Page 1

2011-2012

C E I P. J o a q u i n a Gallego Jorreto

O Outeiro nยบ18

A Merca


O Outeiro nº18

2

SUMARIO EDITORIAL TODOS XUNTOS…

PODERÍA SER MELLOR!

ENTRE TODOS É MÁIS DOADO! ESCRIBIMOS POEMAS A SEMENTE DOURADA BANDA DESEÑADA LETRAS GALEGAS VISITAS, FESTAS E SAÍDAS COÑECEMOS UN POUCO MÁIS... O TRABALLO DE CARLA OS NOSOS VECIÑOS OS INGLESES


2011-2012

3

EDITORIAL Era ós dezaoito cando se acadaba a maioría de idade? Pois logo eu veño de acadalos, os meus primeiros dezaoito. Dezaoito números, dezaoito xa, ó voso carón. No mes das flores do ano 94 vin a luz, e dende entón fun medrando cos nenos e nenas de A Merca. Cando cumprín os quince, como bo adolescente, decidín romper as normas e por un ano non saín. Xa sabedes que o número dezaseis reapareceu no 2010. Pois agora, no 2012, chego ós dezaoito. Anos e anos coñecendo xente, despedíndome de uns, acollendo outros novos, lembrando cousas pasadas e amoreando tesouros: os vosos traballos, os recordos de todas e todas, empresas xa rematadas, xermolos de ideas novas… Tentando de compaxinar, compartir, contrastar, contar, conseguir, continuar, ...convivir, todos os “con” que poidades imaxinar, porque iso é o que pretendo, SEGUIR MEDRANDO CON TODOS VÓS! VOSOUTROS SODES OS NOSOS E SEN VÓS NON PODE SER! GRAZAS UN ANO MÁIS, POR SOSTERME NAS VOSAS MANS, ACARIÑARME COS VOSOS OLLOS E Ó REMATE, LEMBRAR GARDARME NUN FERMOSO ANDEL DOS VOSOS CORAZÓNS. Xuño de 2012 O OUTEIRO


O Outeiro nยบ18

4


2011-2012

5


O Outeiro nยบ18

6


2011-2012

7


O Outeiro nยบ18

8


O Outeiro nยบ18

9


O Outeiro nยบ18

10


2011-2012

11


O Outeiro nยบ18

12


2011-2012

13


O Outeiro nยบ18

14


2011-2012 2011-2012

15


O Outeiro nยบ18

CONTO DO PRIMEIRO CICLO.

16


2011-2012

17


O Outeiro nยบ18

18


G 2011-2012

19

VISIÓN DA BIOGRAFÍA DO AUTOR, POLO NOSO ILUSTRADOR

Nace o 23 de abril do 1898 na parroquia pontevedresa de NaceOo seu 23 de do 1898 na Bautista parroquiaAndrade, pontevedresa Lérez. tío,abril o poeta Xoán exercede za a carreira de Dereito en Compostela. Lérez. seu tío, sobre o poeta una gran O influencia el. Xoán Bautista Andrade, exerce za a carreira de Dereito en Compostela. una gran influencia sobre el.


O Outeiro nยบ18 20


2011-2012

Visitas, festas e saídas

21

FESTA DA ANPA “O MONTIÑO”

O día 14 de abril fomos ao pavillón á xuntanza da Anpa e celebramos unha festa moi bonita. Andamos nas bicis, comemos alí e pola tarde viñeron dúas animadoras e xogaron con todos. Tamén veu outro rapaz cunha colchoneta de Bob Esponja. Pasámolo moi ben! Alejandro García Freire. 3º C

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.

O día 9 de novembro viñeron dúas mozas para ensinarnos cousas sobre os peixes.Viñeron disfrazadas,unha de mariñeira e outra de cociñeira.Trouxeron algúns peixes de plástico e nós tiñámolos que pescar. Despois regaláronnos unha gorra e unhas pegatinas. Finalmente comeron connosco e marcháronse. Ainhoa Sousa Salgado. 3º C


O Outeiro nº18

PREMIOS SAN ROSENDO.

22

Visitas, festas e saídas

O día 1 de marzo do curso 2011-2012, tres nenos deste centro foron premiados polo seu traballo sobre San Rosendo: dous nenos de quinto curso por unha poesía e outro de terceiro curso por un debuxo sobre o Santo. Acudiron ó mosterio de Celanova onde escoitaron a misa e finalmente recibiron da man do novo obispo, Leonardo, un premio en metálico de 50€. Edgar Grande Seara. 4º curso.

O DÍA DA ÁRBORE.

O 20 de abril celebrouse o Día da Árbore. Viñeron tres bombeiros e ensináronnos na pizarra dixital incendios. Despois fomos ó patio plantar árbores, logo regámolos coa mangueira do camión dos bombeiros, puxeronnos a sirenas e amosáronnos como o camión solta auga polos lados cando queda rodeado polas lapas do lume. Anxo Armada Álvarez. 3º curso.


O Outeiro nº18

23

CHARLAS: A IGUALDADE E A TIRANÍA DA BELEZA

23

En dúas ocasións viñeron darnos unas charlas persoas especialistas da Mancomunidade. As mozas deixáronnos claras ideas como ” O importante é o de dentro do noso corpo e non o de fóra” ,“ En moitos traballos quérente polo teu físico a pesar de cómo fagas o teu traballo” ,“ Moitos homes cobran máis que as mulleres” ... Alba Peña Castiñeiras. 4º curso.

O MAGOSTO

No Magosto comemos castañas, pintámonos co carbón, xogamos todos xuntos, poñen música, e as veces, veñen nenos e nenas do instituto. Tamén vemos películas e bebemos zume. É unha festa moi divertida. Tódolos anos algunhas clases fan un Playback e bailan diante dos outros. Espero que ti o pasases moi ben! Soraya Pérez Montes. 4º curso


O Outeiro

Visitas, festas e saídas

SEGUNDO CICLO: TEATRO

24

O día 14 de novembro fomos ó teatro. Falaban en inglés. A obra trataba sobre Robin Hood e foi moi chula. Alí vimos un home disfrazado de Robin Hood e unha muller disfrazada de Mariam. Sacaron a unha nena do público e disfrazárona de princesa. Foi moi divertido! Brian Teixeira Machado. 3º Curso

PINOCHO E MEDIO: PRIMEIRO CICLO O día 21 de novembro, as alumnas e alumnos do primeiro ciclo acudiron ó Auditorio Municipal de Ourense para asistir á representación da obra de títeres” “””Pinocho y medio”, da compañía” ”El Retablo”. Trataba dunha marioneta que foi ó bosque en busca da fada para que a convértese nun neno normal. Ó final conseguiu o seu propósito. Gabriel Pérez Montes. 4º curso.

FESTA DE FIN DE CURSO 2010-2011

O día 21 de xuño, como todos os anos, celebramos a festa de fin de curso. Todos os nenos e nenas dos distintos ciclos cantamos cancións, fixemos bailes, .... Despois comemos todos xuntos .Ó dia seguinte fixemos unha festa de despedida, coma sempre. Trouxemos bebidas, patacas fritas...e vimos unha película . Síntoo polos nenos de sexto que para o ano non van estar con nós! Leandro Bernárdez R


25

2011-2012

CARREIRA DE MUÍÑOS

FACENDO DEPORTE

Odía 18 de xaneiro os alumnos do CEIP Joaquina Gallego Jorreto, da Merca, fomos a Muíños a correr con varios colexios de Ourense. Os rapaces divertímonos moito ao aire libre. Poidemos disfrutar de fermosas vistas dun grande monte e un fermoso e limpo río. Pasamos por unha ponte con moitos candados con nomes gravados . O profesor de 5º e 6º de primaria explicounos que eses candados se se lles gravaban os nomes dunha parella de namorados, os enganchaban a barandilla da ponte e tiraban as chaves ao río, o seu amor perduraría. E a alumna Lúa Álvarez Escudero gañou un premio por ser a primeira en chegar á meta.

Os días 1, 6 e 15 de marzo fomos os de 5º e 6º de primaria a xogar un partido a Ramirás, Gomesende e Toén. Por sorte ganamos contra Ramirás e Gomesende, pero con Toén perdemos. Os de Gomesende viñeron xogar aquí e logo eles antes de comer marcharon para o seu colexio. Pasámolo moi ben, sobre todo os de 3º ciclo que xogamos todos os partidos; pero os de 3º e 4º solo xogaron contra Toén. Lucía Sampedro Outumuro


O Outeiro nº18

Visitas, festas e saídas XOGOS TRADICIONAIS

Este ano, en tres ocasións viñeron Lito e Marta, que eran moi simpáticos, para ensinarnos a xogar a moitos xogos tradicionais aos nenos e ás nenas de terceiro ciclo. Pasámolo moi ben. Raquel López Alonso, 5º curso.

CHARLA SOBRE A SAÚDE

No mes de decembro viñeron traballar connosco sobre o tema da saúde . Acudimos á charla por ciclos. Os temas que máis recalcaron foron: O tabaco: a nicotina vai aos pulmóns , entra no sangue e chega ao sistema nervioso en sete segundos, as veas e as arterias constrínxense, aumenta a presión arterial e acelérase o ritmo cardíaco. 24 horas despois mellora o olfato e o gusto. Lúa Álvarez Escudero.5ºcurso. HALLOWEEN

Este ano durante o mes de novembro celebramos o Samaín e o Halloween no colexio da Merca, como todos os anos. Todos os cursos fixeron manualidades: os de Infantil fixeron esqueletos; os de Primero e Segundo Ciclo fixeron cabazas, bruxas e viron unha película de halloween e os de Terceiro Ciclo fixemos morcegos con forma de cubo e un dos nosos compañeiros fixo un cartel. David Fernández Domínguez. 6º curso


2011-2012

COOPERATIVISMO

Este ano os de “Equal’’ viñeron en 2 ocasións para falar do cooperativismo. Primeiro cos de 3º ciclo o día 13 de outubro, para facer xogos coma: o tres en raia, xogos con paracaídas e trouxéronos un composteiro. Na outra ocasión foi para infantil o 2 de maio e xogaron a diferentes xogos coma: xogos con aros, de equilibrios e xogos con palabras. Kevin Cid Blanco. 6º Curso.

TEATRO : Educación Infantil

O pasado día 31 de maio de 2012 foron ao Auditorio de Ourense a ver unha obra de teatro que se titulaba “Bicharada” .Trataba da convivencia entre unha araña, unha formiga e un escaravello. Nerea López Torres. 4º curso.


O Outeiro nº18

28

Visitas, festas e saídas

EDUCAMÓBIL

O día 26 de abril, veu un autobús que aparcou diante do colexio. Dentro del había ordenadores, xogos e unha televisión moi grande na que poñían películas divertidas. Fomos por grupos: primeiro infantil, despois 1ºciclo,logo 2ºciclo e por último os de 3ºciclo. Pasámolo moi ben! Eric Fernández Domínguez, 5º Primaria.

EDUCACIÓN VIAL

O día 10 de abril do 2012, acudimos os alumnos de 2º e 3º ciclo a Expourense a unha sesión de educación vial. Ensináronnos a respetar os sinais de tráfico, a tomar medidas para que non haxa accidentes e ao final, chegou o máis divertido para nós, conducir! Conducimos cars e bicis, houbo algún que outro accidente; pero grazas a Deus, non tivemos ningún ferido de gravidade. Dixéronnos que os cars ían a 6 km/h, para a nosa desgracia! Pasámolo de maravbilla e ao chegar ao colexio, esperábanos a comida quentiña. Fernando Justo Valeiras,5ºcurso.


Visitas, festas e saídas

29

ENAMORIRSE. Teatro do 3º ciclo

O día 12 de abril fixemos unha saída ao Auditorio Municipal de Ourense, para ver unha obra de teatro chamada “ENAMORIRSE”. A obra trataba sobre dous piollos que debían preparar unha obra de fin de curso e se non lles saía ben, quedaríanse todo o verán sen vacacións; pero como non estudaran a obra, saíulles un pouco mal e tivéronse que quedar sen vacacións. A todos nos gustou moito!

FOMOS DE ROMERÍA: RAIGAME

O día 17 de maio son as Letras Galegas. Fomos co profe Manolo á Romería de Raigame. Bailamos na praza pequena, a carón da Praza Maior. Fomos á torre onde había un canteiro, baixamos da torre e vimos un cesteiro e uns oleiros. Comemos e foi o momento de bailar. Daniel Ribo Vázquez. 3º Curso


O Outeiro nº18

O DÍA DA PAZ

30

Visitas, festas e saídas

O día 30 de xaneiro, despois de comer, no comedor vimos uns vídeos relacionados coa paz. Nun dos vídeos saímos todos os nenos do colexio decindo unhas frases do Manifesto da Paz. Tamén cantamos cancións e escoitamos una canción de Juanes. Sandra Cid Blanco. 3º curso.

FESTA DE NADAL. A festa de Nadal celebrouse o día 21 de decembro. Fixemos de pastoriños, cantamos unhas panxoliñas e viñeron moitos pais e nais a vernos cantar a nós e aos demais nenos e nenas do colexio. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º fixeron un baile moi bonito. Despois xantamos todos xuntos antes de ir para a casa. Néstor Salgado Lorenzo.


O ENTROIDO

2011-2012

O pasado 23 de febreiro celebramos o Entroido. Os nenos disfrazáronse e cantaron unha canción. Os nenos de sexto disfrazáronse dúas veces e despois viñeron os nosos pais a vernos ao colexio.Cando rematamos levamos os disfraces para a casa. Pasámolo moi ben e despois fomos para a casa. Eva Grande Novoa. 3º ciclo.

31


O Outeiro nº18

COÑECEMOS

32

UN POUCO MÁIS: ESCUDO DE ESPAÑA O escudo actual do Reino de España ten na parte superior a coroa real, as columnas de Hércules a cada lado, co lema "Plus Ultra" (Máis alá). Aparecen o castelo (Reino de Castela), un león rampante coroado (Reino de León), a cuatribarrada (Coroa de Aragón) e as cadeas (Reino de Navarra). Ten a silueta dunha granada en referencia ao reino nazarí de Granada. No centro tres flores de lis representando á Casa de Borbón-Anjou.

ESCUDO DE GALICIA O escudo de Galicia consta de sete cruces de prata. Cada unha delas representa unha das antigas provincias do reino de Galicia: Ourense, Lugo, Mondoñedo, Coruña, Tui, Betanzos e Santiago. Tamén ten un cáliz de ouro e unha hostia de prata, que representa o famoso mito do Cebreiro, e por último, a coroa de ouro que significa que pertence ao reino español. Brais Janeiro D´ Apolito. 6º curso.

ESCUDO DE OURENSE O escudo de Ourense figura nun campo de prata, sobre ondas de azul e prata que representan un caudal de auga, unha ponte de cinco arcos, na súa destra ten un castelo de ouro, á súa esquerda un león rampante armado cunha espada do mesmo metal, e no centro do escudo unha coroa real pechada. O escudo está timbrado con outra coroa real de ouro, na parte superior.


O Outeiro nº18

33

CONCELLO DE TABOADELA No seu escudo aparecen unha bandeira , unha cruz de Santiago. As cores principais son o amarelo, o vermello e o branco. 6º curso.

CONCELLO DE CARTELLE No seu escudo aparecen unha árbore , unha torre e unha ponte. A torre representa a antiga fortaleza de Sande e a ponte é a construción romana do Freixo sobre o río Arnoia. Miriam Rubio Montes. 6º curso.

CONCELLO DA MERCA O escudo da Merca ten un símbolo de auga representando ao río Arnoia, cinco círculos representando aos cinco castros celtas que están ao lado do río, as doce cruces representan as doce parroquias do concello da Merca e a cruz que está entre os dous círculos de abaixo representa a igrexa de San Pedro da Mezquita. Ánxela Carrera Sampedro. 6º curso.


O Outeiro nº18

34

O TRABALLO DE CARLA

M a i o 2 0 1 2

Carla é moi boa debuxante. A tódolos nenos do colexio lles encantan os seus cadros . A min non hai ningún que non me guste! E a vos? Seguramente tamén. Lucas Zarauza Poncio. 5º C


2011-2012

35


O Outeiro nº18 OS NOSOS VECIÑOS OS INGLESES

O que se debe e non se debe facer ante eles: O primeiro que hai que ter en conta é o saúdo. Os ingleses son bastante reservados, polo que non saudarán dando un ou dous bicos a non ser que os coñezan ben. Nos demais casos o axeitado é simplemente dar a man, tanto aos homes como ás mulleres. Si vos invitan a súa casa ser puntuais, xa que os ingleses non soportan a impuntualidade. Ademais, sería boa idea levar un regalo para eles, como unha botella de viño, un ramo de flores ou bombóns. Respecto ao que se debe facer en Inglaterra o primeiro é dicir “Excuse me” (desculpe).Tamén hai que ter sempre na boca as expresións “Thank you” (grazas), “Please” (por favor), e “Sorry” (perdón). A hora do té: A costume de utilizar as follas de té para conferir un bo sabor á auga fervida utilizouse por primeira vez na China arredor do 2500 a.C. En Inglaterra, o té chega a través de Holanda e dos cafeteiros de Londres que o puxeron de moda arredor do 1657. Chegou a todas as clases sociais. Hoxe, tomar té é unha das características do Reino Unido. Podería afirmarse que o té para os ingleses é algo máis que unha bebida, é toda unha tradición. O que no noso país se coñece como “merenda“, en Inglaterra equivale a “a hora do té“. Tómase normalmente entre as 3 e as 5 da tarde, acompañando a bebida con algo para picar: algunhas pastas, doces ou salgadas, e sandwiches. Os Pubs: Pub é unha abreviación de public house (en galego significa "casa pública"). É un establecemento onde se serven bebidas alcohólicas, non alcohólicas e refrixerios. Os países angloparlantes son os que rexistran unha maior cantidade de pubs, concretamente o Reino Unido, Irlanda, Canadá, Australia e Nova Zelanda. En España son numerosos os establecementos que adquiren o nome de pub por servir bebidas e poñer música. Nembargante, o concepto orixinal de "casa pública" xurdiu no Reino Unido e posúe varias características que o distinguen cultural e socialmente doutros negocios hostaleiros. Aínda que un pub tamén serve licores e bebidas sen alcohol, o seu prestixio mídese pola selección e calidade de cervexas de billa (chamadas así por provir da billa dun barril denominado sifón) e embotelladas que poida ofrecer. A clientela inglesa é experta en cervexa e esixe nome e calidade no abano cervexeiro de cada casa pública. Non en vano é posible atopar pubs con hasta máis de 30 billas de cervexa. A cervexa máis característica do pub inglés é a Ale ou Bitter. Tamén é coñecida a mestura de cervexa e soda/limoada que recibe o nome de shandy. A decoración deste tipo de bares sole gardar a solemnidade e ostentación da cultura inglesa. Mobles de madeira labrada, teitos recargados e moquetas lustrosas facilitan unha estancia agradable e proclive á conversa. Así mesmo, os pubs se resgardan da luz do día con cristais opacos ou gravados moi elaborados, que tamén contribúen á creación dunha atmosfera íntima e acolledora. Aínda que nos últimos 20 anos existe unha tendencia ao uso de cristais transparentes para realzar con brillo a decoración interior.

O OUTEIRO 18  

XORNAL ESCOLAR 2012

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you