Page 1

Entrevista a Anxo Pérez, secretario comarcal da CIG en Ourense [Páx. 17]

TEMA DO MES Páx.2-3

BARRIOS

Páx.5

Achegámonos á folga de examinadores

Entrevista á nova directiva da A.VV. Peliquín

BARRIOS

Páx.7

Fomento atende as demandas da A.VV. As Termas

A VALENZÁ

Páx.12

Amplíase o persoal da limpeza en Barbadás

Conta atrás para o Campus da Auga

PROVINCIA Páx. 18 Condena de 31 anos para Aniceto Rodríguez

Festas da Ponte [Páx. 16]

Tai chi na rúa [Páx. 3]

[Páx. 21]

Este ano rematarán as obras do Campus da Auga. // A Ponte celebra as súas festas do 21 ao 26 de xullo. // O tai chi na rúa trasládase aos xardíns do pavillón municipal. /RAMSÉS.

Número: 30 - Ano: XVI - Xullo 2017 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

TEMA DO MES

Manifestación das autoescolas ourensás ás portas da Subdelegación do Goberno este 18 de xullo. “Tráfico no examina y nuestra paciencia se termina” foi algún dos lemas que se poideron escoitar na protesta.

As autoescolas esíxenlle a Tráfico que cumpla cos alumnos 4 A folga de examinadores está a deixar a máis de 50 ourensáns sen poder realizar a proba práctica cada día. M.Rejo Dende o pasado 2 de xuño examinadores de tráfico de toda España están a secundar unha folga (con parón de traballo luns, martes e mércores) para reclamarle á DXT o pago dun complemento específico, comprometido dende 2015, acorde ás características do posto: elevada complexidade técnica, perigosidade, penosidade e gran responsabilidade dentro da seguridade vial.

Polo momento non hai acordo, e dende o colectivo de examinadores aseguran que nin sequera negociación, ao respecto. De seguir así a folga de 3 días continuará ata finais de xullo, suspenderase en agosto e reanuadarase como parón indefinido dende o 4 de setembro. Ata agora, máis de 31.000 exames quedaron suspendidos en todo o país, e aproximadamente uns 50 alumnos da provincia non poden realizar esta

proba cada día, xa que dos 45 examinadores galegos están a secundar a folga 43, entre eles os 5 ourensáns, porque ao non se tratar dun servizo esencial non existe obriga legal de comprometer a un mínimo de empregados en activo. As maiores vítimas desta situación son, sen dúbida, autoescolas e alumnos. O portavoz da Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense, Laureano Bermejo, explica que “non imos valorar quen ten ra-

zón, só queremos que nos dean un calendario de

a un grupo superior, pero iso non implica unha subida inmediata como pretenden eles. Na DXT estamos entre a espada e a parede, son compañeiros, pero é moi delicado facer unha folga durante o verán”.

“Quen non se poida examinar pola folga non terá que renovar a taxa” 4 Dende a DXT aseguran que a subida de soldo dos examinadores depende de Facenda. Os examinadores esíxenlle o pago do complemento específico á DXT. Falamos co seu responsable en Ourense, David Llorente, para coñecer a súa visión. Pode facernos unha valoración da petición

dos examinadores? David Llorente: “Dende a DXT estamos de acordo co complemento específico que piden os examinadores, de feito suscribimos cos sindicatos hai un tempo, pero o órgano do que depende esa suba de soldo, que se chama CECIR, é competencia

do Ministerio de Facenda, e este órgano dixo ampárarse na crise económica para levar dous anos sen contestar, non dixo que non oficialmente pero non autorizou a suba, polo que se entende que non teñen interés en acceder á mesma. Os examinadores din

Perdas económicas Pero iso producirase naquelas empresas que

consigan sobrevivir a esta folga, xa que dende este colectivo explican que as perdas económicas están a ser moi elevadas. “Se non hai acordo pronto, algunhas pensan en despidos e outras en pechar. Dependemos das autoescolas unhas 200 persoas, que o estamos a pasalo moi mal”, detalla. Xa que o verán é a mellor época de ano para o sector, chegando incluso a moitas empresas a garantirlle uns ingresos que as manterán a flote o resto dos meses. “Adoitábase neste tempo reforzar a plantilla e agora fálase de despidos, porque os alumnos ante esta situación non están a facer prácticas”, reclama Bermejo, quen adianta que “barallamos reclamar o lucro cesante desta folga”.

As autoescolas barallan despidos e peche se non hai acordo pronto

Responsables das autoescolas explicaron as consecuencias da folga no sector./M.R.

ENTREVISTA A DAVID LLORENTE - RESPONSABLE DXT OURENSE

R. Torres

exames e que o cumpran. Esiximos que a DXT nos escoite, non queremos ser reféns dos seus problemas cos examinadores”. “Tráfico debe cumplir coas súas obrigas cos alumnos que pagan a taxa para examinarse”, insiste. E é que moitos destes alumnos son persoas que por motivos laborais, polo obxectivo de opositar ou porque en breve lles caducará o prazo para realizar a proba práctica logo de ter aprobada a teórica se ven nunha encrucillada sen saída aparente. Por iso, Bermejo adianta que cando se resolva esta situación, dende as autoescolas terán exceso de alumnos para presentarse a exame e, aínda que sexa inxusto para moitos, deberán seleccionar os máis preparados ou aos que o tempo máis apremia.

David Llorente. que non está a haber negociación con eles. D.Ll.: “A DXT non lles pode ofrecer a subida de soldo, pero na medida do que podemos facer ofrecéuselles que sexan unha escala propia, pertencendo

Comprende a delicada situación que atravesan as autoescolas por esta folga? D.Ll.: “Claro, entendo que nestes meses é cando as autoescolas teñen máis actividade e están a verse moi afectadas, pero tamén entendo o dereito dos examinadores. En agosto non haberá folga polo que agardamos poñernos ao día cos exames”. As autoescolas piden

que Tráfico asuma as obrigas cos alumnos que pagan as taxas. D.Ll.: “As taxas non caducan, simplemente se verán retrasados para facer o exame dúas ou tres semanas. De todos os xeitos, enviei unha comunicación para que se por causa da folga alguén superase o prazo para realizar o exame non se lle faga renovar a taxa, se é por ese motivo non se vai ter en conta. Se non se pode examinar faráo cando sexa posible, pero as taxas seguirán vixentes”.

“En agosto agardamos poñernos ao día cos exames”


TEMA DO MES

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017



ENTREVISTA A BENJAMÍN PÉREZ - EXAMINADOR DE TRÁFICO

“Non hai posibilidade de acordo se non hai negociación” 4 Anuncian folga indefinida dende setembro. S. Nieto Coñecemos de primeira man as reivindicacións dos examinadores de tráfico que os levaron a iniciar esta folga a principios do mes de xuño. Falamos co ourensán Benjamín Pérez. Cales son os motivos desta folga de examinadores? Benjamín Pérez: “No 2015 fixemos outra folga e asinouse un acordo, polo que simplemente queremos que se cumpla ese trato. Nese pacto había varios puntos, un deles era o de asumir o complemento específico, o que paga a especialidade técnica que ten este traballo, a dificultade, a perigosidade, o feito de estar á intemperie, ter que lidiar coa xente… por iso pedimos que se cumpla”. Como están neste momento as negociacións coa DXT? B.P.: “Negociacións non hai. O que tivemos ata agora foi ameazas, decindo que ían poñer aos mariñeiros e soldados a examinar, que nos ían obrigar a poñer servizos mínimos, a última era unha especie de promoción para algún compañeiro como se fose unha mellora importante cando non o é. Negociación non hai. O comité de

“Entendo ás autoescolas, pero a folga é o dereito que temos para reclamar”

folga foi falar co Director Xeral e con algunhas persoas máis dúas ou tres veces, pero nunca houbo unha negociación realmente. Eles din que non poden facer nada, que é unha cuestión política, que quen nos debe subir o soldo é Facenda. O desgaste é a estratexia que teñen”. De seguir así haberá folga indefinida a partir do 4 de setembro? B.P.: “En agosto non hai folga porque moitas xefaturas pechan, e as que non pechan non farán folga, pero a partir de setembro de seguir igual haberá folga indefinida. Non nos vai quedar outra, porque quedan dúas semanas deste mes e non están facendo nada porque as cousas melloren”. O Consello de Ministros vén de aprobar a convocatoria de 453 prazas de examinadores. Como valoredes a adopción desta medida? B.P.: “É unha medida publicista, realmente crean 70 novas prazas, pero realmente nós non estamos pedindo nada diso, o que queremos é que se nos suba o complemento específico e xa está. Hai deficiencia de examinadores, certo, pois que creen as prazas que sexan precisas, pero neste caso das 453 son a maioría de promoción interna. É unha maneira de intentar dividirnos, o que queren é que o 60% dos examinadores, que

“A convocatoria de prazas de examinadores é unha medida publicista” son do grupo C2 deixen a folga e para iso danlle iso, unha promoción que realmente non se sabe como vai ser, porque todos os anos hai unha promoción e calquera pode optar, facer o seu exame e aprobala, non están dando nada que non houbera outras anos. Simplemente o venden agora por unha cuestión política, eles venden que crean 500 novas prazas cando realmente non é así, as novas son só 70”. Envíalle unha mensaxe ás autoescolas e alumnos que se están a ver afectados por esta folga, para que poidan comprender mellor esta situación. B.P.: “A min preocúpame toda esa xente que non se pode examinar, esas pequenas empresas, eses profesores que poden ter problema de traballo, pero o problema é que non hai ningunha negociación connosco, nós estamos en folga porque é o dereito que temos para reclamar, e o que queremos é negociar algo, pero se non temos ningún tipo de negociación non temos outra maneira de reclamar, non podemos deixar a folga agora. Non hai posibilidade de acordo se non hai negociación”.

O conselleiro de Educación xunto ao alcalde de Ourense e o reitor da Universidade de Vigo, durante a visita que fixo ás obras do Campus da Auga./RAMSÉS.

A Xunta destina 8 millóns a impulsar o Campus da Auga 4 Román Rodríguez anunciou un convenio para mellorar a súa oferta educativa. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, visitou este 18 de xullo as obras que se están executando no novo edificio do Campus da Auga de Ourense, ao que definiu como “o motor científico da cidade”. Tal e como lembrou o titular do departamento educativo, trátase dunha actuación na que se investiron 4,4 millóns de euros e, tendo en conta o bo ritmo das obras, a previsión pasa por rematalas en novembro do 2017. Trala súa finalización, procederase á dotación de mobiliario tanto de oficina como de laboratorio, polo que se prevé que o edificio poida estar plenamente funcional xa no primeiro semestre de 2018. Inversión Pero ademais desta obra, o conselleiro resaltou o forte compromiso do seu departamento co Campus de Ourense, tanto desde o punto de vista de dotación de infraestruturas como de mellora

das súas unidades de investigación máis excelentes. Deste xeito, avanzou a próxima sinatura dun convenio de colaboración coa UVigo para o impulso eficiente das estruturas de investigación, dotado con 3,6 millóns de euros para distintas accións vinculadas coa oferta educativa neste campus. En definitiva, e entre o novo edificio e este vindeiro convenio, as achegas da Consellería de Educación para impulsar o Campus da Auga ascende a 8 millóns de euros. Especialización Trala súa visita á obra, o conselleiro subliñou a importancia do desenvolvemento deste campus de especialización, cuxo corazón estará no novo edificio, que está chamado a ser –nas súas palabras– “o centro de referencia na investigación da auga dentro de Galicia”. Segundo salientou, o Campus de Ourense soubo ver as potencialidades da súa cidade en torno á auga para intentar convertelas en progreso social e económico, pivotando a investigación e a oferta académica sobre este recurso natural. “Trátase, en definitiva, dunha especialización intelixente, posto que responde á realidade socio-produtiva

local”, remarcou. Cómpre recordar que o Campus da Auga foi o primeiro en emprender a liña de especialización fóra dos campus centrais do SUG, servindo así de referencia para as actuais iniciativas en marcha, como son o Campus Terra en Lugo ou o Campus Industrial en Ferrol. Seis áreas O novo edificio será destinado, primordialmente, a usos de investigación, se ben tamén albergará a sede institucional do Campus da Auga. O proxecto susténtase en cinco liñas de orientación estratéxica: educación, investigación, transferencia de tecnoloxía e coñecemento, internacionalización e financiamento sostible. Estas liñas estrutúranse en seis áreas de especialización, que son a alimentación, a xestión do recurso da auga, a innovación social e educativa, o medio, as tecnoloxías da información e a comunicación, así como o turismo e o patrimonio cultural.

O edificio estará en funcionamento no primeiro semestre de 2018




OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

BARRIOS

División sobre os contedores soterrados 4 PP e DO votarán a favor dunha modificación de crédito para o seu arranxo ao que se opoñen PSOE e OueC. Redacción Tres anos despois que os contedores soterrados leven en desuso xa hai acordo para que se proceda á súa reparación e arranxo. O alcalde foi claro a dicir que desde o goberno apostaban máis pola reparación integral dos mesmo, pero que ao estar en minoría deben negociar. Vai cara adiante unha modificación de crédito de 400.000 euros para o arranxo e mantemento dos contedores e que conta co apoio de Democracia Ourensana. Para o Partido Socialista esta medida carece de seguridade para os traballadores. Para os socialistas soamente son posibles dúas solucións a este problema: o selado dos foxos (75 en total repartidos en 45 illas) ou unha substitución da infraestrutura de baleirado ao actual por un sistema mecánico de elevación (camión grúa) o que incrementaría o prezo a máis de 1,3 millóns de euros. OueC A posición de Ourense en Común sobre este tema, como dicía Martiño X. Vázquez é clara: “Non estamos a favor de facer unha solución que é

Unha das illas dos contedores soterrados de Ourense. /M.REJO un parche” e que dentro dun ou dous anos “estemos na mesma”, ademais “hai que ter garantías na seguridade dos traballadores”. En canto ás solucións, Martiño apuntaba as mesmas que os socialistas -dadas por unha consultoría- como é “cumprir toda a normativa de seguridade que ascendía o gasto por enriba do millón de euros” e a do “selado”.

O alcalde busca apoio no PSOE para unha modificación de crédito 4 Para a área de Servizos Sociais. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, rodeado dos concelleiros do Partido Popular, saiu en rolda de prensa para pedir o apoio do resto dos partidos, sobre todo o Partido Socialista, representados no Concello de Ourense para realizar unha modificación de crédito. En concreto sería sacar 1,6 millóns de euros do remanente que ten en caixa o concello dos 53,6 que asegura o rexedor “hai en Tesourería”. De non acadar esa modificación o propio alcalde asegurou que non sería posible seguir prestando os servizos sociais. A “dramática” situación tivo a súa orixe na tardanza na resolución “dun recurso administrativo entre dous concesionarias dun dos servizos municipais que paralizou o pago ata novembro” asegurou o alcalde. Vázquez afirmou que o problema que ten a carteira de Servizos Sociais “non é achacable a un problema político. Non é unha mala xestión”. “A baixa da funcionaria que debía firmar os pagos impediu que se fixera antes de rematar o ano”. Ademais, asegurou que as “facturas xa están pagadas” pero “co diñeiro dos fondos deste ano” o que

levou a que o “orzamento” deste ano “esté agotado”. “De non sacar adiante esta proposta quedaría sen servizo o de axuda no fogar, o comedor sobre rodas, o centro de día, a conserxería dos Centros Cívicos, as becas de libro e comedor do vindeiro curso e actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero” remarcou Jesús Vázquez.

O alcalde convocará un pleno extroardinario para o vindeiro xoves

Cese da concelleira O alcalde foi claro ao referirse á petición da oposición, do cese da concelleira Sofía Godoy, titular da carteira que está en números vermellos, para votar a favor da alteración do crédito. “Non imos a ceder a ningunha chantaxe” confirmou.

Responsabilidades O portavoz dos socialista, Vázquez Barquero, explicou que o “que lle pedimos ao alcalde é que ten que depurar responsabilidades”. O socialista considera fóra do normal que a área social do concello “gastase en catro meses todos os recursos dun ano”. A partir do cese “estamos dispostos a dialogar”, asegura Vázquez Barquero. “Ao que non estamos dispostos é a firmar un cheque en branco, que é o que nos piden”, asegurou.

Pleno Por todo isto, a corporación municipal convocará un pleno extraordinario para o próximo xoves, 27 de xullo, con ese único punto na orde do día. Para o alcalde está situación

é “surrealista”, xa que “hai diñeiro, pero temos que contar co apoio dos outros grupos”.

O Fogar do Transeúnte depende de Servizos Sociais do Concello de Ourense./S.ÁLVAREZ.

EN BREVE 4 IBI Discrepanzas entre o goberno municipal e os grupos da oposición sobre a baixada do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Mentres o PP quere facer unha rebaixa do 7%, DO e PSOE a consideran insuficiente, mentres que OueC reclaman imprescindible establecer beneficios fiscais nos que se tería en conta o nivel de renda e non a condición de familia numerosa. A máis agria das polémicas foi a que mantiveron a edil de Facenda do Concello de Ourense, Ana Morenza, co portavoz de DO, Gonzale Jácome. Na mesma, Morenza aseguraba que era imposible rebaixar un 20% o IBI, mentres que Jácome dicía que era unha “cuestión política” dita baixada. Máis tarde a edil quixo puntualizar que “aínda que pode ser legal, é totalmente inviable para este Concello pois non se podería facer absolutamente nada ao marxe do pago ás concesionarias”.

4 Veladores O Concello de Ourense vén de incoar un total de 28 expedientes sancionadores no espazo do último trimestre relativos á instalación de veladores na cidade sen autorización previa, así como á instalación de mamparas ou toldos en terrazas, e de pizarras e carteis anunciadores. A concelleira de Comercio, Flora Moure, emprazará os grupos políticos a intensificar as negociacións para consensuar a nova ordenanza.


BARRIOS

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017



ENTREVISTA A RICARDO VÁZQUEZ E MAITE GUERRA- PRESIDENTE E SECRETARIA DA AVV DE PELIQUÍN

“Temos un problema gravísimo co AVE, vai deixar o barrio de Peliquín partido en dous” 4 A nova directiva da Asociación de Veciños de Peliquín preséntanos os seus proxectos, entre os que se atopa a organización de actividades que impliquen a veciños de todas as idades. Ramsés Torres Ricardo Vázquez e Maite Guerra, presidente e secretaria da Asociación de Veciños do Peliquín levan as rendas do colectivo desde o 3 de marzo, cando corría o rumor de que a asociación ía desaparecer. En pouco máis de catro meses, os sete membros da directiva lograron que haxa máis de100 socios. Por que tomastes a decisión de tomar os mandos da directiva? Ricardo e Marta: “Había rumores de que a asociación ía desaparecer e unha veciña, Mila, dixo que tiñamos que reunirnos. Fixemos unha asemblea, 25 socios firmamos e convocamos a reunión. Por certo, mal convocada pola inexperiencia. Pero ao final, a través de facer xestións nombrouse unha xestora que fomos nós (Ricardo Vázquez e Maite Guerra) coa obriga de convocar eleccións. Entregáronnos dous libros. E o Concello veu recoller todo o material que había no local antigo, porque agora está pechado. A xunta electora convocou eleccións e houbo unha soa candidatura -a

“Queremos chegar a 300 familias, contando que cada unha terá tres membros”, ese é o obxectivo da AVV en canto aos asociados

Membros da nova directiva da AVV de Peliquín, entre os que se atopan Ricardo Vázquez (esquerda) e Maite Guerra (segunda pola dereita), presidente e secretaria./RAMSÉS.

“Non nos poden meter un muro de formigón desa altura. Deberían facer un paso soterrado para peóns e vehículos e un sistema de seguridade”, plantexan como solución á chegada da alta velocidade á zona de Peliquín-Catro Camiños nosa- e saimos elexidos con maioría”. E a partir de aí? R e M.: “Comezamos a xestión coa idea dunha nova asociación na que pensamos ir máis aló de facer excursións e comidas. Queremos darlle un pouco de dinamismo, integrar á xente, non só aos maiores se non á xente nova. Con novas ideas de facer cousas novas”. E de momento están saíndo ben. R e M.: “Pasamos de algo máis de 50 socios a máis de 130. Aínda temos problemas co local social pero contamos que se solucionen pronto. Na festa de San Xoán é a primeira vez que se reunen 70 socios para unha celebración coma esta”.

Para dinamizar a asociación, cales son as iniciativas? R e M.: “Pretendemos facer cousas que integren a todos os colectivos; por exemplo, facer un grupo de pandereteiras que podamos saír a unha actuación, a unha festa. Queremos crear un grupo de teatro; algo que integre a todo o mundo e que represente a asociación de Peliquín”. Queredes que a xente do barrio se implique na asociación. R e M.: “Por suposto. De feito, pedimos, por exemplo, aos veciños axuda para a festa que celebramos en San Xoán”.

social que andamos en xestións. Parece que vai por bo camiño pero ata que non estea feito...”. Tendes máis de 100 socios. A que cifra queredes chegar? R e M.: “Queremos chegar a 300 familias, contando que cada familia terá uns tres membros. Ese é o noso obxectivo”. Cales serán as próxi-

mas actividades que organizaredes? R e M.: “As que ofrece o Concello: pilates, ximnasia... Ademais queremos organizar clases de pandeireta, teatro, incluso queremos inculcar o xadrez entre a mocidade. Ademais, pretendemos facer charlas que poidan resultar interesantes; sobre o alzheimer, a violencia de xénero, o cancro; temas de actualidade. Incluso temos pensado poñer un buzón de suxerencias para ter en conta o criterio dos socios”. Botando unha vista polo barrio, que é o que máis vos preocupa? R e M.: “No barrio temos un gravísimo problema que é o AVE. Vaino deixar totalmente dividido en dous. Vano meter por aquí, para unificar San Francisco, parécenos ben, para unificar a Ponte, parécenos ben, pero ao Peliquín déixano totalmente dividido. A asociación chámase Peliquín - Catro camiños, iso significa a marxe dereite e a esquerda da vía. Van subir o muro ata a catenaria, que son seis metros, polo que queda-

mos divididos aos dous lados”. Cal pode ser a solución? R e M.: “Xa temos aí unha vía; que queren meter o AVE por aí? De acordo, pero non nos poden meter un muro de formigón desa altura. Deberían facer un paso soterrado para peóns e vehículos e un sistema de seguridade. O que non se pode facer é un muro coma o que pretenden. Humanizan o barrio de San Francisco e o da Ponte, e o de Peliquín? Para ir á farmacia, á igrexa parroquial, aos comercios, ao ambulatorio ou simplemente á Ponte, non podemos ir pola estrada de Oira. Pero xa fixemos a reclamación oportuna ao respecto”. Tendes outras demandas para o barrio? R e M.: “A entrada da rampla, que ten que ser ampliada. Polo que ten que ser incluída nos orzamentos do Concello. Tamén o autobús que chega ata acá, ampliarlle o horario e que veña as fins de semana. Polo demais, o típico de todos os barrios: fochancas, luces...”.

Pero aínda queda moito traballo. R e M.: “Moitísimo. O máis importante é o local

A AVV de Peliquín organizou unha gran festa en San Xoán, que contou coa presenza de numerosos veciños e ata autoridades políticas./RAMSÉS.




OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

Calendario vacinal Redacción Galicia establece un calendario vacinal para adultos que permite regular, dun xeito sistemático e programado, as distintas vacinas aconselladas aos que vaian cumprindo 65 anos, que se viñan poñendo desde os centros de saúde, incluíndo, como principal novidade, a vacina pnemocócica “conxugada”. Sanidade quere protexer progresivamente fronte a pneumonía a toda a poboación maior e diminuír o número de casos. Con esta ampliación da oferta de vacinas, gratuítas para os grupos diana, a Consellería de Sanidade pretende vacinar anualmente aos usuarios que cumpran 65 anos, coa vacina antipneumocócica conxugada trecevalente, de dose única. Medida que complementa a vacinación que xa se viña realizando sistematicamente, desde o ano 2000, dos maiores de 65 e grupos de risco, coa pneumocócica “polisacárida”, e que se mantén para os maiores desta idade. Non é preciso acudir a vacinarse aos Centros de Saúde nos primeiros días, xa que disporán de todo o ano para facelo, polo que, os profesionais, programarán ordenadamente a vacinación dos usuarios desta idade que o desexen.

BARRIOS

A Confederación Hidrográfica Miño - Sil acondiciona o Barbaña 4 Ao seu paso por Ourense. CEIP de Seixalbo./RAMSÉS. Redacción A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) iniciou os traballos de restauración hidrolóxico-forestal do río Barbaña, ao seu paso pola cidade de Ourense. Tamén se actuará en distintos tramos dos ríos Barbaña, Lonia e Porto e nos regatos do Muiños, Vistahermosa, Valdorregueiro e do Cano. Todo iso suporá un total de máis de 14 quilómetros de canle. A CHMS investirá 250.000 euros nas concas dos ríos Miño e Limia. Actuacions previstas Na inspección previa realizada comprobouse

unha importante presenza de vexetación arbustiva, exceso de matogueira e maleza acumulada, ademais de árbores secas, caídas no leito do río, así como, restos de plásticos, botellas e demais residuos sólidos urbanos. Están a realizarse rozas puntuais da vexetación existente eliminando o exceso de matogueira e a maleza acumulada nalgunhas zonas, co obxectivo principal de mellorar a capacidade de desaugadoiro e de acondicionar a banda de vexetación, tanto en densidade como en estrutura. Programáronse podas respectando en todo momento as especies arbustivas autóctonas e proce-

Representantes da CHMS e Concello de Ourense visitaron os traballo de acondicionamento.

Estímase que os traballos de melloras na conca duren seis meses derase á retirada manual ou mecanizada de árbores caídas e susceptibles de caer ao leito do río, que puidesen obstruir a canle e provocar desbordamentos ou erosión dos noiros. Os restos de vexetación retirados, serán triturados “in situ”, salvo os máis grosos que se ofrecerán aos veciños para uso doméstico ou, no seu caso, serán transportados a un vertedoiro autorizado, a retirada dos residuos que poidan estar acumulados en ambas as marxes, cascallos, residuos sólidos urbanos e chatarra, entre outros, serán separados pola súa natureza e transportaranse ao xestor autorizado. A intención é que o impacto negativo sobre a fauna e a flora autóctonas sexa o mínimo. Estas actuacións en Ourense cuxa duración se estima en 6 meses, son realizadas por unha brigada composta por unha cuadrilla forestal de 6 operarios.

Rehabilitación integral do CEIP de Seixalbo 4 Licitáronse as obras por un importe superior aos 900.000 euros. Redacción A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de licitar as obras de rehabilitación integral do CEIP de Seixalbo, (tamén das do CPI Antonio Faílde, en Coles), por un importe de 420.000 euros (preto de 922.000 euros entre os dous colexios), cofinanciados con fondos FEDER. Os traballos previstos supoñen unha reforma integral (enerxética e funcional) do centro ourensán, que precisan dunha actuación para dotar de maior confortabilidade aos usuarios e acadar un aforro nos custes de mantemento.

No CEIP de Seixalbo, o prazo de execución de dous meses e medio. Neste centro, a Consellería de Educación vai levar a cabo unha intervención que abrangue o illamento térmico na cuberta e na fachada, a substitución das carpintarías por outras de aluminio con rotura de ponte térmica e dobre vidro, a substitución de luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética, e a renovación da instalación de fontanaría e calefacción. Así mesmo, levarase a cabo a reparación e pintado de paramentos interiores, reformaranse os baños e os aseos e instalaranse falsos teitos illantes nalgunhas zonas do edificio.


BARRIOS

Fomento atende as peticións da AVV As Termas 4 Reordenaron a sinalización vertical na Nacional 120. Redacción A Asociación de Veciños das Termas logrou que o Ministerio de Fomento do Goberno de España atenderá as súas peticións. Me-

diante unha misiva a asociación mandou un escrito, con data de 15 de maio, polo cal reclamaban algunhas medidas para mellorar o tramo da estrada N-120 ao seu paso pola zona.

Tramo da N-120 coa nova sinalización.

Deste xeito, Fomento contestou á asociación indicando que o 8 de xuño procedeuse a reordenar a sinalización vertical instalada no punto quilométrico 571+000 da mencionada estrada, na marxe esquerda. Ademais levouse a cabo unha ampliación do tramo limitado a 50 km/h, co obxecto de redundar nunha mellora da seguridade vial. Así, o ministerio atendeu as peticións dos veciños colindantes coa estación de autobuses. Espazos termais Noutro orde de cousas a asociación solicitou ao Concello de Ourense que se tomen as medidas oportunas para garantir o ade-

cuado aproveitamento dos espazos termais do barrio reclamando unha serie de melloras. Reclaman un espazo axeitado para as autocaravanas que permita a perfecta convivencia entre veciños e visitantes. Tamén piden mellorar a iluminación, firme e contorna dos camiños de acceso á zona termal desde a rúa D (estación de autobuses) pasando pola rúa “Camiño do balneario” ata a zona termal do Tinteiro; esta é unha petición moi demandada nos últimos anos pola asociación. E para rematar, esixen a instalación dun aseo público no Tinteiro para evitar situación pouco hixiénicas que se producen nalgúns camiños e fincas do contorno.

Esixen a instalación dun aseo público no Tinteiro

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

Campo de fútbol de Seixalbo Redacción O Concello de Ourense decidiu acometer os traballos de explanación e retirada de pedras do campo de fútbol de Seixalbo dado o estado de deterioro no que se atopaba. Contou para esta actuación coa colaboración da Deputación de Ourense. Os traballos que se rea-



lizaron foron os de retirada do valado perimetral; apertura dun oco no muro perimetral que permita a entrada de camións; suministro e aporte de terras (tipo xabre e area para a formación dunha nova capa con espesor medio de 25 centímetros). Para conseguir este espesor no campo de fútbol duns 7.000 metros cadrados fixeron falta máis de 90 bañeiras de terra. O orzamento inicial das obras rondaba os 38.000 euros, dos cales os materiais ascendían a 27.000.

Visita do alcalde e concelleiros do Concello de Ourense ao campo de fútbol de Seixalvo.




OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

EN BREVE 4 Vigilancia CHUO Queda desconvocada a folga dos vixiantes do Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) despois de que a Federación de Traballadores de Seguridade Privada FTSP-USO chegase a un acordo coa empresa para realizar un adianto de salario aos vixiantes. Os traballadores agardan que se resolva definitivamente o problema e poidan cobrar o que se lles adeuda (cantidade que pode rondar os 100.000 euros).

4 Limpeza O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, propón aos grupos políticos que planeen modificacións tendentes a actualizar a ordenanza de limpeza. Foi en Xunta de Área de Medio Ambiente onde o concelleiro propúxolle aos membros dos grupos políticos planear modificacións conxuntas á ordenanza de Limpeza, co fin de actualizar a normativa vixente, aprobada o 9 de marzo de 1995. Segundo Araújo, “o obxectivo primordial é adaptar os servizos de limpeza aos usos e horarios actuais, toda vez que tras diversas reunións coa empresa de Limpeza, Ecourense, se manifestara que nalgunhas zonas os horarios estipulados para a recollida non é acorde cos usos sociais, como é no caso da tempada estival, na que a xente está máis na rúa”.

CIDADE

50 anos da central eléctrica de Velle 4 Ademais inaugurouse o Centro de Control Integrado (CCI) de Hidráulicas. Redacción Gas Natural Fenosa conmemorou a finais do mes pasado o 50 aniversario da posta en funcionamento da Central Hidráulica de Velle (Ourense), nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e polo conselleiro delegado da entidade, Rafael Villaseca. Coincidindo co aniversario inaugurouse tamén o Centro de Control Integrado (CCI) de Hidráulicas; o máis innovador de Europa, e que permite a xestión centralizada e telemandada desde Ourense de todas as centrais e presas da compañía en España. Nas intervencións, Rafael Villaseca recordou o compromiso da compañía con Galicia, onde investiu 1.000 millóns de euros no últimos cinco anos. Centro de Control Integrado Gas Natural Fenosa investiu preto de 6,5 millóns de euros no novo

Centro de Control Integrado (CCI) de Hidráulicas de Velle, o máis innovador de Europa e dos máis punteiros do mundo. O CCI de Velle utiliza as tecnoloxías máis avanzadas para a xestión centralizada e a supervisión telemandada das 51 centrais hidroeléctricas e 23 grandes presas da compañía en toda España. O novo CCI incorporou sistemas de control e ferramentas de última xeración que permiten unha resposta áxil e eficiente ás novas esixencias do sistema eléctrico, as 24 horas do día, os 7 días da semana, co máximo respecto aos requirimentos de seguridade das persoas, instalacións e o medio ambiente. O CCI recolle da Central de Velle, en tempo real, preto de 6.000 sinais duns 850 sensores e máis de 25.000 metros de cableado de control instalados na Central Hidroeléctrica, que permiten a total automatización e telecontrol da mesma. 50 anos En febreiro de 1967

O Centro de Control Integrado (CCI) é o máis innovador de Europa

Folleto da campaña para evitar atropelos colgado dun espello dun vehículo./RAMSÉS.

A campaña para a prevención de atropelos continúa en verán 4 O Concello de Ourense e Stop Accidentes seguen coa colaboración. Redacción Continúa a colaboración entre Concello de Ourense e Stop Accidentes coa campaña para a prevención de atropelos. As dúas entidades deron conta das novidades que terán lugar durante este verán. Así, estanse a repartir 5.000 folletos por toda a cidade con consellos para evitar accidentes. Ademais, a liña 11 de autobuses, a que vai a Oira desde Santa Mariña está rotulada co lema da campaña: “Non me perdas de vista. Ti es responsable”. Reunións desde esta semana establecéronse reunións con todas as partes implicadas (Policía Local,

4 Feira no Vinteún Veciños do barrio do Vinteún estanse a movilizar para recuperar a feira que deu nome ao barrio e que se perdeu a mediados do século pasado; precisamente cando se fusionou o Concello de Ourense co de Ponte Canedo foi decaendo ata desaparecer. O lugar onde queren retomar a feira sería noCampo do Bellao, lugar onde se realizaba antigamente.

empezaban a funcionar a pleno rendemento os dous grupos da central de Velle, a primeira das tres centrais hidroeléctricas proxectadas pola compañía para o aproveitamento do baixo Miño. A construción da presa, que se prolongou durante catro anos, realizouse de maneira graduada xunto coas centrais hidráulicas de Castrelo e Frieira logrando un aproveitamento enerxético integral do curso baixo do río Miño. Cunha potencia orixinal instalada de 80 MW (dous grupos con turbinas Kaplan) e unha produción media anual de 165 MWh pasouse no último cambio de turbinas a un 9,25% de mellora de rendemento da central, alcanzando un valor do 95% en turbina e 6MW de incremento de potencia ata un valor de 86 MW.

Programa “Escolle” Redacción

Visita ao Centro de Control Integrado da central de Velle.

O Concello de Ourense desenvolve o programa ‘Escolle’ para a prevención e formación de menores de idade con denuncias por consumo de alcol en lugares públicos. Desde que se comezou a desenvolver o programa,

Xefatura Provincial de Tráfico) co fin de analizar as cuestións técnicas que plantexan Stop Accidentes e así poder ir avanzando nun plan intenso para sentar as bases dunha mellora efectiva na seguridade vial desta cidade. Outono En outono anunciaranse novas accións para reforzar a seguridade vial nesa época do ano, debido a que baixan as horas de luz e retómanse as rutinas como a volta ao cole dos máis cativos.

Repartense 5.000 folletos pola cidade con consellos para evitar atropelos pasaron 95 menores polos cursos, dos que 59 eran mulleres e 36 homes. “Trátase dunha alternativa á sanción económica, pero tamén de inculcarlles valores positivos e aumentar a percepción de risco asociado ao consumo de alcol”, en palabras da concelleira Sofía Godoy. As actividades realízanse dentro dun contexto positivo para o adolescente.


CIDADE

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

Ourense, presente en Logitravel

Turespaña súmase a Termatalia

4 Trátase dunha das axencias de viaxes online máis importantes. Redacción Ourense estará presente na axencia de viaxes online Logitravel. Un acordo de colaboración fará que Ourense se promocione no Grupo turístico ofrecendo unha viaxe personalizada e empaquetado en tren Ave + hotel + coche + actividades, nunha clara aposta polo turimo en tren. Ourense contará cunha microsite exclusiva e un vídeo promocional na web de Logitravel e tamén se distribuirá en Traveltool, o portal do grupo para axencias de viaxe. O acordo foi ultimado polo concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, e o director xeral de Logitravel. com, Tomeu Bennasar. As negociacións veñen desde xaneiro cando presentouse en FITUR “Ourense, un Plan Perfecto”. Para Bennasar, “este acordo supón unha aposta decidida do Grupo pola cidade de Ourense e o seu rico patrimonio termal, cultural, paisaxístico e gastronómico. Con esta

iniciativa esperamos achegar este interesante destino galego tanto aos viaxeiros españois como aos estranxeiros, sobre todo aos portugueses”. Pola súa banda, o concelleiro Jorge Pumar explicou que “é un acordo moi importante para Ourense. A clave é que unha axencia en liña líder en turismo vacacional, como é Logitravel, aposte por Ourense como destino turístico” Campaña de publicidade Esta iniciativa de promoción apoiarase nunha intensa campaña de publicidade en liña nos mercados de España e Portugal e que se focalizará nos principais medios audiovisuais e impresos de ambos os países, en Redes Sociais e Youtube, e nas diferentes páxinas webs do grupo. Ademais, esta iniciativa promocionarase nas preto de 1.500 axencias de Traveltool que o Grupo turístico ten en ambos os países.

Bennasar e Pumar na sede de Logitravel.



Redacción

Nava Castro e Jesús Vázquez no momento da firma do convenio. /RAMSÉS.

Turismo de Galicia potenciará Ourense 4 Mediante un convenio de colaboración entre Xunta e Concello. R.T. Turismo de Galicia asinou un convenio co Concello de Ourense para reforzar o potencial turístico, sobre todo o termal, cun impulso á promoción e infraestruturas turísticas. O acordo foi firmado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Nava Castro, durante o acto lembrou que, deste xeito, a cidade poderá “consolidar a súa posición como destino termal, eido no que é referente nacional e internacional”, dixo. No marco deste acordo, Turismo de Galicia aportará máis de 100.000 euros (103.000 máis 13.000 euros da concellaría de Turismo e Termalismo) para mellorar as infraestruturas turísticas do concello, incluíndo unha renovación da sinalización dos recursos (21.000 euros), así como un acondicionamento dos

espazos e novas dotacións e equipamentos na ribeira do Miño (53.000 euros). Deste xeito, póñese en valor a biodiversidade natural e patrimonial que existe na contorna. Ao abeiro deste convenio, o Concello de Ourense tamén verá reforzada a súa promoción turística a través de campañas en medios online que terán un reforzo en redes sociais. Incluirá tamén a produción de material de vídeo e fotográfico de Ourense como destino turístico (42.000 euros para esta segunda liña de actuación). Vía da Prata Turismo de Galicia quere contribuir a que Ourense dea un paso máis na súa fortaleza turística, e que creza como se está a constatar nos últimos anos. No que levamos de ano, a provincia rexistrou máis de 110.000 viaxeiros aloxados e 212.000 pernoitas, cifras superiores ás do mesmo período do ano pasado. Ademais,

O convenio ten un importe de 116.000 euros dos cales 103.000 os aporta Turismo de Galicia e 13.000 o concello o itinerario xacobeo da Vía da Prata foi escollido por preto de 4.000 peregrinos. A directora de Turismo lembrou a aposta do seu departamento para asegurar a boa acollida de todos este visitantes, con iniciativas como o albergue de peregrinos situado, ademais, nunha zona estratéxica, no marco do Casco Vello, entre As Burgas e a propia praza Maior. Unha infraestrutura, dixo, que “enriquece a oferta do Camiño de Santiago, mellora a capacidade de acollida aos peregrinos na Vía da Prata e tamén dá mostras da hospitalidade desta cidade”.

O Instituto de Turismo de España aposta pola feira para situar ao país como destino de saúde e benestar ante profesionais de 40 países. Por iso, Turespaña estará presente en Termatalia entre ou 20 e ou 23 de setembro. Converter a España nun referente mundial non turismo de saúde e benestar. Esta é unha dás principais liñas estratéxicas do Instituto de Turismo de España, Turespaña, que lle levou a apostar firmemente por Termatalia para situar o destino ante axentes do sector de 40 países. Turespaña facilitará a organización de importantes accións profesionais de Termatalia como a convocatoria a turoperadores e prescriptores procedentes de varios mercados emisores. A participación de Turespaña en Termatalia ratificouse por mor da reunión mantida entre o director xeral do Instituto, Manuel Butler, e o director dá feira, Alejandro Rubín, que contou co apoio e a presenza de Nava Castro, directora da Axencia Galega de Turismo. Butler xa participará na feira non ano 2013 na súa primeira etapa como director do Instituto de Turismo de España. O apoio de Turespaña a Termatalia servirá para reforzar as accións profesionais que programa a feira, especialmente as que perseguen o obxectivo da internacionalización do sector.


10

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

Youth in Europe Redacción O Concello de Ourense avanzou na posta en marcha do programa Youth in Europe para a diagnose do consumo de alcol e drogas entre adolescentes na nosa cidade. O programa está baseado nas políticas islandesas, que desde vai dúas décadas realizan intervencións drásticas, directas e globais que conseguiron un entorno máis saudable para a adolescencia. O director de Youth in Europe en Islandia, Jón Sigfusson, relatou que, entre os parámetros de análise, están un bo diagnóstico do consumo de drogas, o informe de igualdade na poboación adolescente ou un informe do uso de substancias por centros escolares, etc. En España, soamente Tarragona usa este método.

SOCIEDADE

La Caixa da leite ao Banco de Alimentos 4 10.000 litros é a cantida donada en Galicia. Redacción A Obra social “La Caixa” entregou 10.000 litros de leite ao Banco de Alimentos de Ourense. Con esta iniciativa, a entidade quere colaborar para que o consumo deste alimento por parte de familias desfavorecidas non decaia durante os meses de verán. Como advirten os responsables dos bancos de alimentos galegos, durante estes meses dispoñen de menos cantidade de leite polo que sofren dificultades para atender a demanda que reciben. “As entradas nos nosos almacéns redúcense por mor das vacacións, pero

as peticións non diminúen o seu ritmo”. A cantidade doada pola entidade, en colaboración co Grupo Leite Río, pretende axudar a paliar o déficit que sofre parte da poboación galega. Este alimento é uns dos máis solicitados polas entidades sociais que atenden a colectivos en risco de exclu-

sión social, pero non se recolle nunha cantidade suficiente que garanta o seu consumo mínimo en familias en situación de vulnerabilidade. En 2016, os bancos de alimentos en Galicia atenderon a preto de 95.000 persoas que teñen dificultades para acceder regularmente ao consumo de alimentos básicos para unha dieta equilibrada, como o leite. Este alimento é unha fonte destacable de proteínas de alta calidade, vitaminas e minerais que contribúe decisivamente ao crecemento e desenvolvemento dos nenos.

Marc Benhamou, á dereita, estivo na carga da leite no almacén de Leite Río.

48.000 persoas participaron nos programas de Cruz Vermella Ourense 4 Durante o ano 2016. Redacción Cruz Vermella Ourense contou con máis de 48.000 participantes nos seus proxectos sociais durante o 2016. Así desvelouse trala aprobación da memoria de actividades do ano pasado. Os proxectos de intervención social, que contaron con máis de 22.400 participantes. Os proxectos de atención a persoas en situación de extrema vulnerabilidade ou risco social ofrecendo prestacións económicas ou de bens a 2.626 persoas, e deuse apoio a 299 per-

soas sen fogar, a 126 mulleres en situación de precariedade ou 286 persoas inmigrantes, entre outras actuacións. Ademais, dende o mes de agosto, na comarca de Valdeorras 10 persoas foron acollidas no Programa de Atención a persoas solicitantes de asilo ou refuxiadas. Axudas ao acceso laboral, protección á infancia en risco de exclusión social, asistencia ás persoas maiores mediante, entre outros, Teleasistencia Domiciliaria, e hábitos de vida saudable foron outros dos proxectos desempeñados por Cruz Vermella.


IMAXES DOS MES

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

11

María Dueñas actuando na ponte Romana. /RAMSÉS.

Corpo a terra Do 4 ao 14 de xullo Ourense (e Allariz) acolleu o VII festival de danza e artes do corpo de Ourense. Varias foron as propostas e varios os espazos onde tivo lugar esta sétima edición. A praza de San Martiño, a de Santa Eufemia, o Centro Cultural Marcos Valcárcel, as escalinatas de Santa María Nai, a praza das Burgas, o Auditorio, o Claustro de San Francisco e a Ponte Vella foron algunhas dos emprazamentos da programación deste ano. Numeroso foi o público que asistiu a todas as propostas deste ano, como foi o caso do espectáculo protagonizado por María Dueñas na ponte Romana.

Un dos actos organizados polo colectivo LGTB. /IÑAKI OSORIO.

Día do colectivo LGTB O colectivo de gais, lesbianas e transexuais de Ourense tiveron varias xornadas que xiraron en torno ao Día do Orgullo LGTB. A ampla programación contou, entre outras actividades, cunha “saída do armario”, bicicletada, talleres, charlas e algo de deporte co fútbol gaélico. As actividades deron comezo o 28 de xuño e se prolongaron ata o 7 de xullo. Sobre estas liñas, concerto na praza Maior de La edad de oro del pop español; o Mercado Medieval; e a batalla de Flores. /RAMSÉS, MAICON y MARICRUZ.

Festas de Ourense

Según datos do Concello de Ourense, máis de 20.000 persoas asistiron na praza Maior aos concertos das Festas de Ourense (sendo o de Iván Ferreiro o que máis público congregou con 3.566 espectadores). Sumados aos concertos de Los Puntos (1.267), La Edad de Oro del Pop Español (3.506), Los Diablos (2.293), Burning (2.208), Caxade (903), León Benavente (1.083) e Carlos Jean (1.900), fixeron un total de 17.000 espectadores. Tamén tiveron o seu público os do Posío: Sweet California (2.000) e Ourense Dance (1.500). O Enofestival vendeu 400 entradas e os da praza do San Martiño e da do Ferro tiveron unha media de asistentes de 500 e 300, respectivamente. Fóra da música, o teatro de rúa sumou máis de 6.000 espectadores, o espazo para bebés estivo ateigado nos dous pases diarios, e a aposta polo microteatro na Sala Valente rexistrou cheos en catro de cada seis pases diarios. Ademais, a praza de Bispo Cesáreo recibiu unha media de 5.000 visitantes diarios (45.000 durante todas as festas) para as actividades da Street Foud. En canto á Batalla de Flores o propio alcalde dixo que 10.000 persoas asistiron á mesma, e máis de 6.000 presenciaron os espectáculos de teatro da Alameda.

Minuto de silencio na honra de Miguel Ángel Blanco diante do Concello de Ourense.

Homenaxe a Miguel Ángel Blanco Esta ano fixo 20 que a banda terrorista ETA rematou coa vida do xoven político de Ermua, Miguel Ángel Blanco. As súas raíces ourensás fixeron que este ano se multiplicaran as homenaxes na provincia. Na capital gardouse un minuto de silencio; tamén realizaron o seu en Xunqueira de Espadanedo e na Merca (en Faramontas descansan os seus restos). A Xunta aprobou concederlle a Medalla de Ouro de Galicia.


12

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

EN BREVE 4 Barbadás baixa un 8% o IBI O concello de Barbadás está aplicando unha rebaixa do 8% nos recibos de Imposto de Bens Inmobles, que se están pasando ao cobro en periodo voluntario ata o 31 de agosto. Para os que superen os 200 euros e estean domiciliados nunha entidade bancaria, o concello cobraráos en dúas veces, de 50% cada unha. O primeiro pago será agora e o segundo en outubro. Para aplicar esta rebaixa, Barbadás acolleuse á posibilidade ofertada polo Ministerio de Facenda de actualizar o valor catastral adaptándoo á nova realidade do mercado despois da crise, e que para este concello supón a aplicación dun coeficiente redutor do 0,92, o que significa que os valores catastrais rexistrarán unha baixa do 8% no IBI neste mesmo ano e posteriores.

4 O novo centro de saúde atende a todos os veciños O novo centro de saúde de Barbadás, na Valenzá, aberto en marzo, ten centralizada, dende este 17 de xullo, a oferta asistencial de atención primaria de todo o concello, ampliando tanto o horario de atención como de acceso aos servizos dos preto de 400 usuarios que ata agora acudían ao vello consultorio da parroquia de Barbadás. O novo centro de saúde conta cunha superficie de 1.952 metros cadrados, que triplica o espazo dispoñible anteriormente.

A VALENZÁ

Barbadás acorda ampliar o persoal de limpeza 4 O Concello pasará a destinar neste servizo máis de 445.000 euros. Redacción En 2007, durante o goberno do PP, o Concello de Barbadás asinou un contrato con Geseco para que a empresa se encargase da limpeza do municipio durante 25 anos. Pero este acordo incluía unha cláusula que establecía que se a poboación aumentaba en máis dun 20% a empresa aumentaría, de xeito unilateral, o prezo do servizo. Ese aumento deuse neste ano,

xa que Barbadás pasou de 8.300 habitantes en 2007 a 11.052 habitantes na actualidade. Polo que Geseco esixiu elevar a súa retribución de 380.525 euros ata 470.187 euros. Non obstante, dende o goberno municipal consideraron esta cláusula como “abusiva” e comezaron unha serie de reunións coa adxudicataria co fin de chegar a un acordo na suba que beneficiase a ambas partes. Tendo en conta que o

O alcalde lémbralle ao PP a súa política de persoal Redacción O PP de Barbadás presentou no último pleno unha moción na que reclamaba melloras laborais para os traballadores municipais. O alcalde, José Carlos Valcárcel, deu explicacións. En canto á Policía Local, comentou que a lexislación estatal impide a ampliación de efectivos, pero aclarou que “levamos dous anos con dous auxiliares durante a época estival”. Ademais, lembrou que se sustituiron dous ordenadores na comisaría e incorporouse un portátil no coche policial.

Así mesmo, deixou claro que a todos os traballadores municipais que pediron redución de xornada se lle concedeu e que non existe ningunha denuncia por acoso laboral no Concello, como insinuaron os populares. En canto ás melloras salariais recordou que “foi o PP quen estableceu retribucións diferentes para persoas que desempeñan o mesmo posto”. E no tocante ao horario foi claro, “vostedes saben que a xornada de traballo do persoal laboral é de 40 horas e a do funcionariado é de 37,5 horas semanais. Apelo a súa intelixencia para que boten números”.

servizo de limpeza xerou numerosas queixas ao longo destes 10 anos, “que reclamamos tanto dende a oposición como dende o goberno”, lembrou o rexedor, José Carlos Valcárcel, dende o Concello non aceptaron ese aumento de 90.000 euros. “Non usaban barredora, nin limpaban os colectores coa periodicidade establecida, nin se facía regularmente o baldeo. Tampouco se facía a limpeza dos campos das festas parro-

quiais e foi moi deficitaria a limpeza nas festas da Valenzá”, lembrou o alcade. Aumento de persoal Como consecuencia, logo de cinco xuntanzas o Concello acordou con Geseco que a partir de agora a plantilla da empresa adicada á limpeza de Barbadás

aumentará en dúas persoas (un condutor e un operario de limpeza viaria), pasando de 7 a 9 empregados; e o pago elevarase ata os 445.513 euros anuais. Ademais, tendo en conta o incremento das necesidades dos pobos, aumentará nun 40% da superfice atendida.

O alcalde de Barbadás e a edil de Servizos explicaron os detalles do acordo con Geseco./MIGUEL REJO.


ECONOMÍA E EMPRESAS

42 persoas aproveitáronse do Erasmus + 4 Ata nove países foron os destinos deste programa. Redacción O Consorcio Ourense - Europa, integrado polos centros públicos de

formación profesional CIFP Portovello, CIFP A Farixa, CIFP A Carballeira e IES 12 de Octubre, xestionaron de maneira

Excelentes os viños de Monterrei para Gallaecia 4 A Asociación de Sumilleres de Galicia di que está en liña ascendente. Redacción A sede do Consello Regulador acolleu unha cata de viños de Monterrei realizada pola Asociación de Catadores de Galicia Gallaecia. Este equipo de cata conformouse por 15 catadores, entre os que se atopaban enólogos, catadores, e membros do panel de cata de cualificación de Monterrei. Este grupo, que foi recibido polo presidente do C.R.D.O. Monterrei, participou en dous paneis, nos que se avaliaron un total de de 56 viños, 29 brancos e 27 tintos. Ao finalizar a cata, o vicepresidente da asociación, Aurelio Vázquez, realizou

unha valoración dos viños catados, a maioría da última anada como “excelente, nunha liña ascendente, e que reafirma o esplendor da anada 2015”. No referente aos viños brancos, desde Gallaecia destácase “a predominancia do godello, que ofrece equilibrio, persistencia e unha frescura atlántica”. Mentres que os tintos, “son redondos, equilibrados, cos taninos pulidos e maduros, e boas acideces que achegan frescura”. A cata serviu para avaliar os viños da comarca de cara a realizar a rolda de clasificación da que resultarán os galardoados coas Distincións Gallaecia 2017.

A Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia pasou pola D.O. Monterrei. /DO MONTERREI.

conxunta as mobilidades adxudicadas dentro do Programa Erasmus+ para desenvolver no curso escolar 2016-17. A iniciativa estivo aberta para preto de tres mil alumnos matriculados nas 14 familias profesionais distintas correspondentes á formación profesional de grao superior así como a persoal dos centros. En total, foron 42 persoas as que se aproveitaron deste programa e que os levou a un dos nove países onde se podían

formar (Italia, Finlandia, Malta, Reino Unido, Por-

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

tugal, Eslovaquia, Hungría, Polonia e Irlanda).

13

Feira do viño de Monterrei Redacción

Mª del Carmen Paz, Diana Casanova e Sofía González, participaron no Erasmus +.

Verín xa se prepara para acoller unha nova edición da Feira do viño Monterrei. Concretamente será a 12ª edición e esta terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto. C.R.D.O. Monterrei e Concello de Verín veñen de firmar un convenio de cara á organización do evento.


14

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

OCIO E CULTURA

Campamento Urbano de Amencencer

A exposición conta con 300 exemplares pertencentes a 25 especies diferentes

Redacción A Asociación Xuvenil Amencer organiza coma todos os agostos o seu Campamento Urbano “Cidade de Ourense” (infantil e xuvenil). Este ano o lema escollido é “30 veráns xogando na cidade”. A partires deste lema xa están deseñados nove días completos de actividades pola mañá e pola tarde para os menores de 16 anos e para os maiores de 15 pola noite. Os horarios son dende as 10’30 ata as 13’30 e dende as 16’30 ata as 19’30 para os mais cativos e para os maiores de 15 anos dende as 22:30 ata ás 00:00 horas. A base do campamento urbano será, como xa é tradicional, no colexio Salesiano da nosa cidade, ao lado da ponte Romana. A entrada para participar no campamento urbano será polo portón máis preto á ponte Romana. Preinscrición Para facer a preinscripción no mes de xullo será nos locais de Amecer (nos baixos do colexio salesiano de 9 da mañá a 3 da tarde, de luns a venres. Para maior información no telefono 988 21 81 23, ou na páxina web amencer.org e no correo amencer@ amencer.org. A inscrición -que está aberta ata o último día de campamento- é gratuíta e non hai número limitado de prazas.

Exemplares de plantas carnívoras que se poden visitar no Botánico de Montealegre.

Plantas carnívoras no Botánico de Montealegre 4 Estarán expostas nos meses de xullo e agosto. Redacción O Botánico de Montealegre volve encherse de plantas carnívoras. Será durante os meses de xullo e agosto, cunha

exposición composta por máis de 300 exemplares pertencentes a 25 especies diferentes procedentes de diversos continentes. Organizada pola Concellería de Medio Ambiente,

cada especie está debidamente catalogada coa súa respectiva familia e lugar de orixe, e conta ademais coa explicación do persoal do Botánico dado o carácter divulgativo. Horario A exposición permanecerá aberta ao público durante os meses de xullo e agosto no seguinte horario: de 10:00 a 13:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 21:00 horas polas tardes, cando haberá visitas guiadas explicando o contido da mostra. O luns pola tarde, as instalacións do Montealegre están pechadas.

O “Verán Cultural”, na praza de San Martiño 4 Música ao vivo todos os xoves ás 22:30 horas. Redacción Ourense cítase coa música en vivo todos os xoves do “Verán Cultural” ás 22:30 horas na praza de San Martiño. En total serán 10 os concertos -de asistencia libre- programados pola Concellería de Cultura, a través do programa Cultura do Camiño da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). As primeiras citas foron as de Píscore e Silvia Penide. Resto de concertos Despois irán desfilando polo escenario o 27 de xullo, Xardín Desordenado; o 3 de agosto, Lulavai, o 10 de agosto co que terá a Uxía e Sèrgio Tannus como protagonistas, o 17 de agosto,

Habitación Vudú, o 24 de agosto, Chupadeskay e o 31 de agosto, Pimentel Trío. Setembro A programación de Cultura no Camiño en Ourense rematará o 7 de setembro co recital do grupo Áureas, aínda que o Verán Cultural proseguirá unha semana máis, ata o día 14, cun recital de boleros a cargo de Abelardo y los Farfanes.

En total serán 10 os concertos que terán lugar ao abeiro do “Verán Cultural” do Concello de Ourense

Presentación do concerto que dará Ara malikian no Teatro Principal. /RAMSÉS.

Ara Malikian O Teatro Principal de Ourense quedarase pequeno para acoller a un dos mellores violinistas do planeta. Ara Malikian actuará o vindeiro 17 de outubro e xa ten colgado o cartel de “non hai billetes”. Sen dúbida algunha, un dos mellores artistas que pisará este ano os escenarios ourensáns; xa actuou non fai moito no Auditorio de Ourense e tamén encheu na súa actuación. Este ano chega cun novo espectáculo.

Presentación do “Verán Cultural” que terá lugar todos os xoves na praza de San Martiño.


PUBLICIDADE

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

15


16

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

OCIO E CULTURA

No salón de plenos do Concello de Ourense deuse a coñecer a programación das Festas da Ponte. /RAMSÉS.

Seis días de festas na Ponte 4 Do 21 ao 26 de xullo música e diversión no barrio pontino. R. Torres Cando o Concello de Ponte Canedo fusionouse co de Ourense, os pontinos pediron que o goberno municipal se comprometera a estar representado na misa e procesión de cada 25 de xullo conmemorando, do que sería en anos vindeiros, as festas do barrio da Ponte. E desde entón cumpriuse coa promesa. As que foron, nalgún tempo, as mellores festas de Ourense, chegan este ano con seis días de troula. Durante a presentación o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez falou sobre o barrio pontino. “Un barrio con alma, cunha marcada identidade e con personalidade propia. Non en van, débelle o seu nome a un dos nosos símbolos máis queridos: a Ponte Romana”, afirmaba o rexedor, e

continuaba “ese símbolo por excelencia lucirá as súas melloras galas para celebrar as festas do Santiago: a iluminación artística da Ponte Romana ofrecerá un xogo de luces especialmente deseñado para estes días que se poderá disfrutar nas noites do 21 ao 25 de xullo” nesta última xornada estará acendida a iluminación ata ás 12 da noite momento “no que será a hora da gran tirada de fogos artificiais, todo un clásico nas Festas da Ponte” concluía o alcalde. Programa Durante os seis días que duran as Festas da Ponte a programación será moi variada. Do 21 ao 25, na zona axardinada na rúa Vicente Risco (ao carón do IES 12 de outubro) estarán instalados os Food Truck (comida sobre rodas) no

que se denominará “A Ponte Street Food”. O horario será de 13 a 16 horas e de 19 a 24 horas (agás o primeiro día, no que os camións abrirán as súas fiestras ás 21 horas). O venres, 21 de xullo, ás 22.30 será o momento do pregón; este ano corre a cargo de José Manuel Pérez Canal (presidente da Confederación de Empresarios de Ourense); o lugar, na rúa Vicente Risco. Previamente ás 21:30 dará comezo, no parque Ribeira de Canedo o Ponterock, con actuacións das bandas: AcidProyect, Bergallazo, Derroche, Mazkarpone e Poseídos. Ás 23 horas, a música e o humor dos Festicultores Truope acturarán. O sábado, 22 de xullo, as charangas animarán as rúas da Ponte. O local da Sociedade Artística La Troya acollerá “A Troya

Mus 2017” (16 horas). Desde as catro da tarde e ata as nove da noite celebrarase o “Japo Day”, concentración de coches xaponeses, na rúa Xosé Luis López Cid. O programa da TVG Aquí Galicia emitirá en directo desde

o barrio ourensán con actuacións de orquestras, grupos de baile e directos a pé da rúa; as 20 horas A voz do Miño coñecerá aos seus gañadores no concurso de karaoke. Na rúa Basilio Álvarez celebrarase o “Ponte Dance” con discomobil e actuación de dj´s. O día rematará coa actuación de dúas verbenas: ás 22 horas, a orquestra Fin de siglo actuará na rúa Vicente Risco e ás 23:30, a Palladium subirase ao escenario no cruce da avenida de Marín coa rúa das Caldas. O domingo 23, regresan os Festicultores coa súa música polas rúas. A partir das cinco da tarde os máis cativos teñen unha cita na rúa San Pedro de Mezonzo (praza San Rosendo) coa Festa da Escuma. Ás 21 horas o Ponte Dance animará aos presentes na rúa Basilio Álvarez co disco móbil. As celebracións do día rematarán coas orquestras Bambolea (22 horas en Euloxio Gómez Franqueira) e Gran Parada (ás 23:30 h na avenida de Santiago, no cruce con Rei Soto).

A Orquestra Miramar actuará na medianoite do luns 24 ao martes 25, na avenida de Marín.

Enfilando a recta final dos festexos, o luns 24 as charangas darán o pistoletazo de saída á troula do día. De novo chegará o Ponte Dance (21 horas, rúa Basilio Álvarez) e as orquestras nesta ocasión serán Iris (22 horas, Vicente Risco) e Miramar (23:30 h na avenida de Marín no cruce coas Caldas). O día 25, día grande das Festas, no parque situado ao carón da asociación Frei Canedo celebrarase o cuarto campionato de Chave a partir das 10 da mañá. Ás 12 horas celebrarase a misa e procesión na honra de Santiago Apóstolo coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Ao finalizar, en torno ás 13:30 horas, recepción ás autoridades na Sociedade Artística La Troya. Os nenos repetirán coa festa da escuma na praza San Rosendo ás 17 horas. O Ponte Dance regresa ás nove da noite fiel á cita e as orquestras da xornada son a Orquestra Televisión (21 horas en Rey Soto) e o grupo Alkar á unha da madrugada en Eulogio Gómez Franqueira. Previamente a esta actuación os fogos artificiais darán colorido á noite pontina entre a ponte Romana e a do Milenio. Xa para rematar, o mércores, 26 de xullo, ás 12 horas celebrarase a misa solemne na honra de Santa Ana e San Xoaquín (misa dos avós) para dar por concluídas as Festas da Ponte 2017.

A Festa da escuma terá lugar ás 17 h o domingo e o martes na praza San Rosendo


PROVINCIA

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

17

ENTREVISTA A ANXO PÉREZ- SECRETARIO COMARCAL DA CIG EN OURENSE

“Preguntámonos como é posible que se reduza o paro e se recade a metade na Seguridade Social” 4 Coñecemos os proxectos de Anxo Pérez, o relevo de Etelvino Blanco como secretario comarcal da CIG en Ourense. Ramsés Torres

resto da sociedade. Se cruzamos os datos que eles mesmos nos ofrecen preguntámonos como é posible que se reduza o paro e se recaude a metade na Seguridade Social. Porque os contratos son parciais, polo que non se está realmente sementando un modelo produtivo distinto. Estase afondando no mesmo modelo que nos levou á crise”.

A CIG vén de comezar unha nova etapa na provincia logo de que o seu secretario comarcal durante os últimos 20 anos decidira xubilarse. O histórico sindicalista ourensán Etelvino Blanco deixou paso a Anxo Pérez, que encabezou a única candidatura para sustituílo. partindo do consenso e a unidade da formación. Fainos unha valoración dos 20 anos de Etelvino Blanco na primeira liña da CIG. Anxo Pérez: “É un estandarte da CIG en Ourense. Estiven moitos anos con el na loita sindical polo que podería destacar mil anécdotas; máis alá do sindicato. No sindical é de sobras coñecido para saber que foi unha referencia, persoa entregada en corpo e alma ao sindicalismo. Nestes anos compartimos moitos sabores e sinsabores, que van forxando a vida e a personalidade. O único que me queda é desexarlle que lle vaia ben, que intente desconectar da tensión diaria e que colla o novo ritmo da nova vida”. Entra unha época nova na CIG, como vai ser? A.P.: “Desde o momento que se plantexou o cambio en primeiro lugar eu accedía sempre que houbera consenso entre as correntes que hai dentro da CIG. Ese consenso produciuse. Hai unha renovación case total na executiva comarcal. Os retos que nos marcamos son moi ambiciosos, son externos e internos. Os retos externos é chegar a ser a primeira forza sindical na provincia de Ourense; xa o somos en afiliación, pero queremos selo desde o punto de vis-

Anxo Pérez, novo secretario comarcal da CIG en Ourense./RAMSÉS.

“Non só é estar parado ou non, se non que é ter un traballo digno. Desgraciadamente hai moita xente que traballando está por debaixo do umbral da pobreza”, denuncia Anxo ta da representatividade electoral. Temos que renovarnos constatemente. E un reto interno que é fortalecernos organizativamente, aumentar aínda máis en afiliación, a CIG foi quen de volver ter a mesma afiliación que antes dos peores anos da crise. Moitas veces, e iso foi unhas das cousas que máis me afectou animicamente, moitos compañeiros e compañeiras viñan a darse de baixa porque non tiñan medios económicos para pagar a cota, a pesar de que temos cotas distintas en función de que haxa ingresos ou non na familia. Pero xa recuperamos ese número de afiliación e querémolo seguir aumentando para ser unha ferramenta eficaz. E iso significa fomentar equipos e fomentar relevos. En seis ou sete anos hai que ter un “exército” de cadros intermedios que poidan tomar as rendas do sindicatos cando sexa preciso”.

Cales son os retos a nivel dos traballadores? A.P.: “Botamos uns anos de pura resistencia. Tentamos aguantar as conquistas que se tiñan conseguido. Algunhas perdéronse polos gobernos sucesivos, e moi especialmente o último do PP, que por lei arrebatounolos; pero outras tamén se perderon por debilidade sindical. Debilidade para retomar os convenios colectivos, por exemplo. Esa época de resistencia dámola por rematada e agora estamos no contraataque. Temos que entrar nun novo periplo no que se volva a negociar e conseguir melloras en xornadas, vacacións, baixas, incrementos salariais, saúde laboral, etc. Queremos que mellore o emprego porque agora é moi precario. Non só é estar parado ou non, se non que é ter un traballo minimamente digno. Desgraciadamente hai moita xente que aínda traballando está por debaixo

do umbral da pobreza e ten realmente moitísimos problemas. Iso témolo que ir combatendo e a forma de facelo é co traballo da formigiña: empresa por empresa, sector por sector, convenio por convenio”. Como valoras os datos do paro de xuño? A.P.: “Creo que é unha trampa andar valorando os datos do paro. Porque están absolutamente tuneados. Primeiro: o paro rexistrado non contempla, por exemplo, aos traballadores que están facendo un cursiño; nin aos que teñen un contrato de tres, catro, cinco, doce horas semanais; non son parados e son realmente, insisto, xente que está raiando a pobreza extrema. Tampouco nos valen xa que non recollen a unha xeración enteira que tivo que emigrar. O paro rexistrado non é máis que unha posta en escena dunha maquillaxe do goberno de turno que engánase a si mesmo e ao

Cando se podería dicir que remata a crise? A.P: “Eu desde que son pequeno sempre recordo o tema da crise. A do ´73 do petróleo; e despois,… outra e outra. Constantemente estamos en crise. Que pasa? Que aquí houbo un impacto internacional pero no estado español había un modelo de produción absolutamente artificioso baseado no turismo e no ladrillo e iso levounos a auténtica quebra. E o que me preocupa é que se está repetindo. Recordo alá polo 2002 ou 2003 que repartindo o convenio da construción nas obras e nunha delas no barrio da Carballeira falamos cun traballor a punto de xubilarse; e díxome: “mira, rapaz, ves cantas grúas hai? isto é a fartura de hoxe e a fame de mañá”. Cando os economistas nos dicían que estabamos na “Champios League” da economía, aquel albanel xa sabía que ía toupar dalgunha maneira. Temos que cambiar o modelo produtivo. En Galicia hai que poñer en valor o monte. Temos un país co 80% de masa forestal e estamos utilizando o monte para plantar eucaliptos. Hai que apostar pola multidiversidade do monte, porque é madeira noble, son setas, é agricultura. O monte tiña que ser un dos beneficios culturais e eco-

nómicos máis importantes do noso país e porén estase abandonando, o que provoca incendios, abandono do rural. Hai medios para saír adiante. Temos que aproveitarnos da industria que temos e crear arredor industrias auxiliares que abastezan a esa industria. Hai que aproveitar o tirón que ten o noso textil, pero non con empregos precarios de 800 euros mensuais, que é o que está pasando. E logo vas mercar un pantalón e vale máis do que lle pagan á traballadora en toda a semana. E logo falamos de China. A nós educáronos e estanos a educar para coñecer de todos os países menos dos que temos ao lado. Sabemos das primarias de Estados Unidos e preguntas pola rúa como se chama o primeiro ministro de Portugal e non o sabemos. Ben, pois en Portugal, desde hai un par de anos existe un goberno que lle dixo á Troika: “non, por ese camiño non vamos, imos gastar diñeiro na sociedade. E Portugal está repuntando e nós non”. Unha última reflexión. A.P: “Quero mandar unha mensaxe optimista. Non podemos dar todo por perdido, as batallas que se perden son as que non se pelexan. Sempre vale a pena intentalo. Sempre se cambiou na historia e para ben. Pero a nosa memoria é curta no espazo e no tempo e só nos lembramos destes últimos anos, pero é posible cambiar de modelo e de sociedade”.

“Temos que volver negociar e conseguir melloras nas xornadas, baixas, vacacións...”


PROVINCIA

18

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

Condena de 31 anos para Aniceto Rodríguez 4 Estaba acusado de asasinar á súa muller, Isabel Fuentes, cando estaba ingresada no CHUO. Redacción Máis de dous anos despois de ser asasinada a mans do seu home lógrase algo de xustiza para Isabel Fuentes. Aniceto Rodríguez vén de ser condenado a 31 anos de cárcere. A Audiencia Provincial impúxolle 12 por un delito de asasinato en grado de tentativa e 19 polo de asasinato consumado; considerando que “no momento da comisión dos feitos non se evidencian fenómenos psicopatolóxicos de entidade clínica suficientes para afectar ás capacidades cognitivas e/ou volitivas”. Era plenamente consciente do que facía. Dous intentos A noite do 1 de abril de 2015 Isabel Fuentes (66) sufriu unha brutal agresión mentras vía a televisión na súa casa de Pazos (Verín). Segundo os forenses foi atacada cun martelo. Recibiu tres golpes no lateral dereito da testa, un deles era de pouca intensidade,

Aniceto Rodríguez, escoitando a declaración dunha testemuña durante a celebración do xuízo./R.T. pero os dous seguintes foron tan fortes que ocasionaron o afundimento do cráneo e perda de masa encefálica. O seu home, Aniceto Rodríguez (77), asegurou no momento que uns ladróns entraran na vivenda e atacaran á súa dona. Pero ela non estaba morta. Foi trasladada ao CHUO onde permaneceu en coidados intensivos. Mellorou, conta todo prognóstico, e foi

trasladada a planta. A Garda Civil sospeitou dende o primeiro momento do home, pero a xuíz non accedeu a pincharlle o teléfono ao marido nin a restrinxirlle as visitas ao hospital. Consideraba que todo eran “conxeturas”. Os médicos non poden asegurar se Isabel se houbera recuperado, porque os danos eran elevados e a recuperación única en cada caso, pero Anice-

to xa non lle deu oportunidade. O 8 de maio, en torno ás seis da mañá, aproveitando que estaba só na habitación con ela e a súa compañeira de cuarto (ambas durmidas), asestoulle dúas coiteladas. A primeira foi “de tanteo”, din os forenses. A segunda, letal, danando pulmón e corazón. De seguido, previsiblemente co mesmo coitelo, autolesionouse no pescozo e sufriu como consecuencia un ictus. Aniceto leva dende entón en prisión provisional. No xuízo asegurou non lembrar nada do acontecido. Pero as psicólogas forenses que o trataron cren que finxe. “Intentaba presentarse máis danado do que realmente está”, aseguraron. Condena A Fiscalía pedía para el 39 anos de cadea, por un delito de intento de asasinato e outro de asasinato consumado, co agravante de parentesco. Pola súa banda, a familia de Isabel elevaba a solicitude a 49 anos, engadíndolle o ensañamento. Finalmente a sentenza (que aínda admite recurso de casación ante o Supremo) decretou 31 anos de prisión.

Baixada do paro en xuño na provincia 4 Hai 840 desempregados menos. Redacción No mes de xuño 840 persoas atoparon emprego na provincia de Ourense, unha cifra bastante menor comparada co mesmo mes do 2016, no que foron 1.853 as que se reinsertaron no mundo laboral. Neste momento aínda engrosan a listas do paro 20.000 ourensáns. Segundo CCOO destaca a rotación laboral baseada na estacionalidade, sobre todo no sector servizos e que a redución do paro estase a producir a conta de disparar os niveis de precariedade nun mercado de traballo xa

Suspéndese a folga de autobuses ata o 2 de agosto 4 Polo momento logrouse un aumento salarial do 2%. Redacción

A Xunta inverte 40 millóns na rehabilitación de vivendas 4 Oferta axudas para concellos e particulares. Redacción A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, participou nunha xornada informativa dirixida a alcaldes e particulares para explicarlles as políticas do goberno galego en materia de rehabilitación de vivendas, atendendo a criterios de accesibilidade, sustentabilidade, aforro enerxético e mellora da calidade e conservación das construcións existentes. Este programa suma un investimento de 40 millóns de euros nos orzamentos de 2017, que se reforzan

coas axudas da Consellería Industria dirixidas á eficiencia enerxética e que subvencionan a renovación de fiestras, ascensores ou cubertas, entre outras. Dezaseis programas Os 16 programas permiten subvencionar todo tipo de intervencións en materia de rehabilitación: reforma exterior (mellora de cubertas, fachadas, fiestras), interior (baños, cociñas, instalacións eléctricas...), unha obra para mellorar a accesibilidade (ascensores...), recuperación de contornos urbanos e espazos públicos ou a

restauración de edificios en ruínas. Vivendas de mestres Unha das novidades deste ano son as axudas para a recuperación das antigas vivendas de mestres, que

prevé que a Xunta financie ata un 90% do custo, así como outras vivendas de titularidade municipal co obxectivo de que se destinen a alugueiro social; ou o fondo de cooperación cos concellos, dotado con 10 millóns de euros, que permite que os municipios de menos de 50.000 habitantes accedan a préstamos sen xuros para recuperar edificacións dos seus núcleos históricos.

Marisol Díaz, Alicia López e Consuelo Fernández, durante a xornada informativa celebrada en Ourense./R.T.

moi castigado tras anos de despedimentos masivos, taxas de paro moi elevadas, desvalorización salarial e aumento da explotación laboral. Segundo CCOO, no mes de xuño, os contratos temporais incrementáronse en máis de dous puntos, pasando do 89,01% ao 91.27%. Por iso, o sindicato considera que é preciso e urxente derogar as dúas últimas reformas laborais e mellorar o poder de compra dos salarios. Así como mellorar a protección social, pois “apenas a metade dos parados conta con algún tipo de prestación”.

Os sindicatos suspenderon a folga de autobuses ata o 2 de agosto ao chegar a un principio de acordo coa patronal. O 13 de xullo o paro pasaba a ser indefinido debido a que as negociacións coa Xunta para a modificación do Plan de transporte público (que conleva o uso compartido dos autobuses escolares) non avanzaban. Segundo CCOO este plan conlevaría o despido do 25% dos traballadores. Pero pouco antes da medianoite do 12 sindicatos e patronal pactaron unha subida salarial do 2%. Incremento que deberá asinarse nas catro mesas provinciais. Ata ese momento xa se sumaban oito xornadas de folga, deixando sen servizo interurbano a milleiros de galegos

e afectando ao transporte urbano de Santiago e Lugo. Para avanzar na resolución do conflito xa quedaron fixadas as reunións para as catro comisión delegadas, que rematarán o 1 de agosto. Un día despois reunirase a mesa galega para valorar o progreso das negociacións e a sinatura dos novos convenios colectivos. Ata entón a Xunta deberá seguir traballando nas dúas condicións dos sindicatos: subida de tarifas e actualización do IPC para os contratos dos autobuses escolares, conxelado dende o 2013. Ofertas A Xunta convocou ás empresas a presentar as súas ofertas para prestar os servizos dentro do novo plan. As compañías teñen ata as 12 da mañá do 24 de xullo para facelo.


PROVINCIA

“A Liorta” chega ao Carballiño 4 Durante toda esta fin de semana. Redacción A Feira medieval “A Liorta” comeza este venres, 21 de xuño, coa aper-

tura dos postos do mercado, do rincón infantil, da mostra de aves de voo e diversos espectáculos de rúa. A feira desenvolve-

Presentación da Festa do Pulpo 2017./M. REJO.

O Carballiño busca a excelencia na Festa do Pulpo 4 Este ano celebra a súa 55ª edición o 13 de agosto. Redacción O Concello do Carballiño busca a excelencia na Festa do Pulpo. Para iso, proponse mellorar a calidade da programación cultural e da propia Festa do Pulpo na súa 55ª edición, que se celebrará o domingo 13 de agosto. Así o asegurou o alcalde, Francisco Fumega, durante a presentación do cartel e do resto do material de difusión que xa comezou a distribuirse por toda Galicia. Así, Fumega dixo que “o pasado ano a Festa do Pulpo congregou a preto de 100.000 persoas que consumiron arredor de 70.000 quilos de pulpo, cos que se elaboraron 150.000 racións. Foi un fito na historia desta festa, que esperamos superar nesta próxima edición. Porén, o noso obxectivo non é de carácter cuantitativo senón cualitativo”. Tamén se referiu ao

obxectivo de acadar a internacionalidade. “Para esta edición, que esperamos sexa de tránsito cara á declaración de Festa de Interese Turístico Internacional. Temos previsto desenvolver un programa certamente atractivo -que se presentará en vindeiras datas-, pero que podo adiantar que será un dos mellores dos últimos anos. Por suposto, como anticipo desta gran romaría imos elaborar de novo a tapa de pulpo máis grande do mundo, pero o reto non será agrandar máis o prato, senón diminuir o tempo de elaboración da tapa xigante”. Cartel O autor do cartel deste ano foi Ovidio Feijoo Oliveros. Este amosou o seu agradecemento ao concello por aceptar a súa proposta, que era como “o cumprimento dun soño”, dixo.

rase durante toda a fin de semana ata a noite do domingo, entre a praza Emilia Pardo Bazán e a praza da Veracruz, e ofrecerá espectáculos de animación musical, de circo, de lume, exhibición de aves de voo, combates e representacións teatrais, que se sucederán dende a mañá á noite, cada 20 minutos aproximadamente, na rúa do Paseo, praza Maior e praza da Veracruz.

Tanto as rúas como os locais de hostalaría contarán cunha ornamentación de estilo medieval, con bandeiras e estandartes, así como outro tipo de elementos que nos retrotraerán aos tempos nos que O Carballiño era un lugar de feira moi codiciado polos poderes da época, fundamentalmente, o mosteiro de Oseira, a Encomenda de Beade e San Martín Pinario.

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

O Carballiño prepárase para “A Liorta”.

19


20

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

DEPORTES

ENTREVISTA A IRIA SAETA- NOVA XOGADORA DO POIO

“Gustaríame vivir un ou dous anos do fútbol sala” 4 A xogadora ourensá ficha polo Poio tras 10 anos no Cidade das Burgas. R. Torres Presentación do 18º Campionato de Galicia de doma clásica./RAMSÉS.

Vilamarín, sede do Galego de doma clásica 4 Disputarase do 21 ao 23 de xullo. Redacción O 18º Campionato de Galicia de doma clásica que se celebra do 21 ao 23 de xullo no hipódromo de Vilamarín contará con máis de 100 participantes. Á par que este torneo dispútase tamén o cuarto campionato galego por equipos. Ao longo dos tres días terán lugar a celebración do torneo nas distintas categorías tendo lugar o domingo arredor das 21 horas a cerimonia de premiación. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado do presidente do Club Hípico Vilamarín, José Luis Lema; o vogal de doma clásica da Federación Galega de Hípica, Jorge Vázquez, e o presidente da Asociación empresarial de actividades ecuestres de Ourense, José Manuel Díaz, presentaron no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” a XVIII edición do Campionato Galego de

Doma Clásica, unha proba deportiva que se celebrará os vindeiros días 21, 22 e 23 de xullo na Escola de Equitación de Vilamarín, evento no que se prevé a participación de máis de cen xinetes e amazonas de Galicia e Castela-León. Nestas xornadas tamén se celebrará unha proba nacional de menores, a partir dos 9 anos, puntuable para o Campionato de España. Manuel Baltar destacou que este evento “sitúa a Ourense no centro da doma clásica en Galicia”, e agradeceu “a capacidade para presentar esta candidatura e para acoller esta proba”. Pola súa banda, o presidente da Asociación empresarial de actividades ecuestres de Ourense destacou a importancia económica desta actividade deportiva, “polo que supón de ocupación de prazas hoteleiras de deportistas e acompañantes la capital ourensá e na contorna de Vilamarín,

visitantes que proceden das outras provincias galegas, Castela-León e o norte de Portugal”, afirmou José Manuel Díaz. Jorge Vázquez destacou a calidade das instalacións hípicas de Vilamarín, “homologadas e en condicións óptimas para o desenvolvemento desta proba “, mentres que José Luis Lema expresou o seu agradecemento “ás institucións e entidades colaboradoras que fan posible a organización e realización do campionato”. Equipos Na proba por equipos a provincia ourensá é a que máis integrantes achega, con 8 conxuntos, dos 21 participantes.

O domingo 23, sobre as 21 horas, terá lugar a entrega de trofeos

como será este ano. Supoño que a xente esperará moito de min e tentarei responder da mellor maneira sen meterme ningún tipo de presión”.

Iria Saeta, estandarte desde fai dez anos do Cidade das Burgas deixa o club para recalar no Poio e vivir coma xogadora profesional. Fin dun ciclo, deixas o equipo da túa vida. Coustouche tomar a decisión? Iria Saeta: “Costar costoume. Como dis é o equipo da miña vida e é difícil de saír. Aínda a día de hoxe -pasaron xa varias semanas- non o teño moi asimilado que o ano que vén non estarei aquí. De feito, moitas veces falando tómoo como o meu equipo. Levo moitos anos e non me fago á idea de cambiar, pero é unha decisión bastante madurada e agora toca dalo todo co novo equipo”. Desde fai tempo moitos equipos xa quixeron ficharte. Por que este ano decides cambiar? I.S.: “Teño 25 anos. Despois de quedar dúas veces como máxima goleadora penso que é unha ocasión idónea para marchar. O ano pasado quedeime porque pensei que o equipo quedaba moi tirado; pero este é un equipo de canteira e tarde ou cedo as xogadoras marchan. Mirando un pouco ao

Iria Saeta. /RAMSÉS.

“Non sei o tempo que estarei fóra, pero seguro que voltarei” futuro do club deberán facer algo para que as xogadoras non se vaian. Eu non me vou por ningún tema nin deportivo nin persoal, simplemente marcho porque, despois de ser dúas veces máxima goleadora -en Liga- debo aproveitarme da situación e gustaríame vivir alomenos un ou dous anos de forma máis profesional do fútbol sala”. Que agardas deste ano? I.S.: “A verdade é que teño moitas gañas de comezar. Imaxínome moito

Coa túa aportación subirá da sexta posición na que rematou este ano e loitaredes polo título? I.S.: “É complicado gañar a Liga, só hai que ver a Futsi que mantén o bloque desde os últimos anos. O Poio rematou sexto este ano, a súa mellor clasificación histórica, polo que haberá que tentar mellorala este ano e gañar a Copa Xunta”. Mirarás de reollo ao Cidade? I.S.: “Si, claro. O Cidade sempre será o meu equipo e estarei pendente de como quedan, de como están durante a semana. Pero agora cambio de club e terei que estar centrada no meu”. Haberá volta ao Cidade? I.S.: “Aínda non asimilei que marcho así que é complicado saber cando volvo. Non sei o tempo que estarei fóra, se un, dous, tres anos... pero seguro que voltarei”.

“Co Poio este ano tentarei gañar a Copa Xunta”


DEPORTES

Continúa o tai chi nos Remedios

sidad de Handan, China. As clases tiveron lugar de oito a nove da mañá sendo esta a 33ª edición.

4 Máis de 150 persoas participaron nas clases do xardín do Posío.

Remedios Desde o luns 17, as clases de tai chi continuaron pero noutra ubicación. Durante a segunda quincena de xullo o curso -gratuítocelebrarase polas tardes de 20 a 21 horas- no xardín do pavillón dos Remedios. Todos os que desexen participar só deberán achegarse ata o lugar e levar posta roupa cómoda para practi-

Redacción Durante a primeira quincena de xullo máis de 150 persoas participaron nas clases de tai chi. Cele-

bradas no xardín do Posío foron impartidas polo mestre José Gago, que ten o máximo grado desta arte en España e é profesor no Tai chi college da Univer-

Pretempada en marcha en Terceira 4Arenteiro, Barco, Ourense e Barbadás están na categoría. R. Torres Xa comezou o traballo para os catro equipos ourensáns que militarán este ano na Terceira división de fútbol. Arenteiro, Barco, Ourense CF e Barbadás deron por concluido o descanso e comezaron coa pretempada. O primeiro en arrancar foi o Ourense Club de Fútbol, que despois da súa presentación no Couto trasladouse a Velle para dar comezo cos adestramentos. Ao día seguinte seguírono os outros tres: sesión de fotos e ao traballo.

Comeza así unha tempada que se antoxa apaixoante na Terceira. Manel Vázquez, Javi Rey e Fran Justo seguirán dirixindo a Arenteiro, Barco e Ourense CF, respectivamente. Pola contra, Moisés Pereiro colle as rendas do Barbadás. Todos eles moveron ficha, algún para apuntalar unha gran plantilla coma os do Carballiño e os de Valdeorras, e outros tiveron unha transformación máis profunda, caso dos inquilinos do Couto, e, sobre todo, os dos Carrís.

Presentación do Ourense CF (arriba) e do Barbadás (abaixo). /RAMSÉS.

car este deporte. Realizaranse exercicios

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

suaves acosellables para calquera idade. Unha acti-

21

vidade moi completa para a saúde física e mental.

O mestre José Gago cos alumnos que participaron nas clases no Posío.


22

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

4AXENDA Exposicións - Ata o 30 de agostoExposición “Estridencias” de Ángel Soldevilla e Luis Vecino- Centro Cultural Ángel Valente - Ata o 24 de setembro - Exposición “A muller madura”- Sala de Exposicións Policlínico Sáenz Díez - Ata o 30 de setembro - Exposición “Tempo” de Isabel Seidell - Museo Municipal Teatro - Ata o 24 de xulloMostra Internacional de Teatro- Ribadavia Música - 22 de xullo- Concerto de Menage á Trois- 23 hMaceda - 27 de xullo- Concerto de Xardín Desordenado22:30 h- Praza de San Martiño - 28 de xullo- Concerto de Carlos Núñez- 20:30 h- Mosteiro de Oseira - 31 de xullo- Jam Session Rock- 22 h- Café Cultural Auriense - 3 de agosto- Concerto de Lulavai- 22:30 h- Praza de San Martiño - 10 de agosto- Concerto de Uxía e Sergio Tannus- 22:30 h- Praza de San Martiño - 17 de agosto - Concerto de Habitación Vudú- 22:30 h- Praza de San Martiño - 24 de agosto- Concerto de Chupadeskai- 22:30 h- Praza de San Martiño Festas - Do 4 ao 7 de agostoFesta do Pemento- Arnoia - 5 e 6 de agosto- Festas da Encarnación- Celanova - 6 de agosto - Festa das sopas do burro canso e do galo pica no chán- Muiños - 12 a 14 de agosto - Festas de San Roque Celanova - 13 de agosto - Festa do Pulpo- O Carballiño periodicobarrios.com

AXENDA / ARTIGOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

O derradeiro agasallo Era unha folla verde nun carballo espido no outono, abalada polos ventos fríos das noites do inverno. Unha merliña aterecida, cega e perdida, nunha nevarada o día de todos os defuntos cando as xentes de Ribas do Asneiro limpan as sepulturas. Mais non deron enterrado por moito tempo os seus ollos negros enmeigados. Saíu das covas do averno onde a querían dar en sacrificio ao Deus do esquecemento, e ouveando coma loba ferida ergueuse, e a dentadas botou para adiante, cravando fondas pegadas na neve. Gustou del ao velo naquela foliada, aquel xeito de rir, aquel ollar doce coma a mel. A súa voz acariñaba como cando cantan os xílgaros nos salgueiros á beira do regato de Navallo. Xa non houbo xeito de separalos por moita teima que puxeron todos. “Que se che é un figurín, que se este non vale para traballar, que se te vai deixar por outra, nada bo pode vir de Botos, ese do bigotín vai traer a túa desgraza”… A el dicíanlle que ela era filla de pobre, que como ían vivir, que primeiro era percurar algo

“Gustou del ao

velo naquela foliada, aquel xeito de rir, aquel ollar doce como a mel”

de facenda que non tiña oficio, que ían morrer á miñoca, que cando a fame apretara o amor non lles enchería o bandullo e acabaríase todo. Pero cando a lúa baixaba de Pena Grande e deitábase nas fervenzas de Portovelle, xuntaron as almas e os corpos, naquela noite de verán debaixo dos ameneiros, e xuraron non separarse nin de vivos nin de mortos. Cruzaron montes, vadearon ríos, mudaron de país, deixaron chorando a súa terra para procurar outra vida mellor para os seus fillos. Voltaron daquelas Américas ela morta e el só medio vivo. Tróuxoa ataviada con aquel vestido negro que lle gustaba, no colo un meniño de vinteoito meses recén cumpridos, o derradeiro agasallo daquel amor xurado. A tétrica comitiva cruzou os pobos de Castela, como aquela outra tola de amor fixera. A Canda e o Padornelo foron testigos de tanta pena, enterrouna en Ribas do Asneiro, rinchou os dentes de carraxe e púxose a criar o fillo. Nas noites, cando non daba atado a fera da soidade saía paseniño, sentábase no valado do adro e falaban hasta tarde, algunha vez amencía. Pasaron vintetrés anos, a min parecíame cedo cando o deixei con ela para sempre, era no outono e facía frío, pensei que eu tamén ía morrer de só pensar que non o vería,que non sentiría mais a sua mau acariñándome nesas tristes noites da vida, egoísta de

“Xuntaron as

almas e os corpos, naquela noite de verán debaixo dos amieiros, e xuraron non separarse nin vivos nin mortos” min, non souben o que pasaba... Unha noite, co desacougo, o sono non me chegaba. Levanteime paseniño e collín cara ao adro, achegueime ao valado e sentinos falar, pareceume albiscalos enfronte da cruz das Misións, a das indulxencias plenarias, que colgaron na parede da vella igrexa do Cruceiro. Escoitei como se rían, como se bicaban, como se querían recuando paseniño din volta cara a casa. Espertei para o outro día no meu cuarto como sempre, non sei se o soñei e nunca saín esa noite da cama, só sei que cando mirei o retrato na parede do comedor na nosa casa dos Muíños pareceume ver un pícaro sorriso por debaixo do bigotiño e pensei: papá, agora es ti o que me andas con andrómenas !. Dicíao de risa, pero eu polo de pronto púxenme a comelo, non fora ser verdade, que mentiras xa hai tantas. Ao meu amigo Javier Éneriz, que me inspirou esta andrómena.

Avelino Jácome

Carro de cabalos cruzando a ponte maior. Ano 1916.

O Carrito Unha tarde pregunteille a Pastor Fábrega pola familia do meu avó materno, aquela que gastaba con orgullo o alcume de “chancas”. A resposta, como sempre, fulminate e certeira. Dos membros que non tratara, gardaba cumprida referencia. Resulta que, os “chancas”, de apelido Fondevila, foran desprovistos deste por causa de xuices e infortunio. Eran unha estirpe de mozos de estación, de maleteiros adicados ao transporte de persoas e paquetería desde a antiga estación de ferrocarril de Canedo ao Ourense das fondas e os negocios con solera. Rea-

lizaban estes traslados valéndose dun precario carro de tracción animal construido en madeira, por tal motivo, coa aparición do autobús urbano, os usuarios do servizo comezaron a nomealo como “carrito” pois tiña idéntico cometido ao daquel vello artefacto empregado polos meus antepasados. A historia namoroume por descoñecida e próxima. Soamente Pastor, coa súa palpitante forma de narrar, tiña a excepcional virtude de converter relatos en emocións. Único. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán


CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Fotografía: Miguel Rejo , Ramsés Torres. Colaboracións: Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº 30 - Ano: XVI - Xullo de 2017 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten. Tel. 645 77 05 10. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Ófrecese auxiliar de enfermaría para coidar a persoas por horas, noites ou fins de semana. Tel. 620 05 21 73. Ofrécese señora para coidar persoas maiores de día ou noite. Con informes e experiencia. Tamén para limpar. Tel. 669 43 43 30 (non atendo whastap). Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 84 46 82. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 76 42 77. Impártense clases individuais en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com ou 610 38 25 89.

Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Ófrecese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 64 96 10. Dánse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 51 58 18. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59.

INMOBILIARIA Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o

podo amoblar. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Véndese casa vella pequena nun pobo a dous km. de Amoeiro. Prezo 6.500 euros. Tel. 636 329 524. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense.Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543. Véndese casa en Praza de Amoeiro, de pedra e arranxada lista para vivir. Tel. 636 329 524. Alugo baixo comercial no Centro Couto, acondicionado, duas plantas, 70 m2 utiles. 380 Eur. Tel. 636 32 95 24. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Alugo habitación céntrica económica en Ourense. Tel. 687 13 43 87.

Alugo apartamentos de marzo a outubro en Montalvo de 1 e 2 habitacións. Fronte a praia. Equipado, xardín con tumbonas e mesas, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 27 19 16. Alúgase ou véndese praza de garaxe na zona da Ponte. de 14 m2, para coche grande. O garaxe ten dobre entrada/salida, pola rúa Río Mao e pola rúa Bellao en coche; e a pé pola rúa peatonal Pilar Miró. Porta automática. Tel. 617 532 017

VENDAS Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781. Véndese botelleiro para bar, 3 bicis e dous lavacabezas seminovos para perruquería. Tel. 672 089 349. Vendo cociña de indución como nova (ideal para camping) e baúl de madeira e coiro. Tel. 626 297 504. Vendo colcha e dous manteis de ganchillo. Tel. 669 434 330 e 988 24 60 96. Vendo sillóns de perruquería seminovos (400 eu.), secador de casco seminovo (200 eu.), máquina de cera fría (150 eu.) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 25 59 63.

Vendo pedras para unha cheminea. Tel. 639 33 84 73. Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. Estrada de Santiago, a 10 km de Ourense. Tel. 658 05 69 22. Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar e barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 67 21 05 (Atendo whastap). Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349.

VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).

CONTACTOS Ófrecese mozo de 36 anos para mulleres maduras de 45 a 62 anos. Prezos anticrisis. Dou masaxes eróticos. Tel. 697 79 59 28. Atendo whatsapp e chamadas. Non número oculto. Absterse homes.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


OURENSE POR Barrios Xullo de 2017

Ouxb xullo2017  

O número de xullo de Ourense por Barrios chega con varias e interesantes noticias principais.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you