Page 17

PROVINCIA

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

17

ENTREVISTA A ANXO PÉREZ- SECRETARIO COMARCAL DA CIG EN OURENSE

“Preguntámonos como é posible que se reduza o paro e se recade a metade na Seguridade Social” 4 Coñecemos os proxectos de Anxo Pérez, o relevo de Etelvino Blanco como secretario comarcal da CIG en Ourense. Ramsés Torres

resto da sociedade. Se cruzamos os datos que eles mesmos nos ofrecen preguntámonos como é posible que se reduza o paro e se recaude a metade na Seguridade Social. Porque os contratos son parciais, polo que non se está realmente sementando un modelo produtivo distinto. Estase afondando no mesmo modelo que nos levou á crise”.

A CIG vén de comezar unha nova etapa na provincia logo de que o seu secretario comarcal durante os últimos 20 anos decidira xubilarse. O histórico sindicalista ourensán Etelvino Blanco deixou paso a Anxo Pérez, que encabezou a única candidatura para sustituílo. partindo do consenso e a unidade da formación. Fainos unha valoración dos 20 anos de Etelvino Blanco na primeira liña da CIG. Anxo Pérez: “É un estandarte da CIG en Ourense. Estiven moitos anos con el na loita sindical polo que podería destacar mil anécdotas; máis alá do sindicato. No sindical é de sobras coñecido para saber que foi unha referencia, persoa entregada en corpo e alma ao sindicalismo. Nestes anos compartimos moitos sabores e sinsabores, que van forxando a vida e a personalidade. O único que me queda é desexarlle que lle vaia ben, que intente desconectar da tensión diaria e que colla o novo ritmo da nova vida”. Entra unha época nova na CIG, como vai ser? A.P.: “Desde o momento que se plantexou o cambio en primeiro lugar eu accedía sempre que houbera consenso entre as correntes que hai dentro da CIG. Ese consenso produciuse. Hai unha renovación case total na executiva comarcal. Os retos que nos marcamos son moi ambiciosos, son externos e internos. Os retos externos é chegar a ser a primeira forza sindical na provincia de Ourense; xa o somos en afiliación, pero queremos selo desde o punto de vis-

Anxo Pérez, novo secretario comarcal da CIG en Ourense./RAMSÉS.

“Non só é estar parado ou non, se non que é ter un traballo digno. Desgraciadamente hai moita xente que traballando está por debaixo do umbral da pobreza”, denuncia Anxo ta da representatividade electoral. Temos que renovarnos constatemente. E un reto interno que é fortalecernos organizativamente, aumentar aínda máis en afiliación, a CIG foi quen de volver ter a mesma afiliación que antes dos peores anos da crise. Moitas veces, e iso foi unhas das cousas que máis me afectou animicamente, moitos compañeiros e compañeiras viñan a darse de baixa porque non tiñan medios económicos para pagar a cota, a pesar de que temos cotas distintas en función de que haxa ingresos ou non na familia. Pero xa recuperamos ese número de afiliación e querémolo seguir aumentando para ser unha ferramenta eficaz. E iso significa fomentar equipos e fomentar relevos. En seis ou sete anos hai que ter un “exército” de cadros intermedios que poidan tomar as rendas do sindicatos cando sexa preciso”.

Cales son os retos a nivel dos traballadores? A.P.: “Botamos uns anos de pura resistencia. Tentamos aguantar as conquistas que se tiñan conseguido. Algunhas perdéronse polos gobernos sucesivos, e moi especialmente o último do PP, que por lei arrebatounolos; pero outras tamén se perderon por debilidade sindical. Debilidade para retomar os convenios colectivos, por exemplo. Esa época de resistencia dámola por rematada e agora estamos no contraataque. Temos que entrar nun novo periplo no que se volva a negociar e conseguir melloras en xornadas, vacacións, baixas, incrementos salariais, saúde laboral, etc. Queremos que mellore o emprego porque agora é moi precario. Non só é estar parado ou non, se non que é ter un traballo minimamente digno. Desgraciadamente hai moita xente que aínda traballando está por debaixo

do umbral da pobreza e ten realmente moitísimos problemas. Iso témolo que ir combatendo e a forma de facelo é co traballo da formigiña: empresa por empresa, sector por sector, convenio por convenio”. Como valoras os datos do paro de xuño? A.P.: “Creo que é unha trampa andar valorando os datos do paro. Porque están absolutamente tuneados. Primeiro: o paro rexistrado non contempla, por exemplo, aos traballadores que están facendo un cursiño; nin aos que teñen un contrato de tres, catro, cinco, doce horas semanais; non son parados e son realmente, insisto, xente que está raiando a pobreza extrema. Tampouco nos valen xa que non recollen a unha xeración enteira que tivo que emigrar. O paro rexistrado non é máis que unha posta en escena dunha maquillaxe do goberno de turno que engánase a si mesmo e ao

Cando se podería dicir que remata a crise? A.P: “Eu desde que son pequeno sempre recordo o tema da crise. A do ´73 do petróleo; e despois,… outra e outra. Constantemente estamos en crise. Que pasa? Que aquí houbo un impacto internacional pero no estado español había un modelo de produción absolutamente artificioso baseado no turismo e no ladrillo e iso levounos a auténtica quebra. E o que me preocupa é que se está repetindo. Recordo alá polo 2002 ou 2003 que repartindo o convenio da construción nas obras e nunha delas no barrio da Carballeira falamos cun traballor a punto de xubilarse; e díxome: “mira, rapaz, ves cantas grúas hai? isto é a fartura de hoxe e a fame de mañá”. Cando os economistas nos dicían que estabamos na “Champios League” da economía, aquel albanel xa sabía que ía toupar dalgunha maneira. Temos que cambiar o modelo produtivo. En Galicia hai que poñer en valor o monte. Temos un país co 80% de masa forestal e estamos utilizando o monte para plantar eucaliptos. Hai que apostar pola multidiversidade do monte, porque é madeira noble, son setas, é agricultura. O monte tiña que ser un dos beneficios culturais e eco-

nómicos máis importantes do noso país e porén estase abandonando, o que provoca incendios, abandono do rural. Hai medios para saír adiante. Temos que aproveitarnos da industria que temos e crear arredor industrias auxiliares que abastezan a esa industria. Hai que aproveitar o tirón que ten o noso textil, pero non con empregos precarios de 800 euros mensuais, que é o que está pasando. E logo vas mercar un pantalón e vale máis do que lle pagan á traballadora en toda a semana. E logo falamos de China. A nós educáronos e estanos a educar para coñecer de todos os países menos dos que temos ao lado. Sabemos das primarias de Estados Unidos e preguntas pola rúa como se chama o primeiro ministro de Portugal e non o sabemos. Ben, pois en Portugal, desde hai un par de anos existe un goberno que lle dixo á Troika: “non, por ese camiño non vamos, imos gastar diñeiro na sociedade. E Portugal está repuntando e nós non”. Unha última reflexión. A.P: “Quero mandar unha mensaxe optimista. Non podemos dar todo por perdido, as batallas que se perden son as que non se pelexan. Sempre vale a pena intentalo. Sempre se cambiou na historia e para ben. Pero a nosa memoria é curta no espazo e no tempo e só nos lembramos destes últimos anos, pero é posible cambiar de modelo e de sociedade”.

“Temos que volver negociar e conseguir melloras nas xornadas, baixas, vacacións...”

Ouxb xullo2017  

O número de xullo de Ourense por Barrios chega con varias e interesantes noticias principais.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you