Page 10

10

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

Youth in Europe Redacción O Concello de Ourense avanzou na posta en marcha do programa Youth in Europe para a diagnose do consumo de alcol e drogas entre adolescentes na nosa cidade. O programa está baseado nas políticas islandesas, que desde vai dúas décadas realizan intervencións drásticas, directas e globais que conseguiron un entorno máis saudable para a adolescencia. O director de Youth in Europe en Islandia, Jón Sigfusson, relatou que, entre os parámetros de análise, están un bo diagnóstico do consumo de drogas, o informe de igualdade na poboación adolescente ou un informe do uso de substancias por centros escolares, etc. En España, soamente Tarragona usa este método.

SOCIEDADE

La Caixa da leite ao Banco de Alimentos 4 10.000 litros é a cantida donada en Galicia. Redacción A Obra social “La Caixa” entregou 10.000 litros de leite ao Banco de Alimentos de Ourense. Con esta iniciativa, a entidade quere colaborar para que o consumo deste alimento por parte de familias desfavorecidas non decaia durante os meses de verán. Como advirten os responsables dos bancos de alimentos galegos, durante estes meses dispoñen de menos cantidade de leite polo que sofren dificultades para atender a demanda que reciben. “As entradas nos nosos almacéns redúcense por mor das vacacións, pero

as peticións non diminúen o seu ritmo”. A cantidade doada pola entidade, en colaboración co Grupo Leite Río, pretende axudar a paliar o déficit que sofre parte da poboación galega. Este alimento é uns dos máis solicitados polas entidades sociais que atenden a colectivos en risco de exclu-

sión social, pero non se recolle nunha cantidade suficiente que garanta o seu consumo mínimo en familias en situación de vulnerabilidade. En 2016, os bancos de alimentos en Galicia atenderon a preto de 95.000 persoas que teñen dificultades para acceder regularmente ao consumo de alimentos básicos para unha dieta equilibrada, como o leite. Este alimento é unha fonte destacable de proteínas de alta calidade, vitaminas e minerais que contribúe decisivamente ao crecemento e desenvolvemento dos nenos.

Marc Benhamou, á dereita, estivo na carga da leite no almacén de Leite Río.

48.000 persoas participaron nos programas de Cruz Vermella Ourense 4 Durante o ano 2016. Redacción Cruz Vermella Ourense contou con máis de 48.000 participantes nos seus proxectos sociais durante o 2016. Así desvelouse trala aprobación da memoria de actividades do ano pasado. Os proxectos de intervención social, que contaron con máis de 22.400 participantes. Os proxectos de atención a persoas en situación de extrema vulnerabilidade ou risco social ofrecendo prestacións económicas ou de bens a 2.626 persoas, e deuse apoio a 299 per-

soas sen fogar, a 126 mulleres en situación de precariedade ou 286 persoas inmigrantes, entre outras actuacións. Ademais, dende o mes de agosto, na comarca de Valdeorras 10 persoas foron acollidas no Programa de Atención a persoas solicitantes de asilo ou refuxiadas. Axudas ao acceso laboral, protección á infancia en risco de exclusión social, asistencia ás persoas maiores mediante, entre outros, Teleasistencia Domiciliaria, e hábitos de vida saudable foron outros dos proxectos desempeñados por Cruz Vermella.

Ouxb xullo2017  

O número de xullo de Ourense por Barrios chega con varias e interesantes noticias principais.