Page 16

16

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

OCIO E CULTURA

No salón de plenos do Concello de Ourense deuse a coñecer a programación das Festas da Ponte. /RAMSÉS.

Seis días de festas na Ponte 4 Do 21 ao 26 de xullo música e diversión no barrio pontino. R. Torres Cando o Concello de Ponte Canedo fusionouse co de Ourense, os pontinos pediron que o goberno municipal se comprometera a estar representado na misa e procesión de cada 25 de xullo conmemorando, do que sería en anos vindeiros, as festas do barrio da Ponte. E desde entón cumpriuse coa promesa. As que foron, nalgún tempo, as mellores festas de Ourense, chegan este ano con seis días de troula. Durante a presentación o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez falou sobre o barrio pontino. “Un barrio con alma, cunha marcada identidade e con personalidade propia. Non en van, débelle o seu nome a un dos nosos símbolos máis queridos: a Ponte Romana”, afirmaba o rexedor, e

continuaba “ese símbolo por excelencia lucirá as súas melloras galas para celebrar as festas do Santiago: a iluminación artística da Ponte Romana ofrecerá un xogo de luces especialmente deseñado para estes días que se poderá disfrutar nas noites do 21 ao 25 de xullo” nesta última xornada estará acendida a iluminación ata ás 12 da noite momento “no que será a hora da gran tirada de fogos artificiais, todo un clásico nas Festas da Ponte” concluía o alcalde. Programa Durante os seis días que duran as Festas da Ponte a programación será moi variada. Do 21 ao 25, na zona axardinada na rúa Vicente Risco (ao carón do IES 12 de outubro) estarán instalados os Food Truck (comida sobre rodas) no

que se denominará “A Ponte Street Food”. O horario será de 13 a 16 horas e de 19 a 24 horas (agás o primeiro día, no que os camións abrirán as súas fiestras ás 21 horas). O venres, 21 de xullo, ás 22.30 será o momento do pregón; este ano corre a cargo de José Manuel Pérez Canal (presidente da Confederación de Empresarios de Ourense); o lugar, na rúa Vicente Risco. Previamente ás 21:30 dará comezo, no parque Ribeira de Canedo o Ponterock, con actuacións das bandas: AcidProyect, Bergallazo, Derroche, Mazkarpone e Poseídos. Ás 23 horas, a música e o humor dos Festicultores Truope acturarán. O sábado, 22 de xullo, as charangas animarán as rúas da Ponte. O local da Sociedade Artística La Troya acollerá “A Troya

Mus 2017” (16 horas). Desde as catro da tarde e ata as nove da noite celebrarase o “Japo Day”, concentración de coches xaponeses, na rúa Xosé Luis López Cid. O programa da TVG Aquí Galicia emitirá en directo desde

o barrio ourensán con actuacións de orquestras, grupos de baile e directos a pé da rúa; as 20 horas A voz do Miño coñecerá aos seus gañadores no concurso de karaoke. Na rúa Basilio Álvarez celebrarase o “Ponte Dance” con discomobil e actuación de dj´s. O día rematará coa actuación de dúas verbenas: ás 22 horas, a orquestra Fin de siglo actuará na rúa Vicente Risco e ás 23:30, a Palladium subirase ao escenario no cruce da avenida de Marín coa rúa das Caldas. O domingo 23, regresan os Festicultores coa súa música polas rúas. A partir das cinco da tarde os máis cativos teñen unha cita na rúa San Pedro de Mezonzo (praza San Rosendo) coa Festa da Escuma. Ás 21 horas o Ponte Dance animará aos presentes na rúa Basilio Álvarez co disco móbil. As celebracións do día rematarán coas orquestras Bambolea (22 horas en Euloxio Gómez Franqueira) e Gran Parada (ás 23:30 h na avenida de Santiago, no cruce con Rei Soto).

A Orquestra Miramar actuará na medianoite do luns 24 ao martes 25, na avenida de Marín.

Enfilando a recta final dos festexos, o luns 24 as charangas darán o pistoletazo de saída á troula do día. De novo chegará o Ponte Dance (21 horas, rúa Basilio Álvarez) e as orquestras nesta ocasión serán Iris (22 horas, Vicente Risco) e Miramar (23:30 h na avenida de Marín no cruce coas Caldas). O día 25, día grande das Festas, no parque situado ao carón da asociación Frei Canedo celebrarase o cuarto campionato de Chave a partir das 10 da mañá. Ás 12 horas celebrarase a misa e procesión na honra de Santiago Apóstolo coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Ao finalizar, en torno ás 13:30 horas, recepción ás autoridades na Sociedade Artística La Troya. Os nenos repetirán coa festa da escuma na praza San Rosendo ás 17 horas. O Ponte Dance regresa ás nove da noite fiel á cita e as orquestras da xornada son a Orquestra Televisión (21 horas en Rey Soto) e o grupo Alkar á unha da madrugada en Eulogio Gómez Franqueira. Previamente a esta actuación os fogos artificiais darán colorido á noite pontina entre a ponte Romana e a do Milenio. Xa para rematar, o mércores, 26 de xullo, ás 12 horas celebrarase a misa solemne na honra de Santa Ana e San Xoaquín (misa dos avós) para dar por concluídas as Festas da Ponte 2017.

A Festa da escuma terá lugar ás 17 h o domingo e o martes na praza San Rosendo

Ouxb xullo2017  

O número de xullo de Ourense por Barrios chega con varias e interesantes noticias principais.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you