Page 3

TEMA DO MES

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017



ENTREVISTA A BENJAMÍN PÉREZ - EXAMINADOR DE TRÁFICO

“Non hai posibilidade de acordo se non hai negociación” 4 Anuncian folga indefinida dende setembro. S. Nieto Coñecemos de primeira man as reivindicacións dos examinadores de tráfico que os levaron a iniciar esta folga a principios do mes de xuño. Falamos co ourensán Benjamín Pérez. Cales son os motivos desta folga de examinadores? Benjamín Pérez: “No 2015 fixemos outra folga e asinouse un acordo, polo que simplemente queremos que se cumpla ese trato. Nese pacto había varios puntos, un deles era o de asumir o complemento específico, o que paga a especialidade técnica que ten este traballo, a dificultade, a perigosidade, o feito de estar á intemperie, ter que lidiar coa xente… por iso pedimos que se cumpla”. Como están neste momento as negociacións coa DXT? B.P.: “Negociacións non hai. O que tivemos ata agora foi ameazas, decindo que ían poñer aos mariñeiros e soldados a examinar, que nos ían obrigar a poñer servizos mínimos, a última era unha especie de promoción para algún compañeiro como se fose unha mellora importante cando non o é. Negociación non hai. O comité de

“Entendo ás autoescolas, pero a folga é o dereito que temos para reclamar”

folga foi falar co Director Xeral e con algunhas persoas máis dúas ou tres veces, pero nunca houbo unha negociación realmente. Eles din que non poden facer nada, que é unha cuestión política, que quen nos debe subir o soldo é Facenda. O desgaste é a estratexia que teñen”. De seguir así haberá folga indefinida a partir do 4 de setembro? B.P.: “En agosto non hai folga porque moitas xefaturas pechan, e as que non pechan non farán folga, pero a partir de setembro de seguir igual haberá folga indefinida. Non nos vai quedar outra, porque quedan dúas semanas deste mes e non están facendo nada porque as cousas melloren”. O Consello de Ministros vén de aprobar a convocatoria de 453 prazas de examinadores. Como valoredes a adopción desta medida? B.P.: “É unha medida publicista, realmente crean 70 novas prazas, pero realmente nós non estamos pedindo nada diso, o que queremos é que se nos suba o complemento específico e xa está. Hai deficiencia de examinadores, certo, pois que creen as prazas que sexan precisas, pero neste caso das 453 son a maioría de promoción interna. É unha maneira de intentar dividirnos, o que queren é que o 60% dos examinadores, que

“A convocatoria de prazas de examinadores é unha medida publicista” son do grupo C2 deixen a folga e para iso danlle iso, unha promoción que realmente non se sabe como vai ser, porque todos os anos hai unha promoción e calquera pode optar, facer o seu exame e aprobala, non están dando nada que non houbera outras anos. Simplemente o venden agora por unha cuestión política, eles venden que crean 500 novas prazas cando realmente non é así, as novas son só 70”. Envíalle unha mensaxe ás autoescolas e alumnos que se están a ver afectados por esta folga, para que poidan comprender mellor esta situación. B.P.: “A min preocúpame toda esa xente que non se pode examinar, esas pequenas empresas, eses profesores que poden ter problema de traballo, pero o problema é que non hai ningunha negociación connosco, nós estamos en folga porque é o dereito que temos para reclamar, e o que queremos é negociar algo, pero se non temos ningún tipo de negociación non temos outra maneira de reclamar, non podemos deixar a folga agora. Non hai posibilidade de acordo se non hai negociación”.

O conselleiro de Educación xunto ao alcalde de Ourense e o reitor da Universidade de Vigo, durante a visita que fixo ás obras do Campus da Auga./RAMSÉS.

A Xunta destina 8 millóns a impulsar o Campus da Auga 4 Román Rodríguez anunciou un convenio para mellorar a súa oferta educativa. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, visitou este 18 de xullo as obras que se están executando no novo edificio do Campus da Auga de Ourense, ao que definiu como “o motor científico da cidade”. Tal e como lembrou o titular do departamento educativo, trátase dunha actuación na que se investiron 4,4 millóns de euros e, tendo en conta o bo ritmo das obras, a previsión pasa por rematalas en novembro do 2017. Trala súa finalización, procederase á dotación de mobiliario tanto de oficina como de laboratorio, polo que se prevé que o edificio poida estar plenamente funcional xa no primeiro semestre de 2018. Inversión Pero ademais desta obra, o conselleiro resaltou o forte compromiso do seu departamento co Campus de Ourense, tanto desde o punto de vista de dotación de infraestruturas como de mellora

das súas unidades de investigación máis excelentes. Deste xeito, avanzou a próxima sinatura dun convenio de colaboración coa UVigo para o impulso eficiente das estruturas de investigación, dotado con 3,6 millóns de euros para distintas accións vinculadas coa oferta educativa neste campus. En definitiva, e entre o novo edificio e este vindeiro convenio, as achegas da Consellería de Educación para impulsar o Campus da Auga ascende a 8 millóns de euros. Especialización Trala súa visita á obra, o conselleiro subliñou a importancia do desenvolvemento deste campus de especialización, cuxo corazón estará no novo edificio, que está chamado a ser –nas súas palabras– “o centro de referencia na investigación da auga dentro de Galicia”. Segundo salientou, o Campus de Ourense soubo ver as potencialidades da súa cidade en torno á auga para intentar convertelas en progreso social e económico, pivotando a investigación e a oferta académica sobre este recurso natural. “Trátase, en definitiva, dunha especialización intelixente, posto que responde á realidade socio-produtiva

local”, remarcou. Cómpre recordar que o Campus da Auga foi o primeiro en emprender a liña de especialización fóra dos campus centrais do SUG, servindo así de referencia para as actuais iniciativas en marcha, como son o Campus Terra en Lugo ou o Campus Industrial en Ferrol. Seis áreas O novo edificio será destinado, primordialmente, a usos de investigación, se ben tamén albergará a sede institucional do Campus da Auga. O proxecto susténtase en cinco liñas de orientación estratéxica: educación, investigación, transferencia de tecnoloxía e coñecemento, internacionalización e financiamento sostible. Estas liñas estrutúranse en seis áreas de especialización, que son a alimentación, a xestión do recurso da auga, a innovación social e educativa, o medio, as tecnoloxías da información e a comunicación, así como o turismo e o patrimonio cultural.

O edificio estará en funcionamento no primeiro semestre de 2018

Ouxb xullo2017  

O número de xullo de Ourense por Barrios chega con varias e interesantes noticias principais.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you