Marzo 2011 - OUXB

Page 9

A VALENZÁ

Ourense por BARRIOS Marzo de 2011

PLENO MUNICIPAL DE BARBADÁS

O centro de saúde de A Valenzá licitarase antes de maio, segundo o alcalde 4 Unha moción socialista urxía o inicio das obras. Redacción O incumprimento por parte do PP “das súas promesas públicas en relación ao centro de saúde” foi un dos principais motivos esgrimidos polo voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel para a presentación dunha moción que urxe o comezo das obras no pleno municipal de Barbadás de marzo. Ante as presións dos dous voceiros da oposición con respecto aos prazos, o alcalde, José Manuel Freire Couto, foi impreciso na súa resposta ao afirmar que “está para sair a licitación no Diario Oficial de Galicia”, engadindo que se publicará en todo caso antes do mes de maio. Na mesma sesión plenaria tamén se debatiu unha mo-

ción socialista para manter o Servizo de Medicina Interna en Piñor. O PSdeG aceptou as emendas propostas polo BNG en relación ao coidado digno dos enfermos de saúde mental e a valorización das instalacións do hospital do Toén. Tamén o grupo de goberno do PP presentou un grupo de emendas, o que xerou controversia, ao considerar os socialistas que se trataron de introducir “con calzador e dun xeito impreciso respecto do seu contido”. Os populares propuñan ubicar provisionalmente as prazas hospitalarias que se van suprimir en Piñor onde sexa pertinente no CHOU e que se considere esta medida como transitoria. Traballadores de Piñor presentes entre o público abandonaron a sesión ao non deixarlles o

Pleno en Barbadás no mes de marzo./P.LODEIRO. alcalde intervir. O PSdeG tamén presentaba outra moción para a supresión de barreiras arquitectónicas coa que os

concelleiros do PP non estiveron de acordo. Na mesma sesión o grupo de goberno do PP aprobou a relación de postos de traba-

llo, coa oposición de BNG e PSdeG, así como a orde do servizo de axuda no fogar, coa abstención da oposición.

Denuncian incumprimentos na recollida de lixo Redacción

O BNG de Barbadás denuncia que a empresa concesionaria da recollida do lixo e da limpeza viaria, GESECO, non cumpre coas condicións estipuladas na contrata adxudicada en 2007 por un periodo de 25 anos. Afirman os nacionalistas que as parroquias de Barbadás están discriminadas en relación con A Valenzá, a pesar de pagar a mesma taxa polo servizo en todo o concello. Nos núcleos rurais só se recolle o lixo tres veces por semana e os peóns da limpeza viaria traballan unicamente en A Valenzá. As críticas exténdense á falta de limpeza dos contedores, a carencia dunha nave para almacén e vestiario dos traballadores e a ausencia de nova maquinaria comprometida, todos eles puntos incluidos nas condicións da concesión.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.