Page 1

O OUTEIRO Nツコ 19 CEIP JOAQUINA GALLEGO JORRETO

CURSO 2013/2014

ROBERTO VIDAL BOLAテ前

Mayo de 2013


SUMARIO

EDITORIAL ENGLISH EDUCACIÓN INFANTIL OS MAIOS A NOSA FAUNA ENTREVISTA CON… OS DEREITOS DA INFANCIA VISITAS, FESTAS E SAÍDAS LER PODE SER DIVERTIDO!


O OUTEIRO

EDITORIAL Que non chegamos, non chegamos! ... Non nos vai dar tempo! Non nos vai dar teeeeeempo! Outro ano máis, que vexo a luz polos pelos. De novo “a fume de carozo” pensando, amoreando, seleccionando, redactando, deseñando, maquetando, imprimindo, correndo, voando e facendo esforzos que case son milagres e milagres que van cheos de esforzo. Escribe isto na casa, transcribe aqueloutro no recreo, aproveita o tempo despois do exame para redactar iso, pídelle o mestre se podes baixar para rematar o que che toca, ti que xa remataches de comer vaille axudar a este pequeno a facer a súa noticia, … En fin! Unha casa de tolos! E preguntaranse vostedes o por que de tantas presas? Pois porque cada ano somos menos, pero iso si, os traballos son maiores. Porque cada ano nos gusta facelo mellor, pero os medios son máis cativos, porque os tempos vanse poñendo difíciles para todos: vostedes, as familias; nosoutros, os mestres; eles, os nenos... Como dirían os avós, tráennos a todos e a todas “na fura de diante”. Perdón, a case todos, porque algúns, case sempre os que dan as ordes, veñen detrás do carro e non precisamente empuxando. Mais ben veñen sentados, no mellor dos casos, porque no peor, como di algún bo amigo, “aínda metendo os paus nas rodas”. Pero ben, abondan os laios. Outro ano máis quixen estar con todos para despedir un curso máis. Para saudar dende ás miñas páxinas ós que se van e tamén ós que quedan. Unha maioría esperamos volver o vindeiro curso, pero a uns poucos tócalle cambiar de aires. Un adeus para unha parte moi importante do equipo de redacción do presente ano (Julia, Raquel, Lucas e Fernando) que nos deixan porque van medrando e o noso centro váiselles quedando pequecho. Boa entrada na ESO!!!!! Tamén nos deixa Fermín, o noso cociñeiro que durante o presente curso fixo verdadeiros esforzos, malabares en centos de ocasións, para poder conseguir que puidésemos comer quente tódolos días. En realidade viuse obrigado a compoñer un crebacabezas, case sen pezas, para que sempre puidésemos saír comidos e ademais alimentados. Atendeunos a nós, sen descoidar ós seus. Pasou pola coitela e recuperouse o máis axiña que puido para volver á normalidade, de xeito de facernos pasar polos menos cambios posibles. Ó ter os padais acostumados a uns certos sabores, en máis dunha ocasión lembramos ás súas receitas e o sabor das súas comidas. Pero xa quedamos en que nada de choros. Para el chegou o momento de ocupar o seu destino definitivo e nosoutros temos que facer o esforzo de saber dicirlle adeus. Por suposto que nos é difícil despedir a un grande amigo como con outras e outros, anteriormente pasou. Quedaremos con todo o bo, reservaremos para el un recuncho no noso corazón e esperemos que moi pronto nos faga saber que, inda nos pon en falta, por Maceda está moi ben. SORTE TEÑEN OS QUE O LEVAN, POIS MÁIS AÍNDA MERECE EL!!!


MY MAGIC PET ALBUM


CEIP JOAQUINA GALLEGO JORRETO


CARNÍVOROS DAS TERRAS DE CELANOVA


CARNÍVOROS

Mayo de 2013

RAPOSO - ZORRO

O RAPOSO

(Vulpes vulpes)

FERNANDO JUSTO VALEIRAS

O raposo é unha das especies máis abundantes dos nosos montes. Non é raro atopar pegadas da especie nas lameiras dos camiños tras as choivas ou nas ribeiras dos ríos. Os medios abertos e en mosaico onde alternan herbazais e matogueiras son boas áreas de caza para a especie. Á noitiña ou as primeiras horas da mañá pódeselle ver “rateando” nestes lugares. A súa alimentación baséase no consumo de roedores, lagomorfos (coellos e lebres) e froitos.

FUIÑA - GARDUÑA (Martes foina)

A FUIÑA A fuíña é unha especie abundante nalgunhas localidades de Galicia. Presenta un característico babeiro branco . Pode confundirse coa súa curmá a marta (Martes martes) pero esta ten unha cor máis “achocolatada“ e o seu babeiro é ocre ou amarelento . Aliméntase principalmente de froitos e roedores , variando a súa dieta segundo a época do ano .

ALBA PEÑA CASTIÑEIRAS


GATO BRAVO

GATO BRAVO Felis silvestris

LUCAS ZARAUZA PONCIO

O gato bravo é unha especie bastante escasa na nosa comunidade, aínda que pode ser localmente abundante. O seu aspecto recorda a un gato doméstico, solo que máis grande e corpulento. Aliméntase fundamentalmente de coellos e roedores. Presenta preferencia polas zonas de matogueira e prados.

TEIXUGO - TEJÓN Meles meles TEIXUGO

GABRIEL PÉREZ MONTES

O teixugo ten un aspecto moi particular debido a súa cara branca con dúas bandas laterais negras que o fan inconfundible. Unha das súas principais características é que depositan os seus excrementos en latrinas, unha serie de buratos que el mesmo escarva no chan coas súas mans. Outro elemento característico dos teixugos son as súas tobeiras (teixugueiras), unha auténtica obra de enxeñería subterránea. Aliméntase fundamentalmente de miñocas. Prefire as zonas de mosaico de cultivos, prados e bosquetes.


CARNÍVOROS

Mayo de 2013

LONTRA

LONTRA - NUTRIA (Lutra lutra) A lontra é unha especie típica dos nosos ríos, costas, lagoas e encoros. Aliméntase fundamentalmente de peixe. Nos anos oitenta sufriu unha importante redución das súas poboacións pero na actualidade presenta moi boas poboacións na nosa Comunidade.

JULIA MANUELA PAZOS RIESTRA

TOURÓN - HURÓN (Mustela putorius) TOURÓN

O tourón é unha especie bastante rara pero en certas localidades resulta ser abundante. O seu anteface negro ao redor dos ollos e as manchas brancas da cabeza son características. Ao tratarse dun animal de hábitos semiacuáticos é habitual atopalo en zonas húmidas e zonas de presenza de cursos de auga. Aliméntase de peixes, anfibios e coellos onde estes son abundantes.

RAQUEL LÓPEZ ALONSO


CARNÍVOROS XENETA

Mayo de 2013

XENETA - JINETA (Genetta genetta)

NEREA LÓPEZ TORRES

A xeneta é unha especie bastante abundante na nosa Comunidade aínda que falta nalgunhas zonas. Cun tamaño similar a un gato, a súa cola anelada a converten nunha especie facilmente identificable. Depositan as súas feces en latrinas ou cagarruteiros localizados en lugares prominentes. Unha mesma latrina pode ser usada por diferentes xenetas ou diferentes xeracións dun mesmo grupo familiar. A súa dieta baséase no consumo de roedores e froitos.

LOBO (Canis lupus) O lobo é un elemento da nosa cultura popular. Protagonista de lendas e mitos foi tradicionalmente perseguido e aínda na actualidade morre a mans do home tiroteado, envelenado ou en lazos. Por este motivo a súa área de distribución reduciuse durante os séculos XIX e XX aínda que a partir dos 70 estanse a recuperar as súas poboacións. Distribúese por toda Galicia, sendo menos abundante na costa pontevedresa e no centro de A Coruña.

LOBO

SORAYA PÉREZ MONTES


COCIÑANDO UNHA ENTREVISTA CON FERMÍN Este ano o entrevistado é “O noso Fermín” Queriamos saber algo máis sobre o noso cociñeiro e por iso lle preguntamos: -Por que decidiches ser cociñeiro? -Porque xa desde pequeno axudaba a meus pais e a miña avoa. -Canto tempo levas traballando de cociñeiro? -Vinte anos. -Como conseguiches este traballo? -Por oposición. -Cando empezaches a traballar no noso colexio? -O vinte oito de Novembro de dous mil oito. -Traballaches antes nalgún outro sitio? -Si. -Que é o que máis che gusta do teu traballo? E o que menos? -A satisfacción de vervos comer,non me gusta limpar o comedor. -Estás cómodo traballando aquí? -Si. -Como cociñeiro, que comida cres que cociñas mellor? E o que peor cociñas? -Os arroces e os guisos, penso que se me dan mal os postres. -Cal é o teu sabor favorito? -O do chocolate. -Que che gustaría ser de non ser cociñeiro? -Economista. -Que sensacións che produce comezar nun novo colexio? -Un pouquiño de nervios. -Deste colexio,cal é o mellor recordo que te levas? -Vos, os nenos.


DEREITO UXÍA

A UNHA

DANIEL RIBO

NACIONALIDADE

SANTIAGO

ALEJANDRO GARCÍA

DEREITO Á PROTECCIÓN


ALEX R. SANDRA

DEREITOS D@S NEN@S

DIEGO


DEREITOS D@S NEN@S

DANIEL OSAROBO AINHOA

NESTOR


EVA

Eu teño dereito a xogar, teño dereito a rir, teño dereito a cantar, en cada lugar onde viva o meu xogo é a miña vida e a miña liberdade. Eu teño dereito a estudar, teño dereito a saber e aprender a respectar, en cada canto da miña escola, encontro tenrura, amor e amizade.

BRIAN

Xogando chego ata o ceo, xogando podo crear, un mundo de caramelo e un sol tan fermoso como o de verdade. Eu teño dereito a escoitar, cando un amigo me conta que triste está hoxe, porque perdeu a súa risa, tena a xente que xa esqueceu, ANTÍA

que ten dereito a xogar, ten dereito a rir, ten dereito a cantar, en cada lugar onde viva, a vida é o xogo da liberdade. Xogando chego ata o ceo, xogando podo crear, un mundo de caramelo e un sol tan fermoso como o de verdade.


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS ENTROIDO

PRIMEIRO CICLO

Mayo de 2013

EDUCACIÓN INFANTIL


FESTAS, SAテ好AS E VISITAS

TERCEIRO CICLO

SEGUNDO CICLO


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS

Mayo de 2013

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro fixemos un mural para conmemorar o Día da Paz. Tratábase dun cómic sobre a Pomba da Paz. Quedounos moi alegre e colorido.

DÍA DA ÁRBORE

O día 19 de marzo acudiron ao centro o enxeñeiro Pablo e garda forestal para explicarnos métodos para coidar o medio ambiente. Dixéronos que non debiamos acercarnos aos incendios e tamén nos explicaron como era o seu traballo.


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS O MAGOSTO E O SAMAÍN Un ano máis, o día 9 de novembro celebramos a festa do magosto. Baixamos ao soto para comer. A comida estaba moi rica, e había un cociñeiro novo (Jorge). Comemos bocadillos de chourizo, empanada, castañas e bica. Logo saímos ao patio. Xogamos coas buxainas e pintamos a cara con tizón. Foi moi divertido.

Tamén dende o comezo do mes de novembro festexamos o Samaín. Os nenos e nenas que quixeron trouxeron cabazas feitas das súas casas. Coa profe de inglés traballamos o “Halloween” fixemos morcegos, cabazas e debuxos relacionados con esta festa. Co profe de música cantamos “O Rock do Samaín”


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS

Mayo de 2013

CONDICIÓN FÍSICA No mes de outubro, o día 18, achegáronse á escola dende a mancomunidade para facer unha avaliación da condición física do alumnado de primaria. Entre outras probas, pesáronnos e medíronmos. A finalidade é a de enviar os resultados ás nosas familias e contrastar a situación do comezo do curso coa avaliación do xoves día 6 xuño.

O PRÍNCIPE CINCENTO

O martes 18 de decembro veu unha chica da Mancomunidade de Celanova a contarnos un conto, estaba baseada no conto de Cincenta no que o protagonista era un home ó que os seus “hermanastros” tratábano moi mal e obrigábano a facer as tarefas da casa. Ó longo de todo o conto tratáronnos de explicar que as tarefas da casa son cousas tanto de homes coma de mulleres.


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS XOGOS TRADICIONAIS Durante tres mércores, 5, 12 e 19 de decembro, un chico chamado Lito veu ensinarnos a elaborar uns xogos,construímos enredos como buxainas,chifres e xogamos a un xogo de mesa que tiña uns dados de madeira e uns cubiletes de coiro, e o ultimo día xogamos ao hockey solo que foi no campo de fútbol, e tamén tinxiuse o pelo de vermello. Esperamos que tamén veña o ano que ven.

O GRELO VERDE

O 31 de xaneiro, ás 11´30 da mañá, viñeron un chico e unha chica a dar unha charla sobre os alimentos ecolóxicos.Despois, fixeron un concurso que consistía en separar os produtos ecolóxicos e non ecolóxicos, no que había tres grupos, o resultado foi un empate a nove con cinco cada equipo.Máis tarde proxectaron na pantalla unha película sobre a explotación gandeira.Pasámolo moi ben, foi divertido.O fin da charla foi concienciarnos de que tiñamos que comer produtos ecolóxicos. Ao marchar déronnos un cartel e unhas “pegatinas”.


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS

Mayo de 2013

EDUCAMÓBIL O 16 de outubro do 2012 e xa no novo ano, o 6 de febreiro, permanecemos no centro para ir ó educamóbil. Había moitos xogos para o ordenador, pero o que maís nos gustou foi un de fútbol. Tamén vimos películas e escoitamos música.

EVEREST - CONTACONTOS

O 28 de maio houbo unha sesión de contacontos da man da actriz Sabela Gago. Contounos un conto de unhas galiñas e un rei galo e había tres galiñas que discutían polo seu físico e o rei dixo que o importante non era o físico se non o interior.


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS O sábado día 8 de xuño xuntámonos no pavillón deportivo, había moita xente. Fixemos xogos, saltamos nunha colchoneta que tiña catro esvaradoiros, saltamos á corda, pintámonos as caras, comemos empanada, bolos preñados, e bica. Ese día pasámolo moi ben.

NADAL

LETRAS GALEGAS O 17 de maio conmemoráronse as letras galegas. Traballamos sobre o autor ó longo da semana anterior. Este ano o homenaxeado foi un “polifacético” ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

XUNTANZA ANPA


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS

Mayo de 2013

TITIRICIRCUS O día 27 novembro os nenos e nenas de 1º ciclo foron ao teatro a ver unha función chamada “titiricircus” había dous actores que traballaban con marionetas e baixaban por un tobogán de xoguete.

MALAS PALABRAS

O día 26 de febreiro fomos ver unha obra de teatro que se representou no auditorio municipal de Ourense. Chamábase Malas Palabras. Trataba sobre unha nena adoptada, que vive con unha señora que se chama Flor. A nena insultábaa e amosaba malos modais.


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS EL CAMINO DEL LOBO O luns 8 de abril fomos cos “profes” Carballo e Belén ao auditorio a ver unha obra de teatro que trataba do camiño de Santiago. Eran monicreques e actores e ían explicándonos os costumes de cada lugar polo que pasaba o percorrido. Foi unha maña moi divertida.

A CAIXA MÁXICA O martes 21 de maio os nenos e nenas de educación infantil baixaron ó auditorio para disfrutar dunha obra de teatro con monicreques. As personaxes principais eran unha nena que se chamaba Icía e un mono que se chamaba Salterio que xogando, xogando romperon a caixa do musico Calderón.


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS

Mayo de 2013

VISITA Ó INSTITUTO O xoves día 30 maio os nenos e nenas de sexto curso fomos a visitar o IES Celanova para aclarar dúbidas sobre como será o seu futuro instituto. Recibiunos a directora do centro e mais a orientadora, acompañada tamén pola xefa de estudios. Foi unha visita moi agradable. Acompañáronnos o noso titor e a orientadora. Vimos a antigos alumnos do noso centro.

DESEÑA UNHA XOIA

Dentro do cuarto certame do concurso “Deseña unha Xoia para a túa nai” organizado polo Colexio Oficial de Xoiería, un alumno do terceiro ciclo quedou clasificado como finalista dentro da súa categoría a nivel de toda a Comunidade, polo que foi invitado á entrega de premios no Auditorio de Galicia.


FESTAS, SAÍDAS E VISITAS PREMIOS SAN ROSENDO Este curso, de novo, o venres 1 de marzo, o alumno Fernando Justo Valeiras acudiu a igrexa do mosteiro de Celanova para recoller o terceiro premio de poesía (por segundo ano consecutivo) sobre a figura de San Rosendo. O premio consistiu nunha achega económica de cincuenta euros e o agasallo e as felicitacións por parte de tódolos seus compañeiros e compañeiras. O texto orixinal estaba en castelán pero Fernando quixo facer unha pequena tradución para colocalo no noso xornal.

SAN ROSENDO Rodeado de xente de nobreza, San Rosendo demostrou súa pureza, moita forza adquiriu para dedicarse á relixión. Aínda que o logrou, recoñecer o seu éxito non lle gustou. Á fin o aceptou e a Galicia namorou. De Celanova e Rosendo, diso trata este pequeno poema que estou construíndo. Cando o seu tío faleceu, San Rosendo, con moito dor, do seu posto “se” encargou. No bispado de Mondoñedo exerceu, dando a coñecer o seu enorme corazón.

Nacido en Santo Tirso, alí “se” criou, creceu e estudou para ser o que hoxe é. Dende adolescente, a relixión “lle” interesou. Nela “se” centrou, poñendo moito tesón. Non só relixión estudou, tamén latín, filosofía... e mesmo os libros colleu para exercer de administrador. Moitas son as historias que este Santo nos regala, mais non podo contar todas, pois o tempo xa remata. Así é como creceu e viviu un home con moito corazón, xa que, ao noso amigo, diso, seguro, non lle faltou. FIN


Mayo de 2013

MÍNIMO

20 MINUTOS DIARIOS

Ponte de exemplo. se te ven lendo, os teus fillos quererán facelo tamén

Pensa que lle gusta os teus fillos: pantasmas, dinosauros, princesas,… alimenta a súa curiosidade

Ponte de exemplo. se te ven lendo, os teus fillos quererán facelo tamén

Para os que comezan a ler: Para os máis cativos: “Pon un tempo para o conto”. Ou o comezo do día, ou antes de durmir.

Ten paciencia: a mayoría queren ler o mesmo unha e outra vez. Se len palabras completas, entenden mellor e desfrutan máis.

Para os que xa len: Podedes irvos alternando, unha parte ti, outra eles.

O outeiro 19  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you