

Profile for outeiro01
Advertisement