Page 4



OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

BARRIOS

División sobre os contedores soterrados 4 PP e DO votarán a favor dunha modificación de crédito para o seu arranxo ao que se opoñen PSOE e OueC. Redacción Tres anos despois que os contedores soterrados leven en desuso xa hai acordo para que se proceda á súa reparación e arranxo. O alcalde foi claro a dicir que desde o goberno apostaban máis pola reparación integral dos mesmo, pero que ao estar en minoría deben negociar. Vai cara adiante unha modificación de crédito de 400.000 euros para o arranxo e mantemento dos contedores e que conta co apoio de Democracia Ourensana. Para o Partido Socialista esta medida carece de seguridade para os traballadores. Para os socialistas soamente son posibles dúas solucións a este problema: o selado dos foxos (75 en total repartidos en 45 illas) ou unha substitución da infraestrutura de baleirado ao actual por un sistema mecánico de elevación (camión grúa) o que incrementaría o prezo a máis de 1,3 millóns de euros. OueC A posición de Ourense en Común sobre este tema, como dicía Martiño X. Vázquez é clara: “Non estamos a favor de facer unha solución que é

Unha das illas dos contedores soterrados de Ourense. /M.REJO un parche” e que dentro dun ou dous anos “estemos na mesma”, ademais “hai que ter garantías na seguridade dos traballadores”. En canto ás solucións, Martiño apuntaba as mesmas que os socialistas -dadas por unha consultoría- como é “cumprir toda a normativa de seguridade que ascendía o gasto por enriba do millón de euros” e a do “selado”.

O alcalde busca apoio no PSOE para unha modificación de crédito 4 Para a área de Servizos Sociais. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, rodeado dos concelleiros do Partido Popular, saiu en rolda de prensa para pedir o apoio do resto dos partidos, sobre todo o Partido Socialista, representados no Concello de Ourense para realizar unha modificación de crédito. En concreto sería sacar 1,6 millóns de euros do remanente que ten en caixa o concello dos 53,6 que asegura o rexedor “hai en Tesourería”. De non acadar esa modificación o propio alcalde asegurou que non sería posible seguir prestando os servizos sociais. A “dramática” situación tivo a súa orixe na tardanza na resolución “dun recurso administrativo entre dous concesionarias dun dos servizos municipais que paralizou o pago ata novembro” asegurou o alcalde. Vázquez afirmou que o problema que ten a carteira de Servizos Sociais “non é achacable a un problema político. Non é unha mala xestión”. “A baixa da funcionaria que debía firmar os pagos impediu que se fixera antes de rematar o ano”. Ademais, asegurou que as “facturas xa están pagadas” pero “co diñeiro dos fondos deste ano” o que

levou a que o “orzamento” deste ano “esté agotado”. “De non sacar adiante esta proposta quedaría sen servizo o de axuda no fogar, o comedor sobre rodas, o centro de día, a conserxería dos Centros Cívicos, as becas de libro e comedor do vindeiro curso e actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero” remarcou Jesús Vázquez.

O alcalde convocará un pleno extroardinario para o vindeiro xoves

Cese da concelleira O alcalde foi claro ao referirse á petición da oposición, do cese da concelleira Sofía Godoy, titular da carteira que está en números vermellos, para votar a favor da alteración do crédito. “Non imos a ceder a ningunha chantaxe” confirmou.

Responsabilidades O portavoz dos socialista, Vázquez Barquero, explicou que o “que lle pedimos ao alcalde é que ten que depurar responsabilidades”. O socialista considera fóra do normal que a área social do concello “gastase en catro meses todos os recursos dun ano”. A partir do cese “estamos dispostos a dialogar”, asegura Vázquez Barquero. “Ao que non estamos dispostos é a firmar un cheque en branco, que é o que nos piden”, asegurou.

Pleno Por todo isto, a corporación municipal convocará un pleno extraordinario para o próximo xoves, 27 de xullo, con ese único punto na orde do día. Para o alcalde está situación

é “surrealista”, xa que “hai diñeiro, pero temos que contar co apoio dos outros grupos”.

O Fogar do Transeúnte depende de Servizos Sociais do Concello de Ourense./S.ÁLVAREZ.

EN BREVE 4 IBI Discrepanzas entre o goberno municipal e os grupos da oposición sobre a baixada do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Mentres o PP quere facer unha rebaixa do 7%, DO e PSOE a consideran insuficiente, mentres que OueC reclaman imprescindible establecer beneficios fiscais nos que se tería en conta o nivel de renda e non a condición de familia numerosa. A máis agria das polémicas foi a que mantiveron a edil de Facenda do Concello de Ourense, Ana Morenza, co portavoz de DO, Gonzale Jácome. Na mesma, Morenza aseguraba que era imposible rebaixar un 20% o IBI, mentres que Jácome dicía que era unha “cuestión política” dita baixada. Máis tarde a edil quixo puntualizar que “aínda que pode ser legal, é totalmente inviable para este Concello pois non se podería facer absolutamente nada ao marxe do pago ás concesionarias”.

4 Veladores O Concello de Ourense vén de incoar un total de 28 expedientes sancionadores no espazo do último trimestre relativos á instalación de veladores na cidade sen autorización previa, así como á instalación de mamparas ou toldos en terrazas, e de pizarras e carteis anunciadores. A concelleira de Comercio, Flora Moure, emprazará os grupos políticos a intensificar as negociacións para consensuar a nova ordenanza.

Ouxb xullo2017  

O número de xullo de Ourense por Barrios chega con varias e interesantes noticias principais.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you